31 de maio de 2022

A GUARDA

PRESENTACIÓN DO CARTEL DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2022

Celebraranse do 8 ao 15 de agosto




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Asociación Alameda vén de dar a coñecer o cartel das Festas do Monte Santa Trega, 2022, que celebraranse do 8 ao 15 de agosto.

 A fotografía do cartel dos principais festexos de A Guarda - e probablemente os de maior repercusión de toda á comarca -, amosa unha fermosa perspectiva presidida polo singular monte Santa Trega e aos seus pés, unha vista da vila, o porto pesqueiro, praias, litoral,...

 A verdade é que esa imaxe - da autoría de Dionisio Ameal Pacheco - é unha boa tarxeta de presentación do noso pobo, ubicado - como todos sabemos -, nunha privilexiada situación, como un verdadeiro capricho dos deuses que desde tempos moi remotos guiaron a vida cotiá dos nosos ancestros. Xente traballadora, que tanto no mar como no agro, lograron os recursos necesarios non soio para á propia subsistencia, senón para compartir con xentes chegadas desde lugares moi lonxanos, que xa fai máis de dous milenios intuiron que neste finisterre atlántico había moito por descubrir e moito que gozar. 

 A Guarda é un municipio dos máis atractivos do noso país. E as Festas do Monte Santa Trega son a expresión máis notoria do carácter e da cultura do noso pobo.

 Que veciños/as e visitantes poidamos gozalas en harmonía e plenitude.

A GUARDA

“DEGUSTA EUROPA” CHEGA AO SEU FIN, DESPOIS DE SERVIR MÁIS DE 7.000 TAPAS EN MERCADOS DA PROVINCIA PARA CELEBRAR A GASTRONOMÍA DE PROXIMIDADE 

· As elaboracións baseadas en pratos franceses, italianos, suízos, gregos, daneses, checos, holandeses, belgas e irlandeses do menú do alumnado do CIFP Manuel Antonio foron as protagonistas da cita no mercado municipal de A Guarda


O programa “Degusta Europa” da Deputación de Pontevedra puxo o broche de ouro a esta edición na súa última cita, que tivo lugar no mercado municipal da Guarda

Fotos: D.PO.

Infogauda / A Guarda

 Despois de recalar nos mercados das vilas do Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar e Vigo, o programa “Degusta Europa” da Deputación de Pontevedra puxo o broche de ouro a esta edición na súa última cita, que tivo lugar no mercado municipal da Guarda. Alí, a veciñanza e os traballadores e traballadoras do mesmo puideron gozar dun menú baseado en pratos de países como Francia, Italia, Suíza, Grecia, Dinamarca, República Checa, Holanda, Bélxica ou Irlanda pero elaborados con produtos quilómetro cero que se poden atopar no día a día nos mercados como o da Guarda. A esta cita coa gastronomía europea non quixeron faltar, ademais, o deputado provincial Carlos Font e as concelleiras de A Guarda Mª Monsterrat Magallanes e Fátima Rodríguez.


A esta cita coa gastronomía europea non quixeron faltar o deputado Carlos Font e as concelleiras de A Guarda Mª Monsterrat Magallanes e Fátima Rodríguez

 O menú do mercado de A Guarda, que foi elaborado polo alumnado de hostalería do CIFP Manuel Antonio, de Vigo, dirixido por membros do profesorado do centro, estivo composto por petiscos e tapas como cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada, risotto cremoso de grelos con espeto de galiña; esfiado de porco a baixa temperatura en plan de pita; bucle de calamar crocante sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo; enreixado de cabelos de anxo; melindres e torta das Rías Baixas. Tampouco faltou un cóctel elaborado a base de vermú de orixe galego, que contribuíu tamén a poñer en valor os produtos de proximidade.

 Desta maneira, na súa sexta cita co pública de Pontevedra, “Degusta Europa” chega ao seu fin por este ano despois de servir máis de 7.000 tapas, petiscos e bebidas nos mercados que participaron este ano na provincia. Foron os alumnos e alumnas dos CIFP Carlos Oroza (no Grove, Mondariz e Pontevedra) e do CIFP Manuel Antonio (en Gondomar, Vigo e A Guarda) os encargados de elaborar e servir os menús nos mercados. Este programa, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha no ano 2016 e que nas pasadas edicións xa recorreu os concellos de Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Pontevedra, Soutomaior, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo, naceu co obxectivo de conmemorar o Día de Europa, que se celebra cada ano o 9 de maio para poñer en valor o que significa pertencer á Unión Europea e os valores que integra. Despois de celebrarse en liña no ano 2020 por mor da pandemia a través de receitas das escolas de hostalería de Pontevedra e de vídeos de cociñeiros e cociñeiras de gran prestixio da provincia, neste 2022 volveu á presencialidade cun grande éxito de público.

A GUARDA

O monte Santa Trega amplía a oferta de visitas guiadas gratuítas 

Neste ano 2022 recupérase a ampla oferta comezando xa no mes de xuño e rematando en setembro




Infogauda / A Guarda

 O Padroado Municipal Monte Santa Trega, de A Guarda, ofrece unha temporada máis as visitas guiadas ao Monte Santa Trega para que visitantes e veciños poidan coñecer mellor os valores arqueolóxico, culturais, monumentais e paisaxísticos deste singular enclave. 

 Neste ano 2022 recupérase a ampla oferta de visitas guiadas comezando xa no mes de xuño e rematando no mes setembro. Como queira que neses meses acostuman ser épocas preferentes para visitas guiadas concertadas para grupos e escolares, as visitas guiadas regulares en xuño e setembro serán nas fins de semana, con dous horarios (12:00 e 18:00h) 

 Ademais a oferta das visitas amplíase nos meses de maior afluencia - xullo e agosto -, con visitas de martes a domingo e 4 visitas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h), polo que a oferta de visitas guiadas amplíase para que todos os visitantes interesados teñan a oportunidade de coñecer a cultura castrexa e a nosa paisaxe. 

 Este ano as visitas guiadas estarán centradas no poboado castrexo do Monte Santa Trega, nas áreas escavadas dende o norte ao sur, sendo sempre interesante, completar esta actividade coa visita ao Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT), situado no Pico de San Francisco

 Para ofrecer unha visión máis amplla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende Porta Norte ata a Porta Sur, recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos, como as vivendas reconstruídas, o poboado Mergelina, o concheiro,... 

 As prazas seguen a estar limitadas polo que se precisa de inscrición previa no Museo Arqueolóxico (MASAT) no teléfono 690 017 038 (tamén WhapsApp) ou enviadno un correo electrónico a: masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero as persoas que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público establecido.

 A duración aproximada é 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

A GUARDA

O concello de A Guarda participou na comitiva pontevedresa do Plan Revitaliza   

Que viaxou a País Vasco, Navarra e Cataluña


Ademáis de visitas a diferentes plantas comarcais a comitiva pontevedresa asistiu a varias sesións informativas 
Foto: D.PO.

Infogauda / A Guarda

 O concello de A Guarda participou na comitiva pontevedresa do Plan Revitaliza - promovido pola Deputación de Pontevedra - que viaxou ao País Vasco, Navarra e Cataluña, onde se analizou a recollida de residuos Porta a Porta á hora de mellorar as cifras de selectiva e reciclaxe.  

 Visitáronse 10 municipios e comarcas onde se viron in situ as distintas variables, as vantaxes e inconvintes, así como consellos á hora de implantar este modelo de recollida selectiva, e cal pode ser a que máis se adapte as circunstancias do municipio.  

 Desde o concello de A Guarda consideran que "hai que resaltar que o modelo de recollida de residuos Porta a Porta supón un incremento na recollida selectiva de entre o 70%, 80% e estando incluso por riba do 90% en moitos deles, o cal e algo non visto e que nos fai replantexar o sistema actual na busca dunha mellora."  

 Ademais do modelo de recollida Porta a Porta visitáronse varias plantas comarcais de compostaxe que esclareceron cal é o modelo que mellor funciona e cal debería ser o camiño a seguir.  

 Asemade, considérase necesario "lembrar que a normativa europea ten marcados obxectivos que están vencidos, posto que en xuño de 2020 era obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos á maior parte dos concellos, dando unha moratoria ata este ano; en 2025 esixirase reciclar o 55% dos residuos, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais en Pontevedra distan moito na realidade, xa que a media da provincia apenas chega ao 15% e Galicia está entre o 12 e o 13%."

O ROSAL

Xuño chega ao Rosal cargado de actividades   

A axenda cultural arranca esta fin de semana con música en cine


Sara Vicente Salcidos, concelleira de Igualdade, Medio Ambiente, Agricultura e Montes, e Xuventude, con Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal, na presentación da programación cultural par o mes de xuño

Foto: C.O.R.



Infogauda / O Rosal

 O mes de xuño chega ao Rosal cargado de actividades de lecer para todos os públicos. O Concello conta para os vindeiros días cunha extensa programación cultural na que haberá cabida para a música, o cine, as actividades medioambientais, conferencias, contacontos ou exposicións, entre outras moitas propostas. “Queremos seguir enchendo de cultura o noso municipio, con actividades pensadas para un público moi diverso no que todas as persoas atopen propostas de lecer do seu interese”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

 A axenda cultural arranca esta mesma fin de semana con tres novas actividades. O venres 3, ás 20.00 h, o auditorio municipal acollerá a proxección de ‘Maxi, a esencia de vivir’. Con guión e dirección de Víctor Bello, o documental achegará ao público ao detalle á vida deportiva e persoal de Maximiliano Masip, un vigués de 43 anos con parálise cerebral que se converteu nun exemplo de superación.

 O sábado 4 será a quenda de ‘Música nas Eiras’, un encontro musical organizado pola Asociación Cultural Ghorghalado en colaboración co Concello do Rosal no que participarán Tremelique e a Escola de Regueifas de Vigo. A cita será ás 19.30 horas na antiga Escola das Eiras.

 Xa o domingo 5 de xuño, o auditorio municipal será o escenario elixido para a estrea do filme do rosaleiro Gon Caride ‘O Grilo, unha curtametraxe narrativa que camiña entre a ficción, o documental e a metraxe encontrada que plantexa unha reinterpretación da figura da Morte. O público poderá gozar da película en sesión dobre, co primeiro pase ás 20.00 horas e o seguindo ás 21.00 horas.




 Entre as actividades programadas para este mes de xuño estarán un obradoiro de elaboración de peneiras para composteiros individuais (7 de xuño); unha conferencia de Carlos Taibo o día 8; o contacontos para alumnado de primaria ‘De Valdeorras a México’, da compañía Polo Correo do Vento (13 de xuño); a audición musical do alumnado da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal (18 de xuño) ou a primeira edición da Festa das Asociacións, adiada o pasado mes de maio por mor da choiva. Haberá ademais audición e concerto da Banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal o venres 24; encontro de corais o domingo 26; contacontos nos xardíns do Concello o martes 28; e a exposición fotográfica ‘Fóra Plásticos’, organizada polo Centro San Xerome Emiliani.

CAMINHA

Cristina Rodrigues apresenta “Mordomas” em Caminha 

Num encontro entre o Corpo e o Espírito


Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 É inaugurada, no próximo dia 11 de junho, no Museu Municipal de Caminha, a instalação de arte contemporânea “Mordomas”, de Cristina Rodrigues, composta por 16 esculturas e um documentário sobre as danças rituais em territórios dos Caminhos de Santiago.

 O Presidente da Câmara de Caminha, Luís Miguel Alves, o Programador da Acción Cultural Española (ACE), Pablo Álvarez e o Curador da exposição e conselheiro da ACE, Mateo Feijóo marcarão presença no evento.

 A obra de arte da artista portuense recria e homenageia as bailarinas portuguesas - as Mordomas - e os bailarinos espanhóis - os Mayordomos -, emblemáticos de várias localidades dos dois lados da fronteira atravessadas por territórios ao longo do Caminho de Santiago. Já o documentário, onde participam elementos de todos os grupos etnográficos do território de Caminha, reúne as histórias de várias gerações de bailarinos, tendo sido gravado no Valadares Teatro Municipal e no Cine-Teatro dos Bombeiros de Vila Praia de Âncora e durante uma deslocação recente de Cristina Rodrigues ao sul de Espanha, nomeadamente à Andaluzia e Extremadura, regiões referência do Caminho de Santiago.

 Apoiada e dinamizada pelo Município de Caminha, “Mordomas” tem curadoria de Mateo Feijóo, diretor artístico espanhol nascido no Gerês em 1968, e é composta por 16 esculturas de figuras humanas em ferro, com 2,10 metros de altura. Cada escultura é ‘vestida’ com uma saia têxtil com 1,20 metros de diâmetro. Depois de Caminha, a obra será apresentada, em data ainda a anunciar, em Espanha.

 “Durante as quinze entrevistas que realizei a bailarinos e intérpretes dos diferentes grupos etnográficos do concelho de Caminha, tornou-se evidente a sua forte ligação à terra e à paisagem, e como este lugar é a fonte de inspiração que preconiza as suas manifestações artísticas – as danças e os cantares”, conta Cristina Rodrigues.

 De acordo com a artista, alguns dos entrevistados fizeram, não um, mas vários, Caminhos de Santiago, desde o Caminho Português da Costa, que tem início no Porto, passa por Vila do Conde, Viana do Castelo e Caminha (Portugal) e segue por Redondela até Santiago de Compostela (Espanha) ao famoso Caminho Aragonês. Este tem início em Saint-Jean-Pied-de-Port (França) e segue por Pamplona, Logroño, Burgos e León até Santiago de Compostela (Espanha).

 “Concluiu-se, durante as entrevistas, que quem faz o caminho uma vez fica com vontade de repetir a experiência porque o Caminho de Santiago é o verdadeiro encontro entre o Corpo e o Espírito”, sublinha.

A dança é liberdade

 Entre a serra e o mar, Caminha é um território limitado a Norte pelo rio Minho, que integra o Caminho Português da Costa. Em Caminha os peregrinos avistam pela primeira vez Espanha, o que faz deste lugar, com uma paisagem inconfundível, um marco para os Caminhos de Santiago. “É precisamente nesta geografia que surgiram algumas das danças e cantares mais marcantes para a cultura popular portuguesa e, em particular, para a cultura minhota, como o vira minhoto e a rosinha. Um dos entrevistados, Octávio d’Olaia, conta-nos que durante o regime salazarista, quando as danças foram proibidas na Serra D’Arga, longe do olhar da PIDE os bailarinos continuaram a encontrar-se regularmente e a dançar. A dança foi naquele tempo de opressão, e continua a ser hoje, uma forma de liberdade”, enfatiza.

 A obra de arte “Mordomas” integra as Comemorações Jacobeias, a decorrer até ao final de 2022, no âmbito do projeto “Una rota por los territórios de nuestro imaginario”, produzido pela Acción Cultural Española, em colaboração com o Instituto de Patrimonio de España, a Dirección General de Industrias Culturales y Cooperación e oito Comunidades Autónomas (Galiza, Aragão, Astúrias, Andaluzia, La Rioja, Castela León, Cantábria e Extremadura).

CAMINHA

Percurso pedestre “As aves e a natureza do Pinhal do Camarido” 

5 de junho às 10:00 || Dia Mundial do Ambiente




Infogauda / Caminha

 O Centro PINUS assinala o Dia Mundial do Ambiente, no dia 5 de junho, com o percurso pedestre “As aves e a natureza do Pinhal do Camarido” dirigido à sociedade em geral, incluindo famílias com crianças. Este evento tem o apoio do ICNF e do Município de Caminha.

 Com início às 10h00 em Vila Praia de Âncora e hora prevista de chegada às 12h30 ao pinhal da Mata Nacional do Camarido, este passeio tem como objetivo dar a conhecer a fauna e a flora desta paisagem costeira, em particular as aves que habitam a floresta de pinho litoral.

 Pretende-se, ainda, contribuir para um maior conhecimento da sociedade em geral sobre o pinhal-bravo, os serviços ambientais que providencia e os valores naturais em presença.

 Este percurso pedestre será conduzido e terá a interpretação de Henrique Alves, biólogo desde 1997 no Parque Biológico de Gaia, com experiência e conhecimento nas áreas da ecologia e da conservação da natureza, em particular nas áreas da da biodiversidade, da flora costeira e da dinâmica costeira.

 Iremos ter, ainda, em representação do ICNF, a participação do Eng.º Rui Baptista, para nos apresentar a Mata Nacional do Camarido e as intervenções de gestão florestal realizadas.

A participação é gratuita com inscrição obrigatória.

Programa

09:40 Ponto de encontro (Vila Praia de Âncora)

10:00 Contexto da visita e saída para o campo

10:30 Descobrir a natureza da faixa costeira

11:30 Chegada ao Pinhal do Camarido - Apresentação de Rui Baptista (ICNF) sobre a Mata Nacional do Camarido e as ações de gestão florestal realizadas

12:30 Fim da visita com piquenique no Pinhal do Camarido (opcional)

Recomendações:

- Levar roupa e calçado confortável para a caminhada

- Levar chapéu de sol e protetor solar (aplicar antes da saída e durante a mesma)

- Levar 1 litro de água, peça de fruta ou lanche para comer durante o passeio

- Trazer binóculos, material para registo fotográfico, lápis e bloco de notas (opcional)

- Trazer almoço para partilhar no piquenique do fim da visita (opcional)

- Guias de campo e binóculos (opcional)

LABORAL

O persoal do comercio do metal de Pontevedra convoca mobilizacións para reclamar un convenio digno 

Os sindicatos iniciarán unha campaña informativa e desenvolverán unha concentración en Vigo o 8 de maio, sen descartar folga 


O persoal do sector do comercio do metal da provincia de Pontevedra acordou en asemblea iniciar un calendario de mobilizacións para reclamar un convenio colectivo digno

Fotos: CIG



Infogauda / Vigo

 O persoal do sector do comercio do metal da provincia de Pontevedra acordou en asemblea iniciar un calendario de mobilizacións para reclamar un convenio colectivo digno, xa que o anterior leva dous anos caducado. Os sindicatos maioritarios porán en marcha unha campaña de información entre os traballadores/as e desenvolverán unha concentración en Vigo o vindeiro 8 de maio para rexeitar a última “proposta miserenta” achegada pola patronal, ao tempo que adiantan a posibilidade de convocar folga. 

 A decisión foi adoptada na asemblea que tivo lugar o pasado domingo no local da CIG de Vigo, que foi promovida pola propia central nacionalista -que ten a maioría absoluta da representación sindical no sector- xunto a CCOO e UGT. No encontro as centrais informaron do estado no que se atopan as negociación para renovar un convenio colectivo que leva dous anos caducado.  

 En concreto, abordouse a “miserenta oferta” achegada polo empresariado na última reunión: vixencia do convenio dende 2020 a 2023, sen incremento salarial nos dous primeiros anos anos, mentres que para 2022 ofrecen un 6,5% (dende xaneiro e sen revisión salarial) e para 2023 a suba sería do 3% “con revisión salarial topada nun 4%”. A proposta non contempla nin redución de xornada nin outras melloras das condicións laborais. En consecuencia, os traballadores/as e as centrais sindicais tomaron a decisión de comezar unha campaña de información a nivel provincial e convocar para o 8 de maio cunha primeira concentración en Vigo diante dunha das empresas presentes na mesa de negociación. Ao mesmo tempo, adiantaron que non descartan unha posíbel convocatoria de folga para defender os intereses do persoal do sector. 

 O convenio colectivo do sector do comercio metal abrangue actividades como comercio de electrodomésticos, ferretería e material de oficina; recambios e accesorios de vehículos; almacenistas-maioristas de material eléctrico; maquinaria en xeral; xoiaría, prataría, reloxaría, así como concesionarios de vehículos e establecementos de venda de neumáticos.

PONTEVEDRA

Maica Larriba informa que o Goberno vén de adiantar o pago de case 4.000 facturas por máis de 4,3 millóns de euros a sete concellos da provincia para favorecer a súa liquidez 

Acolléronse a este procedemento: Arbo, A Cañiza, Catoira, Cuntis, Pontecesures, O Porriño e Salvaterra de Miño   

A subdelegada subliñou o importante impacto deste mecanismo extraordinario en Pontevedra, a provincia máis beneficiada de Galicia  


Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra
Foto: S. de G.

Infogauda / Pontevedra

 A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, informou hoxe do adianto por parte do Ministerio de Facenda e Función Pública do abono de 3.973 facturas e certificacións de obra que 7 concellos da provincia tiñan pendentes de pago por valor de 4.347.034,91 euros. “Esta medida -, explicou - pretende favorecer a liquidez das arcas municipais e, ao mesmo tempo, cooperar cos concellos para afrontar as débedas pendentes coas economías de autónomos e pequenas empresas, que en gran parte estaban asumindo os efectos negativos destes impagos”. 

 Este abono forma parte do Mecanismo Extraordinario aprobado polo Goberno en xaneiro deste ano para facilitarlles aos gobernos locais o pago destas débedas, todas elas anteriores a xullo de 2021. Maica Larriba subliñou o importante impacto deste mecanismo na provincia de Pontevedra, que é a máis beneficiada de Galicia, xa que absorbe o 48,3% dos 8.994.409,48 de euros que o Ministerio de Facenda destina ao conxunto da Comunidade no marco deste procedemento.  

 Por concellos, Arbo recibirá 1.663,50 euros para o pago dunha factura, A Cañiza 1.241.545,72 euros para o abono de 1.049 facturas pendentes, Catoira 1.134.764,72 correspondentes a 459 facturas, Cuntis 608.408,62 para pagar 973, mentres a Pontecesures se destinan 16.318,32 para 2 recibos pendentes de pago, a Porriño 769.365,71 para pagar 1.080 e a Salvaterra de Miño 574.968,26 para facer fronte ao pagamento de 409 facturas. 

Mecanismo extraordinario  

 O Ministerio de Facenda e Función Pública puxo en marcha en xaneiro este mecanismo extraordinario para pagar de forma máis áxil aos provedores das Entidades Locais e cancelar as facturas pendentes de pago máis antigas destas entidades (anteriores a xullo de 2021). Este instrumento vén regulado na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 e materializouse a través dunha Resolución da Secretaría Xeral de Financiamento Autonómico e Local. 

 As entidades locais que se podían acoller a esta medida eran aquelas que acreditaran un período medio no pago das súas obrigas superior a 30 días en decembro de 2020 ou en marzo ou xuño de 2021. Finalmente, en Galicia son 28 os Concellos que participan deste proceso e nos que os seus acredores aceptaron expresamente o cobro a través deste mecanismo.   

 Os concellos poderán financiar a devolución deste abono anticipado a través dunha operación de endebedamento con vantaxosas condicións financeiras. Se os concellos non optan polo préstamo, os adiantos seranlles retraídos da cantidade que perciben da súa Participación nos Tributos do Estado.  

Apoio financeiro 

 A subdelegada subliñou que o Goberno de España mantén unha “aposta firme por darlles aos concellos as facilidades e o impulso político para que poidan facer fronte aos desafíos presentes e futuros neste momento de recuperación”. Así, lembrou que a este mecanismo extraordinario de pago a provedores complétase con outras medidas do Executivo para facilitar liquidez ás arcas municipais como a suspensión das regras fiscais da Lei Montoro que permitiu a mobilización dos remanentes orzamentarios para investimentos e mellora dos servizos públicos locais.

PONTEVEDRA

OS PROXECTOS E OBRAS EXECUTADOS COAS SUBVENCIÓNS ÁGORA 2021 PERMITIRÁN RECUPERAR 100.000 M2 DE ESPAZO PÚBLICO NA PROVINCIA   

Os ‘Concellos Ágora’ reuníronse hoxe en asemblea para coñecer novas iniciativas da Rede para este exercicio, no que se repartirán 2 millóns de euros en subvencións para redactar proxectos   

A Deputación de Pontevedra porá a disposición unha ‘Ordenanza Ágora’ para dotar de seguridade xurídica aos municipios que recuperen espazo público dos coches para as persoas   

A presidenta provincial, Carmela Silva, nun momento da súa alocución, en presenzado  deputado Uxío Benítez

Fotos: Rafa Estévez
Na reunión da Asemblea Ágora estiveron hoxe presentes alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras de 37 concellos da provincia de Pontevedra


Infogauda / Pontevedra

 Os proxectos e obras executados coas subvencións Ágora de 2021 permitirán recuperar 100.000 metros cadrados de espazo público na provincia, unha cifra equivalente a dez campos de fútbol. Ese foi un dos datos que se deu a coñecer hoxe na segunda Asemblea Ágora celebrada con 39 dos Concellos da Rede Ágora, na que se presentaron as diferentes iniciativas que se están a desenvolver e se fixo balance das actuacións xestionadas dende o departamento de Mobilidade da Deputación para recuperar espazo público retirándollo aos vehículos e devolvéndollo ás persoas.  

 Na xornada explicáronse as novidades da nova edición da Facultade Ágora, presentouse o borrador da nova ‘Ordenanza Ágora’ da Deputación para dar marco xurídico á recuperación do espazo público na provincia, presentáronse as ‘Subvencións Ágora 2022’ que ascenden a 2 millóns de euros, e fíxose retrospectiva e balance das convocatorias de axudas Ágora de 2021, nas que se financiaron 31 proxectos e sete intervencións que se están a desenvolver grazas tamén a outros programas da Deputación (Plan Concellos, ReacPon...) e a fondos europeos. 

 O deputado Uxío Benítez destacou que os obxectivos da creación da Rede Ágora “están a ser unha realidade”. Subliñou que a día de hoxe pódese facer un “gran balance” porque  “deses 31 proxectos e 7 intervención estamos a falar de máis de 100.000 metros cadrados de espazo público para as persoas que se está gañando”. Lembrou que a Rede Ágora naceu para impulsar e empurrar aos concellos a recuperar espazo público para as persoas con formación, iniciativas divulgativas, financiamento, asesoramento e investigación, “e está a conseguir o obxectivo concreto e práctico. Sempre dixemos que de aquí a final de mandato había que facer un balance e ver cantos metros cadrados se conseguiron... E pensamos que vai ser algo que nos vai diferenciar a todo tipo de niveis, porque co empuxe da Deputación os concellos adheridos á Rede Ágora transformaron o seu espazo urbano, o seu espazo público, aumentando a súa calidade de vida”.  

 Pola súa parte, a presidenta provincial, Carmela Silva, subliñou na súa intervención que “cando cambiamos o espazo público, cambia todo” e neste senso apuntou que nestes últimos sete anos o cambio na provincia baixo o recoñecido modelo de mobilidade da Deputación, que dá prioridade ás persoas, foi “transcendental e vaise acelerar moitísimo a corto e medio prazo”. Esta transformación “para poder facer fronte aos retos da nosa sociedade, que demanda espazos de calidade” non podería ter sido posible, dixo, sen o “espectacular” compromiso dos gobernos dos concellos da provincia  “e se non se tivesen sumado con paixón” a este “proxecto de todos e todas que xa é unha referencia” e que tamén ten como consecuencia que “a economía volve”.   

 “O que estamos a facer é dar mellor calidade de vida –agradeceu a presidenta aos representantes municipais presentes- e témonos que sentirnos moi orgullosos e orgullosas dos cambios e de ter traballar xuntos e xuntas, para construír esta transformación e esta gran rede”. Neste senso, destacou que moitos dos proxectos presentados á Rede Ágora se teñen financiado a través do Plan ReacPon e indicou que a aposta da institución por seguir apoiando estas actuacións “vai continuar”. “Hoxe non hai concello que cada vez que elabore un proxecto no seu concello non o faga baixo os principios Ágora”, salientou.   

 Subliñou tamén a importancia de dotar agora aos concellos dunha normativa xurídica para avaliar estes cambios no espazo público a través da ordenanza tipo de mobilidade que está a elaborar a Deputación e que se presentou na asemblea. “É algo fundamental porque temos ordenanzas que non se corresponden co novo modelo-indicou- e precisamos un instrumento rápido para tomar decisións e facelo rápido nestas cuestión. Vai haber moitos recursos e temos que apostar por proxectos potentes e claros que constrúan unha provincia cunha mobilidade moi avanzada como xa a temos”.   

Proxectos 100% Ágora 

 O deputado Uxío Benítez, xunto con representantes técnicos do departamento de Mobilidade, fixo mención a que grazas aos proxectos redactados con axudas de Ágora (e financiados nas obras fundamentalmente co ReacPon), estase a actuar nestes momentos en preto de 25.000 metros cadrados da provincia, incrementando 12.640 metros cadrados en total para a cidadanía, seguindo plenamente os criterios Ágora de poñer ás persoas primeiro. “Son actuacións 100% Ágora”, subliñou Benítez.   

 Entre as actuacións que están máis avanzadas están a adecuación urbana da Praza de Rosalía de Castro en Gondomar, na que se gañarán para as persoas 1.347 m2 (+100%); a humanización da rúa Alexandre Bóveda, en O Grove, cunha recuperación de superficie para o peón proposta de case 3.000 metros cadrados; a humanización da contorna do Mercado de Abastos de Seixo, no Concello de Marín, onde se aumentará nun +281% a superficie destinada ás persoas (1.173 m2); a reordenación da Praza Frei Antonio Orge, en Ponte Caldelas, onde haberá 1.800 m2 para as persoas dun total de 2.348m2; a remodelación da Praza do Calvario, en O Rosal, onde a superficie proposta para o peón é a totalidade da praza, 5.565 m2, un +187%; a humanización da Rúa Marqués de Viana, en Salvaterra, na que a superficie para as persoas é de 1.205 m2, un +150%; a humanización da Praza Cimadevila-Rúa Rosalía de Castro, en Soutomaior, tamén coa totalidade do espazo, 3.090 m2, para as persoas (+100%); e a mellora da Rúa Vázquez, en Vila de Cruces, con 1.542 m2 para as persoas, cun incremento do 80%.   

 En canto ás subvencións destinadas a obras en 2021, púxose sobre a mesa a mellora -en distintos estados de evolución-, das obras da humanización da praza da Feira, en A Estrada;da rúa Arzobispo Lago, en Vilagarcía; da rúa República Arxentina, en Tomiño; da rúa da Gaivota, en Nigrán; da contorna da praza do Concello, en Moaña; da rúa Manuel Rodríguez, en O Porriño; e dos corredores verdes en O Covelo.   

 Benítez tamén anunciou a nova convocatoria de axudas de 2022, centrada principalmente en financiar con 2 millóns de € a redacción de proxectos , tamén 100% Ágora e seguindo o espírito europeo de redución de CO2 “porque hai vías de financiamento para executar obras tanto da Deputación como de fondos europeos”. Subliñou que nesta anualidade introduciuse  a especificidade de subvencionar tamén itinerarios peonís e ciclables, para animar aos concellos a cambiar de mobilidade motorizada a mobilidade peonil ou ciclable, mobilidade activa. Outra das novidades é que este ano os concellos poderán solicitar axudas para varios proxectos, sempre dentro do límite económico de 50.000 euros.  

Nova ordenanza 

 Outra das novidades que se presentou na asemblea de hoxe é a redacción por parte da Deputación dunha nova ‘Ordenanza Ágora’ reguladora da mobilidade amable e a utilización dos espazos públicos. Trátase dun documento común que poderá servir de base a ordenanzas municipais propias e personalizadas para cada un dos concellos, no que se apuntalan os principios Ágora de centrar nas persoas todas as actuacións.   

 O texto foi entregado aos concellos para facer achegas, correccións e alegacións antes da súa aprobación definitiva. “A competencia da mobilidade é absolutamente municipal. Sodes os concellos quen tedes que decidir. Pero con este documento temos unha base común. Non hai moitos concellos no estado que teñan unha ordenanza sobre espazo público e isto vai situar a provincia no mapa a nivel estatal”, destacou Benítez.   

 A ordenanza dá base xurídica aos concellos para incrementar os espazos públicos destinados ás persoas, crear infraestruturas de mobilidade alternativa (a pé e en bicicleta) e poder cumprir todos os proxectos executados baixo os Principios Ágora e as directrices da Guía de Espazos Públicos e Mobilidade Amable da Deputación de Pontevedra.    

 Na reunión da Asemblea Ágora estiveron hoxe presentes alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras dos concellos de Poio, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e A Lama da comarca de Pontevedra; de Mos, Soutomaior, Pazos, Salceda e O Porriño, da área de Vigo; de Moraña, Catoira, Valga, Portas e Pontecesures, da comarca de Caldas, do Rosal, Tui e Tomiño, do Baixo Miño; Gondomar, do Val Miñor; Marín, Vilaboa, Moaña e Cangas do Morrazo; Meis, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, e Vilagarcía, do Salnés; Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Ponteareas, As Neves, Salvaterra e Covelo, do Condado-Paradanta; e Vila de Cruces do Deza-Tabeirós.

ARCOS DE VALDEVEZ

Começou a “Recuperaçâo da derrocada de Sistelo  -  Arcos de Valdevez” 

No valor de 889.994,28 euros 


A Câmara Municipal procedeu à consignação da empreitada de “Recuperação da derrocada de Sistelo – Arcos de Valdevez”
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal procedeu à consignação da empreitada de “Recuperação da derrocada de Sistelo – Arcos de Valdevez”, pelo valor de 889.994,28 euros, correspondente à primeira fase de intervenção em Sistelo. 

 Com esta recuperação, pretende-se a restituição da paisagem natural que existia antes do deslizamento, nomeadamente, a reposição e modelação do terreno, bem como a recuperação da linha de água por forma a garantir a pretendida continuidade dos socalcos, muros, regos, caminhos, ramadas e culturas.  

 De referir que esta intervenção, para além desta primeira fase, contempla uma segunda fase que avançará com a reconstituição da paisagem, desde o coberto vegetal até às estruturas de socalcos destruídas aquando do aluimento de terras. 

 As duas fases de intervenção da empreitada serão realizadas com recurso a fundos comunitários, ao abrigo do Programa Operacional Competitividade e Internacionalização (COMPETE 2020) - Transição Climática - Intervenções de Reabilitação da Rede Hidrográfica.   

 Para o Presidente da Câmara Municipal “Esta parceria entre o Município e a APA na concretização desta intervenção é de primordial importância para a recuperação e segurança do local e da população e para a sustentabilidade e valorização ambiental de Sistelo.” 

DEPORTES

REMO

NIEVES DEL CARMEN SILVA MARTÍNEZ, DE CAMPOSANCOS, LOGROU DÚAS MEDALLAS DE OURO EN BANCO MÓBIL

Na XLI Regata Internacional de Gondomar, celebrada o domingo en augas do río Douro


Nieves del Carmen Silva Martínez, coas dúas medallas de ouro e un trofeo que logrou na XLI Regata Internacional de Gondomar

Foto: FB

Ricardo Rodríguez Vicente / Deportes

 A remeira Nieves del Carmen Silva Martínez, de Camposancos (A Guarda), vén de acadar dúas medallas de ouro en remo de banco móbil, na XLI Regata Internacional de Gondomar, disputada o domingo día 29 de maio, no río Douro, pista fluvial de Melres (Gondomar), organizada polo Club Naval Infante D. Henrique, de Gondomar, coas colaboracións da Câmara Municipal de Gondomar, Federação Portuguesa de Remo e União das Freguesias de Melres e Medas. 

 A remeira camposina, competiu na modalidade skiff, nas categorías absoluta e xuvenil. 

 Na primeira das regatas - a nº 24 do evento -, na que participou na proba de 1X Femininos, sobre unha distancia de 2.000 metros, Nieves del Carmen Silva Martínez, do Club de Remo Tui, cun crono de 08:16:180, acadou a medalla de ouro. En 2ª posición chegou Bárbara Barquinha, do Fluvial, cun tempo de 08:34:990. En 3ª posición, fíxoo Mafalda Amaro, do Galitos, cun rexistro de 09:40:070. E en 4ª posición, Caroline Martinho, do VR Lima, cun tempo de 10:33:810.

 Na segunda das regatas - a nº 53 da xornada -, Nieves del Carmen Silva Martínez, competiu  na categoría 1X Femininos, sobre unha distancia de 2.000 metros, logrando parar o crono en 08:50:110, chegando en 1º posto a liña de meta, acadando tamén a medalla de ouro. En 2ª posición entrou Tânia Mendes, do Cerveira, cun rexistro de 09:06.740. A 3ª posición foi para Matilde Pereira, do Ginásio, cun tempo de 09:13:310. En 4º posto entrou Bárbara Barquina, do Fluvial, cun rexistro de 09:17:360. En 5º posto, Madalena Ferreira, do ANL Lisboa, cun tempo de 09:36:280. E en 6º posto, María Monteiro Marques, do Sport CP, cun rexistro de 09:43:720.

 En definitiva, magnífica actuación da nosa remeira, que co seu esforzo logrou dúas magníficas victorias para o deporte do remo galego.

DEPORTES

O Atlético Guardés conserva a súa maxia coa renovación de  Patrícia Lima 

A central internacional portuguesa seguirá dirixindo ao equipo miñoto no curso 2022/23, o cuarto na Guarda para ela 


Patricia Lima
Foto: M.A.G.

A xogadora de Matosinhos completou un curso sensacional, no que engadiu ao seu talento ofensivo, un espectacular traballo defensivo no centro do 6.0 

Saíu elixida no sete ideal da Copa da Raíña e anotou 89 goles en Liga 

Lima: “Teño moita ilusión e non podería estar máis contenta” 


Redacción / Deportes

 Patrícia Lima seguirá no Mecalia Atlético Guardés para ser unha das pezas principais do proxecto que comandará Abel González a próxima tempada. Unha renovación  importantísima para a entidade polo que a central lusa ha suposto esta campaña que acaba de finalizar. Porque, aínda que o seu rendemento sempre foi moi bo desde que arribou á Guarda no verán de 2019, neste curso 2021/22 saíuse. Aos seus 27 anos, a internacional portuguesa completou un exercicio sensacional, con partidos nos que bordeou a perfección, para afianzarse como peza crave da engrenaxe  miñoto.  

 Porque ao seu desbordante talento para dirixir ao equipo en ataque, Lima engadiu esta tempada un fabuloso rendemento defensivo. Recrutada por  Prades para defender no centro do 6.0, a de Matosinhos deu un paso adiante tamén atrás para coser o bloque de retagarda. Encima, subiu os seus números goleadores –asinou 89 en Liga– e asumiu a responsabilidade de lanzar os sete metros no último tramo da tempada. Sobresaliente. Todo iso volvendo exercer practicamente como única central do equipo. A baixa durante toda a tempada de  Hannah Nunes obrigoulle a cargarse con moitos minutos e atopar algúns respiros cando Paula Arcos actuaba nesa posición. Para o recordo, unha actuación colosal contra  Bera  Bera nas semifinais da Copa da Raíña, competición que a incluíu no seu sete ideal.   

“O club sempre saca equipos competitivos e iso é o que máis ilusión xérame”  

Patrícia Lima 

 “Estou moi moi moi contenta pola renovación”, insiste con todos os ‘mois’ que pode a internacional lusa. “Só podo dicir que síntome moi feliz e unha persoa máis deste pobo desde o primeiro día. Trátanme coma se nacese aquí. É marabilloso poder compaxinar o balonmán cun nivel de vida tan bo”, destaca Lima, que no deportivo destaca que o club “sempre saca equipos competitivos” para loitar “por estar arriba en Liga e en Copa” todas as tempadas. “Iso é o que máis ilusión xérame”, destaca. “Un ano máis, imos estar en Europa e iso non é algo que todas poidan dicir”, presume Patrícia, á vez que recoñece que a recentemente finalizada tempada foi “moi difícil e con altibaixos”. Por iso, xa pensa na que vén. “Estou con moitas ganas de afrontala e pelexar polo que teñamos que pelexar. Teño moita ilusión e non podería estar máis contenta”, conclúe. 

DEPORTES

A portería do Atlético Guardés continúa nas mellores mans Marisol  

Marisol Carratú e Míriam Sempere renovan e seguirán un ano máis na  Sangriña 

A gardameta arxentina cumprirá a súa sexta tempada e media na Guarda mentres que a alacantina encara a terceira 


Marisol Carratí e Miriam Sempere
Foto: M.A.G.

Carratú: “É unha honra que me teñan en conta para formar parte deste novo proxecto” 

Sempere: “Estou moi cómoda aquí e é un privilexio xogar #ante a mellor afección de España” 


Redacción / Deportes

 A xunta directiva do  Mecalia Atlético Guardés vén de facer público que seguirá contando coas súas gardiás a próxima tempada. Marisol  Carratú e Míriam Sempere renovaron a súa vinculación co club  miñoto e seguirán protexendo as costas das súas compañeiras entre os tres paus. A capitá cumprirá, deste xeito, a súa sexta tempada completa na Guarda, ademais de medio curso 2018/19, cando regresou á entidade tras un paso efémero polo balonmán francés. A gardameta de Santa Pola, pola súa banda, alcanzará a súa terceira campaña na desembocadura do Miño, tras un ano no que demostrou a súa brillantez dentro e fóra da pista  

 Preto de cumprir 36 anos -farao o 15 de xullo-,  Carratú converteuse nunha guardesa máis. A súa implicación co club e co pobo é absoluta, por iso resulta case imposible pensar nun Guardés sen ela. A capitá, ademais, bota unha man coas categorías de base nos adestramentos e con calquera cousa que se  tercie. E, por descontado, o seu rendemento dentro da pista segue sendo máis que notable. A súa regularidade volveu a deixarse notar esta tempada e foi clave en máis dun partido, con porcentaxes próximas ao 50% nalgún deles. Ademais, o seu liderado dentro e fóra do 40×20 é un valor seguro.  

“Quero achegar o meu gran de area para seguir entre os cinco primeiros”  

Marisol  Carratú 

“É unha honra que me teñan en conta para formar parte deste novo proxecto que comeza a próxima tempada”, destaca a bonaerense, que se mostra “moi ilusionada” por empezar a etapa de Abel González como primeiro adestrador do Guardés. “Este novo corpo técnico prendeu unha mecha en min para motivarme para seguir mellorando a próxima tempada, aínda que xa estea maior”, chancea a capitá. “O día que deixe de sentir que estou ilusionada e motivada para afrontar o que vén, será un sinal de que terei que reformularme a miña situación”, subliña  Carratú. Pero falta tempo para ese momento e a gardameta internacional arxentina xa pensa en repetir o rendemento ofrecido no curso 2021/22 no 2022/23: “Quero achegar o meu gran de area para que o  Mecalia Atlético Guardés siga estando entre os cinco primeiros da liga”.  

 Igual que a súa compañeira, Sempere sempre achega ao grupo máis aló de que xogue ou non. É unha persoa moi apreciada polas súas compañeiras pola súa actitude positiva e a súa gran capacidade de traballo. Ademais, demostrou en numerosas ocasións que cando lla necesita dentro da pista, ela responde. A alacantina, de 26 anos, asinou boas actuacións ao longo do curso. Pero dous quedaron incrustadas na retina de todos o afeccionado: a que asinou contra Unicaja Banco Xixón no partido de Liga Guerreiras Iberdrola na  Sangriña e, sobre todo, o seu memorable encontro fronte a  Bera  Bera nas semifinais da Copa da Raíña de  Illumbe. Unha actuación que impulsou a todo o equipo para meterse nunha final histórica para o balonmán galego.  

“A tempada que vén poderemos seguir pelexando por todas as competicións”  

Míriam Sempere 

 “Estou moi contenta por renovar un ano máis co equipo”, proclama. “Estou moi cómoda aquí e é un privilexio xogar ante a mellor afección de España”, engade a porteira de Santa Pola, internacional con España na modalidade de balonmán praia. Sempere valora moi positivamente cumprir “obxectivos” nesta tempada e lograr “unha nova clasificación para competición europea” tras unha campaña moi difícil. “Creo que na que vén poderemos seguir pelexando como ata o de agora por todas as competicións”, conclúe a alacantina.