A Guarda continúa co reparto gratuíto de composteiros
• O Concello vai a proceder a facer unha nova entrega de composteiros.
Todos as persoas veciñas que os precisen pódenos solicitar chamando ao 986 610 000.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente xa leva repartidos entre os veciños e veciñas das diferentes parroquias e barrios do noso municipio, máis de 500 composteiros para realizar compost.
A mestra composteira municipal é a encargada de realizar charlas formativas para ensinar como é o seu funcionamento.
Todos os veciños e veciñas de A Guarda que desexen obter un destes composteiros deben de solicitalos chamando ao teléfono 986 61 0000, despois serán citados para una charla informativa e entrega do composteiro.
As persoas contarán cun asesesoramento por parte da mestra composteira sempre que sexa preciso tanto por teléfono, no concello ou desprazándose á casa para ver o proceso in situ.
“Se tes unha casa con horta podes facer compost ti mesmo/a, un proceso sinxelo, no que sen ter que usar químicos nin substancias artificiais, obterás un compost estupendo para a túa horta e xardín, reducindo os residuos, xerando valor e coidando o medio ambiente”, indica Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Medio Ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario