23 de maio de 2022

O BAIXO MIÑO

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO E LARA MENESES ÁLVAREZ, FORMAN PARTE DA NOVA EXECUTIVA DO PP DE GALICIA PRESENTADA POR ALFONSO RUEDA  

· A presidenta da xestora do PP de Tomiño e o presidente local dos populares de A Guarda, foron designados por Alfonso Rueda para formar parte do comité executivo do PP de Galicia  


Lara Meneses Álvarez e Roberto José Álvarez Carrero, nun momento do congreso do Partido Popular de Galicia, celebrada en Pontevedra, a pasada fin de semana


Infogauda / O Baixo Miño

 Alfonso Rueda Valenzuela, presidente do Partido Popular de Galicia, nomeou a Lara Meneses Álvarez, presidenta da xestora do PP de Tomiño, coma Coordinadora de Xuventude do PP de Galicia. Asemade, Rueda designou a Roberto José Álvarez Carrero, presidente local do PP de A Guarda, coma vogal do comité executivo por designación particular do presidente. 

 O nomeamento de Roberto José Álvarez Carrero coma vogal do comité executivo rexional por designación particular do presidente da Xunta refrenda a confianza que a dirección do PP de Galicia ten no guardés. Álvarez Carrero, que continuará co seu labor de coordinador do PP no Baixo Miño, manifestou sen pudor a saída do congreso dos populares celebrado en Pontevedra: “Agradezo a confianza que Alfonso Rueda e o meu partido depositan en min para formar parte do comité executivo rexional. Con todo, a miña prioridade é A Guarda e non vou parar ata que Antonio Lomba e o seu socio Anxo Baz estean fora do goberno do meu pobo. Ambos son os responsables do abandono e deterioro que sufre A Guarda nestes cuatro últimos anos; se a falta de ideas de Antonio Lomba lle sumamos os enganos á cidadanía i excusas permanentes do BNG de Anxo Baz para tapar a incapacidade manifesta que ostenta, temos unha vila totalmente paralizada”. 

 A moza tomiñesa Lara Meneses Álvarez exercerá o labor de coordinar todas e cada unha das accións que o PP de Galicia realice coa xuventude e as novas xeracións en toda Galicia. Lara Meneses, amosou a súa ilusión e compromiso co seu cargo sen esquecerse do seu concello: “Son de Tomiño. Un concello gobernado por un BNG prepotente e soberbio que esqueceu as necesidades dos vecinos e veciñas e no que as parroquias non contan para nada. Os mozos e mozas, xunto coas xentes das parroquias, pedimos un cambio de goberno municipal pois estamos fartos dun proxecto esgotadado que non vai máis aló do centro de Tomiño e no que a periferia está totalmente abandonada. A alcaldesa Sandra esqueceu que Tomiño son as Tebras, Pinzás, Piñeiro, Amorín, Sobrada, Barrantes, Forcadela, etc.” 

Ningún comentario:

Publicar un comentario