12 de ago. de 2024

A GUARDA

O CEIP As Solanas someterase a obras para reparar e mellorar os piares 

Durante os próximos meses


O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, visitou o centro escolar, acompañado do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e membros do goberno municipal

Foto: C.A.G.
   

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público no día de hoxe que  “o CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo experimentará unhas obras de mellora durante os próximos meses.   

 A intervención centrarase no reforzo e mellora dos piares e linteis do patio lateral que presentaban fendas verticais e fisuras debido á dureza das condicións pola súa localización.  

 A actividade escolar poderase desenvolver con total tranquilidade e sen riscos para o alumnado e profesorado.   

 O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, visitou o centro escolar para supervisar as obras necesarias do CEIP.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario