22 de xul. de 2020

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS INSTA AO GRUPO DE GOBERNO A QUE ACTÚE 

· E deixe de “mirar para outro lado”

A imaxe reflicte o lamentable "espectáculo" que pode presenciarse na rúa Transversal Candeira, en pleno centro da vila
Foto: C.G.


Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe recibimos da Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, copia do escrito que o concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas, vén de presentar, e no cal di o seguinte:

SUCIEDADE E ABANDONO POR TÓDALAS RÚAS  

 Camiñar por calquer rúa do noso pobo, é atopar cada pouco, mostras de deixadez e abandono no que está sumido, sin que o Grupo de Goberno Municipal do PSdeG-PSOE, tome ningunha medida para cambiar a situación. ¿Nesta situación, podemos presumir que somos de “Excelencia Turística”? Posiblemente no papel, si, na realidade, que cada un saque as súas conclusións.

 Rúas nas que o lixo, manchas de bebidas, restos de comida, e “outras maravillas”, se atopan e cada vez en maior cantidade. 

 Sabemos, que hai moito incívico, pero tamén sabemos como algúns reaccionan cando se lles “rasca” o bolso. Non pode ser que soio teñamos axentes da Policía Local para sancionar coches mal aparcados, que tamén hai que “saludar”, pero sería interesante coñecer, cantas sancións se teñen imposto o longo do pasado ano, ou no que vai deste a aquelas persoas que levan a pasear ao “mellor amigo do ser humano” e nos deixa “saúdos” polas rúas. ¿Será que estes “espectáculos” somentes os vexamos os veciños e nunca un axente? ¿Cantas sancións se puxeron a aqueles que en Secundino Melón, permanentemente orinan e defecan nas fíns de semana. Bueno, temos que decir que a “área” de “potear” é máis ampla…, e así poderíamos transmitir moitas máis queixas, pero... po caso que fan. 

 Nún entronque entre a nosa rúa principal e un dos transversais máis concurridos como é Constantino Candeira, vemos dende fai días, “aparte do exército” de moscas que acuden a “alimentarse” atopamos con este regueiro de “detritus” da descomposición dos restos sólidos depositados nún contenedor, que ten toda a pinta que está perforado e que debe levar moito tempo sen que o laven e desinfecten, polo que os “cheiros” son moi fortes. 

 Para que quede constancia deste feito, e o Grupo de Goberno do PSOE, imparta as ordes oportunas para que procedan a sustituilo e arranxalo, o mesmo tempo que desinfectar e lavan o lugar. 

 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, acompañamos varias fotografías que dan fé do que acontece neste e noutros lugares do noso pobo, ante a postura complaciente e “mirar para outro lado” que practican quenes rixen e non dirixen a esta vila abandonada da man de Deus. 

 A Guarda, a 22 de xullo do 2020     

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA       

Sr. Alcalde-Presidente  CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario