4 de nov. de 2022

VIGO

A CIG-Banca desenvolverá unha xornada de mobilizacións no sector financeiro en Vigo 

 O vindeiro luns 7 de novembro.

 Infogauda / Vigo

 A CIG-Banca desenvolverá o luns día 7 de novembro, unha xornada de mobilizacións no sector financeiro en Vigo.  As protestas comezarán diante dos Xulgados do Social, na rúa Lalín, ás 9:30 horas en apoio dunha traballadora de ABANCA que ten un xuízo por temas de conciliación.  

 A continuación desenvolveranse concentracións ás portas das entidades financeiras, no marco da campaña reivindicativa pola actualización salarial dos convenios do sector, que a central sindical puxo en marcha o pasado mes de abril. 

 -De 10:30 a 10:35 diante da sucursal de ABANCA en Progreso esquina Velázquez Moreno. 

-De 10:40 a 10:45 diante da sucursal do B. Santander, Urzáiz 2. 

-De 10:50 a 10:55 diante da sucursal de IBERCAJA, Urzáiz 1. 

-De 11:00 a 11:05 diante da sucursal de CAIXABANK, Colón 19. 

-De 11:06 a 11:11 diante da sucursal do B. SABADELL, Colón 20. 

-De 11:12 a 11:17 diante da sucursal do B.SABADELL, Colón 26. 

-De 11:20 a 11:25 diante da sucursal de BANKINTER, Príncipe 63. 

-De 11:28 a 11:32 diante da sucursal do B.SANTANDER, Príncipe 39. 

-De 11:40 a 11:45 diante da sucursal de CAIXABANK, Príncipe 5. 

-De 11:50 a 11:55 diante da sucursal do B. SANTANDER, Porta do Sol 5. 

-De 11:57 a 12:02 diante da sucursal do BBVA, Policarpo Sanz, 1. 

-De 12:03 a 12:08 diante da sucursal do B. SABADELL, Policarpo Sanz, 3. 

-De 12:20 a 12:25 diante da sucursal do B. SANTANDER, Policarpo Sanz, 44. 

-De 12:26 a 12:31 diante da sucursal do BBVA, García Barbón, 2.  

 A concentración final será en ABANCA, para rexeitar tamén o recente despedimento dun traballador por “baixo rendemento”. De 12:32 a 12:45 horas diante da sucursal de García Barbón, 1-3.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario