O Concello continúa a embelecer con murais pintados, diferentes espazos públicos do municipio
Tamara Baz Alonso, deseñadora guardesa, amosando seu proxecto mural para á praia de Fedorento (A Guarda)
Fotos: C.A.G.
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Dentro do proxecto “Recunchos con Arte”, unha iniciativa na que xa se teñen realizado outras actuacións como o pintado do contradique de Punta Xenete, no porto de A Guarda, onde os artistas Nuria Villa Vicente, de San Xoán de Tabagón (O Rosal) e Alberto Álvarez Brandón, de O Rosal (Nuvi & éxfico), coa colaboración de varios veciños da localidade, desenvolveron a proposta “A Guarda escrita nas Estrelas”, ou no Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, onde Tamara Baz Alonso, de A Guarda, pintou varios murais relacionados coa arte da Música; a pasada semana comezou o novo pintado do muro da praia de Fedorento. Esta proposta é unha das intervencións artísticas que se van realizar este ano e que debido a situación de emerxencia sanitaria houbo que ir atrasando.
Logo dunha limpeza previa, por parte de Lis Fajar Alonso, empregado municipal, e de varios días de traballo de Tamara Baz Alonso; xa se poden contemplar - ainda que a obra está pendente de rematar - algúns dos motivos do mundo mariño, que a artista guardesa presenta nesta nova obra da súa autoría.
No deseño, plasmado nunha superficie vertical duns 40 m2, destacan a figura de Anfitrite - deusa do mar tranquilo e consorte de Poseidón, segundo a mitoloxía grega -, que provista dun tridente vai axitando as ondas, nun carro tirado por un cabalo, en cuxa cabeza presenta un par de cornos. Tamén hai vistosas criaturas mariñas, que locen vivas cores.
Nos últimos anos o Equipo de Goberno do Concello de A Guarda apostou polo embelecemento de espazos da localidade, con diferentes intervencións artísticas enmarcadas dentro dun proxecto global denominado “Recunchos con Arte”. Algunhas desas intervencións foron executadas por artistas locais e outras coa colaboración de estudantes ou asociacións da vila.
Vista parcial do mural que está pintando Tamara Baz na praia de Fedorento
No deseño, plasmado nunha superficie vertical duns 40 m2, destacan a figura de Anfitrite - deusa do mar tranquilo e consorte de Poseidón, segundo a mitoloxía grega -, que provista dun tridente vai axitando as ondas, nun carro tirado por un cabalo, en cuxa cabeza presenta un par de cornos. Tamén hai vistosas criaturas mariñas, que locen vivas cores.
Nos últimos anos o Equipo de Goberno do Concello de A Guarda apostou polo embelecemento de espazos da localidade, con diferentes intervencións artísticas enmarcadas dentro dun proxecto global denominado “Recunchos con Arte”. Algunhas desas intervencións foron executadas por artistas locais e outras coa colaboración de estudantes ou asociacións da vila.
A arte mural tamén formou parte da programación de eventos como a Festa da Langosta ou o multicultural Galifornia Beat. Debido a súa cancelación por causa da pandemia do Covid-19, o executivo local acordou encomendar varias intervencións artísticas para apoiar os artistas locais e mellorar a imaxe dos espazos de lecer públicos e ao mesmo tempo para que sirvan de atractivo turístico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario