O concello de A Guarda participou na comitiva pontevedresa do Plan Revitaliza
Que viaxou a País Vasco, Navarra e Cataluña
Infogauda / A Guarda
O concello de A Guarda participou na comitiva pontevedresa do Plan Revitaliza - promovido pola Deputación de Pontevedra - que viaxou ao País Vasco, Navarra e Cataluña, onde se analizou a recollida de residuos Porta a Porta á hora de mellorar as cifras de selectiva e reciclaxe.
Visitáronse 10 municipios e comarcas onde se viron in situ as distintas variables, as vantaxes e inconvintes, así como consellos á hora de implantar este modelo de recollida selectiva, e cal pode ser a que máis se adapte as circunstancias do municipio.
Desde o concello de A Guarda consideran que "hai que resaltar que o modelo de recollida de residuos Porta a Porta supón un incremento na recollida selectiva de entre o 70%, 80% e estando incluso por riba do 90% en moitos deles, o cal e algo non visto e que nos fai replantexar o sistema actual na busca dunha mellora."
Ademais do modelo de recollida Porta a Porta visitáronse varias plantas comarcais de compostaxe que esclareceron cal é o modelo que mellor funciona e cal debería ser o camiño a seguir.
Asemade, considérase necesario "lembrar que a normativa europea ten marcados obxectivos que están vencidos, posto que en xuño de 2020 era obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos á maior parte dos concellos, dando unha moratoria ata este ano; en 2025 esixirase reciclar o 55% dos residuos, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais en Pontevedra distan moito na realidade, xa que a media da provincia apenas chega ao 15% e Galicia está entre o 12 e o 13%."
Ningún comentario:
Publicar un comentario