28 de xul. de 2025

A GUARDA

ASÍ ESTÁ - A DÍA DE HOXE - A FOSA COMÚN DE SESTÁS




As imaxes - tiradas este luns, 28 de xullo de 2025 - reflicten o estado no que se atopa a fosa común de Sestás
Fotos: infogauda


Infogauda / A Guarda
 
 Nunha época na que a vila de A Guarda é visitada por centenares de persoas de diversas procedencias, entre elas, tamén dos lugares de onde eran naturais, os seres humanos que foron asasinados a carón das tapias do cemiterio de A Guarda, por individuos vencellados ao franquismo; o espazo coñecido como Fosa Común de Sestás, ao carón do cemiterio parroquial - que vén sendo un lugar a onde ao longo de todo o ano acoden familiares das vítimas da represión golpista -, non ofrece, a día de hoxe, o seu mellor estado de presentación. E iso, a pesares de estarmos en pleno estío e con temperaturas sensiblemente máis altas das que en anos precedentes viñan sendo habituais na nosa contorna. Dese xeito non estamos referíndonos a herbas que medraron dun día para outro.

 Por iso, suxerimos que por parte de quen corresponda, se proceda en consecuencia, en pro dunha mellor presentación dese lugar de respecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario