31 de maio de 2022

DEPORTES

REMO

NIEVES DEL CARMEN SILVA MARTÍNEZ, DE CAMPOSANCOS, LOGROU DÚAS MEDALLAS DE OURO EN BANCO MÓBIL

Na XLI Regata Internacional de Gondomar, celebrada o domingo en augas do río Douro


Nieves del Carmen Silva Martínez, coas dúas medallas de ouro e un trofeo que logrou na XLI Regata Internacional de Gondomar

Foto: FB

Ricardo Rodríguez Vicente / Deportes

 A remeira Nieves del Carmen Silva Martínez, de Camposancos (A Guarda), vén de acadar dúas medallas de ouro en remo de banco móbil, na XLI Regata Internacional de Gondomar, disputada o domingo día 29 de maio, no río Douro, pista fluvial de Melres (Gondomar), organizada polo Club Naval Infante D. Henrique, de Gondomar, coas colaboracións da Câmara Municipal de Gondomar, Federação Portuguesa de Remo e União das Freguesias de Melres e Medas. 

 A remeira camposina, competiu na modalidade skiff, nas categorías absoluta e xuvenil. 

 Na primeira das regatas - a nº 24 do evento -, na que participou na proba de 1X Femininos, sobre unha distancia de 2.000 metros, Nieves del Carmen Silva Martínez, do Club de Remo Tui, cun crono de 08:16:180, acadou a medalla de ouro. En 2ª posición chegou Bárbara Barquinha, do Fluvial, cun tempo de 08:34:990. En 3ª posición, fíxoo Mafalda Amaro, do Galitos, cun rexistro de 09:40:070. E en 4ª posición, Caroline Martinho, do VR Lima, cun tempo de 10:33:810.

 Na segunda das regatas - a nº 53 da xornada -, Nieves del Carmen Silva Martínez, competiu  na categoría 1X Femininos, sobre unha distancia de 2.000 metros, logrando parar o crono en 08:50:110, chegando en 1º posto a liña de meta, acadando tamén a medalla de ouro. En 2ª posición entrou Tânia Mendes, do Cerveira, cun rexistro de 09:06.740. A 3ª posición foi para Matilde Pereira, do Ginásio, cun tempo de 09:13:310. En 4º posto entrou Bárbara Barquina, do Fluvial, cun rexistro de 09:17:360. En 5º posto, Madalena Ferreira, do ANL Lisboa, cun tempo de 09:36:280. E en 6º posto, María Monteiro Marques, do Sport CP, cun rexistro de 09:43:720.

 En definitiva, magnífica actuación da nosa remeira, que co seu esforzo logrou dúas magníficas victorias para o deporte do remo galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario