13 de ago. de 2024

A GUARDA

As Festas do Monte Santa Trega, 2024 porán fin cunha  gran velada de boxeo  

Aproveitarase o evento para facer unha homenaxe aos nosos campións: Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel

 



Infogauda / A Guarda

 Este xoves 15 de agosto o pavillón municipal da Sangriña acollerá a gran velada de boxeo que porá fin ás Festas do Monte Santa Trega, 2024.   

 A partir das 8 da tarde celebraranse 6 combates a 3 asaltos, disputados por boxeadores neo-profesionais. No intermedio, haberá unha exhibición das vellas glorias.  

 Ademais, aproveitarase o evento para facer unha homenaxe aos nosos campións: Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel.  

 As entradas terán un custo de 15€ para o acceso as cadeiras, e de 10€ para  ás gradas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario