22 de xul. de 2020

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS INSTA AO GRUPO DE GOBERNO A QUE ACTÚE 

· E deixe de “mirar para outro lado”

A imaxe reflicte o lamentable "espectáculo" que pode presenciarse na rúa Transversal Candeira, en pleno centro da vila
Foto: C.G.


Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe recibimos da Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, copia do escrito que o concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas, vén de presentar, e no cal di o seguinte:

SUCIEDADE E ABANDONO POR TÓDALAS RÚAS  

 Camiñar por calquer rúa do noso pobo, é atopar cada pouco, mostras de deixadez e abandono no que está sumido, sin que o Grupo de Goberno Municipal do PSdeG-PSOE, tome ningunha medida para cambiar a situación. ¿Nesta situación, podemos presumir que somos de “Excelencia Turística”? Posiblemente no papel, si, na realidade, que cada un saque as súas conclusións.

 Rúas nas que o lixo, manchas de bebidas, restos de comida, e “outras maravillas”, se atopan e cada vez en maior cantidade. 

 Sabemos, que hai moito incívico, pero tamén sabemos como algúns reaccionan cando se lles “rasca” o bolso. Non pode ser que soio teñamos axentes da Policía Local para sancionar coches mal aparcados, que tamén hai que “saludar”, pero sería interesante coñecer, cantas sancións se teñen imposto o longo do pasado ano, ou no que vai deste a aquelas persoas que levan a pasear ao “mellor amigo do ser humano” e nos deixa “saúdos” polas rúas. ¿Será que estes “espectáculos” somentes os vexamos os veciños e nunca un axente? ¿Cantas sancións se puxeron a aqueles que en Secundino Melón, permanentemente orinan e defecan nas fíns de semana. Bueno, temos que decir que a “área” de “potear” é máis ampla…, e así poderíamos transmitir moitas máis queixas, pero... po caso que fan. 

 Nún entronque entre a nosa rúa principal e un dos transversais máis concurridos como é Constantino Candeira, vemos dende fai días, “aparte do exército” de moscas que acuden a “alimentarse” atopamos con este regueiro de “detritus” da descomposición dos restos sólidos depositados nún contenedor, que ten toda a pinta que está perforado e que debe levar moito tempo sen que o laven e desinfecten, polo que os “cheiros” son moi fortes. 

 Para que quede constancia deste feito, e o Grupo de Goberno do PSOE, imparta as ordes oportunas para que procedan a sustituilo e arranxalo, o mesmo tempo que desinfectar e lavan o lugar. 

 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, acompañamos varias fotografías que dan fé do que acontece neste e noutros lugares do noso pobo, ante a postura complaciente e “mirar para outro lado” que practican quenes rixen e non dirixen a esta vila abandonada da man de Deus. 

 A Guarda, a 22 de xullo do 2020     

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA       

Sr. Alcalde-Presidente  CONCELLO DE A GUARDA

O BAIXO MIÑO

A Mancomunidade Intermunicipa do Baixo Miño da luz verde á licitación do Servizo de Atención Temperá da comarca  

· A reunión celebrouse esta mañá no Concello de Tomiño, municipio que albergará as instalacións do devandito servizo  


A xuntanza da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño celebrouse este mércores no salón de plenos do Concello de Tomiño
Foto: C.T.


 Infogauda / Tomiño

 A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, constituída polos concellos de A Guarda, O Rosal, Tui e Tomiño, deu luz verde á creación da Unidade de Atención Temperá da comarca, cunha xuntanza celebrada no Concello de Tomiño esta mañá, na que aprobaron os pregos de condicións para a licitacióndo servizo; un servizo que permitirá ás familias con menores con dificultades de aprendizaxe, ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse a Vigo.  

 A subvención achegada pola Xunta de Galicia e polos propios concellos permitirá contratar a tres profesionais dos campos da psicopedagoxía, psicoloxía e logopedia, que atenderán a familias con fillos ou fillas de entre 0 e 6 anos que precisen pautas e estratexias que promovan a súa normalización.  

 “Entendemos que a estimulación temperá permite detectar e traballar de maneira coordenada e integrada coa familia, facer as derivacións oportunas e dotar dos recursos necesarios, para evitar custosos desprazamentos que son moi gravosos para as familias con menos recursos”, explican dende o Servizo de Educación e Apoio Familiar de Tomiño, que foi o redactor do proxecto para a mancomunidade.  

 O proxecto alcanzará á Comarca do Baixo Miño -aínda que a unidade estará situada en Tomiño-, que conta cunha poboación total de 48.175 habitantes e 2.035 menores de 6 anos. Dentro da franxa de idade dos 0 aos 6 anos, segundo os datos facilitados, aproximadamente un 10% dos menores desta franxa de idade padecen dalgunha patoloxía do tipo T.E.A., problemas de dicción, foniatría ou TDHA.

A GUARDA

O Concello continúa a embelecer con murais pintados, diferentes espazos públicos do municipio

· A deseñadora Tamara Baz, está realizando un novo mural na praia de Fedorento
 
Tamara Baz Alonso, deseñadora guardesa, amosando seu proxecto mural para á praia de Fedorento (A Guarda)
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Dentro do proxecto “Recunchos con Arte”, unha iniciativa na que xa se teñen realizado outras actuacións como o pintado do contradique de Punta Xenete, no porto de A Guarda, onde os artistas  Nuria Villa Vicente, de San Xoán de Tabagón (O Rosal) e Alberto Álvarez Brandón, de O Rosal (Nuvi & éxfico), coa colaboración de varios veciños da localidade, desenvolveron a proposta “A Guarda escrita nas Estrelas”, ou no Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, onde Tamara Baz Alonso, de A Guarda, pintou varios murais relacionados coa arte da Música; a pasada semana comezou o novo pintado do muro da praia de Fedorento. Esta proposta é unha das intervencións artísticas que se van realizar este ano e que debido a situación de emerxencia sanitaria houbo que ir atrasando. 

 Logo dunha limpeza previa, por parte de Lis Fajar Alonso, empregado municipal, e de varios días de traballo de Tamara Baz Alonso; xa se poden contemplar - ainda que a obra está pendente de rematar - algúns dos motivos do mundo mariño, que a artista guardesa presenta nesta nova obra da súa autoría. 


Vista parcial do mural que está pintando Tamara Baz na praia de Fedorento


 No deseño, plasmado nunha superficie vertical duns 40 m2, destacan a figura de Anfitrite - deusa do mar tranquilo e consorte de Poseidón, segundo a mitoloxía grega -, que provista dun tridente vai axitando as ondas, nun carro tirado por un cabalo, en cuxa cabeza presenta un par de cornos. Tamén hai vistosas criaturas mariñas, que locen vivas cores

 Nos últimos anos o Equipo de Goberno do Concello de A Guarda apostou polo embelecemento de espazos da localidade, con diferentes intervencións artísticas enmarcadas dentro dun proxecto global denominado “Recunchos con Arte”. Algunhas desas intervencións foron executadas por artistas locais e outras coa colaboración de estudantes ou asociacións da vila. 

  A arte mural tamén formou parte da programación de eventos como a Festa da Langosta ou o multicultural Galifornia Beat. Debido a súa cancelación por causa da pandemia do Covid-19, o executivo local acordou encomendar varias intervencións artísticas para apoiar os artistas locais e mellorar a imaxe dos espazos de lecer públicos e ao mesmo tempo para que sirvan de atractivo turístico.

O ROSAL

O Rosal celebrará as festas do Pilar con música e un espectáculo para toda a familia 

· Tanxarina Teatro chegará co seu ‘Titiricircus’ o venres 24 (20 h), mentres que o sábado 25 será a quenda do concerto de O Sonoro Maxín (22h).   

· Acollerá tamén a primeira actuación da banda da Agrupación Musical do Rosal ao completo, tras a crise sanitaria  

· Actividades de entrada libre ata completar aforo   




Infogauda / O Rosal

 O Rosal celebrará este 24 e 25 de xullo as súas tradicionais festas na honra da Virxe do Pilar cunha programación cultural na Praza do Calvario, onde a música e o entretemento para toda a familia serán os grandes protagonistas. Así, as festas comezarán este mesmo venres 24 de xullo con Tanxarina Teatro e o seu ‘Titiricircus(20.00 h). Un espectáculo de marionetas de fío que transportará ao público ás tardes de circo a través de distintas personaxes que van recordando as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo...  

 Tras o circo de Tanxarina, a Praza do Calvario deixará espazo para a proxección de ‘O que arde’ (22.00 h), un filme de Oliver Laxe, galardoado con dous premios Goya que se desenvolve nunha zona rural de Galicia e que aborda o problema da desaparición do medio rural a causa dos incendios forestais. 

 O sábado 25 de xullo será a xornada musical das festas do Pilar. O día comezará coa actuación ás 13.00 horas da primeira actuación da banda da Agrupación Musical do Rosal ao completo tras a crise sanitaria. Será un concerto curto no que os seus máis de 70 músicos estarán de pé, gardando a distancia interpersoal de seguridade e na que todos e todas as integrantes da banda farán un esforzo por deleitar coa súa música ao público, xa que o elevado número de compoñentes dificulta atopar escenarios nos que poidan tocar. Dende o Concello quérese agradecer á Agrupación Musical este detalle de agarimo co seu público. 

 Xa pola noite será a quenda do concerto de O Sonoro Maxín (22.00 h). O grupo naceu no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, e dende entón percorreron toda a xeografía galega con concertos nos que compartiron escenario con músicos como Manu& Radio Bemba Sound System, Shantel&Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone. 

 Todas estas actividades serán de entrada libre ata completar aforo. Estableceranse ademais todos os protocolos sanitarios de prevención, mantendo unha entrada e saída diferenciadas do recinto no que se celebre, colocando cadeiras para o público separadas pola distancia de seguridade establecida polas autoridades sanitarias, desinfectando as cadeiras antes de cada evento e colocando xel hidroalcohólico na entrada.

TOMIÑO

Concelleiros do Equipo de Goberno de Tomiño visitaron a depuradora de Coristanco (A Coruña) 

Para coñecer novas alternativas de baixo impacto ambiental  

O Concello de Tomiño segue investigando novas alternativas de baixo impacto ambiental para incrementar a capacidade de depuración e a rede de saneamento
  

Concelleiras/os do Equipo de Goberno de Tomiño visitaron á depuradora de augas do municipio de Coristanco
Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 Catro concelleiros e concelleiras do Equipo de Goberno de Tomiño, entre eles, os de Servizos Públicos e Medio Ambiente, realizaron unha visita á depuradora de augas do municipio de Coristanco, na provincia da Coruña, o pasado día 17 de xullo.  

 Acompañados por un técnico de medio ambiente do Concello, foron guiados polo xefe de sección da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade Jean-Pierre Blanco, a través das instalacións deste sistema de depuración de baixo impacto.  

 A depuradora consiste basicamente nun sistema de tres lagoas en liña nas que se plantaron sobre un sostén de plástico biodegradable, unha serie de plantas cuxas raíces aseguran osíxeno e un espazo para que bacterias sobrevivan e dixiran a carga contaminante da auga, vertendo logo auga limpa a un regato próximo, cun custo enerxético moi baixo.  

 “Desta maneira o Concello sigue investigando novas alternativas de baixo impacto ambiental para incrementar a capacidade de depuración e a rede de saneamento, dando alternativas aos veciños e veciñas que utilizan solucións de depuración unifamiliares, coma son as fosas sépticas”, explica o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.

TUI

O BNG de Tui defende a ubicación do mercado dos xoves no centro da cidade

Vista parcial dos membros da Corporación Municipal do Concello de Tui, no pleno extraordinario celebrado no día de onte, a petición dos grupos da oposición



Infogauda / Tui

 No pleno extraordinario celebrado onte a portavoz municipal do BNG no Concello de Tui, Carmen Núñez, acusou ao goberno municipal “de saltarse a mesma ordenanza que obriga a cumprir aos vendedores baixo a ameaza de retirarlles as licenzas. A ubicación do mercado é competencia plenaria pero o goberno municipal utilizou a desculpa da seguridade pola Covid 19 para trasladar o mercado, sen acadar aprobación plenaria e comprometéndose ante os ambulantes a reubicalo en caso de non dar resultado nesta nova localización. Onte afirmou no pleno que a súa intención é que esta ubicación sexa definitiva.  

 Para o BNG o goberno local mostra as mesmas formas impositivas e pouco dialogantes que criticaba do anterior goberno cando era oposición. Esta forma de actuar autoritaria e pouco democrática, negándose por unha parte a valorar outras localizacións alternativas, que permitirían cumprir as normas de seguridade necesarias pola Covid-19 e que permitirían manter o mercado no casco urbano, favorecendo así a hostelería e o comercio local

 Asemade os concelleiros do Grupo Municipal do BNG acusan ao goberno municipal de negarse a debatir en pleno o asunto, forzando a solicitude de pleno extraordinario por parte dos grupos da oposición. Neste sentido o BNG defende manter o mercado na súa anterior ubicación, extendéndoo á rúa Augusto González Besada, facéndoa peonil os xoves, o cal sería unha verdadeira humanización, e permitiría unificar todos os espazos que anteriormente ocupaba o mercado. Ademais - engade Carme Núñez - esta proposta podería supor unha ubicación definitiva, toda vez que o lugar agora determinado polo goberno local será forzosamente de carácter transitorio ó non ser os terrenos de titularidade municipal.

