4 de nov. de 2022

GOIÁN

Pazo de Valdomiño e Fonte do Frade, de novo entre os mellores licores de Galicia  

 O xurado outorgou as Distincións Gallaecia 2022 ao licor de herbas de Pazo de Valdomiño e ao de café de Fonte do Frade  




Infogauda / Goián

 Pazo de Valdomiño segue triunfando entre os padais máis esixentes. O licor de herbas de Pazo de Valdomiño e o licor café de Fonte do Frade facíanse coas Distincións Gallaecia 2022 da  Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, tras superar a cata dun xurado experto que valorou moi positivamente o alto nivel de calidade dos destilados presentados nesta edición. 

 Desde a destilería refiren: “Estamos encantados de compartir con todos vós as novas distincións que recibiron os nosos produtos. Estamos moi contentos porque este galardón supón un novo recoñecemento ao traballo que levamos desenvolvendo desde hai anos, no que a nosa aposta pola calidade é un dos eixos centrais”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario