12 de ago. de 2024

A GUARDA

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en setembro na Guarda

Desde o día 11 de setembro ata o 23 de setembro, realizaranse inspeccións técnicas de turismos; e os días 17, 18 e 20 de setembro tamén se realizarán de ciclomotores




Infogauda / A Guarda

 A  unidade de móbil de inspección técnica de vehículos (ITV) instalarase na Estación de Servizo de San Roque (A Guarda) no próximo mes de setembro.  

 Desde o día 11 de setembro ata o 23 de setembro, realizaranse inspeccións técnicas de turismos en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas; agás o día 23 que só atenderán pola mañá.

Inspeccións técnicas de ciclomotores

 Os días 17, 18 e 20 de setembro tamén se realizarán inspeccións técnicas de ciclomotores, no mesmo horario, agás o día 20 que será só pola mañá.  

 Para pedir cita previa, pode ser a través do teléfono 981 92 80 80 ou pola páxina web.

Ningún comentario:

Publicar un comentario