4 de nov. de 2022

A GUARDA

No 20 aniversario do desastre do Prestige 

A Guarda renderá unha nova homenaxe á Marea Branca 

O domingo día 13 de novembro, ás 12:30h no miradoiro adicado á Marea Branca, na Estrada de Circunvalación.  

 


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vai realizar o domingo día 13 de novembro, ás 12:30h,  unha homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do afundimento do Prestige fronte á costa galega, nun acto moi emotivo que terá lugar no miradoiro adicado á Marea Branca, situado na estrada de Circunvalación ao monte Santa Trega.  

 O 13 de novembro de 2002, o petroleiro monocasco Prestige colapsaba diante das costas galegas, iniciándose una cadea de infortunios que provocou finalmente o seu afundimento o día 19 dese mesmo ano, co conseguinte desastre e lamentable desenlace para todo o medio ambiente.  

 Foron moitas as persoas que, desinteresadamente, participaron nas dificultosas tarefas de limpeza da costa galega, unha acción que pasou a chamarse “Marea Branca” e á cal na Guarda se lle rendeu homenaxe no ano 2012 coa inauguración do monumento coñecido coma Miradoiro da Marea Branca, na estrada de Circunvalación, moi preto do barrio de Fontequente, unha acción promovida polo veciño de Oia Xabier Garrido. e que contou tamén co apoio do Concello de A Guarda e de empresas. 

 Neste 20 aniversario da catástrofe, o Concello de A Guarda quere lembrar e homenaxear a todas esas persoas que participaron na Marea Branca, facendo posible que a costa galega recuperase a normalidade, esquecendo as fortes imaxes das rochas e aves mariñas tinguidas de negro polo chapapote.  

 Nesta nova homenaxe á Marea Branca, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, será o encargado de dar lectura a un manifesto redactado polo xornalista Manuel Campo Vidal, nun acto no que tamén intervirán Silvia María Crespo Campos, patroa maior da Confraría de Pescadores Santa Tecla e Xabier Garrido Carrera, promotor da iniciativa de crear este monumento adicado á Marea Branca na Guarda.   

 Será un acto moi emotivo, con acompañamento musical e aberto a toda a cidadanía guardesa. 

A GUARDA

A Guarda continúa co reparto gratuíto de composteiros  

O Concello vai a proceder a facer unha nova entrega de composteiros.

Todos as persoas veciñas que os precisen pódenos solicitar chamando ao 986 610 000. 


Composteiros
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

  O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente xa leva repartidos entre os veciños e veciñas das diferentes parroquias e barrios do noso municipio, máis de 500 composteiros para realizar compost.  

 A mestra composteira municipal é a encargada de realizar charlas formativas para ensinar como é o seu funcionamento.  

 Todos os veciños e veciñas de A Guarda que desexen obter un destes composteiros deben de solicitalos chamando ao teléfono 986 61 0000, despois serán citados para una charla informativa e entrega do composteiro.  

 As persoas contarán cun asesesoramento por parte da mestra composteira sempre que sexa preciso tanto por teléfono, no concello ou desprazándose á casa para ver o proceso in situ.   

 Se tes unha casa con horta podes facer compost ti mesmo/a,  un proceso sinxelo, no que  sen ter que usar químicos nin substancias artificiais, obterás un compost estupendo para a túa horta e xardín, reducindo os residuos, xerando valor e coidando o medio ambiente”, indica Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Medio Ambiente. 

O ROSAL

O Concello abre o prazo de inscrición para participar no campamento de Nadal  

 Celebrarase do 23 de decembro ao 5 de xaneiro. 

 As persoas interesadas poderán presentar a solicitude dende as 09.00 h do vindeiro luns 7 de novembro ata as 14.00 h do 22 de novembro 



 

Infogauda/ O Rosal

 O Concello do Rosal xa está preparando todo para que os nenos e nenas poidan desfrutar dunhas vacacións de Nadal chea de actividades. O vindeiro luns 7 de novembro ás 09.00 horas abre o prazo de inscrición para participar no campamento de Nadal, unha iniciativa que, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “busca axudar a rosaleiros e rosaleiras a conciliar a vida familiar e laboral a través de distintas actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos seus fillos e fillas tras o remate do período lectivo”. 

 Este campamento de Nadal desenvolverase os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 08.45 a 14.15 horas e está orientado a nenos e nenas matriculados en 4º, 5º ou 6º de educación infantil ou en educación primaria neste curso escolar, tanto empadroados e empadroadas no Rosal como non empadroados pero que o seu pai, nai, titor ou titora traballe ou posúa un negocio no municipio. O prazo de inscrición rematará o martes 22 de novembro ás 14.00 horas. 

 Haberá un total de 20 prazas, reservándose dúas para nenos e nenas que precisen dun apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía. A actividade terá un custe de 20 euros por participante e desenvolverase en instalacións municipais. 

 As solicitudes deberán presentarse por Rexistro de Entrada no Concello do Rosal ou por Sede Electrónica xunto coa autorización de recollida do ou da menor; un cuestionario de saúde e autonomía persoal; fotocopia do DNI do pai, nai, titor ou titora e do libro de familia; unha vida laboral actualizada; o certificado de recoñecemento de discapacidade da ou do participante en caso de telo; ou certificado de monoparentalidade ou título de familia numerosa en caso de darse algunha destas dúas circunstancias. 

 O Concello elaborará unha listaxe de persoas admitidas e de reserva en función da puntuación obtida en base ás seguintes variables: por traballo de ambos membros da parella ou titores legais, 2 puntos; por traballo dun dos membros, un punto; por familia monoparental, dous puntos; e por pertencer a familia numerosa, dous puntos. A puntuación máxima será de 5 puntos. 

CAMINHA

Concelho de Caminha galardoado com cinco prémios no barómetro dos Melhores Municípios para Viver

 Presidente da Câmara recebeu troféus na Universidade de Coimbra e interpreta o trabalho como estímulo e desafio


O Presidente da Câmara Municipal, Rui Lages, recebeu os galardões durante a cerimónia de Gala dos Prémios Melhores Municípios Para Viver 2022 
Foto: Global Imagens



Infogauda / Caminha

 O concelho de Caminha é considerado pelo INTEC – Instituto de Tecnologia Comportamental como um dos melhores municípios para viver em Portugal, conquistando o segundo lugar no ranking geral. Os prémios foram divulgados e entregues esta quinta-feira, dia 3 de novembro,, em Coimbra. Mas os galardões não ficaram por aqui: o estudo realizado pelo Instituto coloca Caminha como o segundo melhor nos indicadores “Bem-Estar”, “Segurança, Diversidade e Tolerância”, “Urbanismo e Habitação” e “Ensino e Formação” e como o terceiro melhor em “Ambiente”.

 O Presidente da Câmara Municipal, Rui Lages, recebeu os galardões durante a cerimónia de Gala dos Prémios Melhores Municípios Para Viver 2022 - “Boa Governação Local, Melhor Qualidade de Vida”, realizada na Sala da Capela do Colégio da Trindade, na Universidade de Coimbra.

 “Aceitamos o desafio de nos sujeitarmos a uma avaliação científica. Como Caminhense, senti-me sempre privilegiado por ter nascido e poder viver num concelho como o nosso. Mas este estudo permite-nos saber o que pensa a população, perceber o nosso posicionamento numa perspetiva mais abrangente, que junta indicadores, estatísticas oficiais, que usa um filtro independente e científico; sem paixões, que nos fornece uma visão global. É muito importante, é sobretudo um instrumento de trabalho, um desafio, é assim que o encaro”, explica Rui Lages.

 Para o Presidente da Câmara, ver o concelho de Caminha assim reconhecido foi “como olhar para o espelho e gostar muito do que se vê, porque sabemos que não se trata de uma imagem narcisista ou condescendente - é imagem que os outros também veem. Claro que fiquei muito orgulhoso, ainda mais entusiasmado, mais motivado para trabalhar. Regressei a casa mais robusto, física e mentalmente, foi como se estivesse a chegar de umas férias paradisíacas, que não tive ainda, nem sequer num plano mais modesto, nem sei quando poderei pensar nisso, nem interessa”.

 Como o estudo refere, “boa governação local e melhor qualidade de vida são conceitos que caminham juntos. Naturalmente, fazemos sempre o melhor que podemos e sabemos. Mas estamos, a partir de agora, em melhores condições para usar os argumentos que resultam deste estudo e dizer às pessoas, às empresas, aos potenciais investidores que é bom viver aqui, investir aqui, apostar no concelho de Caminha. Também conseguimos, através da análise mais detalhada do trabalho do INTEC, identificar aspetos menos bons, eventuais debilidades, e trabalhar para os melhorar”, sublinha ainda Rui Lages.

 Basicamente, o trabalho do Instituto de Tecnologia Comportamental começa com a recolha de dados objetivos, através de pesquisas detalhadas em bases de dados, entidades estatísticas, a que se juntam outros dados considerados subjetivos, como a audição (por inquérito telefónico e amostragem) da população do município.

 Recolhida a informação, esses dados são analisados e segue-se o apuramento do Ranking dos Melhores Municípios Para Viver.

 O INTEC tem ainda uma parceria com o Jornal de Notícias, o que leva a imagem dos melhores classificados, como é o caso de Caminha, a um público vasto, como é o dos leitores do diário.

 Assim, com o intuito de avaliar o estado da arte da qualidade de vida nos municípios portugueses, o Instituto de Tecnologia Comportamental retomou este ano esta avaliação, trabalho que iniciou em 2008. A iniciativa M2V – Melhores Municípios para Viver – “é um barómetro de avaliação da Qualidade de Vida nos Municípios, tendo por base os 10 domínios consagrados na Fundação Europeia para a Melhoria das Condições de Vida e de Trabalho (EUROFOUND)”.

GOIÁN

Pazo de Valdomiño e Fonte do Frade, de novo entre os mellores licores de Galicia  

 O xurado outorgou as Distincións Gallaecia 2022 ao licor de herbas de Pazo de Valdomiño e ao de café de Fonte do Frade  




Infogauda / Goián

 Pazo de Valdomiño segue triunfando entre os padais máis esixentes. O licor de herbas de Pazo de Valdomiño e o licor café de Fonte do Frade facíanse coas Distincións Gallaecia 2022 da  Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, tras superar a cata dun xurado experto que valorou moi positivamente o alto nivel de calidade dos destilados presentados nesta edición. 

 Desde a destilería refiren: “Estamos encantados de compartir con todos vós as novas distincións que recibiron os nosos produtos. Estamos moi contentos porque este galardón supón un novo recoñecemento ao traballo que levamos desenvolvendo desde hai anos, no que a nosa aposta pola calidade é un dos eixos centrais”. 

TOMIÑO

Tomiño pon en marcha Encaixat, un programa pioneiro de atención integral á infancia e adolescencia 

 A alcaldesa, Sandra González, e o director territorial de Galicia de Aldeas Infantiles SOS, Víctor Muñoz, asinaron este mércores o convenio de colaboración do proxecto, que se converte nun centro de proximidade 

 Comezará atendendo a dous grupos formados por 8 menores e con intervención terapéutica para cinco familias 


A alcaldesa, Sandra González - no centro da imaxe - e a concelleira de Benestar Social - 1º pola esq. - con Víctor Muñoz, director territorial de Galicia de Aldeas Infantiles SOS; Susana Puga, directora dos programas de atención ás familias desta entidade; e unha colaboradora, no acto de sinatura do convenio de colaboración

Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 Tomiño continúa a ser un referente en políticas de infancia e adolescencia. O Concello e Aldeas Infantiles asinaron este mércores o convenio de colaboración para a posta en marcha de Encaixat, un proxecto pioneiro no  no que se entende a infancia dun xeito integral atendendo ás necesidades educativas, ao apoio psicolóxico e ás familias buscando que os nenos, as nenas e a mocidade tomiñesa poida vivir integrada e feliz na súa contorna.  

 O proxecto arrancará en Tomiño este mes convertido nun centro de proximidade co que se busca mellorar a igualdade de oportunidades dos e das menores en situación de risco e vulnerabilidade que forman parte do Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF) municipal a través dunha metodoloxía de intervención innovadora, con atención integral a nenos e nenas, tendo sempre en conta as súas necesidades de apoio escolar, formación en competencias esenciais, lecer educativo e apoio psicolóxico para mellorar as súas condicións de vida e a das súas familias.  

 “Seguimos apostando por atender á nosa infancia e adolescencia dun xeito integral, coordinando recursos e fomentando sinerxías para prestar un servizo que se fixo máis necesario se cabe tras a pandemia. Co Encaixat creamos un espazo socio-comunitario dedicado á infancia e á adolescencia, continuando así co gran traballo que estamos a desenvolver para seguir sendo referencia en políticas de infancia. Así, non só poderemos atender as necesidades de cada neno e cada nena pensando no que precisa e nas características da súa contorna e das súas familias, senón que nos permitirá achegar os recursos ás e aos usuarios evitando que teñan que desprazarse e favorecendo a súa inclusión social”, explicaba a alcaldesa, Sandra González, durante a sinatura do convenio de colaboración con Aldeas Infantiles SOS para levar a cabo este proxecto.  

 O director territorial de Galicia da entidade, Víctor Muñoz, sinalaba que este traballo conxunto tan próximo aos nenos, nenas e adolescentes permite “traballar dende a prevención e detectar situacións de risco. Para nós é unha experiencia innovadora e estamos moi ilusionados e esperanzados, porque cremos que o futuro pasa por achegarnos ás súas necesidades e apoialos dende os servizos sociais dos concellos”. 

 Este programa de intervención socio-educativa coa infancia e a adolescencia arrancará con dúas áreas principais de intervención. Por un lado, unha área centrada na formación socio-educativa que comezará con dous grupos de traballo formados por oito menores cada un de entre 6 e 17 anos e na que se traballarán os hábitos de estudo centrados no apoio das tarefas derivadas dos centros escolares pero tamén nas necesidades persoais e sociais dos e das menores, cun programa de tempo de lecer e participación comunitaria. Á fronte dos grupos estará persoal cualificado coordinado polo SEAF e a Concellería de Benestar Social.  

 Por outro lado, haberá unha área de apoio psicolóxico, que terá como eixos vertebradores a competencia social, a capacidade para a resolución de problemas, a autonomía e o sentido de propósito e de futuro. “Trátase dun traballo integral de apoio escolar, pero tamén de reforzo de habilidades emocionais e sociais, da capacidade de adaptación e das oportunidades de lecer, sempre dunha forma coordinada”, recalcou Susana Puga, directora dos programas de atención ás familias de Aldeas Infantiles SOS.  

 O programa tamén contempla a intervención a nivel terapéutico, sesións que comezarán a vindeira semana con cinco menores derivados do SEAF de Tomiño que servirá como un apoio extra á situación que poidan estar atravesando os e as menores e a súa contorna. 

 O obxectivo último que se persegue desde o SEAF é seguir avanzando e crecendo con este programa e poder cubrir as novas necesidades socieducativas que se vaian detectando, con fin de acadar a integración plena e unha oportunidade para vivir nun entorno mellor, máis seguro e feliz. 

VIGO

A SEDE DA DEPUTACIÓN EN VIGO CELEBRARÁ O DÍA DAS ESCRITORAS O 11 DE NOVEMBRO CUN ENCONTRO LITERARIO DAS MULLERES DO “MANIFESTO DE SOUTOMAIOR” 

 Carmela Silva adiantou que na xuntanza anunciaranse os premios literarios que vai lanzar a Deputación no 2023, un concurso escolar de relatos e “unha grande sorpresa artística” nas cidades de Vigo e Pontevedra 


Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Foto: D.PO.

Infogauda / Vigo

 A sede da Deputación en Vigo celebrará o vindeiro venres, 11 de novembro, o Día das Escritoras cun encontro literario das mulleres asinantes do “Manifesto de Soutomaior”. “Imos xuntarnos ese día –informou a presidenta Carmela Silva- para tomar decisións moi relevantes e novidosas”, entre as que anunciou a posta en marcha duns premios literarios e un concurso escolar de relatos. Tamén se descubrirá a “grande sorpresa artística” coa que se conmemorará a celebración, unha escultura que se instalará no exterior da sede viguesa da institución e que tamén terá réplica nos xardíns do Pazo provincial en Pontevedra.

 Se o pasado ano o Castelo de Soutomaior foi o punto de encontro dun grupo de 19 mulleres da escrita e da cultura que, da man da Deputación de Pontevedra, celebraron por vez primeira o Día das Escritoras e culminou coa histórica sinatura do “Manifesto de Soutomaior”, neste 2022 será a sede de Vigo o escenario da xuntanza. Será un auténtico “encontro literario no que se continuarán dando pasos cara a igualdade das mulleres na escrita” detallou Carmela Silva. Así, entre as iniciativas que se van impulsar atópase a posta en marcha duns premios literarios para o 2023 cuxo nome, número de premios que se van entregar e recursos que se van destinar definiranse durante o encontro.

 Tamén durante a xuntanza acordarase o lanzamento dun concurso escolar de relatos para premiar “as mellores redaccións centradas na igualdade e na loita contra a violencia de xénero” elaboradas por alumnas/os de educación secundaria de centros educativos da provincia. Ademais, o encontro servirá para dar conta do avance da creación dunha biblioteca dixital de mulleres ou definir un concurso de composición musical centrado en poetas galegas.

 Dende hai sete anos a Biblioteca Nacional de España, en colaboración coa Asociación Clásicas y Modernas, organiza a celebración do Día das Escritoras, unha iniciativa que ten o obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.   

VIGO

O comité de empresa de Vitrasa impugnará os servizos mínimos “abusivos” impostos unha vez máis polo Concello  

 A representación dos traballadores/as valora moi positivamente a resposta do cadro de persoal á convocatoria de paros parciais 


O comité de empresa da Vitrasa ofreceu hoxe unha rolda de prensa diante do Concello de Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa da Vitrasa ofreceu hoxe unha rolda de prensa diante do Concello de Vigo para anunciar que vai impugnar os servizos mínimos “abusivos” impostos unha vez máis polo Goberno local, que en ocasións anteriores xa viu como o xulgado do Contencioso-Administrativo resolveu que eran “desorbitados” e que vulneraban o dereito de folga. Dende a representación dos traballadores/as da concesionaria de transporte urbano valoraron moi positivamente a resposta do cadro de persoal aos paros parciais que se están a desenvolver dende o pasado mércores día 2 para reclamar a negociación dun convenio colectivo digno, unha vez que o actual leva case dous anos caducado. 

 Durante a comparecencia o presidente do comité, Imanol Arnoso, da CIG, saíu ao paso das afirmacións do concelleiro de Fomento e segundo tenente de alcalde, Javier Pardo, nas que acusaba a representación dos traballadores/as de mentir a respecto dos servizos mínimos. Arnoso recoñeceu que o decreto de servizos mínimos do Concello contempla 25 autobuses de 8:00 a 9:00 horas e outros 25 de 14:00 a 15:00 horas, o que suporía un 25% dos 102 autobuses habituais en cada unha desas franxas horarias, porcentaxe que o edil asegurou que se corresponde cos servizos mínimos fixados.  

 “O que se esqueceu de comentar o concelleiro foi que no decreto fálase tamén das expedicións xa iniciadas á hora de comezo dos paros, establecéndose que deberán finalizar o seu traxecto completo até final de liña, permitindo a subida e baixada de viaxeiros/as”, sinala o presidente do comité. Ao tempo que indica que no propio decreto se cita textualmente que as viaxes que realicen estes vehículos até final de liña serán consideradas servizos mínimos a todos os efectos.  

 En consecuencia, os servizos mínimos totais non son os 25 autobuses que sostén o edil, xa que habería que sumarlle os vehículos que xa están en ruta ao inicio dos paros: 50 pola mañá e 55 pola tarde, o que eleva a porcentaxe de servizos mínimos até o 75% pola mañá e até o 80% pola tarde. “Por iso cando lemos o decreto pensamos que houbera un erro, xa que era a porcentaxe de servizos mínimos máis alta decretada nas últimas mobilizacións; e temos que lembrar que xa en dúas ocasións anteriores o xulgado decretou que os servizos mínimos impostos eran ilegais; pero falamos co concelleiro e asegurounos que non había ningún erro”. 

 Entón o comité propúxolle que estes vehículos continuasen o seu traxecto pero sen coller máis viaxeiros/as, unicamente deixando nas paradas correspondentes a aquelas persoas que xa viaxaban no momento do inicio dos paros, pero o responsábel municipal negouse en rotundo. ”Deste xeito o noso dereito de folga vese vulnerado unha vez máis, porque hai persoal de condución que só pode exercelo 10, 15 ou 20 minutos”

 Diante disto, o comité vaille reclamar por escrito ao Concello que corrixa o decreto dos servizos mínimos no sentido de que os autobuses que se atopen en traxecto ao inicio dos paros poidan deixar de coller viaxeiros/as, “e en caso de que non acepten a proposta estudaremos ampliar os horarios dos paros, sen descartar incluso convocar unha folga total no futuro, porque a empresa continúa negándose a negociar a renovación do convenio”. 

Éxito dos paros 

 Con todo, e a pesar dos atrancos que está a poñer o Concello ao decretar uns servizos mínimos abusivos encubertos, dende o comité de empresa valoran moi positivamente o seguimento dos paros por parte do cadro de persoal. “Estamos moi satisfeitos pola resposta dos traballadores/as, aínda que recibimos moitas queixas de persoas que non poden parar a pesar de que queren facelo”, comenta Arnoso.

VIGO

A CIG-Banca desenvolverá unha xornada de mobilizacións no sector financeiro en Vigo 

 O vindeiro luns 7 de novembro.

 Infogauda / Vigo

 A CIG-Banca desenvolverá o luns día 7 de novembro, unha xornada de mobilizacións no sector financeiro en Vigo.  As protestas comezarán diante dos Xulgados do Social, na rúa Lalín, ás 9:30 horas en apoio dunha traballadora de ABANCA que ten un xuízo por temas de conciliación.  

 A continuación desenvolveranse concentracións ás portas das entidades financeiras, no marco da campaña reivindicativa pola actualización salarial dos convenios do sector, que a central sindical puxo en marcha o pasado mes de abril. 

 -De 10:30 a 10:35 diante da sucursal de ABANCA en Progreso esquina Velázquez Moreno. 

-De 10:40 a 10:45 diante da sucursal do B. Santander, Urzáiz 2. 

-De 10:50 a 10:55 diante da sucursal de IBERCAJA, Urzáiz 1. 

-De 11:00 a 11:05 diante da sucursal de CAIXABANK, Colón 19. 

-De 11:06 a 11:11 diante da sucursal do B. SABADELL, Colón 20. 

-De 11:12 a 11:17 diante da sucursal do B.SABADELL, Colón 26. 

-De 11:20 a 11:25 diante da sucursal de BANKINTER, Príncipe 63. 

-De 11:28 a 11:32 diante da sucursal do B.SANTANDER, Príncipe 39. 

-De 11:40 a 11:45 diante da sucursal de CAIXABANK, Príncipe 5. 

-De 11:50 a 11:55 diante da sucursal do B. SANTANDER, Porta do Sol 5. 

-De 11:57 a 12:02 diante da sucursal do BBVA, Policarpo Sanz, 1. 

-De 12:03 a 12:08 diante da sucursal do B. SABADELL, Policarpo Sanz, 3. 

-De 12:20 a 12:25 diante da sucursal do B. SANTANDER, Policarpo Sanz, 44. 

-De 12:26 a 12:31 diante da sucursal do BBVA, García Barbón, 2.  

 A concentración final será en ABANCA, para rexeitar tamén o recente despedimento dun traballador por “baixo rendemento”. De 12:32 a 12:45 horas diante da sucursal de García Barbón, 1-3.  

PONTEAREAS

PONTEAREAS, PROTAGONISTA DO ÚLTIMO OBRADOIRO ÁGORA DA DEPUTACIÓN POR SER EXEMPLO DE COMO RECUPERAR O ESPAZO PÚBLICO  

 Persoal técnico de diferentes concellos da provincia realizarán o vindeiro xoves 10 unha visita ao municipio, analizarán as obras realizadas e debaterán sobre como priorizar as persoas fronte aos coches   

 O acto servirá como homenaxe ao intendente Benigno Moldes, quen inicialmente ía participar como relator  


O obradoiro terá para a Deputación un compoñente sentimental, xa que inicialmente ía participar nel como persoa relatora o intendente da Policía Local Benigno Moldes, recentemente falecido

Foto: Rafa Estévez

Infogauda / Ponteareas

 O Concello de Ponteareas será o vindeiro xoves día 10 de novembro, protagonista e escenario do último ‘Obradoiro’ desta edición da Facultade Ágora da Deputación. Esta iniciativa formativa pretende achegar recursos ao persoal técnico e político dos concellos da provincia co fin de recuperar espazo público para as persoas e, neste caso, representantes de diferentes municipios da provincia visitarán a vila do Condado para facer unha análise das obras realizadas ‘in situ’ e, co caso local como exemplo, aprender xunto á especialista Paula Teles cales son as mellores fórmulas para priorizar ás persoas fronte os vehículos. 

 Segundo explica o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez, o obxectivo dos ‘Obradoiros Ágora’ será adquirir coñecementos técnicos de forma concreta e práctica, visibilizar como se vai plasmando a filosofía Ágora no espazo público dos ‘Concellos Ágora’ e  adquirir formación mediante o debate colectivo e en grupo. Ata o de agora, os ‘Obradoiros Ágora’ da Facultade Ágora pasaron por A Estrada, Vilagarcía e Tomiño.  

 Coma nas anteriores edicións, nesta última sesión, aplicarase unha metodoloxía innovadora para que tirar o máximo rendemento. Haberá unha deriva de observación, debate colectivo en grupo e visitas comentadas a espazos reformados con diferentes solucións. 

 Entre as zonas que se analizarán estarán o núcleo da vila, no que se teñen realizado actuacións de urbanismo táctico e tamén obras definitivas en lugares como a Praza Maior, a Praza Bugallal ou a contorna do Mercado. Tamén se falará de proxectos como os das rúas Constitución, Concha Brey, Senén Cándido, Reveriano Soutullo, ou Morales Hidalgo, entre outros, xa que todos eles seguen a filosofía Ágora. 

 A Observadora Ágora que estará presente en Ponteareas e fará as súas achegas externas será a arquitecta Paula Teles, quen xa participara como relatora na anterior da Facultade Ágora falando de como facer recuperar vilas e cidades para a cidadanía. 

 Neste caso, ademais de ser unha nova ocasión para coñecer fórmulas de traballo, o obradoiro terá para a Deputación un compoñente sentimental, xa que inicialmente ía participar nel como persoa relatora o intendente da Policía Local Benigno Moldes, recentemente falecido, quen ía explicar como se defende e actúa no espazo público. Seguir adiante co obradoiro suporá unha homenaxe e recoñecemento ao seu traballo. 

COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

Diego Calvo avoga por traballar en proxectos conxuntos entre Galicia e o Norte de Portugal para as convocatorias do novo POCTEP  

 O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia participou hoxe na presentación das novidades do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal para o período 2021-2027, o maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea 


O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia participou hoxe na presentación das novidades do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal para o período 2021-2027

Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, instou hoxe aos distintos departamentos do Goberno galego a traballar en proxectos conxuntos con socios portugueses no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para poder presentalos xa ás primeiras convocatorias do novo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, que se prevé que empecen a  publicarse a finais deste ano.

 Cómpre lembrar que a Comisión Europea aprobou o pasado agosto a nova convocatoria do POCTEP, que terá unha dotación superior aos 427 millóns de euros, un 11 % máis que o actual, converténdose no maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea.

 O obxectivo é conseguir unha Europa máis intelixente, máis verde, máis social e máis próxima á cidadanía. Nestes marcos de acción, as prioridades son a consolidación dun sistema de innovación científica e tecnolóxica, o aproveitamento dos recursos endóxenos do territorio, a transición ecolóxica e a adaptación ao cambio climático. Xunto a estas, apóstase tamén de xeito prioritario pola protección da biodiversidade, a cooperación para afrontar o reto demográfico, o desenvolvemento de estratexias multisectoriais, e a mellora da gobernanza multinivel.

 Diego Calvo puxo en valor o traballo que xa se ten adiantado con dous importantes documentos de planificación da prioridade dos investimentos do POCTEP, isto é, o Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 21-27 (PIC), e a Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza (RIS3T).

 De feito, o PIC 2014-2020, serviu para avaliar os proxectos que se presentaron ao anterior POCTEP e foi un documento pioneiro converténdose a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal na primeira da Unión Europea en planificar de forma coordinada os seus investimentos.

85 proxectos e 163 M€ captados no período anterior

 O Programa Interreg de Cooperación Transfronteiriza é un instrumento de financiamento a prol do desenvolvemento rexional mediante a cooperación entre rexións europeas. Nesta liña de acción, no anterior POCTEP a Xunta participou no impulso de 85 proxectos que permitiron captar 163 M€ de investimento na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a máis beneficiada de toda a fronteira hispano-lusa. En concreto, 42 M€ no eixo de fomento da innovación, 71 M€ destinados a proxectos de conservación do medio ambiente que apostan por unha Eurorrexión máis verde, 21 M€ ao impulso da cooperación xurídica e administrativa e 29 M€ cos que potenciar a competitividade empresarial. 

 Das 85 iniciativas levadas a cabo destacan, en materia de innovación, proxectos como Manufactur 4.0 orientado a implantar a industria 4.0 no sector naval, ou Iberos ou Nutriage, que recorren ás novas tecnoloxías para melloras no ámbito do envellecemento activo e a alimentación.

 No eido das emerxencias desde hai anos ofrécese unha resposta conxunta na xestión e coordinación das incidencias a ambos lados da raia a través do ARIEM+ ou na defensa dos incendios forestais na fronteira co proxecto Interlumes, mellorando a resposta na extinción de lumes coa creación da primeira base de avións fronteiriza.

 No que se refire á colaboración entre institucións de Galicia e o Norte de Portugal, o vicepresidente segundo destacou o traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión; mentres que en asuntos de competitividade empresarial, ademais de realizar o seguimento da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3T), materializáronse ideas dirixidas a fomentar o emprego, a economía social ou a internacionalización das pequenas e medianas empresas.

 Diego Calvo anunciou ademais que o 16 e o 17 de novembro realizarase o seminario de lanzamento do POCTEP 21-22 na localidade de Ayamonte (Huelva).

ARCOS DE VALDEVEZ

Município investe 330 mil euros na limpeza de espécies invasoras no concelho 


 Estas ações vão ser implementadas em 17 freguesias
Foto: C.M.A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez tem em curso um projeto no valor de 331.153,28€ para efetuar a limpeza de espécies invasoras que contribuirá para o aumento da biodiversidade; a diminuição da erosão, pela incorporação no solo, dos restos lenhosos, resultantes das intervenções silvícolas; motivar os proprietários para a limpeza dos espaços florestais e potenciar o caráter multifuncional dos espaços florestais (recreio, lazer, produção, etc). 

 Este projeto resulta de uma candidatura ao PDR2020 – Programa de Desenvolvimento Rural 2014-2020 para efetuar a instalação de cerca de 191.389 ha de Mosaicos de Parcelas de Gestão de Combustível, que se encontram integrados no Plano Municipal de Defesa da Floresta Contra Incêndios e respetiva Rede Regional de Defesa da Floresta, e efetuar o Controlo de Invasoras Lenhosas. 

 Através deste projeto está a ser feito o corte de plantas invasoras, a remoção de vegetação, o tratamento químico e arborização, a redução de densidades, desramações, controlo da vegetação espontânea manual e mecânica e redução de densidades em povoamento jovem. Estas ações vão ser implementadas em 17 freguesias, nomeadamente Ázere, Cabana Maior, Cabreiro, Cendufe, Miranda, Monte Redondo, Prozelo, Rio de Moinhos, Rio Frio, Sabadim, Soajo, Vale, União de Freguesias de Álvora e Loureda, União de Freguesias de Arcos de Valdevez (Salvador), Vila Fonche e Parada, União de Freguesias de Eiras e Mei, União de Freguesias de Portela e Extremo e União de Freguesias de São Jorge e Ermelo.

ARCOS DE VALDEVEZ

Milhares de pessoas festejaram o Halloween no Paço de Giela  


Foram milhares as pessoas que no passado dia 31 de Outubro quiseram ir ao Paço de Giela celebrar a noite de Halloween

Fotos. C.M.A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Foram milhares as pessoas que no passado dia 31 de Outubro quiseram ir ao Paço de Giela celebrar a noite de Halloween! Esta organização do Município superou todas a expectativas, tendo o espaço sido o local de eleição de muitos visitantes para se divertirem na noite mais terrífica do ano. 

 Desde os mais pequenos aos adultos, todos disseram sim ao convite e apareceram vestidos a rigor, contribuindo para um cenário verdadeiramente assustador. 

 A dar as boas-vindas e a acompanhar os visitantes estiveram os fantasmas do século XVI de D. Leonel Lima e sua esposa, os responsáveis pela construção do Paço. 

 Os mais pequenos, e não só, contaram com muitas personagens fantásticas que preencheram o imaginário de todos. 




 Da programação fez parte o concerto de Syro e as atuações do DJ RFM Pedro Simões, do Dj Diego Miranda e Freak J, ingredientes essenciais que fizeram a magia acontecer. 

 A enorme adesão das pessoas a esta iniciativa revela que esta é mais uma aposta ganha do Município no âmbito da dinamização e promoção do Paço.  Contamos convosco no próximo ano!

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 515 - "O Médico e o Monstro" de Rouben Mamoulian (1931)

Sexta-feira, 04 de novembro às 21:45 no Teatro Valadares

ATENÇÃO: Lotação Limitada. Entrada Gratuita.




Locus Cinemae Caminha

 “A obra máxima sobre a dicotomia humana, O Médico e o Monstro, publicada por Robert Louis Stevenson em 1886 é um dos romances góticos de terror mais adaptados da história do cinema, sendo superado apelas pelo Drácula de Bram Stocker, e pelo Frankenstein de Mary Shelley. 
 
 Baseado no romance de Stevenson, e na peça de teatro que adaptou a obra escrita, por Thomas Russell Sullivan, o roteiro acompanha o brilhante Dr. Jekyll (Fredric March), um cientista que acredita poder isolar o lado “mau” do ser humano, deixando apenas o que é bom. Ao testar a fórmula em si mesmo, ele libera a personificação de seu lado maligno, o Sr. Hyde (Também vivido por March), que passa a aterrorizar as ruas de Londres.  

 Quando a Paramount Pictures decidiu levar a sua versão do clássico romance às telas de cinema, em 1931, como uma resposta ao sucesso que a Universal vinha tendo com seus monstros, a história de Jekyll e Hyde já havia ganhado algumas adaptações cinematográficas, sendo a mais famosa a versão estrelada por John Barrymore em 1920, ainda no cinema silencioso. Mas esta versão de 1931, comandada por Rouben Mamoulian não se tornaria somente uma das mais famosas versões do conto de dualidade humana de Stevenson, como também seria um dos grandes responsáveis por definir como o Dr. Jekyll e o Sr. Hyde seriam vistos na cultura pop em geral.”  


FICHA TÉCNICA: 
Título original: “Dr. Jekyll and Mr. Hyde”, EUA, 1931  
Realização: Rouben Mamoulian  
Argumento: Samuel Hoffenstein, Percy Heath, baseado em “The Strange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde”, de Robert Louis Stevenson (1886).
Produção: Rouben Mamoulian
Companhia produtora: Paramount Pictures 
Fotografia: Karl Struss  
Montagem: William Shea  
Música: Johann Sebastian Bach, Herman Hand  Duração: 98 minutos     

FICHA ARTÍSTICA: 
Fredric March …. Dr. Henry L. Jekyll / Mr. Hyde 
Miriam Hopkins …. Ivy Pearson  
Rose Hobart …. Muriel Carew  
Halliwell Hobbes …. Brigadeiro Danvers Carew
Holmes Herbert …. Dr. Lanyon
Edgar Norton …. Poole James (Amigo imaginário de Hyde)


Programação   
Ciclo Cinema e Literatura

04 de novembro, “O Médico e o Monstro”, Rouben Mamoulian,  EUA , 1931, Sessão 515 (s/ classificação) 
11 de novembro, “O Médico e o Monstro”, Victor Fleming, EUA, 1941, Sessão 516 (s/ classificação) 
18 de novembro, “Dom Quixote”, Orson Welles (ed. Jesús Franco), Espanha / Itália / EUA, 1992, Sessão 517 (M/12) 
25 de novembro, “A Ilha do Adeus”, Franklin J. Schaffner, EUA, 1977, Sessão 518 (s/ classificação)