INTERNACIONAL

Argentina: el Frente de Izquierda-Unidad convoca a la Conferencia virtual Latinoamericana y de los EE.UU los días 30, 31 de julio y 1 de agosto



·         Que la crisis la paguen los capitalistas
·         Fuera el imperialismo de América Latina
·         Fuera el FMI, no pago de las deudas externas
·         Vivan las luchas obreras y de la juventud precarizada. Ni despidos ni rebajas salariales. Abajo el racismo, la violencia y represión policial.
·         Por una salida de las y los trabajadores ante la pandemia y la crisis capitalista
Los partidos del Frente de Izquierda-Unidad de la Argentina hemos decidido realizar una Conferencia virtual Latinoamericana y de los EE.UU. el próximo 1° de agosto. La Conferencia será precedida por tres mesas-debate, que se realizarán los días 30 y 31 de julio. Esta Conferencia retoma la iniciativa acordada a principios de año por los partidos del FIT-U y que fuera suspendida como consecuencia de la crisis pandémica. En esta oportunidad, dado el proceso de rebelión desatado en EE.UU., la Conferencia acogerá también a organizaciones de lucha de Norteamérica.

Las bases políticas y programáticas sobre las cuales reconvocamos a esta Conferencia están plasmadas en la declaración “Un nuevo escenario en Latinoamérica y la necesidad de una salida socialista y revolucionaria”, en el texto “La Conferencia Latinoamericana convocada por el FIT-U se posterga”, en la “Declaración del FIT-U por el Día Internacional de los Trabajadores”, y en el presente texto. Allí están expresados los importantes acuerdos así como los matices y diferencias que tenemos entre las organizaciones convocantes.

El nuevo cuadro creado le otorga a la iniciativa continental impulsada por los partidos del FIT-U una renovada actualidad. La rebelión en Estados Unidos, que ha conmovido el planeta y acorrala a Donald Trump, impacta favorablemente en las masas del mundo generando acciones de solidaridad y condiciona el escenario internacional. La indignación y el repudio contra la violencia policial y el racismo que estallaron ante el brutal asesinato de George Floyd, empalman con el creciente descontento y desesperación de las masas, por el efecto combinado de la pandemia y una profunda recesión. El impacto de la mayor crisis capitalista en los Estados Unidos llevó a que, en solo 16 semanas, casi 49 millones de trabajadores solicitaran seguro de desempleo. Los bajos salarios y un sistema sanitario arancelado empuja a la muerte a los homeless, a los desocupados, a los trabajadores precarios e informales. Todo esto ha sido el caldo de cultivo de la gran rebelión popular que allí tiene lugar. El Partido Demócrata intenta desviar este imponente movimiento de protesta hacia el voto por Joe Biden en las elecciones de noviembre, el candidato del establishment, para evitar que se radicalice. La rebelión no sólo representa un descomunal golpe al gobierno de Trump, sino que también pone las barbas en remojo de todos los gobiernos latinoamericanos que de una u otra manera tributan al imperialismo yanqui, y es una convocatoria a la acción y a lucha a todos los pueblos del subcontinente.

La pandemia ha puesto de relieve el antagonismo existente entre la salud y la vida de las y los trabajadores y mayorías populares, por un lado, y el sistema capitalista, por el otro. Los rescates multimillonarios han privilegiado el salvataje del capital. El auxilio económico a la población ha quedado reducido a una proporción marginal. El mundo ha enfrentado el coronavirus con sistemas de salud vaciados y deteriorados, víctimas de drásticos recortes como resultado de años de ajuste aplicados por todos los gobiernos, a la par que permiten y alientan la continuidad del lucro de la salud privada. Lo que se ha priorizado en medio de la pandemia son las ganancias capitalistas, forzando a los trabajadores a continuar con la producción, con total desprecio por sus vidas y su integridad física. Esto se agrava en América Latina donde las condiciones de pobreza y carencias extremas crean un campo fértil para la propagación del virus, que viene haciendo estragos en los barrios populares. El estallido del coronavirus ha agravado una crisis capitalista que ya era previa. El mundo marcha a una depresión, sólo comparable con la posterior al crack del 29. La OIT ya habla de 480 millones de desocupados. El rescate a los grandes empresarios, bancos y multinacionales pretende ser financiado con más ajuste, despidos, miseria creciente, desigualdad social y desastre ambiental sin precedentes.

Estamos frente a una crisis de fondo del capitalismo que hunde sus raíces en la Gran Recesión de 2008. Amplios sectores de trabajadores y la juventud en todo el mundo empiezan a sacar la conclusión de que este sistema no va más. El nuevo ciclo especulativo que siguió a los rescates no ha detenido la fuga de capitales en América Latina que se combina con los pagos de deudas fraudulentas y usureras por parte de los gobiernos y que va de la mano de planes de austeridad bajo la tutela del FMI, de modo de darle garantías de repago a los acreedores.

En el marco de la guerra comercial impulsada por el imperialismo yanqui, particularmente contra China, EEUU busca reforzar su dominio en nuestro continente, no solo con la extorsión económica sino también por la injerencia directa, como se ha visto en la política agresiva contra Venezuela, hecho que repudiamos más allá de nuestras profundas diferencias con el régimen de Maduro. A la vez, denunciamos que tanto EEUU como China buscan en su disputa apoderarse de los recursos naturales y estratégicos de nuestra región mediante asociaciones con corporaciones capitalistas extractivas. En ese marco, América Latina se ha transformado en otro de los centros de la crisis pandémica y también de la crisis social. Bajo el gobierno del ultraderechista Bolsonaro, Brasil es uno de los países más castigados por la pandemia. También Chile, Perú, Bolivia y Ecuador han sufrido este flagelo a gran escala, bajo gobiernos ubicados a derecha. En México y Argentina los gobiernos ‘nacionales y populares’ han estado muy lejos de tocar los intereses de las grandes patronales para afrontar el cuadro de vaciamiento sanitario y la crisis social. Por el contrario, han mantenido una línea de subordinación al imperialismo, como lo demostró López Obrador en su reunión con Trump y Alberto Fernández con su sometimiento a los preceptos de los fondos buitre y el FMI. Este último busca además un “pacto social” con las cámaras empresarias que implicará que los trabajadores sean quienes paguen los costos de la crisis.

A la luz de este panorama, salta a la vista que todas las contradicciones sociales que motivaron las rebeliones populares latinoamericanas en 2019, se han agudizado. Se replantea, por ende, la apertura de una nueva fase de grandes luchas y rebeliones de los explotados, como lo revelan las nuevas jornadas nacionales de protestas en Chile, las manifestaciones en Ecuador contra el fondomonetarista Lenin Moreno y la disconformidad creciente de las masas bolivianas con la golpista Añez, las expresiones de hartazgo contra Bolsonaro en Brasil, la reacción del movimiento estudiantil en Colombia, la nueva situación en Paraguay a partir de la jornada del 22 de junio, el reinicio de protestas todavía moleculares en Nicaragua como así también la resistencia obrera y de la juventud precarizada en desarrollo en Argentina. La Conferencia virtual Latinoamericana y de los EE.UU se enmarca así en un momento de características históricas, que plantea desafíos gigantescos para los trabajadores, llamando a luchar por medidas de emergencia para combatir la pandemia y los planes de ajuste que golpean al pueblo trabajador, luchar para que la crisis la paguen los capitalistas en la perspectiva de una salida de fondo obrera y socialista.

Invitamos a la izquierda que se reivindica clasista, al movimiento obrero combativo, a la juventud que se rebela, al activismo feminista y ambiental, y a la intelectualidad comprometida, a ser parte de esta Conferencia para debatir las bases para luchar bajo las banderas de la independencia de clase, por gobiernos de trabajadores y por la unidad socialista de América Latina.

Cronograma:

● Mesa-debate: “Crisis mundial y rebelión en el imperio”. Jueves 30 de julio 18:30hs (GMT-3)
● Mesa-debate: “El movimiento obrero latinoamericano ante la crisis capitalista y la pandemia”. Viernes 31 de julio 17hs (GMT-3)
● Mesa-debate: “La situación latinoamericana”. Viernes 31 de julio 19:30 hs (GMT-3)
● Conferencia virtual Latinoamericana y de los EE.UU. Sábado 1 de agosto 14hs (GMT-3)


Frente de Izquierda-Unidad
PTS - PO - Izquierda Socialista - MST

LABORAL

A CIG concentrouse nos xulgados para denunciar a represión que sofre a delegada sindical en GKN Automotive Vigo 

A traballadora gañoulle un xuízo por cesión ilegal á empresa, que agora se nega a recoñecela como delegada da sección sindical 


A CIG realizou unha concentración esta mañá ás portas dos xulgados do Social de Vigo
Foto: CIG


Infogauda / Vigo

 A CIG realizou unha concentración esta mañá ás portas dos xulgados do Social de Vigo "para denunciar a represión sindical que está a sufrir a delegada sindical da CIG en GKN Automotive. Esta traballadora gañoulle un xuízo á empresa no que se recoñeceu a cesión ilegal por parte da contrata na que traballaba (Servicios Profesionales de Prevención S.L) e GKN Driveline SA, outorgándolle o dereito de opción á traballadora. Nesta sentenza do TSXG (do 18 de novembro) declarábase tamén a súa condición de persoal indefinido con categoría profesional de licenciada e unha antigüidade do 1 de maio de 2018". 

 Porén, GKN non a deu de alta até o 28 de marzo "sen ter a día de hoxe comunicación ningunha por parte da mesma, nin tarxeta de entrada para poder acceder á fábrica, estando en situación de regulación de emprego dende entón e sen ir un só día traballar a pesar de que a empresa informou o día 20 que suspendía o ERTE até finais de agosto polo incremento da demanda". 

 O secretario confederal de Negociación Colectiva, Francisco González Sío, lembra que o pasado día 16, a CIG presentou denuncia na Inspección de Traballo porque "mentres esta traballadora está regulada as súas tarefas son realizadas por contratas, indo esta actuación en contra do propio decreto que regula os ERTE".  

Vulneración de dereitos fundamentais e da Lei orgánica de liberdade sindical 

 Ademais do proceso por cesión ilegal xa resolto no TSXG,  a traballadora tiña presentada outra demanda por despedimento improcedente que é a que hoxe se ve no xulgado do Social e que GKN pretende utilizar como escusa para non recoñecerlle a súa condición de delegada sindical. "O que está facendo a empresa é tentar limitar o dereito da CIG  a elixir os seus e as súas delegadas sindicais, mesturando intencionadamente as garantías de indemnidade que recolle a Lei orgánica de liberdade sindical co proceso xudicial, ao argumentar que é unha fraude de lei porque a sección sindical da CIG a nomeou para que non a poidan despedir. Pero a empresa non ten potestade para decidir a quen designa a CIG para representar a súa afiliación, iso é algo que só lle corresponde á sección sindical", apunta González Sío. 

 A representación da CIG denuncia que GKN está vulnerando dereitos fundamentais da traballadora recollidos na constitución e na Lei Orgánica de Liberdade Sindical, ao perseguir a unha empregada e discriminándoa no traballo pola súa militancia sindical e ao tempo negando o dereito da sección sindical da CIG e elixir a delegada sindical. Ambas cuestións xa foron denuncias pola Federación de Industria na Inspección de Traballo e tamén serán denunciadas en vía xudicial.  

Ataque machista 

 Dende a Sección Sindical da CIG entenden que o acoso que está a sufrir esta traballadora constitúe así mesmo un ataque á súa condición de muller, pois tanto ela como outra compañeira que tamén ten aberto un proceso xudicial contra GKN Automotive  por cesión ilegal "son as dúas únicas mulleres no departamento de prevención e as únicas que realizan a súa actividade nunha empresa externa, mentres todo o persoal deste departamento que pertencen ao cadro de persoal de GKN son homes".  

 Neste senso, consideran que o feito de ser muller condiciona a negativa da empresa a aceptala como delegada sindical, nun comité de empresa de GKN Automotive no que os 21 representantes son homes, así como os 6 delegados sindicais. "Non temos ningunha dúbida que se Trini fora un home non estaríamos nesta situación" din dende a sección sindical da CIG.  

 Esa é non outra, aseveran, foi unha das principais razóns da sección sindical da CIG para designar a esta traballadora nun sector no que, a pesar de que as mulleres cada vez teñen un maior peso nos cadros de persoal, a representación sindical está totalmente masculinizada. Cuestión esta que a Federación da CIG Industria ten vontade de mudar.

LABORAL

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN DO PERSOAL DE VITRASA

Para o próximo venres, 24 de xullo, ás 10 horas, diante do Concello

Infogauda / Vigo

 O comité de Vitrasa ten convocada unha concentración para o próximo venres, 24 de xullo, ás 10 horas, diante do Concello, ante a falta de resposta ás problemáticas formuladas polo persoal e a insuficiencia nas medidas anunciadas polo Goberno municipal para contrarrestar o ERTE.

 A representación da CIG chama as traballadoras e traballadores a participar na protesta e denuncia que segue sen aclararse que se vai facer cos baños portátiles para os/as traballadores/as da concesionaria colocados durante o estado de alarma; e que das medidas anunciadas polo alcalde de Vigo para contrarrestar o ERTE de Vitrasa, “unicamente se levaron a cabo as que significaron unha mellora para a empresa, como foi unha ampliación en 5 anos da actual concesión, pero ningunha das anunciadas para o persoal”.

 Así mesmo, en esta concentración reivindicaranse outros problemas como o réxime de xornada con descansos en ocasións inexistentes, a eventualidade, a ineficacia das mamparas colocadas para combater a COVID-19, a inexistente protección da mutua, a falta de EPI -sobre todo no taller-, a inclusión de novos métodos de pago e os incumprimentos tanto do Convenio Colectivo como de acordos realizados, que implican unha merma na calidade do servizo ofrecido aos/as viaxeiros/as e do propio traballo do persoal.

 Dende a representación da CIG agardan que nesta ocasión “o alcalde de Vigo se achegue a falar con nós e podamos aclarar algún destes temas formulados”. Neste senso, Imanol Arnoso, delegado da CIG e presidente do comité, lembra que “o responsábel último e un dos que debe de gardar por nós é o adxudicador da concesión”.

 Advirte que se tras varias concentracións nin o Goberno de Vigo nin a concesionaria deron ningunha mostra de entendemento “debemos ser máis contundentes coas accións reivindicativas o que suporá incrementar as medidas de presión co resultante prexuízo para os/as viaxeiros/as”.

LABORAL


9ª XORNADA DE LOITA DO PERSOAL CO MUTISMO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL 

Van xa 9 semanas sen noticias da Consellería de Política Social que se nega a negociar as condicións de traballo do persoal dos centros sociais residenciais. 

 As Organizacións convocantes esiximos e reivindicamos: 

 A dimisión da Conselleira de Política Social dada a nula interlocución ante a formulación das demandas realizadas polo persoal de atención directa dos centros da Consellería, pese o chamamento ao diálogo a fin de atender as demandas realizadas sobre o restablecemento dos dereitos recoñecidos en Convenio. 

 Para as organizacións sindicais convocantes é unha cuestión de xustiza e de necesidade urxente, porque os centros e o persoal ten que estar preparado ante unha nova onda vírica e porque non se pode seguir a sobrecargar así abusando dun servizo ao límite. 

 Poren demandamos ao Presidente da Xunta de Galicia o cese da Conselleira de Política Social e que se abra unha mesa de negociación, con outro/a interlocutor/a para tratar:

− A DEVOLUCIÓN DOS ARTIGOS DO CONVENIO RECORTADOS NO 2012
− A DEFENSA DUNS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS, DIGNOS E DE CALIDADE
− INCREMENTO DE PRAZAS PÚBLICAS DE XESTIÓN DIRECTA
− FIN DA PRECARIEDADE NO SECTOR PÚBLICO
− A TRANSFORMACIÓN DOS CONTRATOS PARCIAIS A XORNADA COMPLETA    

 Para reclamalo o persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade sairán en concentración diante dos seus centros de traballo nesta 9ª xornada de loita este xoves  23 de xullo.  

Data: Xoves, 23 de xullo de 2020  
Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas  

(Aínda que as concentracións se van a realizar a partir das 11 da maña nos centros de toda Galicia, sinalamos as que convocamos como referencia para medios de comunicación)  

•    Ferrol: Residencia Maiores Caranza  
•    Coruña:Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña  
•    Santiago: Residencia de Maiores de Volta do Castro  
•    Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria
•    Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Miragres (Cabeza de Vaca) 
•    Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo   
•    Vigo: CAPD Chapela e o CARPD Vigo l 

(R.) 

ARCOS DE VALDEVEZ

Consulta Pública do Projeto "Linha Dupla Ponte de Lima - Fonte Fria, troço português, a 400 kV" - AIA 3295 decorre até 24 julho


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal relembra que se encontra em inquérito público até ao dia 24 de julho o projeto "Linha Dupla Ponte de Lima - Fonte Fria, troço português, a 400 kV" - AIA 3295, no âmbito do pedido de licenciamento ambiental para passagem desta Linha de Muito Alta Tensão. 

 No concelho de Arcos de Valdevez o projeto abrange 18 freguesias e apresenta dois traçados alternativos da passagem, nomeadamente uma na área poente e outra na área nascente do território, atravessando as freguesias de Gondoriz, União de Freguesias de Vilela, Sã Cosme e São Damião e Sá, União de Freguesias de Eiras e Mei, Padroso, União de Freguesias de Portela e Extremo, União de Freguesias de Álvora e Loureda, Cabreiro, Sistelo, Miranda, União de Freguesias de São Jorge e Ermelo, Vale, Couto, Senharei, Rio de Moinhos, União de Freguesias de Grade e Carralcova, Sabadim e Ázere. 

 Dê os seus contributos até dia 24 de julho, através do site https://participa.pt/pt/consulta/linha-dupla-de-ponte-de-lima-fonte-fria-a-400-kv.

Participe!

ARCOS DE VALDEVEZ

CAMPO DE FÉRIAS DA PORTA DO MEZIO “VERÃO 2020” 
Agosto e Setembro 




 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A ARDAL – Porta do Mezio vai continuar a organizar o Campo de Férias de Verão, dirigido a crianças e jovens entre os 6 e os 14 anos. 

 Esta iniciativa irá decorrer até ao 11 de Setembro e tem como objetivo oferecer momentos únicos de ocupação dos tempos livres e proporcionar um apoio de qualidade durante as férias escolares. O programa de atividades é elaborado a pensar no desenvolvimento das competências sociais das crianças e jovens, na criação de novas amizades, aumento da autoconfiança, autoestima e independência. Todas as atividades são de carácter educacional ou desportivo, acompanhadas por técnicos especializados e guiões temáticos adaptados a todas as idades e grupos específicos.   

PROGRAMA: 

Semana 6 – 3 a 7 de Agosto 

3 de Agosto: Jogos do Lobito 
Almoço 
Piscina 

4 de Agosto: O Garranito
Almoço 
Oficina de Natureza 

5 de Agosto: Construções na Natureza 
Almoço 
No rasto dos Animais  

6 de Agosto: Passeio na Natureza 
Almoço 
Escalada e Rappel

7 de Agosto: Pontes Indiana Jones e Slide 
Almoço
Peddy Paper  

Semana 7 – 10 a 14 de Agosto  

10 de Agosto: Jogos do Lobito 
Almoço 
Caça aos Insetos  

11 de Agosto: À conquista da Montanha  
Almoço 
Pontes Indiana Jones e Slide  

12 de Agosto: Em busca do garrano 
Almoço  
Piscina  

13 de Agosto: À descoberta dos bichos 
Almoço 
Mini Passeio de BTT  

14 de Agosto: Vamos ao Baloiço do Mezio 
Almoço 
Minis chef`s  

Semana 8 – 17 a 21 de Agosto  

17 de Agosto: Jogos do Lobito 
Almoço 
Escalada e Rappel  

18 de Agosto: O Garranito 
Almoço 
Piscina  

19 de Agosto: Pontes Indiana Jones e Slide 
Almoço 
Caça ao Tesouro 

20 de Agosto: Raid de Orientação 
Almoço 
Vamos alimentar as aves  

21 de Agosto: No rasto dos Animais 
Almoço 
Artistas de Palmo e Meio  

Semana 9 – 24 a 28 de Agosto  

24 de Agosto: Jogos do Lobito 
Almoço 
Pontes Indiana Jones e Slide 

25 de Agosto: Vamos ao Baloiço do Mezio 
Almoço 
Uma aventura no Mezio  

26 de Agosto: Peddy Paper 
Almoço 
Piscina 

27 de Agosto: Vamos passear 
Almoço 
Oficina da Natureza 

28 de Agosto: À descoberta dos bichos 
Almoço 
O Tesouro

Semana 10 – 31 de Agosto a 4 de Setembro  

31 de Agosto: Jogos do Lobito
Almoço 
Pontes Indiana Jones e Slide   

1 de Setembro: Passeio na Natureza 
Almoço 
Minis chef´s  

2 de Setembro: Mini Passeio de BTT 
Almoço 
Escalada e Rappel  

3 de Setembro: O Garranito 
Almoço 
Caça ao Tesouro
  
4 de Setembro: Caça aos Insetos 
Almoço 
Piscina  

Semana 11 – 7 a 11 de Setembro
  
7 de Setembro: Jogos do Lobito 
Almoço 
Piscina  

8 de Setembro: À conquista da Montanha Almoço 
Pontes Indiana Jones e Slide  

9 de Setembro: Em busca do Garrano 
Almoço 
Raid de Orientação 

10 de Setembro: À descoberta dos bichos 
Almoço 
Oficina de Natureza  

11 de Setembro: Vamos ao Baloiço do Mezio Almoço 
Uma aventura no Mezio    

Inscrições: portadomezio@ardal.pt / 258 510 100  

Horário: Saída: 9h00 – Arcos de Valdevez (parque da Azenha) Chegada: 18h15 – Arcos de Valdevez (parque da Azenha)  

Nota: Os transportes para os vários locais das atividades são garantidos pela Porta do Mezio, bem como o seguro, atividades, almoço e lanche da parte da tarde.   

“Emoção, aventura, diversão e muito mais, é aquilo que pode encontrar no campo de férias de Verão da Porta do Mezio.”