11 de ago. de 2023

A GUARDA

AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA CONVÍDANNOS A DESFRUTAR DAS  TRADICIÓNS DE NOSO

Este sábado día 12 de agosto, ás 11:30 h., desde á Alameda, dará comezo o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras


Grupo de mulleres ataviadas con traxes típicos galegos no Desfile Folclórico Tradicional das Festas do Monte Santa Trega
Fotos: Laxe Grande
Grupo de gaitas A Boalleira, de A Gándara


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde o día 5 ata ó 15 de agosto, A Guarda celebra por todo o alto ás Festas do Monte Santa Trega 2023. Son, sen lugar a dúbidas, ás máis agardadas por milleiros de persoas que ó longo do resto do ano atópanse fora da súa terra e tamén polas que residen eiquí.    

 As Festas do Monte Santa Trega - que contan coa decraración de Festas de Interese Turístico Galego, ainda que reúnen méritos máis que suficientes para seren recoñecidas como Festas de Interese Turístico Nacional e mesmo Internacional -, xeran unha potente sinerxia, non soio no termo municipal de A Guarda, senón en toda á contorna.   

 Son uns festexos cunha ampla programación, na que teñen cabida actividades culturais, deportivas, festivas, gastronómicas,..., e nas que todo o mundo pode participar, porque hai sitio para todos.   

 Un dos eventos máis salientables das Festas do Monte Santa Trega é o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras, que terá lugar este sábado día 12 de agosto, a partir das 11:30 horas, desde á Alameda ata o porto pesqueiro.  

 Desde este xornal dixital transfronteirizo animamos a toda á veciñanza e visitantes da comarca do Baixo Miño a sacar do roupeiro seus traxes rexionais, e desfilar con eles para goce persoal e para ademiración de todo o respectable público, entre o cal haberá centenares de visitantes que se achegan ata nosa vila.

AS BANDAS MARIÑEIRAS, COLECTIVOS INSUBSTITUÍBLES

 A Banda Negra - decana das bandas mariñeiras -, a Banda Mau-Mau. a Banda Roxa, Banda Os Perdidos,.., son, entre outras, que xurdiron despois, colectivos humanos moi heteroxéneos, xa que seus compoñentes - mulleres e homes de todas ás idades - proceden de diversos barrios das tres parroquias de A Guarda.   


Membros da Banda Negra

 Ao igual que as demais formacións, as bandas mariñeiras podemos decir que son as herdeiras das treboadas miñotas que ata os anos 70 do pasado século, eran - ademáis, no seu tempo, do relembrado gaiteiro guardés Serafín Álvarez Cividanes "O Tío Lancha" e seus fillos -. as que puñan as notas musicais na romaría do monte santa Trega. 

 As bandas mariñeiras comezaron participando no desfile folclórico tradicional, como grupos de percusión (bombos, caixas, cunchas, pandeiretas, tambores,...) para máis adiante, paulatinamente, incorporar gaitas do país. 

 Desde fai anos, as bandas mariñeiras son colectivos insubstituíbles.

"O DOMINGO DO MONTE"   

 O Día Grande das Festas do Monte Santa Trega, é - como acertadamente adoitamos decir os guardeses e veciños dos pobos próximos - "O Domingo do Monte". Nesa xornada festiva milleiros de romeiros, suben ata o cumio do Trega, onde terá lugar o xantar enxebre, a "troulada", o "forrobodó", a "xura",..., e logo a "baixada", ata O Montiño, para a merenda-cea, e a posterior "desfeita".    

 "O Domingo do Monte", é un cúmulo de sensacions, de vivencias, de sabores,..., que non se pode descreber con verbas. Hai que vivilo.

FOGOS DE LUCERÍA  

 

Fogos de lucería no porto de A Guarda
Foto: Ricardo Rodríguez Martínez

 Como vén sendo tradicional, o luns día 14, ás 24:00 horas, no porto de A Guarda, haberá unha gran tirada de fogos de lucería. Será - se  o neboeiro non o impide - un espectáculo que atraerá a moitísimas persoas de toda á comarca, pois o emprazamento dos morteiros - no contradique de Punta Xenete - non pode ser máis fermoso. Se todo resulta propicio, será unha noite memorable.  

 E como todo o que comeza remata, ás Festas do Monte Santa Trega 2023, concluirán oficialmente o martes día 15, cunha actuación de dous grupos musicais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario