7 de feb. de 2022

REDONDELA

MOBILIZACIÓN PARA RECLAMAR O PAGO DE SALARIOS DO PERSOAL DE SEGURIDADE

Este martes día 8 de febreiro, diante do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela  (Camiño do Gaio, 23, Chapela).


Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela
Foto: CIG

Infogauda / Redondela

 A federación de Servizos da CIG convoca este martes día 8 de febreiro de 2022, entre ás 10:30 e ás 12:00 horas, unha mobilización diante do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela  (Camiño do Gaio, 23, Chapela) para reclamar o pago dos salarios do persoal de seguridade do CAPD, de Redondela, ao que a empresa adxudicataria do servizo neste centro da Xunta, Mersant Vigilancia, aínda non lle abonou as nóminas de decembro de 2021 nin de xaneiro de 2022

Ningún comentario:

Publicar un comentario