27 de set. de 2023

O BAIXO MIÑO

Ante a inminente desaparición dos alimentos do  Fondo de Axuda Europea  (FEGA)

SOS Tomiño Baixo Miño sigue coa rolda de contactos, neste caso co concello de Tui 


Representantes da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño reuníronse co alcalde de Tui e a traballadora social do concello.

José Quinteiro* / O Baixo Miño

 A Comunidade Europea enviaba alimentos a través do FEGA (Fondo de Axuda Europea) mediante un programa operativo de axuda alimentaria para as persoas máis desfavorecidas. Este programa iniciouse no ano 2014 e remata en decembro de 2023. A partir do ano 2024 desaparece unha parte importante dos alimentos que chegan ata esta Asociación. Sería un 30% dos alimentos que se ingresan actualmente, en torno a 45.000 ou 50.000 kg anuais. 

 Por outra parte, o incremento no prezo dos bens básicos, e sobre todo nos destinados a alimentación, fai que esta Asociación poida comprar menos cantidade de alimentos co mesmo orzamento.

 Por estas dúas razóns, membros da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, trasmitímoslle ao alcalde Tui, Enrique Cabaleiro, e a traballadora social do concello Carmen González, estas necesidades e o temor de que as 75 familias que a Asociación atende, queden desprotexidas.

 O concello comprometeuse a buscar algunha maneira de axudar a Asociación tanto institucionalmente coma economicamente. 

* Presidente da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño

Ningún comentario:

Publicar un comentario