13 de ago. de 2024

A GUARDA

Curso de habilidades dixitais para uso cotiá  

Aberto o prazo de inscrición na asociación Érguete Baixo Miño




Infogauda / A Guarda

 A asociación Érguete Baixo Miño abre o prazo de inscricións para o curso de “Habilidades dixitais para uso cotiá”, dirixido preferentemente a persoas maiores de 50 anos dentro do Programa Provincia Activa en colaboración coa Deputación de Pontevedra.     

 Os principais obxectivos desta actividade son:  

- Adquirir destrezas e habilidades informáticas básicas relacionadas co uso do móbil.  

- Aumentar a autonomía e o benestar social a través da aprendizaxe das facilidades e vantaxes que presenta o uso correcto de internet e redes sociais.   

 Esta actividade que comezará o mércores 4 de setembro, e rematará o 6 de novembro; realizarase os mércores, de 16:00 a 19:00h, contando cunha duración total de 30h. Este obradoiro, impartirase no local social da Asociación e ten un custe de 7€.   

 As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño, rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º piso); de A Guarda, chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 (WhatsApp) ou no enderezo electrónico info@erguete.org deixando nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario