Aberto prazo de inscrición para participar no “Obradoiro de Autoestima e Comunicación Asertiva”
• Dirixido preferentemente a mulleres, dentro do Programa +Xuntas en colaboración coa Deputación de Pontevedra
Infogauda / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que segue aberto o prazo de inscricións para o obradoiro de “Autoestima e Comunicación Asertiva”, dirixido preferentemente a mulleres dentro do Programa +Xuntas en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Os principais obxectivos desta actividade son:
• Identificar e analizar de forma obxectiva e realista as ideas e pensamentos que producen malestar.
• Aprender e exercitar novas estratexias de comunicación para manter relacións máis efectivas e saudables.
• Sensibilizar respecto da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Esta actividade comeza o martes 10 de setembro ata o 17 de decembro, realizarase os martes en horario de 18:00 a 20:00h, contando cunha duración total de 35h. Este obradoiro, impartirase no local social da Asociación e ten un custe de 7€.
As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño - rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º piso) - de A Guarda, chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 (WhatsApp) ou no correo electrónico info@erguete.org deixando nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario