7 de feb. de 2022

TOMIÑO

A OMIX DE TOMIÑO VISITOU O INSTITUTO ANTÓN ALONSO RÍOS PARA PROMOCIONAR O SEU LABOR ENTRE A MOCIDADE 

A CONCELLEIRA FÁTIMA RODRÍGUEZ ENCABEZOU A  COMITIVA QUE SE ENTREVISTOU COS 600 ESTUDANTES DE ESO, BACHARELATO E CICLOS DE FP 


Alumas e alumnos do IES Antón Alonso Ríos con bolsas de tea sobre o significado da OMIX, serigrafiadas coa creación gañadora de Laura Calvo Calzado, alumna de 1°de Bacharelato

Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade. Para iso, organizou recentemente, entre outras accións, un concurso co fin de plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo o que é a OMIX de Tomiño para a xente usuaria.  

 Nunha xornada de traballo intensa, a pasada semana, unha representación da oficina municipal, encabezada pola concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, achegouse até o IES Antón Alonso Ríos, para falar da OMIX cos case 600 alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP que asisten ao centro educativo.  


Laura Calvo Calzado, é a autora do concurso sobre o significado da OMIX de Tomiño

 A actividade, que contou coa colaboración do claustro docente, aproveitouse ademais para repartir as 600 bolsas de tea sobre o significado da OMIX, serigrafiadas coa creación gañadora de Laura Calvo Calzado, alumna de 1°de Bacharelato.

 Durante a presentación, realizada pola técnica do servizo, Elisabet Pérez De Santiago, deuse acoñecer tamén a programación cultural de primavera chea de posibilidades para a mocidade.  

 “Saímos do IES coa satisfacción de ter realizado un traballo intenso nunha xornada intensa pero marabillosa”, sinala Fátima Rodríguez, que estivo acompañada polos técnicos e o concelleiro Agustín González, o máis novo da corporación.  

 “Falamos da OMIX de Tomino; unha oficina para informar, formar, orientar e asesorar á mocidade que é tamén oficina Eurodesk; entregamos un comic deseñado por Joana Lomba que presenta de xeito ameno o noso servizo para a mocidade, e dimos difusión á nosa programación municipal de primavera, facendo entrega das axendas que recollen toda a oferta de calidade,ademais de repartir bolsas de tea, bolis e chapas”, explica a técnica responsable do servizo.  

 “Detrás deste servizo municipal público e de calidade, destinado á mocidade de 12 a 35 anos, hai horas de moito traballo realizado con emoción, ganas e ilusión. O que nos motiva é crer na mocidade, crear espazos e ofertas formativas e de lecer, fomentar a participación xuvenil. Ser un referente a seguir”, comenta a concelleira. 

TOMIÑO

TOMIÑO ORGANIZA POR 2ª VEZ A MESA REDONDA EN LIÑA “VECIÑAS NA CIENCIA” PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA   

ESTE ANO PARTICIPARÁN CATRO VECIÑAS RELACIONADAS COA BIOLOXÍA, A ENOLOXÍA, A VETERINARIA E A QUÍMICA 




Infogauda/ Tomiño

 O Grupo de Voluntariado Local, formado por mocidade de Tomiño e concellos próximos, organiza novamente, e tras o éxito da pasada edición, a mesa redonda en liña “VECIÑAS NA CIENCIA”.  

 Este ano o evento celebrarase o sábado 12 de febreiro ás 18.00 horas a través do programa Zoom. Contarase coa participación de catro veciñas relacionadas con diferentes disciplinas científicas: Ana Álvarez Vaz, graduada en bioloxía; Alba Martínez Guerreiro, licenciada en enoloxía; Aída González Méndez, veterinaria, e Montse Núñez, química.  

 A través das súas testemuñas tentarán visibilizarán a situación da muller en diferentes ramas científicas, tanto na etapa de formación, como a nivel persoal e laboral. Compartirán coas persoas asistentes as súas experiencias, dificultades e logros nos seus respectivos ámbitos científicos.  

 Dende este luns día 7 de febreiro estará aberta a inscrición ao evento.  As persoas que desexen máis información poden enviar un correo electrónico a voluntariadotomino@gmail.com  

 A ligazón para asistir á mesa redonde en liña, a través de Zoom, é: https://us02web.zoom.us/j/85704100960.  

 Tamén será posible seguir a mesa redonda a través de YouTube, na canle do grupo de voluntariado: https://bit.ly/2Ygxoaj 

OIA

A Xunta de Galicia acomete a mellora de pistas interiores en Mougás, no concello de Oia, cun investimento de 52.000€ 

O delegado territorial, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta actuación, que consistíu no acondicionamento e a reposición do firme no Camiño do Cabezo e a vía de Fabas ao longo de máis de 4.500 m² de superficie

O Goberno galego investíu nos últimos catro anos preto de 450.000 € na mellora de infraestruturas en Oia que beneficiaron a Viladesuso, Santa María, Piniño, A Granxa, Gandarelas, As Amadas, Laxes de Arriba, Mavia e Loureza


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou as actuacións, que consistiron no acondicionamento de dúas vías da parroquia de Mougás, o Camiño do Cabezo e a vía de Fabas

Foto: X.G.


Infogauda / Oia

 A Xunta de Galicia vén de rematar a mellora de pistas interiores na parroquia de Mougás, no Concello de Oia, cun investimento de 52.000 euros que estivo cofinanciado ao abeiro da orde de axudas para a modernización de infraestruturas de uso público.

 Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou esta actuación, que consistíu no acondicionamento de dúas vías desta parroquia, o Camiño do Cabezo e a vía de Fabas, cunha achega de 39.500 euros do executivo autonómico.

 A obra centrouse no acondicionamento xeral das plataformas e na reposición do firme para corrixir o seu deterioro motivado polo paso tempo, as cargas de tráfico e os efectos da climatoloxía. En total, remodeláronse algo máis de 4.500 m² de superficie nestes dous viais.

 “O Concello de Oia conta cunha ampla rede viaria e ademais ten unhas características residenciais e de servizos nas que prima a dispersión, polo que é necesario ter as pistas en boas condicións para favorecer a mobilidade e a vida socioeconómica da súa veciñanza. Deste xeito, a Xunta sempre vai colaborar co desenvolvemento e as necesidades do municipio para favorecer o seu progreso”, explicou o representante autonómico.

 Neste senso, Luis López lembrou que o Goberno galego investíu, nos últimos catro anos, preto de 450.000 euros no Concello de Oia ao abeiro de distintas ordes vencelladas ás infraestruturas, ben de uso público, de ámbito rural ou referentes a humanizacións.

 Con estas achegas, melloráronse vías en Viladesuso, Mougás, Santa María, Mavía, Oia, Piniño, A Granxa, Gandarelas, As Amadas, Laxes de Arriba e Loureza e incluso remodeláronse os vestiarios do campo de fútbol das Tornas.

CAMINHA

Investimento de cerca de 650 mil euros em saneamento 

Permitirá expansão da rede, servindo mais de meio milhar de pessoas 


Foto. C.M. C.

Infogauda / Caminha

 A rede de saneamento do concelho de Caminha vai ser ampliada, através de um investimento global de quase 650 mil euros, beneficiando diretamente as freguesias de Seixas, Venade e Azevedo, Caminha e Vilarelho, Vile e Vila Praia de Âncora. Em causa está a realização de 4.1km de conduta, servindo 158 alojamentos e 552 pessoas. O financiamento - exclusivamente dirigido a entidades gestoras agregadas em regime de parceria entre o Estado e as autarquias locais - foi conseguido através da AdAM – Águas do Alto Minho e do Programa Operacional Competitividade e Internacionalização (COMPETE 2020). 

 A decisão favorável de financiamento para expansão da rede de saneamento no concelho de Caminha foi conhecida no final da última semana. Para o Presidente da Câmara, Miguel Alves, “este investimento permite-nos prosseguir com a política de sustentabilidade e proteção do meio ambiente e recursos naturais, que o Município tem colocado como prioridade”. 

 Recorde-se que este foi um tema focado no período eleitoral, tendo sido então assumido por Miguel Alves como uma das preocupações principais da sua estratégia: “estamos a cumprir já com um compromisso eleitoral que assumimos há pouco mais de quatro meses. O desafio que temos em mãos, é o de levar a rede de saneamento a 90% dos alojamentos do concelho e esta empreitada contribui para que possamos ir consolidando o nosso objetivo”, sublinha o autarca. 

 Como referimos, o investimento global é de € 645.952,00 ((sendo que o financiamento é de €484.000,00) e permitirá a realização de 4.1km de conduta, servindo 158 alojamentos e 552 pessoas. 

 No caso da freguesia de Seixas, as artérias a intervencionar serão a Calçada de Barreiros, Calçada de S. Sebastião, Rua da Quelha, Rua do Corgo, Rua do Crasto e Rua do Cruzeiro. 

 Já na União de Freguesias de Venade e Azevedo as artérias em causa serão a Rua do Coto, Rua do Olheiro, Rua das Fornas e Travessa do Loução. 

 Na União de Freguesias de Caminha e Vilarelho, o investimento vai beneficiar a Rua Nossa Senhora da Encarnação e Rua dos Carvalhos, estando também em causa a requalificação da estação elevatória do Corgo. 

 No que se refere à freguesia de Vile, as artérias abrangidas serão a Rua das Pintoras, Rua do Cortinhal, Rua de Felgueiras e Rua do Pombal. 

 No caso de Vila Praia de Âncora, as artérias envolvidas serão a Rua do Calvário e Beco do Cruzeiro, estando também em causa a requalificação da estação elevatória da Cruz Velha. Além das artérias descritas, o investimento contempla ainda a beneficiação de quatro estações elevatórias. 

 O aviso/convite N.º 05/REACT – EU/2021, que sustentou a candidatura, é inserido no Eixo VII– REACT-EU do Programa Operacional Competitividade e Internacionalização (COMPETE 2020). Trata-se de um instrumento de reforço da Política de Coesão criado pela Comissão Europeia e que visa promover a recuperação da crise e das respetivas consequências sociais, fruto da pandemia COVID-19, bem como a preparação da recuperação ecológica, digital e resiliente da economia.

PONTEVEDRA

O MUSEO DE PONTEVEDRA  RETOMA ESTE VENRES O CONCERTO DE VIOLÍN E PIANO QUE SIMULA A VIAXE DE CASTELAO POR EUROPA EN 1921 A TRAVÉS DA MÚSICA 

A entrada á actuación do ‘Dúo Loura’ é libre ata completar capacidade 


Lourdes Olbés e Raúl Rodríguez, compoñentes do ‘Dúo Loura’
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 Logo do obrigado aprazamento por enfermidade do concerto do ‘Dúo Loura’ hai unhas semanas, o Museo de Pontevedra xa ten nova data para o evento: este venres 11 ás 19.30h no Edificio Castelao. Baseándose nos gustos do artista rianxeiro, Lourdes Olbés e Raúl Rodríguez interpretarán pezas nacionalistas e impresionistas de principios do século XX nunha velada que promete ser moi interesante.  

 A actuación, organizada como complemento á exposición xa finalizada ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, será un percorrido similar ao que protagonizou o rianxeiro polos países do vello continente, pero a través da música. Incluirá pezas de compositores galegos e europeos baixo o título ‘Cadros para unha exposición. Castelao en Europa. A viaxe de 1921’. A entrada é libre ata completar capacidade.    

 A primeira parte incluirá a interpretación de ‘Alborada’ de Pascual Veiga, ‘Rosa de abril’ e ‘Romanza’ de Andrés Gaos, ‘Lonxe da terriña’ e ‘Muiñeira’ de Juan Montes, e ‘Unha noite e os teus ollos’ de Chané. Na segunda parte inclúense pezas como ‘Danza española’ de Granados e ‘Cancións populares españolas n° 3 e 5’ de Manuel de Falla, ‘Sicilienne’ de Gabriel Fauré e ‘Pavane por une infante défunte’ de Maurice Ravel, ademais de ‘Nocturno Vigo’ de Reveriano Soutullo, ‘Cantabile (arr.)’ de Manuel Quiroga e ‘Lela (arr.)’ de Juan Durán.  

 Trátase dunha selección que dá continuidade ao repertorio escollido na inauguración da mostra e da nomenclatura do Edificio Castelao o pasado 2 de decembro, cando o mesmo Dúo Loura interpretou algunhas pezas musicais relacionadas coas vivencias, cavilacións e actividades culturais que o rianxeiro tivo nos nove meses da súa etapa fóra de Galicia en 1921.  

 O Dúo Loura está formado por Lourdes Olvés e Raúl Rodríguez. Lourdes Olbés é violinista e viola gambista e comezou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga con Marina Quintillán e Arquímedes Artal, continuándoos no Conservatorio Superior de Vigo con Mario Peris e Sara Ruiz. Formou parte de numerosas formacións tales como a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, a Orquestra Vigo 430, a Orquestra Filharmónica de Pontevedra, etc. e formouse con numerosos profesores tales como Vicente Cueva, Vittorio Guielmi, Mykolas Pocius, Lei Wang, Ruslan Asanov, entre outros.  

 O pianista Raúl Rodríguez é solista e ao mesmo tempo dedícasae á docencia. No ano 2021 recibiu o Premio Extraordinario Fin de Grado Superior, o primeiro premio do VII Concurso de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o terceiro premio do VI Concurso de Solistas do CSMVigo. Tamén estudou no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra e realizou os estudos Superiores en Vigo con Arabel Moráguez e Nicasio Gradaille. Para finalizar a súa formación cursou en Madrid o Máster Katarina Gurska coa pianista Nino Kereselidze.

REDONDELA

MOBILIZACIÓN PARA RECLAMAR O PAGO DE SALARIOS DO PERSOAL DE SEGURIDADE

Este martes día 8 de febreiro, diante do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela  (Camiño do Gaio, 23, Chapela).


Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela
Foto: CIG

Infogauda / Redondela

 A federación de Servizos da CIG convoca este martes día 8 de febreiro de 2022, entre ás 10:30 e ás 12:00 horas, unha mobilización diante do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela  (Camiño do Gaio, 23, Chapela) para reclamar o pago dos salarios do persoal de seguridade do CAPD, de Redondela, ao que a empresa adxudicataria do servizo neste centro da Xunta, Mersant Vigilancia, aínda non lle abonou as nóminas de decembro de 2021 nin de xaneiro de 2022

CULTURA

ARRANCA A TERCEIRA EDICIÓN DA ESCOLA DE LETRAS COS OBRADOIROS DE INMA LÓPEZ SILVA EN PONTEVEDRA E VIGO 

O Edificio Administrativo en Pontevedra e a sede da Deputación en Vigo acollen as primeiras formacións do curso, que esgotaron as súas 30 prazas en só 3 horas




Infogauda / Pontevedra / Vigo

 30 persoas mergullaranse de pleno a partir desta semana na trepidante viaxe que supón a escritura dunha novela grazas ao arranque da terceira edición da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. A encargada de marcar o punto de inicio desta nova edición da escola será a autora Inma López Silva, que impartirá as primeiras sesións dos seus dous obradoiros literarios en Vigo e Pontevedra a partir deste martes 8 e o xoves 10 de febreiro, respectivamente. A formación da autora continuará os días 15 e 22 de febreiro, 8, 15 e 22 de marzo e 5 e 19 de abril no curso de Vigo (que se celebra na sede da Deputación na cidade) e os días 17 e 24 de febreiro e 3, 10, 17, 24 e 31 de marzo no curso de Pontevedra (desde o Edificio Administrativo, a carón do Pazo provincial).  

 A Escola de Letras non pode comezar de mellor xeito, xa que as prazas para os dous cursos (15 en cada) que comezan estes días esgotáronse en soamente tres horas desde o inicio do prazo de inscrición e contan cunha ampla lista de agarda, o que demostra que existía unha demanda social deste tipo de programas. Este ano a Deputación e Editorial Galaxia, para fomentar unha maior variedade entre o alumnado dos distintos cursos, decidiron mudar o sistema de inscrición na Escola, de xeito que non se poderán solicitar prazas ata un mes antes do inicio de cada curso (os inicios dos prazos serán comunicados convenientemente) a través do correo electrónico escoladeletras@editorialgalaxia.gal. Todos os cursos contan con 15 prazas para ofrecer unha atención máis individualizada e adaptada aos requirimentos do alumnado.  

 A través desta iniciativa, cunha escola pioneira en Galicia e unha das poucas que existen a nivel estatal, impartiranse ao longo de 2022 un total de 6 obradoiros. Súmanse aos dous de Inma López Silva o obradoiro de poesía de Antonio García Teijeiro (26 e 27 de abril en Vigo) e o obradoiro literario de Diego Giráldez (13, 20 e 27 de setembro e 4 e 11 de outubro tamén en Vigo). O seguinte será a gran novidade deste ano, un obradoiro máis xeral e amplo –moi demandado polo alumnado das edicións anteriores– chamado ‘Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…’ impartido por Anna Figueiredo (19 e 26 de setembro, 3, 10, 17 e 24 de outubro e 7 e 14 de novembro en Pontevedra) e, por último, o obradoiro de poesía a cargo de Elvira Ribeiro (18 e 25 de outubro en Pontevedra). Todos os cursos impártense en horario de 18:00 a 20:00 horas coa excepción do de Anna Figueiredo, de 19:00 a 21:00 horas.  

 Ao igual que nos anos anteriores, a Escola de Letras dirixida por Francisco Castro (director xeral de Galaxia) tamén celebrará máster classes para público xeral nas que autoras e autores de prestixio compartirán as súas experiencias arredor da publicación dos seus títulos e a experiencia de escribir. Estas sesións, se as circunstancias o permiten, serán celebradas por primeira vez de xeito presencial. Ademais, ao longo desta edición tamén se publicará a segunda edición das recompilacións “Tes cinco minutos”, que chegará ás librarías co gallo do Día do Libro para amosar a calidade dos exercicios que as alumnas e alumnos da Escola desenvolven durante a súa formación e, tamén en 2022, Galaxia editará a primeira obra dunha alumna da Escola de Letras, pertencente ao xénero fantástico.

BENESTAR

A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar axudas de ata 1.500 euros para estancias en residencias e de 1.000 para o pago dun coidador no fogar dentro da orde de respiro familiar  

O Goberno galego inviste 600.000 euros para facilitar o descanso dos coidadores habituais de persoas dependentes ou con discapacidade

Será posible xustificar estancias temporais desde o 1 de decembro de 2021, ata o 30 de novembro deste ano  

A partir de mañá poderase acceder a esta achega ao presentar a factura do servizo recibido


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá a residencia de DoralResidencias en Mos

Foto: X.G.

Infogauda / Mos

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova orde de Respiro familiar que permite que persoas dependentes ou con discapacidade realicen estancias temporais en residencias que facilitan o descanso dos seus coidadores habituais. A través deste programa, a Xunta de Galicia financiará o 100% da estadía en calquera centro residencial da Comunidade sen límite de tempo e ata un máximo de 1.500 euros; ou achegará un máximo de 1.000 euros para aboar o custe dun coidador no fogar.

 O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá a residencia de DoralResidencias en Mos, que acolleu durante o 2021 estancias temporais de usuarios para facilitar a conciliación e o descanso do coidador. Durante a visita, Fernando González Abeijón explicou que o Goberno galego investirá 600.000 euros nesta nova convocatoria, na que se poderán xustificar estancias temporais desde o 1 de decembro de 2021 ata o 30 de novembro deste ano, sempre e cando se conte co correspondente informe do traballador social que acredite as circunstancias de cada caso.

 O principal obxectivo é facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos coidadores. Poderase acceder á axuda sempre que a persoa ou persoas que atende sexan residentes na Comunidade. Ademais, a persoa á que atende deberá recoñecido un grao II ou III de dependencia, ou ben ter acreditado mediante informe médico e social a necesidade axuda de terceiros para actividades da vida diaria.

OPINIÓN

Ante la estafa del Gobierno PSOE-IU/Podemos: Plan de lucha unitario para imponer las derogaciones de las Reformas Laborales 



  

Lucha Internacionalista 

 Una de las promesas estrella del Gobierno PSOE-IU/Podemos, la Reforma Laboral, con Yolanda Díaz del PCE como protagonista, se convierte en una estafa a la clase trabajadora. En plena pandemia de cierres de empresas, es más que necesario detener la discrecionalidad con la que la patronal despide, modifica condiciones, precariza y subcontrata. Cuando más necesaria era la derogación de la reforma del 2012, nada sustancial se toca en la ley que propone el “gobierno progresista”. La CEOE firma el acuerdo, la FAES de Aznar lo aplaude, y el propio Rajoy considera que sólo se hacen unos "mínimos retoques".  

 Pero la traición al movimiento obrero no es sólo responsabilidad del gobierno español, sino que tiene el aval de las direcciones de CCOO y UGT, que también habían asegurado que exigirían categóricamente la derogación. No es la primera medida de este gobierno que se vuelve contra las reivindicaciones obreras y populares con la firma de las direcciones sindicales mayoritarias: la miserable subida del SMI, el Icetazo, el avance en la privatización de las pensiones, ahora el recorte del poder adquisitivo de pensionistas y trabajadores/as públicos, mientras se dispone a entregar buena parte de los fondos europeos a las grandes empresas, y ni siquiera regula el precio de la luz. Para pagar los servicios prestados a las direcciones de CCOO y UGT, el gobierno ha subido las subvenciones el 93’2% en dos años y ha incluido partidas para la renovación de las sedes sindicales en los fondos europeos. 

 La lucha por derogar la reforma laboral de 2012 (y otras como la de 2010), exige un esfuerzo unitario del sindicalismo combativo, partidos y movimientos. Es a la vez la oportunidad de construir el sindicalismo combativo, que ya ha tenido una fuerte incidencia en movilizaciones y huelgas que han salido adelante pese a la oposición de CCOO y UGT: interinas 28 octubre, en el metal de Cádiz o el 8 de marzo. Lo mismo ocurre con la fuerza de la Marea Pensionista y la COESPE, también en oposición a los acuerdos sociales de CCOO y UGT y al Pacto de Toledo. 

 El papel de Yolanda Díaz en esta estafa define perfectamente el contenido de la nueva refundación que preparan del espacio del PCE-IU-Podemos, que ya comienzan a llamar Frente Amplio: será una nueva frustración para los sectores obreros y populares. Por eso, es urgente generar espacios de confluencia a la izquierda de IU/Podemos, desde la denuncia de la represión contra el movimiento obrero y popular, desde las luchas por las condiciones de vida y de trabajo, desde la defensa del derecho de autodeterminación y por una federación de repúblicas de la clase trabajadora. Por un plan obrero de medidas que son urgentes es necesario un acuerdo entre organizaciones sindicales y políticas y movimientos sociales para construir la huelga general. Es necesaria una doble ruptura: con el régimen del 78 y con el capitalismo. Sin una alternativa a la izquierda del gobierno actual, la llegada del PP y Vox al Gobierno es sólo es cuestión de tiempo. 

Plan de lucha por la derogación de la reforma laboral. Hacia la huelga general. 

 ¿Qué dice la reforma? [Extractos del artículo de Contrarreforma laboral: mantenimiento de una realidad precaria para la clase trabajadora. Vidal Aragonés, 12 de enero de 2022. Lucha Internacionalista n. 177 (1) ] 

 El RD-L 32/2021 no deroga ninguno de los contenidos de la contrarreforma laboral del PP… 

 Despidos: se mantienen las causas, la reducción de indemnización a 33 días año topado a 24 mesadas (y no los históricos 45/24), la eliminación de los salarios de tramitación y la no necesidad de autorización administrativa por los despidos colectivos. Así despedir es fácil, con pocas garantías y de bajo coste para las empresas. Éste es el principal factor de la inestabilidad laboral, a través del cual se articula la precariedad laboral y se está consolidando una clase trabajadora atomizada y debilitada. 

 Modificaciones sustanciales de condiciones: (art. 41 del Estatuto de los Trabajadores), se podrán seguir modificando individual y colectivamente casi todas las condiciones de trabajo. Respecto a la negociación colectiva, son ligeros los cambios. Por un lado, no es cierto que se derogue la "no ultraactividad" de los convenios, se modifica introduciendo que transcurrido 1 año desde la denuncia, habrá sumisión a los procedimientos de mediación regulados en los acuerdos interprofesionales y agotados los mismos permite mantener ultraactividad. Por otra parte, tampoco deroga la preferencia del convenio de empresa respecto al sector. Elimina ésta únicamente en lo que respecta al salario, pero la mantiene en horario, distribución del tiempo, régimen a turnos, clasificación, compensación de horas extras, etc. 

 Subcontratación: fue una de las materias que más se había prometido a los colectivos afectados que se limitaría. Nada de esto ha pasado, ninguna nueva limitación a las subcontratas de obra y servicio, simples cambios de redactado. Puede ser positivo un nuevo régimen de aplicación de convenio: que sea aplicable el convenio de sector de la actividad desarrollada, pero si existe convenio de empresa será éste el que se aplicará. No sólo puede provocar mucha litigiosidad para interpretar la norma, sino que la misma ya da una alternativa que puede ser precarizadora: firmar convenio de empresa. 

 Precariedad: En los últimos años, entre el 75% y el 85% de los contratos temporales tenían una duración no superior a 90 días: se está desregulando y facilitando la contratación temporal para esa situación que es la mayoritaria. Aparte se permite para la sustitución de las vacaciones este contrato (lo que hasta ahora el Tribunal Supremo había declarado no ajustado a derecho). Se mejora la limitación respecto al encadenamiento, a partir de ahora de 18 meses en 24, antes de 24 en 30, ha sido poco efectivo, más allá de alguna campaña de la Inspección de Trabajo. Todo esto nos lleva a hacer una reflexión global sobre temporalidad, rotación e inestabilidad. El RD-L 32/2021 puede rebajar algunos puntos los niveles de contratación temporal, pero no la rotación y la inestabilidad laboral. Lo determinante para la estabilidad laboral son las garantías ante la extinción y el coste para la empresa: esto se mantiene igual (fácil y barato). Esta contrarreforma desregula y precariza los contratos temporales hasta 90 días, los más utilizados, precariza los contratos de interinidad y amplía los supuestos de contratación a tiempo parcial (contrato de formación). 

 Obra y servicio. Se elimina el histórico contrato de obra y servicio. Eso sí, en el sector de la construcción se genera un contrato formalmente indefinido (para sustituir el fijo de obra) pero que en la práctica es temporal al poderse extinguir sino hay recolocación, con una indemnización que será del 7% de las retribuciones. ERTO’s. Se reduce el período de consultas, se facilitan las prórrogas y se abre una nueva modalidad, generalizándolos. Parece que se apueste por reducir el riesgo empresarial y asumirlo con dinero público. 

 La campaña propagandística de situar al RD-L 32/2021 como una «victoria parcial» debería explicarnos ¿dónde está en la nueva regulación del contrato a tiempo parcial, en la de circunstancias para cubrir vacaciones y hasta 90 días con causas previsibles, en el de sustitución, en que las ETT’s puedan hacer contratos fijos discontinuos, en que el contrato a tiempo parcial se pueda utilizar en los contratos formativos? Peor que haber renunciado a construir mayorías políticas y sociales en las instituciones, calles y centros de trabajo, es no trasladar la verdad. 

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA TENDE A MAN AOS CONCELLOS DA PROVINCIA PARA CUMPRIR AS “ESIXENCIAS RADICAIS” DAS NOVAS LEIS DE RESIDUOS E ACADAR OS OBXECTIVOS DE RECICLAXE   

A nova normativa obriga a separar residuos en orixe con obxectivos inminentes e baixo ameaza de sanción, impón a creación de corpos municipais de inspección, e esixe a recollida e traslado de datos á Xunta 


César Mosquera, vicepresidente de Deputación de Pontevedra, na rolda de prensa de hoxe

Foto: Rafa Estévez

Infogauda / Pontevedra  

 O novo marco lexislativo sobre residuos supón “unha auténtica revolución” que impón aos concellos “esixencias radicais” baixo ameaza de sanción. Así o anunciou hoxe o vicepresidente César Mosquera quen anunciou que, ante os importantes e urxentes requirimentos que deben facer fronte os gobernos locais, a Deputación de Pontevedra vai tender novamente a man aos concellos da provincia para que a través do Revitaliza vaian “polo camiño que marca a lei”: haberá novas liñas de axudas, darase asesoramento, e ofertarase incluso a creación dun corpo de control e inspección provincial.   

 O vicepresidente Mosquera vén de convocar unha reunión cos concellos da provincia para este mércores na que explicará todos os cambios da lexislación. Segundo dixo, o novo marco normativo derivado da directiva da UE de 2018, a lei galega de 2021 e a nova lei estatal que está en tramitación no Senado supón un novo enfoque e require tomar decisións ao respecto.  

 A “fase de buenismo” na que se pretendía acadar obxectivos de reciclaxe a través de accións voluntarias con tratamentos máis ecolóxicos acabouse, segundo dixo Mosquera,  e éntrase nunha fase de resultados na que se marcan obrigas claras. Para os concellos isto suporá que de maneira inminente haberá novas esixencias: obriga de cumprir obxectivos de separación e preparación para a reciclaxe; obriga normativa de ter ordenanzas de xestión, servizo e económicas; obriga dun corpo de inspección e control municipal; e obriga de recollida de información e traslado á Xunta de Galicia.   

 Os prazos para cumprir cos obxectivos de reciclaxe, lembrou Mosquera, están vencidos xa, posto que en xuño de 2020 era obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos, en 2025 esixirase reciclar o 55%, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais distan moito na realidade ,xa que a provincia apenas chega ao 15%, Galicia está entre o 12 e o 13%, e o Estado alcanza o 15-16%. Os únicos municipios que se aproximaron a cumprir no Estado– con arredor do 40% de reciclaxe- foron varios concellos Revitaliza (Vilaboa, As Neves, Mondariz e Mondariz Balneario) que quedaron ás portas polas dificultades da COVID.   

 As sancións están aí, destacou tamén o nacionalista, subliñando que xa hai abertas moitas dilixencias informativas e expedientes a comunidades como Asturias ou Canarias, que deben facer fronte a peticións de 35 millóns de euros de multas máis 6 millóns de euros anuais por cada exercicio que non cumpran coa reciclaxe. “Hai un réxime sancionador que recaerá sobre as comunidades autónomas e moi probablemente rebotará nos concellos. Hai que poñer mans á obra”, destacou Mosquera.   

 Para facer fronte á situación a Deputación está disposta novamente a dar instrumentos que faciliten cumprir os requirimentos. Segundo adiantou Mosquera, ofertaranse aos concellos liñas de axudas para a elaboración de novas normativas de residuos, cuxa primeira edición foi outorgada este mes. Tamén se ofrecerá que a Deputación sexa a responsable de transmitir a información local sobre os residuos de cada concello á Xunta.  

 Así mesmo, cabe a posibilidade de crear un corpo de inspección de residuos provincial que dea servizo aos municipios, xa que ningún conta cun corpo de funcionarios de carreira que poida facerse cargo do control da xestión e o tratamento do lixo. Finalmente, está previsto abrir unha nova liña de subvencións co matiz de estar vencellada ao cumprimento de obxectivos de reciclaxe.   

 “O mércores imos propoñer todo isto aos concellos para saber se queren ir por aí. Os que queiran sumarse, adiante. Os máis avanzados van ter toda axuda e soporte na Deputación”, finalizou Mosquera. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Câmara Municipal apoia Orçamento Participativo do Agrupamento de Escolas de Valdevez 

Atribuindo um valor de 1.795,00€, igual ao do Ministério da Educação




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara atribuiu um apoio financeiro ao Agrupamento de Escolas de Valdevez, para colaborar com o Orçamento Participativo da Escola deste ano, atribuindo um valor de 1.795,00€, igual ao do Ministério da Educação. 

 O Orçamento Participativo da Escola envolve os alunos do 3º ciclo do ensino básico e ensino secundário, com várias etapas, que abrange os três centros escolares arcuenses, e que garante aos estudantes a possibilidade de participarem, de acordo com as suas ideias, preferências e vontades, no desenvolvimento de um projeto que contribua para a melhoria da sua escola. 

 Nesta edição, os alunos devem apresentar propostas que relevem para Inclusão e Bem-estar, com ações específicas que fomentem a inclusão de todos, mas sobretudo dos alunos mais vulneráveis e mais afetados pela pandemia. Os vencedores têm de ser conhecidos até ao final do mês de março e as propostas têm de estar executadas até ao final do ano de 2022. 

 Ao apoiar o Orçamento Participativo da Escola, a Câmara Municipal está a impulsionar a participação democrática dos estudantes, valorizando as suas opiniões e a sua capacidade argumentativa, de reflexão e de mobilização coletiva, e a reforçar a gestão democrática das escolas, estimulando a participação dos estudantes.

ARCOS DE VALDEVEZ

600 mil euros para apoiar as Juntas de Freguesia de Arcos de Valdevez 


Espaço cidadão
Foto: C.M.A. de V.

 

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal aprovou protocolos no valor global de 599.192,00€ com 14 Juntas de Freguesia e Uniões de Freguesias.  

 Estas verbas serão aplicadas na realização de obras de beneficiação nestas localidades, bem como na manutenção da rede viária vicinal. Estes apoios tiveram um aumento relativamente ao ano de 2021. Naquilo que toca às limpezas e conservação de caminhos vicinais, através deste protocolo, está previsto que as Juntas de Freguesia realizem duas limpezas anuais de bermas e valetas das vias, incluindo ceifa e limpeza dos respetivos aquedutos e sarjetas. 

 A Câmara Municipal mantém estas parcerias com as Juntas de Freguesia porque permitem assegurar um melhor serviço público de proximidade e contribuem para o desenvolvimento e melhoria da qualidade de vida de todos arcuenses. 

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, LOGROU O CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS 2022

Na categoría Sub-16 masculina 




Informa: Sociedade Atlética do Trega 

 Na mañá do domingo 6 de febreiro o circuíto da praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal (A Coruña), acolleu os mellores especialistas de cros federado desprazados de todos os puntos da xeografía galega para disputar os seus respectivos campionatos de menores Sub-16 e Sub-18, onde o atleta máis destacado da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), foi Álex Sierpes Pereira. O atleta guardés percorreu unha distancia de 2.500 m aproximadamente, e impoñendo o seu talento, rompeu as estatísticas da Federación Galega de Atletismo, onde a priori non o prognosticaban no cartel de claro favorito na proba de cadete masculino, entrando sorprendentemente en meta, en primeiro lugar, cun tempo de 8´35", crebando os comentarios do foro atlético galego. 

 Dese xeito, con desenvoltura, o atleta guardés Álex Sierpes Pereira non se engurrou no seu debut, no XV Campionato de Galicia de Campo a través, conseguindo o título de campión de Galicia 2022 na categoría sub-16 masculina.

 Quedou perfectamente acreditado que o noso plusmarquista galego e nacional de pista, non se deixa subestimar e da mostras de como florece día a día o seu estado de forma, recollendo de novo os froitos do bo traballo invernal que fixo durante os meses de pretemporada de cros, previos a esta competición, deixando alto e claro que tamén é un bo especialista no campo a través. 

 Felicidades Álex!