No 20 aniversario do desastre do Prestige
A Guarda renderá unha nova homenaxe á Marea Branca
• O domingo día 13 de novembro, ás 12:30h no miradoiro adicado á Marea Branca, na Estrada de Circunvalación.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vai realizar o domingo día 13 de novembro, ás 12:30h, unha homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do afundimento do Prestige fronte á costa galega, nun acto moi emotivo que terá lugar no miradoiro adicado á Marea Branca, situado na estrada de Circunvalación ao monte Santa Trega.
O 13 de novembro de 2002, o petroleiro monocasco Prestige colapsaba diante das costas galegas, iniciándose una cadea de infortunios que provocou finalmente o seu afundimento o día 19 dese mesmo ano, co conseguinte desastre e lamentable desenlace para todo o medio ambiente.
Foron moitas as persoas que, desinteresadamente, participaron nas dificultosas tarefas de limpeza da costa galega, unha acción que pasou a chamarse “Marea Branca” e á cal na Guarda se lle rendeu homenaxe no ano 2012 coa inauguración do monumento coñecido coma Miradoiro da Marea Branca, na estrada de Circunvalación, moi preto do barrio de Fontequente, unha acción promovida polo veciño de Oia Xabier Garrido. e que contou tamén co apoio do Concello de A Guarda e de empresas.
Neste 20 aniversario da catástrofe, o Concello de A Guarda quere lembrar e homenaxear a todas esas persoas que participaron na Marea Branca, facendo posible que a costa galega recuperase a normalidade, esquecendo as fortes imaxes das rochas e aves mariñas tinguidas de negro polo chapapote.
Nesta nova homenaxe á Marea Branca, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, será o encargado de dar lectura a un manifesto redactado polo xornalista Manuel Campo Vidal, nun acto no que tamén intervirán Silvia María Crespo Campos, patroa maior da Confraría de Pescadores Santa Tecla e Xabier Garrido Carrera, promotor da iniciativa de crear este monumento adicado á Marea Branca na Guarda.
Será un acto moi emotivo, con acompañamento musical e aberto a toda a cidadanía guardesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario