23 de maio de 2022

CULTURA

O ATENEO DE PONTEVEDRA ORGANIZA UN RELATORIO ARREDOR DO POEMARIO “ERÓTICA”, DE FRANCISCO ÁLVAREZ “KOKI” 

O venres 27 de maio de 2022, ás 19:00 horas, na librería Metáfora, de Pontevedra




Infogauda / Pontevedra 

 O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro de poemas Erótica, de Francisco Álvarez “Koki”, publicado por Ondina Ediciones.

 O  acto terá lugar o vindeiro venres 27 de maio, ás 19 horas, na librería Metáfora (rúa de Paio Gómez Chariño, 9 - Pontevedra). O autor estará acompañado por Antón Sobral (artista e directivo do Ateneo de Pontevedra).

 A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

Da obra 

 “Como un músico que tocase con soltura varios instrumentos, Francisco Álvarez “Koki” móvese igual de áxilmente polos máis variados tons da expresión poética, que son todo, á fin e ao cabo, partes dun mesmo arrebato. Ler os poemas na orde no que se publican é como seguir o trazo sostido e cambiante dos estados dunha paixón, na que nada está seguro, na que non hai máis certeza que a propia entrega; ler os poemas un tras outro é asistir ao retrato dun alma e aos episodios dunha historia de amor.” 

 Antonio Muñoz Molina, autor do prólogo. 

Transcrición dun dos poemas do libro: 

 Cabe tanto en un cuarto, cabe tanta vida 

 y tanto dolor. 

 En Galicia un cuarto, en América un cuarto. 

 Mi voz sed de aliento y de labios 

 Es esta noche un cuarto. 

Do autor 

 Francisco Álvarez “Koki” (A Guarda, 1957). Escritor galego e animador cultural. Autor bilingüe ex residente en New York, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para difundir a cultura galega. 

 Os seus últimos libros publicados en galego: 

Infantís: Olivia e o clarinete mấxico, (Ed. Mr. Momo, 2021), Un neno na emigración (Fervenza, 2018), Vasoiras Barreiro (Fervenza, 2018). Narrativa: Aldea Buxán, (Ed. Embora, 2021), Ratas en Manhattan (Sotelo Branco, 2007). 

Poesía: A memoria das palabras (Fervenza, 2018), Maruxía (Deputacion Provincial de Pontevedra, 2010), Alén da fronteira (Egasur, 1999), Máis aló de Fisterre (Deputacion Provincial de Pontevedra, 1991). 

En castelán: 

Poesía: Erótica (Ondina Ediciones, 2022), Para abril y amantes (Editorial Círculo Rojo, 2019), El libro de Lourenzo (poesía infantil; Sial-Pigmalión, 2018), Erótica...dos (antoloxía de toda a poesía amorosa do autor; Sial-Pigmalión, 2017), Sombra de luna (poesía social; Sial-Pigmalión, 2015). Premio Escriduende de la Feria del Libro de Madrid 2016. 

Participou nos siguintes libros: Escritores españoles en los Estados Unidos (Edición de Gerardo Piña. Academia Norteamericana de la lengua española. 2007); Seis narradores españoles en Nueva York (Narrativa; Ed. Dauro,

Granada, 2006); Geometría y angustia (Poetas españoles en Nueva York), edición de Julio Neira. Fundación José Manuel Lara. Sevilla, 2012); Miradas de Nueva York (Ed. Cuadernos de El Vigía, Granada, 2000). 

Foi editor dos siguintes libros: Piel Palabra. Poetas españoles en Nueva York (Ed. Consulado General de España en Nueva York, 2003); Al fin del siglo, 20 poetas hispanos en Nueva York (Ed. Ollantay Press, Nueva York, 1999); Luna y Panorama sobre los rascacielos (Poetas españoles en Nueva York). Consulado General de España en Nueva York, 2019).

Ningún comentario:

Publicar un comentario