23 de maio de 2022

A GUARDA

Dúas nenas de 11 anos gañan ex eaquo o premio literario “Xosé Carlos Gómez Alfaro”, impulsado por Orpagu e Galaxia  

O xurado do certame decidiu que Marea Amoedo y Nerea Pino son merecedoras del premio pola gran calidade dos seus relatos.  

O académico Xesús Alonso Montero participará no acto de entrega, que terá lugar na sede de Orpagu, en A Guarda, o próximo 4 de xuño.  

Os escritores Claudia Castro, Paula Carballeira e Diego Giráldez foron os encargados de valorar os 49 traballos que se presentaron este ano ao concurso “Homes e Mulleres do mar. Premio Gómez Alfaro”.   


Familiares de Xosé Carlos Gómez Alfaro; membros do xurado e nenas/os premiadas/os nunha edición precedente

Mar Bermúdez / A Guarda

 Por primeira vez nos seus sete anos de historia, o premio literario “Xosé Carlos Gómez Alfaro”, impulsado pola Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.) en colaboración coa Editorial Galaxia, ten dúas gañadoras ex aequo: Marea Amoedo e Nerea Pino, ambas as dúas de 11 anos. Así o decidiu o xurado tras ler os 49 traballos que optaban ao galardón literario, chegados desde diferentes colexios de A Guarda, Oia, Ponteareas e Redondela, e coincidir en que ambos os dous relatos compartían orixinalidade, calidade e méritos máis que suficientes. 

 “O soño de Max”, de Marea Amoedo (Redondela), e “O mariñeiro da ponte”, de Nerea Pino (Ponteareas), conquistaron aos escritores que conformaron este ano o xurado do concurso “Homes e Mulleres do Mar. Premio Gómez Alfaro”: Claudia Castro, Paula Carballeira e Diego Giráldez.  

 O primeiro relato fala de Max, un neno de 9 anos que atopa nun soño, que transcorre no fondo do mar, unha válvula de escape dun fogar conflitivo e dun cambio de colexio. Pola súa banda, o segundo traballo protagonízao un novo matrimonio, mariñeiro el, e percebeira ela, e un personaxe misterioso, “o  mariñeiro da ponte” que da título ao traballo e que aparece para saldar unha débeda do pasado. 

 O xurado sinala que tanto Marea como Nerea mostran, aos seus 11 anos, un gran dominio da linguaxe e unha rica imaxinación que conseguiron plasmar con brillantez nos seus relatos. Por tanto, ambas as dúas recibirán o próximo día 4 de xuño os seus respectivos premios e a felicitación do xurado, ademáis da do presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla, e do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro. 

 A entrega de galardóns terá este ano un invitado de excepción: Xesús Alonso Montero. E é que, ademais de Claudia Castro, Paula Carballeira e Diego Giráldez, e da viúva  - Rosa Berta Alfaro Diéguez - e o fillo de Gómez Alfaro - Daniel Gómez Alfaro - o escritor e membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega quixo participar nun evento no que os grandes protagonistas son os nenos e nenas. 

 As dúas gañadoras do “Gómez Alfaro” serán galardoadas cunha tableta, un trofeo e un lote de libros da Editorial Galaxia. Premios para incentivar máis se cabe o desexo de ler e de escribir destas dúas aprendices de escritoras que, nesta ocasión, atoparon no mar e a súa xente a inspiración perfecta. Ler, escribir e navegar conxúganse da mesma forma. 

Gómez Alfaro, sempre na memoria  

 O premio literario leva o nome do escritor Xosé Carlos Gómez Alfaro, profesor de Ensino Secundario no Colexio Padres Somascos, de A Guarda, localidade na que viviu ata o seu falecemento. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Gómez Alfaro foi un recoñecido escritor, poeta e articulista en varios medios de comunicación. Como poeta deuse a coñecer en 1969 cunha obra en castelán, “De rodillas”, publicada na Editorial CLA en Bilbao, pero toda a súa obra posterior foi en galego.

A GUARDA

Dobre cita cultural para o sábado 28 de maio  

· Un contacontos adicado á Florencio Delgado Gurriarán e a obra teatral #2Pilgrims poñerán o broche á programación de maio

  


Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Municipal de A Guarda, acollerá o sábado día 28 de maio, ás 12:00h, o contacontos das Letras Galegas “Florencio nas Ondas”, a cargo da narradora Raquel Queizás. Ese evento tivo que adiarse da súa data orixinal por mor da choiva. 

 Mediante a recreación dun antigo programa de radio descubriremos a vida de película deste personaxe, medio espía, medio fuxitivo, que contribuíu a dignificación de Galicia e a normalización da nosa fala nunha época escura.  

 Para asistir a ese espectáculo, apto para nenas/os a partir de 5 anos, é preciso confirmar a asistencia previamente no Centro Cultural: centrocultural@aguarda.es ou no teléfono 986 611 850 en horario de 16:00. a 21:00h. 

  



 Nesa mesma data, ás 20:00 h., o Centro Cultural acollerá unha representación teatral. Neste caso a última proposta de Redrum Teatro: “#2Pilgrims”. A peza aborda o proceso de creación dunha obra teatral a cargo de dous recoñecidos actores como son Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo. O Camiño de Santiago será a escusa ou detonante que os protagonistas atopen para iniciar a súa reflexión, na que temas como a igualdade ou as novas masculinidades formarán parte das súas preocupacións principais.   

 Esta obra, a décimo quinta da compañía - que xa estivo na Guarda con creacións como Noiteboa, Invisibles ou O home con lentes de pasta- está especialmente pensada para o público mais novo e incluso adolescente. A compañía quixo facer un esforzo por dirixirse á mocidade cunha comedia que conta con grandes doses de absurdo e que fai un cuestionamento crítico sobre o amor romántico, así como unha reflexión acerca do efecto das redes sociais nas relacións persoais.   

 O acceso será de balde ate completar o aforo máximo do salón de actos, non sendo precisa a inscrición previa.  

O ROSAL

A Explanada do Horizonte do Rosal recibe o Premio “Gran de Area” de aportación á Arquitectura 

O proxecto xa acadara recoñecemento internacional en 2020 


A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a arquitecta María Fandiño Iglesias recolleron o Premio “Gran de Area 2020-2021” pola obra Explanada do Horizonte

Fotos: C.O.R.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís - á der. da imaxe -, e a arquitecta María Fandiño Iglesias, na gala dos Premios “Gran de Area 2020-2021”


Infogauda / O Rosal

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a arquitecta María Fandiño Iglesias recolleron o Premio “Gran de Area 2020-2021” pola obra Explanada do Horizonte, en Portecelo, un proxecto de revalorización e mellora deste tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo Rosal. 

 Estas obras de acondicionamento de espazos públicos na comarca xa recibiran o premio internacional de arquitectura e natureza “Simonerra Bastelli”. E nesta ocasión, foi o Colexio de Arquitectos de Galicia quen quixo salientar o valor e a calidade desta execución. 

 O acto, que se celebrou no Auditorio Afundación de Vigo, estivo presidido pola decana do COAG, Elena Ampudia, as xuntas directivas das Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense, ademais de representantes políticos e reuniu a un total de 200 persoas. 

 “Este premio é unha mostra máis de que imos polo bo camiño, e recoñece o esforzo e a calidade técnica que o Concello do Rosal está desenvolvendo na súa aposta integral de recoperación dos espazos públicos para as persoas. Estamos moi orgullosos e orgullosas de ter recibido este recoñecemento” sinala a Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.

OIA

O Concello de Oia pon en marcha unha Aula de Novas Tecnoloxías na antiga biblioteca   

Estas novas dependencias están xa a disposición do público, que poderá empregalas de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas


A Aula de Novas Tecnoloxías de Oia conta cunha zona equipada con ordenadores a disposición da veciñanza
Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia vén de reformar e mellorar o local do baixo do Consistorio que funcionaba como biblioteca co obxectivo de convertelo nun novo espazo dedicado ás novas tecnoloxías.   

 Esta transformación permite contar con espazo máis amplo, accesible e versátil que o anterior e suporá para a veciñanza unha mellora no acceso e emprego das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).   

 A Aula de Novas Tecnoloxías de Oia conta cunha zona equipada con ordenadores a disposición da veciñanza, onde tamén se porá en marcha o programa de formación Aula Mentor. Ademais, dispón dunha sala de estudo separada da sala de informática.  

 Estas novas dependencias están xa a disposición do público, que poderá empregalas de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.   

Accesibilidade e versatilidade  

No tocante á accesibilidade, as obras realizadas permitiron dotar á aula de novas tecnoloxías dun aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida e construír un novo punto de entrada. Deste xeito, ademais do acceso habitual a través da rúa, agora existe un segundo desde o interior do Concello.    

 O novo equipamento municipal tamén mellorou en canto á versatilidade dos seus espazos, permitindo diferentes formas de ser aproveitado. Incluso admite distintos usos simultáneos e separados, segundo a disposición ou cambio do mobiliario que se realice en cada momento.    

 A Administración local financiou esta actuación integramente a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, cun orzamento total de 52.047,09 euros que inclúen as obras, a redacción do proxecto e máis a dirección de obra.

TOMIÑO

A aula CeMIT de Tomiño impartirá este verán cursos de balde para estudantes   

Os asistentes, de entre 8 e 15 anos, poderán escoller entre un curso de retoque fotográfico e outro para aprender a usar un procesador de texto, ambos os dous de acceso gratuíto 

 

Aula CeMIT de Tomiño 
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Durante os meses de xullo e agosto a aula CeMIT de Tomiño impartirá diferentes cursos de balde orientados á infancia e mocidade de entre 8 e 15 anos.  

 O primeiro deles estará relacionado co retoque fotográfico, utilizando o GIMP, un programa gratuíto que permite realizar retoques, creación de imaxes e composición. Na outra actividade de formación, aprenderase a usar o Libreoffice Writer, un procesador de texto, outro programa de balde, grazas o cal pódense crear documentos de texto de calquera tipo, aínda que neste caso orientaranse, sobre todo, a traballos escolares. 

 A aula CEMIT, sita no parque do Campo da Feira, é un espazo onde durante todo o ano se realizan obradoiros gratuítos relacionados ca informática, para todas as idades. Cursos de diferentes niveis, que van dende iniciación no uso de ordenadores, a formacións máis específicas como ofimática, retoque fotográfico ou edición de vídeo. Ademais o técnico responsable da aula está dispoñible dentro do seu horario para resolver dúbidas relacionadas co uso dos ordenadores ou Internet a quen o precise. 

 O horario da aula é de luns a venres de 9:15 a 13:45, e, ademais, os martes e xoves, de 18:30 a 20:30. Para máis información ou para inscribirse nos cursos, as persoas interesadas poden chamar ó 986 623 304 ou mandar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal

VIGO

O experto mundial Christopher Dostal pon en marcha no Museo do Mar de Galicia a restauración dos canóns de bronce procedentes de naufraxios nas costas galegas  

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, coñeceu de man do restaurador o proceso, no que se aplica a tecnoloxía de redución electrolítica para eliminar a corrosión producida polo mar de xeito rápido, eficaz e perdurable


Christopher Dostal puxo en marcha no Museo do Mar de Galicia a restauración dos canóns de bronce de entre os séculos XVI e XVIII procedentes de distintos naufraxios nas costas galegas e recuperados pola Armada Española

Foto: X.G.

Infogauda / Vigo

 O experto mundial en tratamento de arqueoloxía subacuática Christopher Dostal puxo en marcha no Museo do Mar de Galicia na última semana a restauración dos canóns de bronce de entre os séculos XVI e XVIII procedentes de distintos naufraxios nas costas galegas e recuperados pola Armada Española. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou o espazo e coñeceu de man do restaurador o proceso que está a desenvolver con tecnoloxía de redución electrolítica.

 Segundo sinalou Christopher Dostal, director do Laboratorio de Investigación e Conservación na Universidade de Texas A&M, o procedemento elixido para eliminar a corrosión producida no bronce polos cloruros que abundan na auga do mar garante un tratamento eficaz, rápido e perdurable fronte a outras técnicas. Estanse a utilizar cubas de aceiro, un sistema de desionización de auga e diversos produtos químicos, entre outros elementos.

 O experto apuntou que se trata dunha metodoloxía probada fronte ao tempo, como o demostran as ducias de canóns de ferro e bronce de importancia histórica conservados con éxito durante as tres últimas décadas polo laboratorio que dirixe. Entre eles figuran un canón de bronce francés do século XVII e canóns de ferro e áncoras dun naufraxio español do século XVI. Tras a posta en marcha do proceso, Christopher Dostal seguirá a evolución desde os Estados Unidos.

Achegamento da técnica a empresas galegas

 Consciente do interese e singularidade deste proceso, desde o Museo do Mar de Galicia convidouse a empresas galegas especializadas en arqueoloxía subacuática a asistir a algunha das xornadas de traballo e coñecer así a técnica aplicada. Tamén puido achegarse á metodoloxía o alumnado de Arqueoloxía da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

VIGO

A CIG de Vigo convoca unha manifestación en defensa do naval e contra o desmantelamento industrial da comarca 

Este xoves 26 dende Vía Norte ás 19:00 horas até a delegación da Xunta 




Infogauda / Vigo

 A Unión Comarcal da CIG de Vigo ten convocada unha manifestación para este xoves 26 de maio en defensa do sector naval e contra o desmantelamento industrial da bisbarra. A marcha arrincará dende Vía Norte ás 19:00 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.


O secretario comarcal da central sindical, Alberto Gonçalves - á der. da imaxe -, e o responsábel da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández, na rolda de prensa de hoxe

Foto: CIG
 

 Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario comarcal da central sindical, Alberto Gonçalves, e o responsábel da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández, que lembraron que o naval vigués leva anos esmorecendo e camiñando cara a irrelevancia industrial, “cunhas condicións laborais cada vez de maior precariedade, sen que as administracións públicas acometan ningún plan de viabilidade para a súa modernización ou tan sequera para garantir a súa supervivencia”. 

 De feito, os tres principais estaleiros da Ría de Vigo e estaleiros privados máis grandes do Estado -Barreras, Metalships e Vulcano- atravesan unha situación dramática. Hai 10 anos asistimos á venda de Barreras ao grupo García Costas e á petroleira PEMEX, unha venda exemplo de “corrupción e mala xestión, o que en gran medida dá o nivel de empresariado que hai no noso país e o total desinterese por parte das diferentes administracións, tanto do Estado como da Xunta”.  

 E nestes días temos diante unha nova venda da unidade produtiva do estaleiro que supón a perda de máis de 100 postos de traballo directos, empregos de calidade, a cambio de precarizar máis o sector con máis subcontratación. “Cando vemos que este modelo de estaleiros de síntese xa fracasou noutros países de Europa”. 

 Por outra banda, Metalships está sen carga de traballo, unicamente na reparación, e cun futuro incerto, e o antigo Vulcano, agora Estaleiros San Enrique, nun escenario de “absoluta incerteza”.  

 Diante da continuada “inacción” da Xunta e do Goberno español “temos que insistir na necesidade de defender o naval como un sector estratéxico e imprescindíbel na nosa comarca e en Galiza, xa que historicamente foi motor industrial que daba traballo non hai moitos anos a 15.000 traballadores/as en Vigo e a súa bisbarra, que creou moita riqueza, e por iso que urxe adoptar as medidas necesarias para asegurar a súa continuidade e blindar o emprego”. 

Dende a CIG-Vigo achegan unha serie de propostas para facerlle fronte a esta situación: 

- Posta en marcha dunha Mesa do Naval para a Ría de Vigo na que se aborden solucións reais que aseguren a continuidade da actividade e do emprego no sector. 

- Despregar unha enérxica intervención pública que permita a creación dun holding entre os distintos estaleiros e empresas auxiliares. 

- Manter empregos estables e de calidade no sector. 

- Apostar decididamente pola formación con condicións laborais dignas para a volta das persoas traballadoras emigradas. 

- Superar o nefasto modelo de “estaleiro de síntese”, eliminando a precariedade das empresas e a excesiva subcontratación, incrementando os cadros de persoal fixos e estables nos estaleiros. 

- Contratación de empresas da contorna para xerar riqueza na comarca. 

- Diversificación da oferta para aumentar a carga de traballo. 

 Finalmente, fan un chamamento ao conxunto da clase traballadora e da veciñanza da bisbarra a participar na mobilización coa que se quere lanzar un “SOS” polo naval, “porque é cuestión de todos/as loitar para garantir un futuro digno”.

CAMINHA

Festival POPular Inatel traz seis espetáculos com entrada livre esta semana

A partir de quinta-feira nos palcos do Valadares, Teatro Municipal de Caminha, Biblioteca Municipal de Caminha e Cineteatro dos Bombeiros Voluntários de Vila Praia de Âncora




Infogauda / Caminha

 É já esta semana que o concelho de Caminha vai receber o Festival POPular Inatel. São seis espetáculos, todos com entrada livre, que vão subir aos palcos do Valadares, Teatro Municipal de Caminha, Biblioteca Municipal de Caminha e Cineteatro dos Bombeiros Voluntários de Vila Praia de Âncora. O Festival abre com o espetáculo musical “SAL”, no Valadares, Teatro Municipal de Caminha, na noite da próxima quinta-feira. São quatro espetáculos musicais, a que se juntam mais dois, destinados ao público infantil.

 O Município de Caminha é parceiro institucional desta iniciativa, promovida pela Fundação Inatel que pretende divulgar as práticas culturais tradicionais, no cumprimento da sua missão e enquanto entidade consultora da UNESCO para a salvaguarda do património cultural imaterial.

 É uma grande oportunidade receber este Festival nos nossos palcos. E basta aparecer, de 26 a 29 nos espaços culturais que constam do programa, para ter acesso a seis momentos de garantida qualidade, uma vez que a entrada é livre.

 O Festival POPular Inatel já fez sucesso em palcos de Lisboa e outros, sobretudo a sul. POPular INATEL tem por objetivo a divulgação de práticas culturais tradicionais aliando a tradição popular a novas abordagens artísticas. Há surpresas, novidades e alguns nomes bem conhecidos da Cultura e das Artes que abraçam novíssimos projetos. É o caso, por exemplo, de “Sal”, considerado “um dos mais bem guardados segredos da música portuguesa”. À bateria do João Pinheiro, à voz e à braguesa do Sérgio Pires, ao baixo do João Gil e às guitarras do Daniel Mestre com um passado comum ligado aos extintos Diabo na Cruz, juntam-se os teclados do Vicente Santos. O primeiro disco da banda que será lançado ainda este ano.

 “Expresso Transatlântico” é mais uma novidade. 2021 viu nascer um dos projetos mais interessantes do atual panorama musical: o Expresso Transatlântico. Trata-se de uma nova banda lisboeta que junta Gaspar Varela na guitarra portuguesa, Sebastião Varela na guitarra elétrica e Rafael Matos na bateria lançou o seu EP de estreia homónimo no final do ano passado que tem recebido os maiores elogios do público nacional e internacional.

 "Omiri" é outro dos grupos que vamos poder ver, descrito como “um dos mais originais projetos de reinvenção da música de raiz portuguesa”. Nos últimos anos, “Omiri” consagrou-se como um projeto internacional, levando toda a portugalidade aos quatro cantos do mundo e atuando nos maiores festivais nacionais e internacionais como a Womex, Reepperbahn, Eurosonic, Rudolstadt, Kaustinen, Viljandi, Dranouter, Live at Heart, Exib Musica, Iminente, WestWay.

 Os nossos palcos têm também encontro marcado com “Diabo a Sete”, uma banda folk-rock portuguesa que cruza ritmos, melodias e instrumentos associados à matriz tradicional, com letras e sonoridades contemporâneas.

 Para os mais novos há boas propostas. A Krisálida vai apresentar “Gota a gota a água esgota”. A sinopse descreve: “E, antes de chegar ao 7º dia, o Criador achou que o planeta deveria ter um Ser Humano. Da sua criação resulta um Clown que acaba por se sentir só. Forçando o Criador a arranjar-lhe companhia, o Clown dá de caras com outro Clown ligeiramente diferente dele. Ambos irão descobrir que este planeta, outrora tão azul e tão verde, tem os seus recursos finitos”. A peça é para maiores de três anos.

 Finalmente teremos “Da Seiva à Árvore”, um espetáculo-oficina, criação dos SEIVA para convidar os mais novos a conhecer melhor a música tradicional e a identidade cultural do nosso País. “Da Seiva à Árvore” quer dar a conhecer o passado musical através das canções que faziam parte do quotidiano num passado recente: “as canções ligadas aos ciclos agrícolas, às romarias, às festas. Realidade de um país mais rural que cantava, numa altura em que as grandes máquinas ainda não tinham invadido os campos”.

26 a 29 maio
POPular INATEL

Quinta-feira, 26 de maio
21H30
"SAL"
Local: Valadares, Teatro Municipal de Caminha

Sexta-feira, 27 de maio
21H30
"EXPRESSO TRANSATLÂNTICO"
Local: Cineteatro dos Bombeiros Voluntários de Vila Praia de Âncora

Sábado, 28 de maio
15H30
"ESPETÁCULO INFANTIL"
Local: Biblioteca Municipal de Caminha

21H30
"OMIRI"
Local: Valadares, Teatro Municipal de Caminha

Domingo, 29 de maio
11H00
"ESPETÁCULO INFANTIL"
Local: Cineteatro dos Bombeiros Voluntários de Vila Praia de Âncora

15H30
"DIABO A SETE"
Local: Cineteatro dos Bombeiros Voluntários de Vila Praia de Âncora

CAMINHA

Campeonatos Nacionais Escolares são um sucesso

Realizaram-se os Campeonatos Nacionais Escolares de Juvenis do Desporto Escolar, em Viana do Castelo e Caminha


Entre 19 e 21 de maio, realizaram-se os Campeonatos Nacionais Escolares de Juvenis do Desporto Escolar, em Viana do Castelo e Caminha
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 Entre 19 e 21 de maio, realizaram-se os Campeonatos Nacionais Escolares de Juvenis do Desporto Escolar, em Viana do Castelo e Caminha. De todo o país, incluindo da Região Autónoma da Madeira, alunos e professores rumaram ao Alto Minho para fantásticos dias de competição, companheirismo, animação, nesta que é, uma das grandes festas do Desporto Escolar.

 Durante os dias de competição, foi possível testemunhar o elevado nível competitivo, nas onze modalidades - Vela, Surf, Canoagem, Natação e Remo, como em terra, com o Atletismo, Ténis de Mesa, Futsal, Voleibol, Basquetebol, sempre com o fair-play e respeito pelos valores do espírito desportivo.

 Assim, foram cerca de 1300 alunos e 300 professores, que participaram nestes Campeonatos Nacionais Escolares de Juvenis, que já não aconteciam desde 2019 e que marcam um caminho desde as competições locais e regionais, culminando neste momento com jovens de todo o território.

 Esta competição foi organizada pela Direção-Geral dos Estabelecimentos Escolares - Direção de Serviços da Região Norte, sob a égide da Direção-Geral da Educação – Divisão do Desporto Escolar e com o apoio dos Municípios de Viana do Castelo e de Caminha.

 As classificações e mais informações atualizadas sobre estes campeonatos podem ser consultadas em https://bit.ly/CN_JUVENIS_Viana_do_Castelo

PONTEVEDRA

OS CONCELLOS REVITALIZA COÑECEN TRES EXPERIENCIAS DE RECOLLIDA DE RESIDUOS MEDIANTE O SISTEMA PORTA A PORTA CON RESULTADOS “INDISCUTIBLES” EN EUSKADI    

Representantes da comitiva pontevedresa da Deputación de Pontevedra coñeceron como en varios concellos a taxa de reciclaxe e compostaxe pasou do 20% ao 85%  

Varios dos municipios aplican unha ‘taxa xusta’ na que a veciñanza paga polos residuos e xera e a que mellor recicla e composta recibe descontos  

“Ao retirar os colectores da rúa co PaP a xente conciénciase. Hai unha adaptación de maneira automática”, di o técnico do concello de Usurbil  


Representantes do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e de varios concellos da provincia comezaron hose en Euskadi a súa viaxe formativa para coñecer novos sistemas de recollida de residuos que poder aplicar en territorio pontevedrés

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 Representantes do Revitaliza da Deputación de Pontevedra e dos concellos de Poio, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Mancomunidade do Morrazo, Valga, Soutomaior, Tomiño, A Guarda, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas e A Cañiza, comezaron hoxe en Euskadi a súa viaxe formativa para coñecer novos sistemas de recollida de residuos que poder aplicar en territorio pontevedrés. As conclusións non puideron estar máis claras: a recollida Porta a Porta (PaP) obtén resultados “indiscutibles”  tanto en calidade como en rapidez  á hora de mellorar as taxas de reciclaxe e compostaxe. Os municipios de Kripán, da mancomunidade de Sakana e o concello de Usurbil melloraron as súas cifras en pouco tempo dun 20% ata un 85%, moi por riba do que nestes momentos esixe a normativa europea para este ano 2022.  

 A primeira parada da comitiva pontevedresa estivo no concello de Kripán, onde o alcalde Joseba Fernández –tamén presidente da mancomunidade da zona- explicou que o municipio (200 habitantes) forma parte da Rioxa alavesa e da mancomunidade, que chega aos 12.000 habitantes. Apuntou que a compostaxe é obrigatoria por ordenanza e que a veciñanza ten dúas posibilidades de “compostar si ou si”, levando os seus biorresiduos á zona comunitaria de compostaxe ou deixándoos na zona habilitada para que llos recollan PaP. En dous anos as cifras de reciclaxe pasaron do 20% ao 70%, tendo colectores na rúa para o resto das fraccións con control de acceso por tarxeta que limitan canto e como se bota o lixo. A implantación deste sistema na pequena vila está agora en fase de expansión a outros municipios da mancomunidade con entre 1.000 e 3.000 habitantes, como Marqués de Riscal, onde están as coñecidas adegas. 


A delegación pontevedresa nunha visita á unha planta de compostaxe 

 +

 A segunda parada do día foi á Mancomunidade de Sakana, á planta de compostaxe de Arbizu. Na comarca hai 20.000 habitantes en 15 concellos, estando a planta no medio do val e preparada para tratar entre 1.200 e 1.300 toneladas de orgánico, que chega despois dunha recollida principalmente PaP e tamén por 5º colector nalgúns casos, así como outro sistema máis de recollida. O alcalde de Urdiain e presidente da mancomunidade,  Daviz Oroz, subiñou que nestes momentos a mancomunidade acadou o máximo nivel de separación en toda Navarra obtendo compost da maior calidade na planta de compostaxe, incluso útil para agricultura ecolóxica, que despois se reparte gratuitamente entre a veciñanza.   

 Oroz foi un claro defensor da recollida PaP: “A nosa vivencia é clara. Convivimos con 3 sistemas de recollida e se me demostran que con outro sistema se conseguen iguais cifras non teño problema. Pero os resultados son indiscutibles: co PaP conseguimos unha separación do 85%, cun resto de só o 15%, e con outros sistemas como os colectores baixamos ao 50% de separación. O PaP ten algúns problemas políticos e de xestión, pero é o futuro”, salientou.  

Sen colectores na rúa e facendo agrocompostaxe 

 Finalmente, xa pola tarde, a parada foi no concello de Usurbil, que dende 2009 é o primeiro municipio do País Vasco en recollida selectiva, achegando niveis superiores ao 80%. Neste caso unha das novidades é a implantación dunha ‘taxa xusta’ en 2014 e a ausencia de colectores para recoller ningunha fracción na rúa: todos os días a veciñanza saca a fracción correspondente nun caldeiro que está identificado por persoa usuaria e cantidade.  

 Segundo explicou á comitiva pontevedra do Revitaliza o técnico Ibon Goikoetxea, en cuestión de só varias semanas o municipio conseguiu cifras espectaculares de reciclaxe ao implantar a recollida PaP: “hai unha adaptación da veciñanza de maneira inmediata ao retirar os colectores da rúa, a xente adáptase e os resultados son moi bos”. Subliñou que nestes momentos a cidadanía paga polo lixo un fixo e un variable en función dos residuos que non recicla e deixa no cubo do ‘resto’ (o que non é orgánico, cartón, plásticos ou vidro).   

 Outra das novidades de Usurbil é a posta en marcha dunha planta de agrocompostaxe, na que hai un acordo entre o concello, a asociación de desenvolvemento rural e o sector agrícola da zona: en termos xurídicos o primeiro é o posuidor do residuo, o segundo o que o xestiona, e o terceiro o que achega a man de obra para a compostaxe e se beneficia do compost. “Estamos a ver como funciona. Recollemos unhas 700-800 toneladas anuais e tratamos unhas 48 na miniplanta. Temos que ver os resultados, pero así pechamos o círculo dende o principio, cun aproveitamento dos residuos”, finalizou Goikoetxea.  

 Todas estas ideas serán incorporadas polo persoal político e técnico pontevedrés para ver a posibilidade de implantación na provincia. Mañá a viaxe formativa do Revitaliza seguirá por Euskadi, Navarra e Cataluña con outras catro experiencias diferentes sobre residuos.

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA A SEGUNDA EDICIÓN DA FACULTADE ÁGORA, UN “LABORATORIO DE I+D+i DO ESPAZO PÚBLICO” CON ACTIVIDADES PRÁCTICAS E DESCENTRALIZADAS POLA PROVINCIA    

Haberá ‘Obradoiros Ágora’ en A Estrada, Tomiño, Vilagarcía e Ponteareas destinados a persoal político e técnico dos concellos, nos que se debaterán proxectos e solucións construtivas  

Despois do verán desenvolveranse ‘Conversas’ con persoeiros relevantes abertas a público e tamén haberá iniciativas específicas como ‘ Poli Ágora’    


A presidenta Carmela Silva - 2ª pola esq.-; o deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez - 2º pola der.-; a coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan Ana Montalbán, e o coordinador de contidos da Facultade Fernando Nebot, na presentación da segunda edición da Facultade Ágora

Foto: Rafa Estévez

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade e Espazo Público, vai poñer en marcha a segunda edición da Facultade Ágora para formar ás persoas políticas e técnicas dos concellos da provincia sobre como recuperar o espazo público con calidade. Logo do éxito do anterior curso esta nova cita ten dúas novidades principais: as actividades serán moito máis prácticas e estarán espalladas por diferentes concellos da provincia.   

 Todos os cambios foron explicados hoxe nunha presentación na que estivo a presidenta Carmela Silva, o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez, a coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan Ana Montalbán, e o coordinador de contidos da Facultade Fernando Nebot. Asistiron ao evento representantes dos colexios oficiais de Arquitectos, de Arquitectos Técnicos, e do colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia, ademais do director xeral de Protección Cidadá do Concello de Pontevedra Daniel Macenlle.  

 O deputado Uxío Benítez explicou que a intención da Deputación é que a Facultade Ágora sexa “un laboratorio de I+D+i do espazo público” no que de maneira “humilde pero innovadora” se acheguen diferentes visión de como se deben deseñar vilas e cidades para mellorar a calidade de vida da cidadanía. “A Facultade é unha iniciativa moi necesaria e queremos dar un salto, un novo impulso cara a algo diferente, un espazo de formación con tres premisas: máis presencialidade, máis práctica e máis descentralización”, subliñou.   

 A primeira das actividades que se porá en marcha, apuntou Benítez, será o curso básico para obter o título de ‘Persoal técnico Ágora’, destinado a persoas –principalmente dos concellos Ágora- que non puideron matricularse e examinarse na primeira convocatoria. Será exclusivamente en liña e a inscrición comezará este mércores e pechará a finais de xuño en redeagora.gal.   

 A segunda iniciativa e principal novidade deste ano serán os ‘Obradoiros Ágora’, eventos dun día de traballo con visitas guiadas, nos que as persoas matriculadas deberán aplicar os conceptos teóricos adquiridos na primeira edición en localidades concretas nas que se teñen executado obras de recuperación do espazo público. Estes obradoiros contarán ademais coa figura dun ‘observador Ágora’, persoal docente da primeira edición que se achegará á localidade para escoitar e formular propostas ademais de facer un informe externo sobre o tratado na xornada. O obxectivo é analizar e debater de xeito participativo.   

 Os obradoiros serán o 16 de xuño en A Estrada, con Marius Navazo; o 30 de xuño en Tomiño, con Marius Porto; o 8 de setembro en Vilagarcía con Rocío Plasencia; e o 29 de setembro en Ponteareas con Paula Teles. A inscrición tamén se abrirá pasado mañá mércores e permanecerá aberta ata unha semana antes da celebración de cada evento. Haberá 50 prazas dispoñibles e a Deputación facilitará o transporte dende Pontevedra a cada localidade.  

 Por outra parte, terán lugar despois do verán as ‘Conversas Ágora’, foros de diálogo sobre o espazo público que contará con persoeiros de referencia e alto nivel internacional (entre elas a socióloga Saskia Sassen, por exemplo). Como punto de inicio as conversas arrancarán co diálogo entre o urbanista José Fariña e a socióloga María Ángeles Durán, nun acto que servirá tamén para a presentación do libro sobre a primeira edición da Facultade Ágora, con resumos e artigos de todo o persoal docente.  

 Por último, dentro da Facultade Ágora 2022 haberá tamén iniciativas para público específico, como ‘Poli Ágora’ (20 de outubro), que pretende ser unha actividade formativa destinada a axentes de policía local que estará coordinada por Daniel Macenlle e impartida por persoal de corpos locais. O obxectivo é concienciar e aprender conceptos de maneira interactiva sobre como a Policía Local debe ser o primeiro axente á hora de defender o espazo público recuperado, xa ben en relación a temáticas como a prevención de accidentes, a redución da velocidade ou o uso do espazo público por parte dos vehículos a motor de maneira “espúrea”.   

Carmela Silva: “Unha idea clara de transformación da provincia” 

 “Fai sete anos –asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na presentación da Facultade- un novo goberno entraba na Deputación de Pontevedra cunha idea clara de transformación, de entender que a política é a ferramenta que ten a cidadanía para mellorar a súa vida. E isto ten unha enorme carga de profundidade porque obriga a que responsables públicos deseñemos o territorio que queremos construír, que sempre ten que ser cunha mirada transversal e global”.   

 Referiuse a presidenta á necesidade de construír vilas, pobos, cidades para as persoas, as “grandes esquecidas que agora forman parte prioritaria do noso modelo”, e dende a participación democrática, “escoitando o talento, o coñecemento, a intelixencia, que está nas e nos profesionais, de pluralidade de áreas, e tamén na cidadanía, que ten que ser copartícipe das transformacións”.   

 A presidenta recordou que ao longo destes  sete anos de “transformacións transversais os resultados son impresionantes”. Mudáronse as infraestruturas provinciais pero tamén os concellos apostaron por “construír espazos de vida” con ducias de millóns de euros procedentes do Plan Concellos e de proxectos extraordinarios como os Plans de Reequilibrio, DepoRemse ou ReacPon que encheron de “boas prácticas moitos concellos da provincia”.   

 Tamén incluíu aquí á Facultade Ágora, cuxa primeira edición “foi todo un éxito”,  porque “para transformar o espazo público, para camiñar cara a excelencia, para converternos nun exemplo, é preciso aproveitar a intelixencia, o coñecemento, reflexión, análise, innovación de persoas procedentes dunha enorme pluralidade de profesións”. Ademais fixo especial fincapé no numeroso grupo de mulleres conferenciantes, fundamentais para “transformar realmente xa que se non se conta con nós, que somos a metade do mundo, ese cambio sería imposible de facer”.  

 Pola súa banda, a secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan, entidade colaboradora da Deputación a través da que se pon en práctica a Facultade Ágora manifestou o seu agradecemento pola “confianza reiterada na rede e contar coa equipa para seguir compartindo un espazo de coñecemento e aprendizaxe colaborativa”. Montalbán sinalou que neste ano a actividade  ‘estrela’ van ser os obradoiros, subliñando que nas facultades cando máis se aprende é cando se visitan os proxectos in situ e se achega ao detalle construtivo. “Imos afondar en cuestións que na primeira edición quedaron no aire. Cuestións como por que hai beirarrúas, por que se prefiren espazos e plataformas compartidas, porque hai bordiños, por que formigón corrido, por que unha iluminación específica... (...) Haberá un equilibrio entre a parte conceptual e a práctica”, subliñou.  

 Finalmente, o coordinador de contidos Fernando Nebot destacou que os obxectivos dos obradoiros serán tratar catro aspectos básicos: o espazo público liberado, a xestión dos fluxos de mobilidade, o deseño dos espazos públicos e os seus equipamentos necesarios. O asesor de mobilidade subliñou que os obradoiros serán unha realidade grazas a que “o que case era utópico hai uns anos xa se está a materializar na provincia... polo que se a utopía xa está aquí haberá que buscar novos retos”.

CULTURA

O ATENEO DE PONTEVEDRA ORGANIZA UN RELATORIO ARREDOR DO POEMARIO “ERÓTICA”, DE FRANCISCO ÁLVAREZ “KOKI” 

O venres 27 de maio de 2022, ás 19:00 horas, na librería Metáfora, de Pontevedra




Infogauda / Pontevedra 

 O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro de poemas Erótica, de Francisco Álvarez “Koki”, publicado por Ondina Ediciones.

 O  acto terá lugar o vindeiro venres 27 de maio, ás 19 horas, na librería Metáfora (rúa de Paio Gómez Chariño, 9 - Pontevedra). O autor estará acompañado por Antón Sobral (artista e directivo do Ateneo de Pontevedra).

 A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

Da obra 

 “Como un músico que tocase con soltura varios instrumentos, Francisco Álvarez “Koki” móvese igual de áxilmente polos máis variados tons da expresión poética, que son todo, á fin e ao cabo, partes dun mesmo arrebato. Ler os poemas na orde no que se publican é como seguir o trazo sostido e cambiante dos estados dunha paixón, na que nada está seguro, na que non hai máis certeza que a propia entrega; ler os poemas un tras outro é asistir ao retrato dun alma e aos episodios dunha historia de amor.” 

 Antonio Muñoz Molina, autor do prólogo. 

Transcrición dun dos poemas do libro: 

 Cabe tanto en un cuarto, cabe tanta vida 

 y tanto dolor. 

 En Galicia un cuarto, en América un cuarto. 

 Mi voz sed de aliento y de labios 

 Es esta noche un cuarto. 

Do autor 

 Francisco Álvarez “Koki” (A Guarda, 1957). Escritor galego e animador cultural. Autor bilingüe ex residente en New York, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para difundir a cultura galega. 

 Os seus últimos libros publicados en galego: 

Infantís: Olivia e o clarinete mấxico, (Ed. Mr. Momo, 2021), Un neno na emigración (Fervenza, 2018), Vasoiras Barreiro (Fervenza, 2018). Narrativa: Aldea Buxán, (Ed. Embora, 2021), Ratas en Manhattan (Sotelo Branco, 2007). 

Poesía: A memoria das palabras (Fervenza, 2018), Maruxía (Deputacion Provincial de Pontevedra, 2010), Alén da fronteira (Egasur, 1999), Máis aló de Fisterre (Deputacion Provincial de Pontevedra, 1991). 

En castelán: 

Poesía: Erótica (Ondina Ediciones, 2022), Para abril y amantes (Editorial Círculo Rojo, 2019), El libro de Lourenzo (poesía infantil; Sial-Pigmalión, 2018), Erótica...dos (antoloxía de toda a poesía amorosa do autor; Sial-Pigmalión, 2017), Sombra de luna (poesía social; Sial-Pigmalión, 2015). Premio Escriduende de la Feria del Libro de Madrid 2016. 

Participou nos siguintes libros: Escritores españoles en los Estados Unidos (Edición de Gerardo Piña. Academia Norteamericana de la lengua española. 2007); Seis narradores españoles en Nueva York (Narrativa; Ed. Dauro,

Granada, 2006); Geometría y angustia (Poetas españoles en Nueva York), edición de Julio Neira. Fundación José Manuel Lara. Sevilla, 2012); Miradas de Nueva York (Ed. Cuadernos de El Vigía, Granada, 2000). 

Foi editor dos siguintes libros: Piel Palabra. Poetas españoles en Nueva York (Ed. Consulado General de España en Nueva York, 2003); Al fin del siglo, 20 poetas hispanos en Nueva York (Ed. Ollantay Press, Nueva York, 1999); Luna y Panorama sobre los rascacielos (Poetas españoles en Nueva York). Consulado General de España en Nueva York, 2019).

DEPORTES

ATLETISMO

DOUS NOVOS TÍTULOS AUTONÓMICOS PARA A SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA 

PRATA PARA MARCELA MORGADO, DE A GUARDA, E BRONCE PARA ANTÍA RODRíGUEZ, DE TOMIÑO 

 

Marcela Morgado Rodríguez - a esquerda da imaxe - coa súa medalla autonómica de prata 
Antía Rodríguez Otero - á der. da imaxe - coa súa medalla autonómica de bronce

Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), de Pontevedra, onte domingo celebrouse o Campionato Xunta de Galicia  Sub18 combinadas e individual. 

 Antía Rodríguez Otero, de Tomiño, competiu en xornada de mañá, na proba de 3.000  ml, na cal parou o crono en 11:39:79, logrando a medalla de bronce de Galicia.  

 Pola tarde, tocoulle a quenda á súa compañeira de equipo Marcela Morgado Rodríguez, de A Guarda, que participou na proba de 800 ml, facendo un rexistro de 02:25:94 e dese xeito logrou a medalla de prata de Galicia. 

 Felicidade mozas!

ARCOS DE VALDEVEZ

1º aniversário das Oficinas de Criatividade Himalaya  

Inauguração da Exposição “Minerais e Rochas – Coleção Silva Ferreira” 




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 As Oficinas de Criatividade Himalaya, em Arcos de Valdevez, celebram o seu primeiro aniversário no próximo dia 28 de maio.  

 O programa tem várias iniciativas, sendo de destacar a inauguração da exposição permanente “Minerais e Rochas – Coleção Silva Ferreira”, às 16h00. 

 A coleção é composta por mais de 600 amostras de minerais, rochas, fósseis e meteoritos, refletindo a geodiversidade do nosso Planeta.  

 Esta coleção é de José da Silva Ferreira, médico por profissão e geólogo/arqueólogo por paixão, que a doou ao Município de Arcos de Valdevez e, assim, à Comunidade. 

 Esta celebração do 1º aniversario das Oficinas de Criatividade Himalaya começa às 10h00, com a abertura da exposição temporária “Olhares: Retratos de Himalaya”, seguida de um workshop de fornos solares, bem como um almoço solar. No período da tarde, às 15h00, terá lugar a palestra “Energia Solar em Portugal”, pelo Professor Miguel Centeno Brito, docente da Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa.  

 De referir que as Oficinas de Criatividade Himalaya disponibilizam uma grande variedade de atividades, tendo já atraído desde a sua abertura cerca de 7400 visitantes. 

 Para informação mais detalhada sobre a programação deste dia, sugere-se a consulta das redes sociais das Oficinas de Criatividade Himalaya, contacto através do telefone 258 247 326 ou e-mail: oficinashimalaya@cmav.pt 

 Não perca este momento e faça parte deste dia de festa!

O BAIXO MIÑO

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO E LARA MENESES ÁLVAREZ, FORMAN PARTE DA NOVA EXECUTIVA DO PP DE GALICIA PRESENTADA POR ALFONSO RUEDA  

· A presidenta da xestora do PP de Tomiño e o presidente local dos populares de A Guarda, foron designados por Alfonso Rueda para formar parte do comité executivo do PP de Galicia  


Lara Meneses Álvarez e Roberto José Álvarez Carrero, nun momento do congreso do Partido Popular de Galicia, celebrada en Pontevedra, a pasada fin de semana


Infogauda / O Baixo Miño

 Alfonso Rueda Valenzuela, presidente do Partido Popular de Galicia, nomeou a Lara Meneses Álvarez, presidenta da xestora do PP de Tomiño, coma Coordinadora de Xuventude do PP de Galicia. Asemade, Rueda designou a Roberto José Álvarez Carrero, presidente local do PP de A Guarda, coma vogal do comité executivo por designación particular do presidente. 

 O nomeamento de Roberto José Álvarez Carrero coma vogal do comité executivo rexional por designación particular do presidente da Xunta refrenda a confianza que a dirección do PP de Galicia ten no guardés. Álvarez Carrero, que continuará co seu labor de coordinador do PP no Baixo Miño, manifestou sen pudor a saída do congreso dos populares celebrado en Pontevedra: “Agradezo a confianza que Alfonso Rueda e o meu partido depositan en min para formar parte do comité executivo rexional. Con todo, a miña prioridade é A Guarda e non vou parar ata que Antonio Lomba e o seu socio Anxo Baz estean fora do goberno do meu pobo. Ambos son os responsables do abandono e deterioro que sufre A Guarda nestes cuatro últimos anos; se a falta de ideas de Antonio Lomba lle sumamos os enganos á cidadanía i excusas permanentes do BNG de Anxo Baz para tapar a incapacidade manifesta que ostenta, temos unha vila totalmente paralizada”. 

 A moza tomiñesa Lara Meneses Álvarez exercerá o labor de coordinar todas e cada unha das accións que o PP de Galicia realice coa xuventude e as novas xeracións en toda Galicia. Lara Meneses, amosou a súa ilusión e compromiso co seu cargo sen esquecerse do seu concello: “Son de Tomiño. Un concello gobernado por un BNG prepotente e soberbio que esqueceu as necesidades dos vecinos e veciñas e no que as parroquias non contan para nada. Os mozos e mozas, xunto coas xentes das parroquias, pedimos un cambio de goberno municipal pois estamos fartos dun proxecto esgotadado que non vai máis aló do centro de Tomiño e no que a periferia está totalmente abandonada. A alcaldesa Sandra esqueceu que Tomiño son as Tebras, Pinzás, Piñeiro, Amorín, Sobrada, Barrantes, Forcadela, etc.”