27 de set. de 2023

TURISMO

A Xunta de Galicia celebra o Día Mundial do Turismo co anuncio da ampliación da sinalización da ruta Eurovelo cun investimento de 1,4 M€  

 A Ruta Cicloturista Costa Atlántica unirá Tui con Fisterra, onde confluirá coa Ruta dos Peregrinos, sinalizada o ano pasado 


O director de Turismo de Galicia, acompañado de representantes do sector turístico e de concellos do Baixo Miño esta mañá, no Miradoiro das Loucenzas (A Guarda)

Foto: X.G.

Infogauda / A Guarda

 O Miradoiro das Loucenzas, na Guarda foi o lugar escollido este ano para celebrar o Día Mundial do Turismo, centrado na innovación e os investimentos verdes. É por iso que o director de Turismo de Galicia, acompañado de representantes do sector turístico e de concellos do Baixo Miño se desplazaron ata o lugar para anunciar a próxima sinalización da Ruta Cicloturista Costa Atlántica Eurovelo V1, que unirá Tui con Fisterra co obxectivo de seguir facilitando infraestruturas verdes e sostibles, no marco do impulso ao cicloturismo e a un turismo sostible.

 Cun investimento previsto de 1,4M€, a sinalización desta ruta permitirá garantir unha mellor convivencia entre cicluturistas, peregrinos e veciñanza, xa que o seu trazado coincide en boa medida co Camiño Portugués. “Falar de cicloturismo é falar de iniciativas que fan de Galicia un destino mellor, un destino sostible e un destino diferenciado no que o fomento do turismo deportivo contribúen a facer de Galicia un destino de turismo tranquilo que medra con sentidiño”, explicou Xosé Merelles, que percorreu un tramo da futura vía en bicicletas eléctricas acompañado de alcaldes e concelleiros do territorio.

 Durante o acto, o director de Turismo de Galicia aproveitou para por en valor os excelentes resultados que está a acadar Galicia o ano despois do remate do Xacobeo. “Vimos de coñecer as cifras de ocupación do mes de agosto, que nos volven a situar en cifras moi similares a agosto do ano pasado, en que acadamos unha cifra récord, o que nos indica que logramos manter o noso atractivo e seguimos a marcar récords históricos, coa chegada de 4,5M de viaxeiros e case 8,5M de noches no que vai de ano e a falta de coñecer aíndas as últimas cifras do turismo extrahoteleiro”, explicou.

Boa ocupación e recuperación do turista estranxeiro

 Este mes de agosto Galicia recibiu 720 mil viaxeiros aloxados e algo máis de 1,6 millóns de noites nos establecementos hoteleiros da comunidade, o que se traduce nun dato histórico ao subir un punto a cifra récord acadada no histórico Ano Santo 2022.

 Durante o verán o viaxeiro maioritario foi o nacional (80% do total de viaxeiros) pero cunha importante suba do internacional, que con 331 mil noites supera nun 13% a cifra previa á pandemia, de 2019, acadando unha ocupación media do 67% e unha estadía media que mellorou nun punto e medio a cifra do ano pasado ata as 2,27 noites

 “Estamos no bo camiño pero agora tócanos seguir traballando para consolidar estes datos e medrar de xeito sostible e rendible, apostando por un desenvolvemento turísticos responsable e de calidade”, rematou Xosé Merelles

Rede EuroVelo

 Coa sinalización da Ruta Costa Atlántica V1 entre Tui e Fisterra, Galicia será un dos poucos territorios nacionais cun dúas rutas cicloturistas internacionais señalizadas: a que percorre toda o litoral atlántico europeo durante máis de 2.000 quilómetros e a V3 ou Ruta dos Peregrinos, que trascorre en moitos países seguindo o trazado do Camiño de Santiago. Ambas rutas confluirán en Fisterra, pechando así un proxecto de sinalización das rutas cicloturistas en Galicia, nas que coincidirán peregrinos e ciclistas, en máis de 565 quilómetros.

 A Rede Eurovelo é unha rede que atravesa 42 países ao longo de máis de 90.000 quilómetros por toda Europa e que é empregada tanto por cicloturistas como polos habitantes locais que realizan os seus traxectos diarios. O seu impulso encaixa cos obxectivos de mobilidade sostible e verde da Axenda 2030, ademáis de que, ano a ano, se incrementa o número de peregrinos que fan o Camiño en bicicleta, ademáis dos que empregan este medio como transporte ou no ámbito deportivo.

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Presentación da curtametraxe Antes de que se poña o sol de Nani Matos   

 Este venres 29 de setembro, ás 21:30 horas, Nani Matos presentará en Camposancos a súa nova curta 




Infogauda / Camposancos

 “Nunha reunión familiar, catro irmáns deben tomar unha decisión e non todos están de acordo”. Así é a sinopse da curta da que pouco máis se pode revelar. A película fala dos conflitos familiares entre os pais e os fillos adultos. Un drama familiar ambientado no mundo rural que nos achega ao difícil que é aceptar o paso do tempo e respectar as decisións dos demais.    

 Este venres, 29 de setembro, ás 21:00 horas, poderemos vela no lugar de “O Palomar”, en Camposancos, Unha proxección ao aire libre que será, sen dúbida, especial por ser Camposancos o pobo de nacemento do seu director. Nani actualmente reside en Pontevedra pero mantén unha estreita relación coa Guarda e o Baixo Miño. Na proxección tamén contaremos coa música de Bieitosolo.  

 Antes de que se poña o sol é, como diciamos, unha curtametraxe escrita e dirixida por Nani Matos. Rodouse na parroquia de Rebordáns, en Negreira, no mes setembro de 2022 e conta cun elenco formado por Mela Casal, Victoria Teijeiro, Machi Salgado, Teté García, Xosé M. Esperante, e o propio Nani Matos onde participa por primeira vez como actor nunha curta na que tamén a dirixe. Poderemos ver ademais o debut no cinema da xoven Sabela Rodríguez. Unha prometedora actriz da Guarda que o propio Nani descubriu en Camposancos.   

 Esta curtametraxe estreouse o 30 de xuño no Teatro Principal, de Pontevedra. No pequeno percorrido que leva xa acadou 5 premios e preto de 20 seleccións en festivais como, o Festival Internacional de Cortometrajes de Berriozar, en Navarra, o Festival Internacional de Cine Social de Toledo ou mesmo o Festival Primavera do Cine, en Vigo, onde acadou o Premio á Mellor Curtametraxe. No mes de outubro estréase internacionalmente no Festival de Cine de Hendaia, en Francia.  

 A Facultade de Belas Artes de Pontevedra colaborou coa curtametraxe, onde algúns dos alumnos vencellados á aula de audiovisuais, participaron nos distintos departamentos da curta.  

 Nani Matos é actor, director e guionista, e este traballo supón a súa cuarta curtametraxe. Dirixiu as curtametraxes Dies dei (2009), Flores para Amalia (2013) e Lurna (2016), acadando entre elas máis de 200 seleccións nacionais e internacionais e preto de 50 premios. Lurna é a súa curta máis premiada e estivo seleccionada en máis de 25 países. Nani Matos desenvolve, actualmente, a súa actividade na escritura de varios proxectos.  

A GUARDA

Fin de semana con novas propostas culturais para pechar o mes de setembro na vila

 Teatro, música e unha exposición de escultura


Escea da obra “O Porco de Pé”, unha comedia  protagonizada por Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo

Infogauda / A Guarda

 O outono estréase na Guarda cargado dunha ampla programación para esta fin de semana, na que se concentran diversas propostas no venres, sábado e domingo.   

 O venres 29 de setembro ás 21:00h. será o momento do teatro, esa arte que tanto gusta á xente da nosa vila e que nos trae nesta ocasión a sátira de Vicente Risco “O Porco de Pé”. Unha comedia  protagonizada por Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, que vén de xirar por toda Galicia colleitando éxitos (con tres premios María Casares) e sobre todo o favor e as risas do público. O acceso será de balde ata esgotar o aforo da sala. Non é precisa a reserva previa. 


Integrantes do grupo Laroá
  

 Ao día seguinte, o sábado será o momento do concerto do programa Musigal 2023 da Deputación de Pontevedra, que cada ano aposta pola difusión da música en galego. Nesta ocasión chegará ata A Guarda o grupo Laroá, que composto por nove músicos de disciplinas e orixes do mais variado propoñen un repertorio que pasa polo jazz e o swing fusionado cos ritmos tradicionais galegos, mediterráneos, centroeurpoeos... Unha proposta melódica de  gran calidade artística para a noitiña do 30 de setembro, ás 21:00 horas, na Praza do Reloxo.  



 E por último, para pechar a fin de semana o artista José Luis Correa, vai inaugurar o domingo 1 de outubro ás 18:00h., na Casa dos Alonso, a súa exposición Ikarus. O artista, que xa tivo unha mostra no mesmo lugar no mes de marzo, maioritariamente de debuxos e pinturas, achegaranos agora un monográfico das súas creacións escultóricas, nas que se poderán observar diferentes técnicas artísticas, materiais e incluso momentos da súa creación. 

O BAIXO MIÑO

Ante a inminente desaparición dos alimentos do  Fondo de Axuda Europea  (FEGA)

SOS Tomiño Baixo Miño sigue coa rolda de contactos, neste caso co concello de Tui 


Representantes da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño reuníronse co alcalde de Tui e a traballadora social do concello.

José Quinteiro* / O Baixo Miño

 A Comunidade Europea enviaba alimentos a través do FEGA (Fondo de Axuda Europea) mediante un programa operativo de axuda alimentaria para as persoas máis desfavorecidas. Este programa iniciouse no ano 2014 e remata en decembro de 2023. A partir do ano 2024 desaparece unha parte importante dos alimentos que chegan ata esta Asociación. Sería un 30% dos alimentos que se ingresan actualmente, en torno a 45.000 ou 50.000 kg anuais. 

 Por outra parte, o incremento no prezo dos bens básicos, e sobre todo nos destinados a alimentación, fai que esta Asociación poida comprar menos cantidade de alimentos co mesmo orzamento.

 Por estas dúas razóns, membros da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, trasmitímoslle ao alcalde Tui, Enrique Cabaleiro, e a traballadora social do concello Carmen González, estas necesidades e o temor de que as 75 familias que a Asociación atende, queden desprotexidas.

 O concello comprometeuse a buscar algunha maneira de axudar a Asociación tanto institucionalmente coma economicamente. 

* Presidente da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño

O ROSAL

O 13 de febreiro e o 26 de xullo, festivos locais no Rosal no 2024  

 As datas aprobaranse no pleno que se celebrará este xoves 28 de setembro ás 20:30 horas  


Casa do Concello do Rosal
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O 13 de febreiro e o 26 de xullo de 2024 serán festivos locais no Rosal. Esta é a proposta que se aprobará na sesión do pleno municipal que se celebrará este xoves 28 de setembro ás 20:30 horas na Casa do Consistorial, na que se abordarán entre outros temas os días festivos propios que o Concello ten dereito a marcar cada ano.  

 Deste xeito, como é xa tradición, o martes de Entroido, que o vindeiro ano coincide co 13 de febreiro, volverá marcarse en vermello no calendario local de rosaleiros e rosaleiras. Por outro lado, o Goberno municipal tamén declarará festivo o venres 26 de xullo do 2024, coincidindo coa festividade de Santa Ana e dando así cabida aos distintas datas sinaladas nas parroquias rosaleiras. 

CAMINHA

III Congresso Internacional de Enogastronomia Amar o Minho fecha com balanço extremamente positivo

 Caminha foi palco ativo de dois dias de debate e partilha de experiências e conhecimento




Infogauda / Caminha

 O III Congresso Internacional de Enogastronomia Amar o Minho encerrou no final da tarde de ontem com a presença do Secretário de Estado da Agricultura, Gonçalo Rodrigues, e um sentimento transversal aos diversos participantes: este foi um fórum de extraordinária importância, que trouxe ao concelho de Caminha experiências diversas e permitiu partilhar o que de melhor se está a fazer ao nível das políticas públicas, nas escolas, nas empresas, no setor social, na investigação e no conhecimento, em diversos países. Enogastronomia e Turismo foram, por outro lado, realidades que se tocaram constantemente nas diversas intervenções e temáticas, seja pelo que já está a ser feito, seja pelas potencialidades do território do Minho, num futuro que se exige sustentável e verdadeiramente coeso.

 Durante dois dias, Caminha acolheu congressistas de diversos países e convidados que puderam expor o seu trabalho e a sua experiência e dialogar com a plateia, porque todos os painéis incluíram debate. Na verdade, o congresso estendeu-se muito para além da sala do Museu Municipal de Caminha, sendo transmitido online em simultâneo com os trabalhos.

 E este foi o segundo dia, porque no primeiro, os participantes estiveram a trabalhar em Argela, na Incubadora Verde, tendo tido igualmente oportunidade de conhecer este novo equipamento, que transformou a velha escola primária da freguesia, abandonada, num local onde o conhecimento e a ciência são bem-vindos e têm agora o papel principal.

 No final da tarde, a comitiva pode ainda visitar e desfrutar do novo Mercado Municipal de Caminha, recém-inaugurado, e que demonstra ser de facto um equipamento polivalente e de excelência.

 Regressando ao final dos trabalhos, recorde-se que o tema do Congresso foi “O Futuro Sustentável do Território”, não sendo de estranhar que a temática fosse o foco das diversas intervenções. Gonçalo Rodrigues, que fechou o Congresso, mostrou-se interessado em receber “notas” e/ou conclusões deste Congresso Internacional de Enogastronomia, que possam auxiliar no desenho das políticas, uma vez que não põde acompanhar os trabalhos. Lembrou que o que é nacional é mesmo bom, defendeu práticas sustentáveis, a par da inovação e do Turismo. O governante reforçou a necessidade de fixar as gentes nos territórios, valorizando-os, o que tem de ser conseguido também com a própria valorização das atividades. Gonçalo Rodrigues falou ainda do envolvimento das crianças, as novas gerações, da influência que a família e a escola podem exercer, dando como exemplo a sua própria família e o peso que preferências dos mais novos têm nas decisões.

 A escola e a academia em geral estiveram aliás presentes em diversas intervenções, quer se falasse das refeições escolares, dos produtos que sustentam a gastronomia local, da investigação e dos projetos que estão a ser desenvolvidos nas universidades ou até de um novo curso superior, a licenciatura em Gastronomia e Artes Culinárias, que arrancou este ano letivo no IPVC, com todas as vagas preenchidas.

 Na sessão de encerramento voltou a intervir o Presidente da Câmara de Caminha, Rui Lages, que agradeceu as diversas participações e disse desde logo que Amar o Minho não é difícil, quando estamos em presença de um território onde gentes, património e sabores de excelência (do rio, mar e terra) são fatores essenciais para um Turismo que se quer seletivo ou de proximidade, onde a questão da sustentabilidade tem de ser entendida em sentido amplo. Numa palavra um Turismo que é responsável, sendo também e em simultâneo sustentado e sustentável.

 Rui Lages rejeitou um conceito de Turismo que tem por objeto explorar por explorar, defendendo um Turismo que se promove, que promove os seus produtos e os seus espaços, mas que, ao mesmo tempo, se cuida e cuida das pessoas. Um turismo, acrescentou o Presidente da Câmara de Caminha, que é inclusivo e que envolve agentes públicos, tecido empresarial, escolas e academia e as gentes, sempre as pessoas, sempre em coesão.

CAMINHA

Cinema + Perto: Festival de Cans

EXIBIÇÂO DE FILMES PREMIADOS NO FESTIVAL DE CANS EM 2023

Com e presença de Alfonso Pato, diretor do Festival

Sábado 30 setembro, 2023, 21H45, no Teatro Valadares, de Caminha



Locus Cinemae / Caminha

VILA PRAIA DE ÂNCORA

Mercado Municipal de Vila Praia de Âncora acolhe Mercado M já no sábado 


O “Mercado M” é um evento da Nuceartes – Núcleo de Estudos e Artes do Vale do Âncora, que pretende divulgar as artes e a cultura do concelho, bem como promover o Mercado Municipal

Foto: C.M. C.

Infogauda / Vila Praia de Âncora

 O “Mercado M” está de regresso ao Mercado Municipal de Vila Praia de Âncora já no sábado, dia 29 de setembro, a partir das 10H00. A decorrer desde maio, esta iniciativa conta com um programa diversificado, diferente a cada mês. Gastronomia local, artesanato, surpresas artísticas, troca de livros & sementes; exposições, jogos tradicionais, música, teatro, palco por um dia, conversas informais são algumas das ofertas desta edição do M.

 O “Mercado M” é um evento da Nuceartes – Núcleo de Estudos e Artes do Vale do Âncora, que pretende divulgar as artes e a cultura do concelho, bem como promover o Mercado Municipal.

 Como já referimos, cada edição do Mercado M tem apresentado uma panóplia de atividades e artistas diversificada. Esta edição não será diferente. Gastronomia local, artesanato, surpresas artísticas, troca de livros & sementes; exposições de Inês Miranda – Sempre entre Viagens; Mário Rocha; Duarte Verde, Nuceartes: festas e Romarias, são as ofertas permanentes do Mercado M das 10H00 às 17H00. Depois das 18H00, terá lugar o Sunset do M, no terraço do Hotel Meira.

 Para além das atividades que se estendem ao longo do dia, o “Mercado M” apresenta um vasto programa. Da Rua ao M com Napinhas (10H00); Jogos Tradicionais (10H30); Conversas informais “Festas e Romarias de Vila Praia de Âncora” com Aurora Rego, Padre Valdemar, Alexandra Vaz e Francisco Presa (11H30); Banda Dubaquito (13H15); Apresentação da Varina M e animação Napinhas (14H00); palco por um dia (14H30); Performance “Com o fogo não se brinca”; Orfeão de Vila Praia de Âncora (15H30) e “Passagem de Gil Vicente” a cargo da Porta de Cena (16H00).

 A partir das 18H00, o Terraço do Hotel Meira servirá de palco ao Sunset do M.

 Este evento conta com o apoio do Município de Caminha e da Junta de Freguesia de Vila Praia de Âncora.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Fim-de-semana desportivo em Vila Nova de Cerveira com Trail e Cicloturismo    

 Esta sexta-feira, 29 de setembro, arranca mais uma edição do Grande Trail da Serra D’Arga, cujo ponto de partida dos 100km Trail Endurance acontece da Praça da Liberdade, de Vila Nova de Cerveira, às 22h00 

 No domingo, dia 1 de outubro, vários concelhos do Alto Minho, incluindo o de Vila Nova de Cerveira, acolhem a 2ª L’Étape Portugal by Tour de France, um evento de Ciclismo de Estrada

 

 Fotografia: Carlos Sá

 Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 Dois eventos de referência, duas modalidades reconhecidas, o mesmo palco de excelência. O concelho de Vila Nova de Cerveira continua a ser escolhido para acolher grandes provas desportivas com milhares de participantes nacionais e internacionais, graças às condições naturais existentes e ao apoio incondicional prestado pelo executivo municipal liderado por Rui Teixeira. Este fim-de-semana, Vila Nova de Cerveira é local de partida do Grande Trail da Serra D’Arga e de passagem da 2ª L’Étape Portugal by Tour de France.     

 Esta sexta-feira, 29 de setembro, arranca mais uma edição do Grande Trail da Serra D’Arga, cujo ponto de partida dos 100km Trail Endurance acontece da Praça da Liberdade, de Vila Nova de Cerveira, às 22h00, passando pela União de Freguesias de Vila Nova de Cerveira e de Lovelhe, e freguesias de Gondarém, Loivo, Sopo e Covas. O evento desportivo prossegue no sábado com o Ultra Trail 45km, com partida às 08h00, de Dem no concelho de Caminha; há no domingo decorrem as restantes provas, com partida em São Lourenço da Montaria, no concelho de Viana do Castelo, nomeadamente o Trail longo 27km (09h00) e Trail Curto 17km (09h30), além das provas de caráter não competitivo Caminhada de 12km (09h30) e o Trail Kids (12h30).     

 Tão duro quanto bonito, com as provas imersivas na natureza, proporcionando aos participantes uma experiência incrível num ambiente natural e vistas panorâmicas únicas, o Grande Trail da Serra D´Arga é organizado pela Carlos Sá Nature Events® e a colaboração das Câmaras Municipais de Vila Nova de Cerveira, Caminha e Viana do Castelo, assim como as Juntas de Freguesias de Dem, São Lourenço da Montaria, Covas, Estorãos, Arga S. João, Arga de cima, Arga de Baixo, Amonde, Gondar, Orbacém, Vila Praia de Âncora e Afife.  



  

 No domingo, dia 1 de outubro, vários concelhos do Alto Minho, incluindo o de Vila Nova de Cerveira, acolhem a 2ª L’Étape Portugal by Tour de France, um evento de Ciclismo de Estrada, aberto a ciclistas amadores federados e não federados, estando prevista a participação de cerca de 1000 ciclistas. Com partida (09h00) e chegada em Viana do Castelo, o evento apresenta-se com três distâncias: 147 km, com uma elevação de 2791m; 103 km e uma elevação de 1905m; e 51 km, com uma elevação de 700m. Trata-se de uma organização da Podium Events, S.A., em conjunto com a Stream Plan Lda e o Clube Desportivo e Recreativo Chronos, tendo como parceiros dos Municípios de Vila Nova de Cerveira, Viana do Castelo, Caminha e Paredes de Coura, Infraestruturas de Portugal e Federação Portuguesa de Ciclismo.

TOMIÑO

Concello e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), investirán 1,5 millóns na creación dun sendeiro peonil no río Pego  

• A alcaldesa, Sandra González, e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, asinaron o convenio de colaboración  


A alcaldesa, Sandra González, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinaron o convenio de colaboración para a posta en marcha deste proxecto

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Paso adiante na creación dun sendeiro peonil paralelo ao río Pego que permita unir o núcleo de Tomiño co sendeiro xa existente no Miño. A alcaldesa, Sandra González, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinaron o convenio de colaboración para a posta en marcha deste proxecto que ademais de xerar novos espazos de lecer permitirá mellorar a depuración no municipio. 

 Sandra González salientou que esta colaboración “é o froito dun ano de arduo traballo por parte do Goberno municipal para conseguir que Tomiño aumente o número de sendas para o goce da veciñanza, mellorando a conectividade e a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”. 

 O proxecto contempla un investimento de máis de 1,5 millóns de euros en tres anualidades, dos que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil financiará o 80% e o Concello de Tomiño o 20% restante. 

 Ademais da construción deste sendeiro paralelo ao río Pego, a través deste convenio de colaboración levaranse a cabo as actuacións necesarias para dar solución á problemática de saneamento do colector xeral que vai pegado ao río Miño, que discorre por Dominio Público Hidráulico e que se atopa en mal estado de conservación. “Deste xeito rematarase coas infiltracións detectadas e reduciranse as achegas de augas pluviais e de auga limpa procedente do río, o que mellorará moito a depuración”, explicou a alcaldesa. 

TOMIÑO

25 tomiñesas fórmanse grazas ao programa ‘Galegas Dixitais’  

 A alcaldesa, Sandra González, deu a benvida a todas as participantes durante a presentación deste curso de balde que busca a dixitalización das mulleres  


Grande éxito de acollida en Tomiño do curso ‘Galegas Dixitais’
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Grande éxito de acollida en Tomiño do curso ‘Galegas Dixitais’. Un total de 25 tomiñesas participan neste programa de formación gratuíto que ten por obxectivo a dixitalización das mulleres na procura de emprego e que este mércores arrancaba co acto de presentación no salón de plenos do Concello.  

 A alcaldesa, Sandra González, quixo dar a benvida a todas as participantes e animalas a “aproveitar esta oportunidade formativa que favorece a empregabilidade e pode axudar a impulsar o emprendemento e o desenvolvemento do noso rural, ademais de permitirnos seguir traballando para reducir a fenda de xénero”. 

 Do 4 de outubro ao 16 de novembro, en horario de 09:00 a 14:00 horas, as alumnas inscritas participarán nunha formación de 120 horas sobre competencias dixitais básicas, avanzadas e para o emprendemento con sesións impartidas por Beproject Consultores e Ara Formación na Escola Obradoiro O Regatiño de Goián.  

 Coa clausura do curso, as mulleres participantes recibirán un diploma acreditativo de todo o aprendido durante a formación e un ordenador portátil como material para axudalas a seguir avanzando nas súas competencias dixitais.   

 Tras o grande interese que o curso suscitou entre a veciñanza, o Concello estuda realizar outra formación do programa ‘Galegas Dixitais’ a comezos do vindeiro ano.  

TOMIÑO

O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE NO CONCELLO DE TOMIÑO DENUNCIA A MALA XESTIÓN DO GOBERNO NACIONALISTA


 Mirta Misa e Violeta de Santiago, concelleiras do Grupo Municipal do PsdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Violeta de Santiago* / Tomiño

 O pasado xoves, 21 de setembro, no Concello de Tomiño, celebrouse sesión plenaria ordinaria, un pleno que non correspondía no tempo, pero que o Goberno Municipal convocou, supoñemos que o motivo foi a urxencia, para o propio Goberno, que tiñan algúns dos puntos a tratar. 

 As concelleiras socialistas votamos a favor das propostas de Alcaldía para aprobar unha auditoría da empresa Aqualia, responsable do abastecemento de auga municipal, así como da aprobación inicial da ordenanza fiscal das taxas de abastecemento e saneamento, pois entendemos que é beneficioso para a veciñanza. 

 O Goberno nacionalista presentou de novo unha modificación de créditos. A número 10 no que vai de ano. As socialistas afeáronlle ese afán por ser os primeiros na contorna en aprobar o orzamento xeral, cando ese orzamento, ano tras ano, é absolutamente insuficiente mesmo para garantir o gasto corrente das diferentes partidas, o que, na opinión do grupo municipal socialista é un claro exemplo de mala xestión. 

 Outro dos puntos da orde do día foi a aprobación definitiva da Conta Xeral 2022. As concelleiras socialistas, Mirta Misa e Violeta de Santiago votaron en contra ao igual que o fixeron na Comisión de Contas e na aprobación inicial . 

 "Non podemos votar a favor dunha conta Xeral cando se presentan innumerables reparos de intervención, a maioría deles por incumprimento da Lei de contratos públicos. De maneira sistemática e reiterada, licitando e adxudicando obras e servizos sen ser sometidas a concurso público como establece a propia Lei. 

 Cando se cometen ilegalidades como esta, a sabendas que se están a cometer, ten un nome, chámase prevaricación!!! E nos non imos amparar a comisión dun delito".

  Voceira do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño.

TUI

Tui aposta polos investimentos verdes logrando xa 7 millóns de euros de fondos europeos

 Os diferentes Plans permiten poñer en valor os recursos patrimoniais máis senlleiros como o Teatro Principal, o Cárcere Vello, a recuperación da muralla, o embelecemento do conxunto histórico ou a reforma integral da Praza de Abastos xunto a recuperación e posta en valor do patrimonio natural baixo criterios de eficiencia e sostibilidade


Vista de Tui
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Hoxe, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo, centrado este ano a nivel internacional no turismo verde. Coincidindo con esta data o Concello de Tui fai balance dos investimentos verdes realizados ou previstos no municipio grazas aos máis de 7 millóns de euros de fondos europeos conseguidos para este fin, nunha aposta inequívoca para impulsar un desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente. Estes proxectos, algúns xa en marcha, e outros que se executarán proximamente teñen por obxectivo transformar o municipio mellorando a calidade de vida da cidadanía e preservando o entorno natural para que Tui sexa un concello sostible, inclusivo e que atraia economía vinculada ao territorio e ao seu potencial natural e cultural.  

 As intervencións previstas realizaranse seguindo criterios de eficiencia e sostibilidade para a posta en valor dos recursos patrimoniais máis singulares de Tui, e que contan cun gran potencial para atraer un turismo de calidade durante todo o ano.  

 O alcalde, Enrique Cabaleiro, destaca que “o obxectivo é aproveitar esta oportunidade que nos da o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para adaptarnos ás novas demandas da veciñanza e da dinámica turística do concello realizando os investimentos con parámetros de eficiencia enerxética, conservación dos recursos e inclusión social e sobre todo anticipándonos ao futuro”.  

 Así o Plan de Sostibilidade Turística en Destino, PSTD, “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza” suporá un investimento de 2 millóns de euros. Permitirá abordar actuacións relevantes como a  recuperación da zona das murallas  e o embelecemento da zona intramuros mellorando a dotación de servizos e suministros para fixar poboación e actividade no conxunto histórico.  

 Outros 2 millóns de euros serán destinados á rehabilitación da Praza de Abastos e o seu entorno. En pleno corazón do conxunto histórico investiranse 1,3 millóns de euros en dous edificio municipais. Será na rehabilitación do Cárcere Vello para converterse nun Centro de Recepción e Atención de Peregrinos e Centro de Interpretación Histórico-Artístico, xa en fase de licitación, e no Teatro Principal, para o que  se conta xa con 772 mil euros.  

 Por outra banda o Concello de Tui está tamén comprometido coa recuperación do espazo natural e ambiental habilitando sendas e recuperando espazos que avogan polo respecto da biodiversidade e do patrimonio natural e cultural. Este o caso da senda do rio Furnia que esta a executar o Obradoiro de Emprego e que estará concluída en outubro, da senda do rio Caselas para a que existe xa un convenio coa Confederacion Hidrografica do Miño-Sil, ou a senda da Mariña-Metralla, a pasarela sobre a desembocadura do Louro, e ou a actuación prevista co próximo obradoiro do emprego que mellorará a senda dende Areeiros até Caldelas. No seu conxunto estes proxectos superan os 2,5 millóns de euros.  

 Por último a alianza transfronteiriza permitiu captar investimentos para actuacións de mellora da mobilidade no territorio como é o caso de 50.000 euros para un vehículo eléctrico para o uso compartido de servizos na fronteira.  

 Estas son parte dos investimentos verdes previstos que abranguen dende  o río Miño, a contorna monumental e os recursos patrimoniais coma protagonistas de proxectos transformadores centrados na eficiencia enerxética e redución da pegada de carbono, a resiliencia e na inclusión (accesibilidade). Con esta filosofía de actuación o Plan de Acción de Axenda Urbana contempla importantes proxectos como a renaturalización fluvial do río Miño e as ribeiras dos ríos de interior, a renaturalización do parque natural do Monte Aloia  e área de Rede Natura,  mellora da accesibilidade da cidade histórica desde a área fluvial,  actuacións para o aproveitamento dos recursos turísticos como poden ser os ligadas ao termalismo, a dinamización do comercio local ou a dinamización do conxunto histórico focalizado no turismo.  

Mesa redonda para coñecer boas prácticas e éxito de inscricións nas experiencias turísticas

 Por outra parte gran acollida a que está a rexistrar a proposta de actividades organizadas polo Concello de Tui con motivo deste Día Mundial do Turismo. Nalgunhas das actividades as prazas están completas e noutras quedan xa poucas dispoñibles. Así na experiencia dun paseo musical en barco polo Miño so queda algunha entrada para o pase das 17 h. O mesmo acontece na xornada de portas abertas ao viveiro de Areas, onde a curiosidade por coñecer este espazo con gran valor botánico e edificacións arquitectónicas de calidade ten ocupado xa unha alta porcentaxe do aforo previsto. Mentres está xa completa a experiencia do roteiro pola beira do Miño do domingo con visita ao Balneario de Caldelas. As persoas interesadas nas experiencias nas que aínda quedan vacantes poden inscribirse en tuirismo@tui.gal.  

 Cómpre lembrar que mañá xoves o concello de Tui convida ao sector turístico e colectivos sociais e culturais a asistir á xornada “Oportunidades de Turismo Verde en Tui” que terá lugar ás 18.00 h na Sala Félix Rodríguez do Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica). Contará cunha mesa redonda moderada polo xornalista especializado no Camiño de Santiago, Cristobal Ramírez na que se presentarán proxectos galegos exitosos de desenvolvemento  turístico sostible coa participación de:  

 María Abuín de Máis que Románico (empresa de turismo cultural que deseña e comercializa rutas que interpretan patrimonio e territorio  cun modelo de xestión responsable). 

 Diego Chapela, da Fundación Juan XXIII (Xestión por parte dun colectivo de iniciativa social do espazo comunal do Lago de Castiñeiras para uso turístico). 

 Leticia Castro Gondar, responsable da marca  AWA e Presidenta de  Grove Makers (asociación de artesáns e creativos do Grove con pequeno comercio de autor). 

 Alberto Romero Rodríguez e Ricardo da Silva Diz, da Asociación de Muiñeiros do Río Tripes (entidade local de promoción do patrimonio cultural etnográfico, arquitectónico e paisaxístico). 

 A xornada rematará co relatorio “Reflexións e retos do Turismo Verde en Tui” a cargo de Ana  M.ª Núñez Álvarez, 1ª tenente de alcalde de Tui e concelleira de Turismo.

TUI

Actividades para todas a idades en ‘Outubro mes da Biblioteca

 A programación comeza o próximo martes con contacontos e unha exposición




Infogauda / Tui

 Ao longo do mes de outubro celebrarase en Tui un amplo programa baixo o título de “Outubro mes da biblioteca”. Está organizado pola Biblioteca Municipal tudense co obxectivo de achegar á lectura á sociedade tudense con actividades tanto para público infantil coma adultos, e exposicións.  

 A primeira proposta chegará o próximo martes, 3 de outubro, ás 17.30 h con La Compañía Espectacular o contacontos con música en vivo “Os nunkis e obradoiro creativo” dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.  Nesta mesma xornada ás 19.30 h inaugurarase na Sala Municipal a exposición fotográfica “Cuentos, relatos y narraciones” de Manuel Martínez Tobaruela.  

 O martes 10, ás 17.30 h, realizarase un obradoiro de robótica educativa no que nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán deseñar e programación diferentes robots con material e Lego Educación.  

 O sábado 14, ás 12.30 h na Sala Félix Rodríguez presentarase o libro “Ribadelouro: terra e auga é vida” de Manuel Vázquez de la Cruz, nun acto no que amais do autor participarán María Teresa Vázquez de la Cruz e Marga do Val.  

 Unha mesa redonda analizará o luns 16 ás 20 h a vida e obra de escritora tudense María Tydeska coincidindo coa conmemoración do Día das Escritoras.  

 A nenos e nenas de 3 a 6 anos vai dirixido o espectáculo “CantaContos Kairos” que Tania Justo presentará o martes 17 ás 17.30 h.  E por último pechando este programa o martes 24, Día da Biblioteca, ás 17.30  h Charo Pita presenta “Porco, porquiño, ensíname o Camiño” no que bebés de 0 a 3 gozarán con contos, brincadeiras, rimas e cancións.  

 Este ano o lema do Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, é "Tecendo Comunidades". Co mesmo preténdese destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. O cartel conmemorativo a nivel nacional foi realizado pola ilustradora Nuria Riaza. Como sinala a convocatoria deste “Día das Bibliotecas”, unha biblioteca non é só un edificio cheo de libros: son corazóns palpitantes dentro das nosas comunidades, son espazos de encontro e diálogo. O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.  

 A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, destaca que esta programación pretende achegar ao centro bibliotecario tudense á sociedade proporcionando a través das actividades programadas ferramentas para o crecemento, tanto individual como social, mediante a transmisión dos valores que agocha a lectura. Este mesmo impulso está presente no funcionamento do Club de Lectura da propia Biblioteca que reúne a 20 persoas interesadas no intercambio de ideas, de experiencias suscitadas pola lectura dunha obra. Cada lectura, cada conversación, achega o seu fío único a este “Tecendo comunidades” que celebramos neste ano 2023.

VIGO

O cadro de persoal de Madera Fiber clama na Xunta en Vigo por unha solución que garanta o mantemento do emprego 

 Os traballadores/as da antiga Faurecia Interior Porriño instan a Administración a atopar “un inversor serio” que retome a actividade    


Tras a protesta desenvolvida o pasado mércores 20 diante das instalacións da compañía do sector da automoción no polígono das Gándaras, no día de hoxe optaron por levar a cabo unha concentración ás portas do edificio da Xunta en Vigo

Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O cadro de persoal de Maderas Fiber, antiga Faurecia Interior Porriño, continuou esta mañá coas mobilización para reclamar a implicación da Xunta de cara a atopar “un inversor serio” que garanta a continuidade do proxecto industrial e o mantemento dos 103 empregos actuais.   

 Tras a protesta desenvolvida o pasado mércores 20 diante das instalacións da compañía do sector da automoción no polígono das Gándaras, no día de hoxe optaron por levar a cabo unha concentración ás portas do edificio da Xunta en Vigo para esixir axilidade por parte dos responsábeis autonómicos. Neste senso, lembran que no pasado xa mantiveran xuntanzas tanto co IGAPE como coa Inspección de Traballo para alertar do que estaba a acontecer na empresa, situación que derivou finalmente na presentación do concurso de acredores por parte da compañía.  

 Agora veñen de solicitar unha xuntanza coa propia conselleira de Economía para demandarlle que poña todos os instrumentos dos que dispón a Administración para atopar investimentos, “pero aín-da non obtivemos resposta”. Ao mesmo tempo, están a manter encontros cos alcaldes e grupos políticos da zona de influencia da empresa para recabar o seu apoio. 

 En consecuencia, Madera Fiber atravesa na actualidade unha situación económica crítica que fai que nestes momentos só teñen actividade tres operarios/as dos 103 que integran o cadro de per-soal. Ademais, a previsión é que os traballadores/as non perciban xa o soldo de setembro porque a compañía carece de fondos. 

 Diante desta situación, o comité comezou os contactos coa Administración autonómica para abordar o futuro da empresa co obxectivo de garantir o mantemento da actividade e dos empregos “e para esixirlles que se impliquen na busca dunha solución que pasaría por atopar un inversor serio que reflotase a compañía e mantivese o proxecto industrial”.  

Operación especulativa 

 Dende a representación da CIG no comité insisten en que outra saída posíbel sería que “volvamos ser traballadores/as de Faurecia”. Lembran que a transnacional francesa vendera a súa filial porri-ñesa en 2022 ao fondo de investimento alemán Callista por un euro, ao tempo que inxectou tres millóns de euros na empresa. “Tras a operación o fondo voitre nunca presentou ningún plan indus-trial nin realizou investimentos, e aos tres meses vendeu os terreos e as instalacións por 2,4 millóns, un prezo moi inferior ao valor de mercado”. 

 A compañía continuou producindo até que en marzo de 2023 foi vendida por 3600 euros a unha empresa romanesa propiedade de Rüdiger Wisser, “que se presentou aquí asegurando que era embaixador do parlamento internacional dos dereitos humanos, algo surrealista”. Cinco meses despois esta persoa desaparece, deixando a empresa en concurso de acredores con importantes débedas. 

 “Foi todo unha operación especulativa, xa que as pezas que fabricamos eran vendidas a Faurecia a un prezo inferior ao de fabricación, que era marcado pola propia Faurecia. O obxectivo desta trama era evitar o dano reputacional e as cuantiosas indemnizacións por despido, xa que as responsabilidade recaerían nun cidadán romanés insolvente”, sinalan. 

 Por iso dende a representación sindical instan a Xunta a implicarse e a decidir con quen se posicionan: ou cos traballadores/as e as súas familias ou cos fondos voitres.

VIGO

A Xunta de Galicia abre en Vigo un novo centro de formación do profesorado que será referente na aposta polo modelo educativo galego innovador e inclusivo  

O conselleiro de Educación, acompañado pola delegada da Xunta na cidade olívica, inaugura as novas instalacións no edificio anexo do Colexio Virxe do Rocío 

Román Rodríguez explica que o centro incorpora todas as ferramentas e recursos imprescindibles” para formar aos docentes fronte aos desafíos educativos


A Consellería de Educación investiu un total de 400.000 euros na adaptación destas novas instalacións no edificio anexo do Colexio Virxe do Rocío

Foto: X.G.

Infogauda / Vigo

 A Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso en materia educativa coa cidade de Vigo e a súa área coa apertura do novo Centro de Formación e Recursos (CFR) para a actualización e formación permanente do profesorado, dotado con todas as ferramentas e recursos imprescindibles, sobre todo no que atinxe ás novas tecnoloxías, o que permitirá formar aos docentes “fronte aos desafíos educativos presentes e futuros”. 

 Así o sinalou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na inauguración das novas instalacións situadas no edificio anexo do Colexio CEIP Virxe do Rocío, nun acto onde estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.  

 Segundo explicou Román Rodríguez, este novo Centro de Formación e Recursos “é un exemplo palpable do compromiso da Xunta coa excelencia na educación e co afianzamento do noso modelo educativo innovador e inclusivo”. “Nel intensificarase a formación permanente coas máximas ferramentas e recursos posibles”, abondou.  

 Na súa intervención, Román Rodríguez destacou a figura dos docentes como “a columna vertebral que sostén o noso modelo educativo”, polo que reafirmou o compromiso da Consellería de ofrecer todos os apoios formativos necesarios, sobre todo no emprego das novas tecnoloxías no entorno das aulas ou en aspectos como a acreditación das competencias dixitais docentes, unha iniciativa pioneira en Galicia con 20.500 profesores xa certificados.  

 Neste contexto, o novo CFR de Vigo vai ser unha peza clave no desenvolvemento do Plan Anual de Formación do Profesorado para o presente curso 2023-24, que conta cun investimento récord de 9M€ para o desenvolvemento de 5.800 accións formativas enfocadas á dixitalización, á innovación e á convivencia como liñas prioritarias.  

 Así mesmo, coa súa posta en marcha, o Goberno galego dá resposta ás demandas do profesorado de contar cun espazo axeitado, xa que ata o momento, e de xeito provisional, o centro realizaba as súas actividades no Colexio CEIP Plurilingüe O Sello.  

