11 de ago. de 2023

A GUARDA

Roi Casal vai presentar na Guarda o seu novo espectáculo, Ambos Mundos

O concerto será o sábado 19 de agosto, e porá en escena os recentes sinxelos producidos en EEUU xunto cunha selección dos seus temas clásicos 




Infogauda / A Guarda

 O intérprete e compositor Roi Casal levará ata A Guarda o seu novo espectáculo Ambos Mundos, dentro do ciclo de concerto do Xacobeo. 

 Tras 6 tempadas de éxitos coa xira Son galego, Son cubano, Roi Casal confirma que o seu novo repertorio estará conformado polos temas máis actuais, xunto a outras cancións que van dende os ritmos latinos das súas últimas xiras ao estilo pop máis puro dos seus inicios. 

 Verán a luz temas como “Xunto a ti”, o primeiro dos sinxelos de Ambos Mundos que conta coa produción de Charly Rodgarman (productor de orixe galega afincado en EEUU). A canción foi gravada en Los Ángeles (California) no mes de decembro e conta cun videoclip realizado en distintas localizacións de Galicia. 

 O concerto será na Alameda o sábado 19 de Agosto ás 22:30h, promovido polo concello de A Guarda co patrocinio da Xunta de Galicia a través dos concertosdoxacobeo.gal e a entrada será libre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario