TOMIÑO ORGANIZA POR 2ª VEZ A MESA REDONDA EN LIÑA “VECIÑAS NA CIENCIA” PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
ESTE ANO PARTICIPARÁN CATRO VECIÑAS RELACIONADAS COA BIOLOXÍA, A ENOLOXÍA, A VETERINARIA E A QUÍMICA
Infogauda/ Tomiño
O Grupo de Voluntariado Local, formado por mocidade de Tomiño e concellos próximos, organiza novamente, e tras o éxito da pasada edición, a mesa redonda en liña “VECIÑAS NA CIENCIA”.
Este ano o evento celebrarase o sábado 12 de febreiro ás 18.00 horas a través do programa Zoom. Contarase coa participación de catro veciñas relacionadas con diferentes disciplinas científicas: Ana Álvarez Vaz, graduada en bioloxía; Alba Martínez Guerreiro, licenciada en enoloxía; Aída González Méndez, veterinaria, e Montse Núñez, química.
A través das súas testemuñas tentarán visibilizarán a situación da muller en diferentes ramas científicas, tanto na etapa de formación, como a nivel persoal e laboral. Compartirán coas persoas asistentes as súas experiencias, dificultades e logros nos seus respectivos ámbitos científicos.
Dende este luns día 7 de febreiro estará aberta a inscrición ao evento. As persoas que desexen máis información poden enviar un correo electrónico a voluntariadotomino@gmail.com
A ligazón para asistir á mesa redonde en liña, a través de Zoom, é: https://us02web.zoom.us/j/85704100960.
Tamén será posible seguir a mesa redonda a través de YouTube, na canle do grupo de voluntariado: https://bit.ly/2Ygxoaj
Ningún comentario:
Publicar un comentario