ATLETISMO
DOUS NOVOS TÍTULOS AUTONÓMICOS PARA A SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA
PRATA PARA MARCELA MORGADO, DE A GUARDA, E BRONCE PARA ANTÍA RODRíGUEZ, DE TOMIÑO
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), de Pontevedra, onte domingo celebrouse o Campionato Xunta de Galicia Sub18 combinadas e individual.
Antía Rodríguez Otero, de Tomiño, competiu en xornada de mañá, na proba de 3.000 ml, na cal parou o crono en 11:39:79, logrando a medalla de bronce de Galicia.
Pola tarde, tocoulle a quenda á súa compañeira de equipo Marcela Morgado Rodríguez, de A Guarda, que participou na proba de 800 ml, facendo un rexistro de 02:25:94 e dese xeito logrou a medalla de prata de Galicia.
Felicidade mozas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario