13 de ago. de 2024

A GUARDA

Membros da directiva do Centro Galego ‘O Noso Lar’ de República Dominicana visitaron hoxe o Concello de A Guarda  

 

O alcalde e membros do goberno municipal de A Guarda co presidente e directivos do Centro Galego “O Noso Lar”, da República Dominicana
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O presidente do Centro Galego “O Noso Lar”, da República Dominicana, Antonio Sánchez, acompañado do vicepresidente, Eduardo Pahino e do tesoureiro, Manuel Otero, visitou o Concello de A Guarda esta mañá.  

 Durante esta visita institucional, a directiva de “O Noso Lar” reuniuse co alcalde e varios concelleiros do goberno municipal de A Guarda para intercambiar opinións e ver a posibilidade de realizar proxectos e liñas de colaboración no futuro.   

 Este Centro Galego conta coa sede principal en Santo Domingo, mais ten representantes en varias zonas, como Punta Cana. Deste xeito, A Guarda poderase achegar máis a República Dominicana, onde residen preto de 3.000 galegas/os. Ademais, non hai que esquecer a conexión de guardesas/es con ese país, desde hai máis de 150 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario