12 de ago. de 2024

O ROSAL

O Rosal pecha unha semana de película tras unha exitosa Mostra de Cinema  

Tras máis de 750 inscricións, a semana pasada presentáronse na localidade as curtas finalistas

 

Representantes dos filmes premiados, membros do goberno municipal do Concello do Rosal e da Asociación Ghorghalado
Foto: C.O.R.


Asistentes a unha das sesiones da IV Mostra de Cinema
Foto: Luis Dorado Senra

Infogauda / O Rosal 

 O Rosal viviu unha semana inesquecible coa celebración da IV Mostra de Cinema. Un encontro no que ademais desta disciplina non faltaron a música, a fotografía ou o deseño. 

 Tras recibir máis de 750 inscricións, a semana pasada tiveron lugar na Praza do Maio de San Xoán de Tabagón varias xornadas de proxección de curtas na que a veciñanza rosaleira e visitantes tiveron a oportunidade de desfrutar do talento dos seleccionados. 

 Esta cita deu comezo o día 7 coa actuación musical do dúo Two in the Mirror, que deu paso a uns días cargados de cine, organizados pola Asociación Ghorghalado da man do Concello do Rosal. 

 O domingo 11 tivo lugar nos xardíns do Concello do Rosal a entrega de premios, que abriu coa actuación de Bieitosolo,   

 “Our Males and females”, de Ahmad Alyaseer foi a cinta seleccionada polo xurado como a merecedora do premio á mellor curtametraxe. Ademais, foi galardoada tamén co premio á mellor fotografía. 

 “Antes de que se poña o sol”, de Nani Matos, foi a elixida polo público como merecedora do premio á mellor curtametraxe.  

 O premio ao mellor guión foi  para “La Masía”, de  Víctor Català e a mellor interpretación recaiu en Paula Moreta, tamén da curta “La Masía”. 

 Os premiados recibiron unha peza tallada en pedra por Jmt Joâo Teixeira Teixeira, artista de Ponte de Lima, e unha dotación económica. 

 Ademais, ata o vindeiro día 18, seguirá presente no salón de exposicións do Concello do Rosal unha mostra de balde que reúne fotografía, cinema e diseño gráfico, encadradada dentro das actividades paralelas da Mostra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario