27 de set. de 2023

TURISMO

A Xunta de Galicia celebra o Día Mundial do Turismo co anuncio da ampliación da sinalización da ruta Eurovelo cun investimento de 1,4 M€  

 A Ruta Cicloturista Costa Atlántica unirá Tui con Fisterra, onde confluirá coa Ruta dos Peregrinos, sinalizada o ano pasado 


O director de Turismo de Galicia, acompañado de representantes do sector turístico e de concellos do Baixo Miño esta mañá, no Miradoiro das Loucenzas (A Guarda)

Foto: X.G.

Infogauda / A Guarda

 O Miradoiro das Loucenzas, na Guarda foi o lugar escollido este ano para celebrar o Día Mundial do Turismo, centrado na innovación e os investimentos verdes. É por iso que o director de Turismo de Galicia, acompañado de representantes do sector turístico e de concellos do Baixo Miño se desplazaron ata o lugar para anunciar a próxima sinalización da Ruta Cicloturista Costa Atlántica Eurovelo V1, que unirá Tui con Fisterra co obxectivo de seguir facilitando infraestruturas verdes e sostibles, no marco do impulso ao cicloturismo e a un turismo sostible.

 Cun investimento previsto de 1,4M€, a sinalización desta ruta permitirá garantir unha mellor convivencia entre cicluturistas, peregrinos e veciñanza, xa que o seu trazado coincide en boa medida co Camiño Portugués. “Falar de cicloturismo é falar de iniciativas que fan de Galicia un destino mellor, un destino sostible e un destino diferenciado no que o fomento do turismo deportivo contribúen a facer de Galicia un destino de turismo tranquilo que medra con sentidiño”, explicou Xosé Merelles, que percorreu un tramo da futura vía en bicicletas eléctricas acompañado de alcaldes e concelleiros do territorio.

 Durante o acto, o director de Turismo de Galicia aproveitou para por en valor os excelentes resultados que está a acadar Galicia o ano despois do remate do Xacobeo. “Vimos de coñecer as cifras de ocupación do mes de agosto, que nos volven a situar en cifras moi similares a agosto do ano pasado, en que acadamos unha cifra récord, o que nos indica que logramos manter o noso atractivo e seguimos a marcar récords históricos, coa chegada de 4,5M de viaxeiros e case 8,5M de noches no que vai de ano e a falta de coñecer aíndas as últimas cifras do turismo extrahoteleiro”, explicou.

Boa ocupación e recuperación do turista estranxeiro

 Este mes de agosto Galicia recibiu 720 mil viaxeiros aloxados e algo máis de 1,6 millóns de noites nos establecementos hoteleiros da comunidade, o que se traduce nun dato histórico ao subir un punto a cifra récord acadada no histórico Ano Santo 2022.

 Durante o verán o viaxeiro maioritario foi o nacional (80% do total de viaxeiros) pero cunha importante suba do internacional, que con 331 mil noites supera nun 13% a cifra previa á pandemia, de 2019, acadando unha ocupación media do 67% e unha estadía media que mellorou nun punto e medio a cifra do ano pasado ata as 2,27 noites

 “Estamos no bo camiño pero agora tócanos seguir traballando para consolidar estes datos e medrar de xeito sostible e rendible, apostando por un desenvolvemento turísticos responsable e de calidade”, rematou Xosé Merelles

Rede EuroVelo

 Coa sinalización da Ruta Costa Atlántica V1 entre Tui e Fisterra, Galicia será un dos poucos territorios nacionais cun dúas rutas cicloturistas internacionais señalizadas: a que percorre toda o litoral atlántico europeo durante máis de 2.000 quilómetros e a V3 ou Ruta dos Peregrinos, que trascorre en moitos países seguindo o trazado do Camiño de Santiago. Ambas rutas confluirán en Fisterra, pechando así un proxecto de sinalización das rutas cicloturistas en Galicia, nas que coincidirán peregrinos e ciclistas, en máis de 565 quilómetros.

 A Rede Eurovelo é unha rede que atravesa 42 países ao longo de máis de 90.000 quilómetros por toda Europa e que é empregada tanto por cicloturistas como polos habitantes locais que realizan os seus traxectos diarios. O seu impulso encaixa cos obxectivos de mobilidade sostible e verde da Axenda 2030, ademáis de que, ano a ano, se incrementa o número de peregrinos que fan o Camiño en bicicleta, ademáis dos que empregan este medio como transporte ou no ámbito deportivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario