CINE ALVI: OUTRO ESPAZO PARA Á LEMBRANZA
• Contrariamente ao disque que circulou pola vila, non o mercou un coñecido grupo galego de distribución alimentaria
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O Cine Alvi, ubicado na zona de As Coutadas, concretamente no Paseo de Portugal, nº 3, ao carón do monumento ao poeta Feliciano Rolán Vicente e do Centro de Saúde, ten novo propietario. Segundo puido saber este cronista, o inmoble que por iniciativa da familia de Arturo Alonso Sousa, de A Guarda, acolleu desde finais dos anos 70 do século precedente, a que foi a quinta sala de proxeccións de cinema na nosa localidade, e tamén a discoteca DNI; logo do falecemento dos últimos dous descendentes de Arturo Alonso Sousa, os herdeiros desa familia puxeron á venda o edificio. Meses despois de darse a coñecer que estaba en venda, ese inmoble foi vendido. Descoñecemos quen o adquiríu. En todo caso, segundo puidemos saber non foi mercado - contrariamente ao disque que circulou pola vila - por un coñecido grupo galego de distribución alimentaria, con o cal contactamos oportunamente.
Ainda que no momento de redactar esta información descoñecemos o novo propietario do que fora Cine Alvi e discoteca DNI, podemos indicar que ese inmoble - edificado en 1978 - conta no catastro cunha superficie gráfica de 784 m2, e unha superficie construída de 656 m2, distribuídos do seguinte xeito:
Planta 00: espectáculos 407 m2; e almacén 61 m2.
Planta 01: almacén 188 m2.
Trátase dun ben urbano cuxo uso principal ata agora - ainda que inactivo desde fai bastantes anos - era espectáculos.
Dese xeito, o Cine Alvi será outro espazo para á lembranza.
Nada que obxectar ao adquirente, ao cal lle desexamos moitos éxitos.
En todo caso, A Guarda continúa carecendo dun auditorio - ou espazo multiusos - con cabida suficiente, como á que tiña o Cine-Teatro Avenida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario