31 de maio de 2022

A GUARDA

PRESENTACIÓN DO CARTEL DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2022

Celebraranse do 8 ao 15 de agosto




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Asociación Alameda vén de dar a coñecer o cartel das Festas do Monte Santa Trega, 2022, que celebraranse do 8 ao 15 de agosto.

 A fotografía do cartel dos principais festexos de A Guarda - e probablemente os de maior repercusión de toda á comarca -, amosa unha fermosa perspectiva presidida polo singular monte Santa Trega e aos seus pés, unha vista da vila, o porto pesqueiro, praias, litoral,...

 A verdade é que esa imaxe - da autoría de Dionisio Ameal Pacheco - é unha boa tarxeta de presentación do noso pobo, ubicado - como todos sabemos -, nunha privilexiada situación, como un verdadeiro capricho dos deuses que desde tempos moi remotos guiaron a vida cotiá dos nosos ancestros. Xente traballadora, que tanto no mar como no agro, lograron os recursos necesarios non soio para á propia subsistencia, senón para compartir con xentes chegadas desde lugares moi lonxanos, que xa fai máis de dous milenios intuiron que neste finisterre atlántico había moito por descubrir e moito que gozar. 

 A Guarda é un municipio dos máis atractivos do noso país. E as Festas do Monte Santa Trega son a expresión máis notoria do carácter e da cultura do noso pobo.

 Que veciños/as e visitantes poidamos gozalas en harmonía e plenitude.

Ningún comentario:

Publicar un comentario