Queiman Folki co bruxo Queiman van traer unha sesión de bruxas, lendas e queimada
• O sábado 24 de agosto, a partir das 21:00 horas, no auditorio ao aire libre san Bieito
Infogauda / A Guarda
Da man do programa +Música, da Deputación de Pontevedra, este sábado 24 de agosto, ás 21:00 horas, no auditorio ao aire libre san Bieito, vai chegar o espectáculo Queiman Folki co bruxo Queiman.
A través da queimada máis especial, transmitirán a historia a través das lendas da nosa cultura atlántica, e a da nosa Terra Galega. Rescatarán a esencia e sabedoría dunhas culturas esquecidas e ocultas no tempo, o seu contacto coa natureza, os seus símbolos sacros, as súas lendas e tradicións. Dese xeito van proporcionar ao público un espectáculo ameno, dinámico, enérxico, interactivo, pleno de sentimento e moi visual.
A escuridade da noite, dará paso ao ritual, que romperá o silencio, para invocar aos espíritos e librarnos de todo mal, a través da cerimonia profana da queimada galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario