22 de xul. de 2020

LABORAL


9ª XORNADA DE LOITA DO PERSOAL CO MUTISMO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL 

Van xa 9 semanas sen noticias da Consellería de Política Social que se nega a negociar as condicións de traballo do persoal dos centros sociais residenciais. 

 As Organizacións convocantes esiximos e reivindicamos: 

 A dimisión da Conselleira de Política Social dada a nula interlocución ante a formulación das demandas realizadas polo persoal de atención directa dos centros da Consellería, pese o chamamento ao diálogo a fin de atender as demandas realizadas sobre o restablecemento dos dereitos recoñecidos en Convenio. 

 Para as organizacións sindicais convocantes é unha cuestión de xustiza e de necesidade urxente, porque os centros e o persoal ten que estar preparado ante unha nova onda vírica e porque non se pode seguir a sobrecargar así abusando dun servizo ao límite. 

 Poren demandamos ao Presidente da Xunta de Galicia o cese da Conselleira de Política Social e que se abra unha mesa de negociación, con outro/a interlocutor/a para tratar:

− A DEVOLUCIÓN DOS ARTIGOS DO CONVENIO RECORTADOS NO 2012
− A DEFENSA DUNS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS, DIGNOS E DE CALIDADE
− INCREMENTO DE PRAZAS PÚBLICAS DE XESTIÓN DIRECTA
− FIN DA PRECARIEDADE NO SECTOR PÚBLICO
− A TRANSFORMACIÓN DOS CONTRATOS PARCIAIS A XORNADA COMPLETA    

 Para reclamalo o persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade sairán en concentración diante dos seus centros de traballo nesta 9ª xornada de loita este xoves  23 de xullo.  

Data: Xoves, 23 de xullo de 2020  
Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas  

(Aínda que as concentracións se van a realizar a partir das 11 da maña nos centros de toda Galicia, sinalamos as que convocamos como referencia para medios de comunicación)  

•    Ferrol: Residencia Maiores Caranza  
•    Coruña:Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña  
•    Santiago: Residencia de Maiores de Volta do Castro  
•    Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria
•    Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Miragres (Cabeza de Vaca) 
•    Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo   
•    Vigo: CAPD Chapela e o CARPD Vigo l 

(R.) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario