27 de set. de 2023

TOMIÑO

O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE NO CONCELLO DE TOMIÑO DENUNCIA A MALA XESTIÓN DO GOBERNO NACIONALISTA


 Mirta Misa e Violeta de Santiago, concelleiras do Grupo Municipal do PsdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Violeta de Santiago* / Tomiño

 O pasado xoves, 21 de setembro, no Concello de Tomiño, celebrouse sesión plenaria ordinaria, un pleno que non correspondía no tempo, pero que o Goberno Municipal convocou, supoñemos que o motivo foi a urxencia, para o propio Goberno, que tiñan algúns dos puntos a tratar. 

 As concelleiras socialistas votamos a favor das propostas de Alcaldía para aprobar unha auditoría da empresa Aqualia, responsable do abastecemento de auga municipal, así como da aprobación inicial da ordenanza fiscal das taxas de abastecemento e saneamento, pois entendemos que é beneficioso para a veciñanza. 

 O Goberno nacionalista presentou de novo unha modificación de créditos. A número 10 no que vai de ano. As socialistas afeáronlle ese afán por ser os primeiros na contorna en aprobar o orzamento xeral, cando ese orzamento, ano tras ano, é absolutamente insuficiente mesmo para garantir o gasto corrente das diferentes partidas, o que, na opinión do grupo municipal socialista é un claro exemplo de mala xestión. 

 Outro dos puntos da orde do día foi a aprobación definitiva da Conta Xeral 2022. As concelleiras socialistas, Mirta Misa e Violeta de Santiago votaron en contra ao igual que o fixeron na Comisión de Contas e na aprobación inicial . 

 "Non podemos votar a favor dunha conta Xeral cando se presentan innumerables reparos de intervención, a maioría deles por incumprimento da Lei de contratos públicos. De maneira sistemática e reiterada, licitando e adxudicando obras e servizos sen ser sometidas a concurso público como establece a propia Lei. 

 Cando se cometen ilegalidades como esta, a sabendas que se están a cometer, ten un nome, chámase prevaricación!!! E nos non imos amparar a comisión dun delito".

  Voceira do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario