Licitación da xestión do Servizo de Axuda do Fogar
• As ofertas poderán presentarse ata o día 12 de setembro de 2023
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda procede á licitación do Contrato da xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na modalidade de dependencia e libre concorrencia por procedemento aberto por 2.138.451,28 €.
O novo Equipo de goberno municipal nunha aposta decidida por impulsar os Servizos Sociais do concello acaba de licitar o contrato do Servicio de Axuda no Fogar para os próximos catro anos por un importe de 2.138.451,28 €
O obxecto desta contratación é a prestación do servizo de axuda a domicilio, sendo a finalidade a atención a persoas ou unidades de convivencia, no seu propio domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, que facilite a permanencia das persoas usuarias na súa contorna habitual.
As ofertas poderán presentarse ata o día 12 de setembro de 2023.
Ningún comentario:
Publicar un comentario