23 de maio de 2022

O ROSAL

A Explanada do Horizonte do Rosal recibe o Premio “Gran de Area” de aportación á Arquitectura 

O proxecto xa acadara recoñecemento internacional en 2020 


A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a arquitecta María Fandiño Iglesias recolleron o Premio “Gran de Area 2020-2021” pola obra Explanada do Horizonte

Fotos: C.O.R.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís - á der. da imaxe -, e a arquitecta María Fandiño Iglesias, na gala dos Premios “Gran de Area 2020-2021”


Infogauda / O Rosal

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a arquitecta María Fandiño Iglesias recolleron o Premio “Gran de Area 2020-2021” pola obra Explanada do Horizonte, en Portecelo, un proxecto de revalorización e mellora deste tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo Rosal. 

 Estas obras de acondicionamento de espazos públicos na comarca xa recibiran o premio internacional de arquitectura e natureza “Simonerra Bastelli”. E nesta ocasión, foi o Colexio de Arquitectos de Galicia quen quixo salientar o valor e a calidade desta execución. 

 O acto, que se celebrou no Auditorio Afundación de Vigo, estivo presidido pola decana do COAG, Elena Ampudia, as xuntas directivas das Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense, ademais de representantes políticos e reuniu a un total de 200 persoas. 

 “Este premio é unha mostra máis de que imos polo bo camiño, e recoñece o esforzo e a calidade técnica que o Concello do Rosal está desenvolvendo na súa aposta integral de recoperación dos espazos públicos para as persoas. Estamos moi orgullosos e orgullosas de ter recibido este recoñecemento” sinala a Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.

Ningún comentario:

Publicar un comentario