3.000m² adaptados ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

 A Consellería de Educación investiu un total de 400.000 euros na adaptación destas novas instalacións no edificio anexo do Colexio Virxe do Rocío. Trátase dun espazo de 3.000m² distribuídos en tres plantas, adaptadas ás directrices tanto de innovación como de sostibilidade marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.  

 De feito, o novo CFR conta cunha réplica dunha aula E-Dixgal e un Polo Creativo, dotadas con todo o equipamento. Tamén dispón dun salón de actos con capacidade para 100 persoas e seis aulas de formación que suman unha capacidade máxima de 400 persoas. O edificio complétase con espazos de administración e despachos.

PONTEVEDRA

O MUSEO DE PONTEVEDRA “AVANZA CON FIRMEZA” CARA A RECUPERACIÓN DA BIENAL DE ARTE, PROGRAMADA PARA O 2025 

Rafa Domínguez: “Será un escaparate para a creatividade e o talento da nosa rexión e promoverá o intercambio cultural, o diálogo e a colaboración entre artistas locais, nacionais e internacionais”


O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, nun momento da rolda de prensa
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou que “estamos avanzando con firmeza cara a recuperación da Bienal en Pontevedra, programada para o 2025” e asegurou que “será un escaparate para a creatividade e o talento da nosa rexión e promoverá o intercambio cultural, o diálogo e a colaboración entre artistas locais, nacionais e internacionais”. Coa recuperación da Bienal, “un evento que marcará un fito en Pontevedra, Galicia e en Europa” e “unha noticia que representa un paso significativo no mundo da cultura e da arte”, a Deputación de Pontevedra segue a dar pasos cara adiante no impulso de Pontevedra como cidade da cultura e referente nacional e internacional.  

 “Levamos meses de esforzo e planificación” para “revitalizar este importante evento e levalo a novas alturas en 2025” asegurou Rafa Domínguez.  De feito, segundo avanzou, “a nosa visión é que a Bienal sexa unha plataforma que impulse a innovación artística e promova a diversidade cultural nun mundo cada vez máis interconectado”.  “Pontevedra será o epicentro internacional da arte no 2025 e  aquí presentaranse obras vangardistas que desafiarán as fronteiras da creatividade”, detallou. Ademais, o vicepresidente tamén remarcou que se converterá nun revulsivo para o turismo, “xerando un efecto multiplicativo nos visitantes” e contribuíndo ao crecemento “do turismo cultural en Pontevedra e á proxección internacional da cidade como destino cultural imperdible”.  

 A Bienal de Arte naceu no ano 1969 como formato competitivo, que abandonaría en 1990. Aquela primeira cita recoñeceu a Rafael Úbeda —recentemente protagonista dunha exposición no Museo de Pontevedra—, Manuel Torres e Juan José Oliveira. Desde aquela, e ata a última edición, en 2010, a Bienal converteuse nun referente a nivel internacional desde o punto de vista artístico e cultural que concentraba en Pontevedra as e os máis grandes artistas de todo o mundo.  Os detalles da planificación e organización da Bienal de Arte do 2025 serán compartidos “na próximas semanas e meses”, así como “outros pasos que daremos desde o Museo”, asegurou o vicepresidente, quen amosou sentirse “emocionado” de traballar “en colaboración con artistas locais, institucións culturais e a comunidade para facer deste evento un verdadeiro reflexo da creatividade e da cultura de Pontevedra”.  

 Neste eido, Rafa Domínguez aproveitou a ocasión para asegurar que a Bienal incorporará o persoal “do Museo, a nova directora e os conservadores” e para  recoñecer a implicación e compromiso das súas e dos seus traballadores. De feito, nesta mesma xornada o vicepresidente tivo un encontro formal co persoal das diferentes seccións do Museo para facelo partícipe das decisións que se van tomar desde a Deputación de Pontevedra para impulsar o Museo de Pontevedra. “As portas do meu despacho estarán sempre abertas para eles. O diálogo e a escoita activa marcarán a partir de agora a nosa relación” asegurou o vicepresidente, ao tempo que puxo en valor a traxectoria profesional da nova directora, Ángeles Tilve.

ARCOS DE VALDEVEZ

Autarquia arcuense celebra Dia Mundial do Turismo  

 Celebrações deste ano focam-se na temática “Turismo & Investimentos Verdes”




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Dia Mundial do Turismo é assinalado anualmente no dia 27 de setembro, e, tal como habitual, a Câmara Municipal de Arcos de Valdevez volta a associar-se às celebrações com um programa para o efeito. 

 Assim, de 27 a 29 de setembro, os visitantes poderão realizar em diversos pontos do concelho visitas guiadas aos diversos equipamentos culturais municipais e caminhadas temáticas. 

 O Turismo é um forte dinamizador económico do concelho, sendo Arcos de Valdevez muito procurado pelo seu Turismo de Natureza, Património cultural e edificado, e excelente gastronomia e vinhos. 

 Neste sentido, o Município tem implementado um conjunto de iniciativas de forma a afirmar cada vez mais o concelho como um destino de eleição, com mais valias para a economia, a sociedade e cultura, estando atualmente em desenvolvimento um plano estratégico de desenvolvimento turístico para o concelho. 

 Todas as atividades previstas são gratuitas, estando limitados os lugares. 

 Não perca esta oportunidade. 

 Viva connosco o Dia Mundial do Turismo! 

 Construa Memórias em Arcos de Valdevez!  

PROGRAMA:  

27 DE SETEMBRO  

14:30h: Visita guiada às Oficinas de Criatividade Himalaya - Centro Ciência Viva dos Arcos  

15:30h: Visita guiada ao Centro Interpretativo do Barroco  

16:00h: Visita guiada ao Paço de Giela  

28 DE SETEMBRO  

10:30h: Visita guiada à Vila de Soajo - Percurso “Bem-vindo a Soajo” | Local: Centro Interpretativo e Etnográfico de Soajo  

29 DE SETEMBRO  

11:00h: Caminhada no Mezio | Local: Porta do Mezio (Trilho Interpretativo do Mezio)  

15:00h: Exibição filme 360º | Uma viagem ao Parque Nacional Peneda-Gerês* | Local: Oficinas de Criatividade Himalaya - Centro Ciência Viva dos Arcos