19 de maio de 2020

A GUARDA

O concello reactiva a obra pública e as contratacións de persoal  

• O alcalde Antonio Lomba Baz, trasladou na reunión de portavoces que o concello ten impulsado obra nova e está tramitando novos expedientes de contratación de inversións para a localidade 

• Estase facendo un importante esforzo para activar a selección do persoal do plan concellos da que quedara pendente coa declaración do Estado de Alarma  

Maquinaria correspondente as obras que se están desenvolvendo na rúa A Cal
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Goberno Municipal de A Guarda vén de facer público que "as obras que se están desenvolvendo nestes momentos na localidade afectan a rúa San Queitano e a rúa Cal. Está pendente de rematar a primeira fase do plan de accesibilidade no seu tramo correspondente a rúa Galicia, nesta rúa están pendentes de elevar varios pasos de peóns".  


Pormenor das obras que estánse levando a cabo na rúa A Cal


 Ademais iniciáronse as obras da rotonda da praia do Forte (Camposancos), obra que licitou a Deputación de Pontevedra, que permite a unión da senda litoral coa senda da desembocadura do Miño.  

 "O concello de A Guarda está impulsando a contratación de obras, que contan con dispoñibilidade financeira", e que "son importantes para o executivo local debido a que constitúen un revulsivo para a actividade económica, afectando de xeito directo á contratación e xeración de postos de traballo e, de xeito indirecto debido a incidencia que teñen noutros sectores pola adquisición de materiais, aluguer de maquinaria, etc." 

 Nestes intres dende o departamento técnico do concello se está a tramitar a obra da rúa Calvario (3ª fase), a renovación de beirarrúas na rúa Irmáns Noia e fronte ao estadio municipal da Sangriña, peche perimetral do colexio infantil de Solanas, a reforma do entorno dos contedores soterrados no comezo da rúa Porto, asfaltado da rúa Pintán e do camiño do Campamento (Camposancos), dotación de luminarias en Bouza da Fonte (Camposancos) e rúa Vigo, substitución de barandas no parque de Laxe Grande, melloras no interior da piscina municipal e a reposición dos tellados das dúas vivendas castrexas. 

 Por outra banda, "retomouse o proceso de selección de persoal, dentro da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, persoal que é necesario para reforzar determinados servizos como a recollida do lixo, limpeza de praias ou desbroces de rúas.  

 Normalmente este persoal se contrata por un período de 9 meses pero ante a declaración do estado de alarma suspendéronse os procesos selectivos, o concello ante a nova situación de desescalada decidiu reactivalos para posibilitar a contratación de persoal no prazo de tempo máis curto posible".  

 Con estas medidas o Goberno local do concello de A Guarda manifesta o seu "compromiso e impulso decidido, na medida das súas posibilidades, para reactivar a obra pública e o emprego".

O ROSAL

Un taller de costura do Rosal confecciona 1.000 mascarillas hixiénicas reutilizables    

Voluntarios de Protección Civil distribuirá as máscaras entre o comercio local, que será o encargado de repartilas entre á veciñanza 
  

Varias costureiras foron as encargadas de confeccionar estas máscaras no taller de María Araújo, en Viso dos Eidos


Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal colabora con costureiras rosaleiras e co comercio local para repartir 1.000 mascarillas hixiénicas reutilizables entre a veciñanza. Varias costureiras foron as encargadas de confeccionar estas máscaras no taller de María Araújo, en Viso dos Eidos. Todas elas están feitas co tecido requerido por normativa para máscaras, pero non se trata dun dispositivo sanitario de acordo ao Regulamento UE/2017/745 nin un EPI de acordo ao Regulamento UE/2016/425, senón que son mascarillas hixiénicas reutilizables de acordo co establecido na norma UNE 0065:2020 e deben empregarse xunto con todas as medidas de prevención que recomendan as autoridades competentes.  

 Voluntarios de Protección Civil serán os encargados de distribuír o material entre o comercio local a partir deste mércores 20 de maio en colaboración coa asociación de comerciantes do Rosal e as mascarillas estarán a disposición dos veciños e veciñas en diferentes establecementos dende o xoves 21 de maio.  

 No reparto destas mascarillas darase prioridade as persoas maiores e persoas de risco e dende o Concello chámase á responsabilidade a toda a veciñanza, pedindo que soamente as vaian recoller persoas que realmente as precisen e soamente unha unidade por veciño ou veciña. 

 Dende o Concello quérese agradecer “a solidariedade amosada por todas e todos, xa que soamente colaborando e achegando cada un o seu  gran de area poden facerse grandes cousas, sobre todo en tempos tan complicados como o que estamos a vivir. Moitas grazas por afrontar todos os retos con ilusión e gañas”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.

TOMIÑO

O Concello de Tomiño avanza na recuperación da zona do Seixo coma espazo de lecer e encontro  

· A actuación supón un investimento de 670.000 euros e conta cunha subvención da Deputación Provincial de 500.000  


As obras da rúa A Guarda forman parte do proxecto de “Mellora da mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo”
Fotos: C.T.



Infogauda / Tomiño

 Tras un paréntesis obrigado pola crise do coronavirus, o Concello de Tomiño retomou as obras do proxecto “Mellora da mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo”, cun investimento total de 670.000 euros.  

 As obras levadas a cabo, concretamente nas rúas A Guarda e República Arxentina, avanzan a bo ritmo, seguindo co proceso de transformación e recuperación do núcleo urbano coma espazo público de lecer e encontro, impulsado desde o goberno local, e que comezara hai uns anos coa reforma integral da Praza do Seixo.  

 A intervención, que estará rematada no verán, pretende aproveitar a mudanza na mobilidade de vehículos que supón a nova Avenida do Baixo Miño, que rodea o núcleo urbano, aberta hai uns meses, e que propicia a eliminación de tráfico de paso, nun 90% dos vehículos que antes pasaban polo centro da vila.   

 De feito, o proxecto contempla a peonalización e ampliación da Praza do Seixo, ata os tramos das devanditas rúas, e ata o entronque coa nova avenida, reformando todos os servizos urbanos e mellorando o espazo público cun deseño semellante ao da Praza do Seixo. 


Vista parcial da rúa República Arxentina


 No caso da rúa A Guarda, esta pasará a ter un deseño máis estancial e comercial, creando espazos de encontro e áreas con bancos, vexetación e iluminación con catenarias. A rúa República Arxentina, pola súa banda, configurarase como unha alameda de entrada á Praza do Seixo, desde a rotonda de entronque da nova avenida, que pasará a ser o principal punto de referencia e entrada de Tomiño.   

 Ademais, ampliarase o número de prazas de estacionamento, pasando o núcleo urbano a ter tres aparcadoiros públicos cun total de 800 prazas, co que se duplicarán as existentes ata o momento. Para a realización desta obra, o goberno obtivo unha subvención de 500.000 euros, ao abeiro da convocatoria pública do Plan DepoRemse, da Deputación de Pontevedra, achegando o resto o propio Concello.  

 Sandra González, alcaldesa de Tomiño, entende que esta obra significará un paso moi importante de mellora do espazo público, que irá en beneficio da veciñanza e do comercio local, como xa supuxo a mellora da Praza do Seixo e do Mercado Municipal, no seu momento. “O goberno municipal quere que a nosa vila sexa exemplo de recuperación de espazos públicos para as persoas, creando máis 100.000 m2 de espazos peonis e zonas verdes”, explica a rexedora.

CAMINHA

Museu Municipal de Caminha terá duas novas salas equipadas para “viagens no tempo” através do megalitismo

Obras de reformulação e renovação dos espaços museológicos estão já na fase final

O Dólmen da Barrosa ou Lapa dos Mouros, localizado em Vila Praia de Âncora, está incluído no projeto “Alto Minho 4D – Viagem no Tempo”
Foto: Infogauda


Infogauda / Caminha 

 O Museu Municipal de Caminha vai contar com duas novas salas, dotadas de tecnologia multidimensional e equipamento multimédia. As obras de reformulação e remodelação total dos dois espaços entraram na sua fase final. O investimento ronda os 90 mil euros e enquadra-se no projeto “Alto Minho 4D – Viagem no Tempo”, aprovado pelo Programa Operacional Regional do Norte – Norte 2020, na área do “Património Cultural”. 

 Com o megalitismo como tema, o projeto que está a ser desenvolvido pelo Município de Caminha inclui ainda a produção de um filme onde, entre outro património, terão destaque o Dólmen da Barrosa ou Lapa dos Mouros, localizado em Vila Praia de Âncora, e a Laje das Fogaças, que encontramos na freguesia de Lanhelas. 

 Uma das salas do Museu onde decorrem os trabalhos terá um ecrã gigante, ocupando praticamente a totalidade de largura de uma das paredes. Aí poderá ser apreciado o filme, uma autêntica viagem no tempo, dentro de alguns meses. O segundo espaço acolherá, entre outros, maquetas tridimensionais. 

 O projeto “Alto Minho 4D – Viagem no Tempo” foi, como referimos, aprovado pelo Programa Operacional Regional do Norte – Norte 2020, no domínio do “Património Cultural”, e visa a criação de uma rede de 10 rotas/itinerários cronológicos culturais baseados na história e nos bens patrimoniais do Alto Minho.

 Trata-se de uma iniciativa intermunicipal: cada um dos concelhos do Alto Minho encabeça uma rota, dispondo de um espaço físico que funcionará como “portal” de acesso a uma “estação do tempo”, com uma série de valências nas quais se apresentarão “um filme imersivo sobre essa rota e uma sequência de recursos patrimoniais a serem visitados”. 

 Relativamente aos dois exemplares do nosso património que estarão em destaque neste projeto, o Dólmen da Barrosa ou Lapa dos Mouros, ou ainda Anta da Barrosa é descrita no próprio projeto como “uma edificação megalítica datável entre 2.000 e 1.700 a.C. Constituída por um corredor e uma câmara sepulcral de planta poligonal, com oito esteios e laje de cobertura. É o maior e o melhor preservado dos monumentos funerários descobertos no vale do rio Âncora. As antas serviam para sepultamentos coletivos, existindo alguns exemplares que ainda mantêm a mamoa: um amontoado de pedras e terra, em forma de seio, que servia para cobrir e proteger a construção”. 

 Por outro lado, o Monte de Góios, em Lanhelas, é o ponto de partida para mais uma “viagem no tempo, através das gravuras rupestres da Laje das Fogaças. Neste grande afloramento granítico foram identificadas 106 figuras diversificadas, desde formas geométricas a desenhos zoomórficos, como aquele que aparenta ser um caprino. Pelas características dos sulcos, presume-se que as gravuras foram sendo feitas em diferentes épocas, como o Neolítico, a Idade do Ferro ou a Idade do Bronze”.

CAMINHA

Mercado dos Produtores Agrícolas do Concelho amanhã em Caminha e quinta-feira em Vila Praia de Âncora

Feiras semanais de Caminha e de Vila Praia de Âncora regressam dias 27 e 28 de maio

        Imagem: C.M.C.


Infogauda / Caminha

 Caminha realiza amanhã, quarta-feira, o Mercado dos Produtores Agrícolas do Concelho. Os produtores vão estar distribuídos por dois locais do centro da Vila, expondo e vendendo os seus produtos. Em Vila Praia de Âncora, quinta-feira, terá lugar um evento idêntico. Entretanto, também já há datas para o regresso das feiras semanais de Caminha e de Vila Praia de Âncora, será nos dias 27 e 28 deste mês, respetivamente. 

 Comprar os produtos mais genuínos, de produção concelhia, como as frutas, hortícolas, plantas e flores, entre outros, vai ser possível já amanhã. O Mercado dos Produtores Agrícolas do Concelho, cujas bancas já estão a ser montadas, “abre” cedo, logo pela manhã, e vai decorrer em dois espaços. 

 Assim, em Caminha, esta quarta feira, dia 20, na rua 16 de setembro, poderão ser adquiridas flores e plantas ornamentais, de plantação e árvores e arbustos. O Largo Dr. Luís Fetal Carneiro (Largo da Junta de Freguesia) terá frutas e legumes, entre outros. Em Vila Praia de Âncora, o Mercado dos Produtores Agrícolas do Concelho acontece no dia seguinte, quinta-feira, no pátio interior do Mercado Municipal. 

 Entretanto, na última semana deste mês de maio estão de regresso as feiras semanais. Caminha e de Vila Praia de Âncora voltam a realizar estas feiras, a partir dos dias 27 e 28, respetivamente. A

  Câmara Municipal está a elaborar o Plano de Contingência para as Feiras, nos termos da Resolução do Conselho de Ministros n.º 38/2020, de 17 de maio.

TURISMO

A XUNTA DE GALICIA MANTÉN O SEU APOIO AO TURISMO RURAL ADAPTANDO OS OBXECTIVOS E TRAMITACIÓN DAS AXUDAS AO ESCENARIO POST COVID-19  

· Reformularanse as achegas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo, as festas de interese, as infraestruturas turísticas e os xeodestinos 

· O obxectivo do Goberno galego é adoptar fórmulas máis flexibles para axilizar as subvencións e axustar os requisitos e condicións á situación actual   

 Infogauda / Galicia

 A Xunta de Galicia manterá o seu apoio ao turismo rural adaptando os obxectivos e tramitación das distintas liñas de axudas aos concellos ao escenario post Covid-19. Así pois, reformularanse as achegas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo durante o verán, para as festas de interese turístico, para a mellora de infraestruturas turísticas ou xeodestinos co obxectivo de adoptar fórmulas máis flexibles que permitan manter e axilizar as subvencións e axustar os requisitos e condicións á situación actual.  

 Trátase dunhas axudas que a Xunta viña convocando anualmente a través de ordes e que pasarán a realizarse a través de convenios individuais para axilizar a súa tramitación, pactar os obxectivos de cada liña adaptándoas a cada caso particular e para evitar que queden partidas sen executar. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá a resolución a estes efectos, o que permitirá substituír a ferramenta administrativa para que se poidan aplicar as novas partidas orzamentarias o que, en ningún caso, suporá unha supresión das axudas.  

 Esta medida, que xa foi comunicada por parte do Goberno galego á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), responde á necesidade de adecuar a tramitación destas subvencións ao escenario da crise sanitaria, mantendo as achegas de anos anteriores pero modificando as fórmulas de contratación e o obxecto das mesmas para adecualas á situación dos beneficiarios.   

Turismo de calidade e sustentable 

 A través destas liñas de subvencións, a Xunta vén apoiando a actividade turística dos concellos galegos e, particularmente, o turismo rural, unha tipoloxía que recolle os valores do modelo galego, baseado na calidade e a sustentabilidade e en aspectos como a natureza, a paisaxe ou o medio ambiente.   

 Precisamente, o Plan de Reactivación do sector turístico aprobado recentemente polo  Goberno galego contempla medidas de apoio a esta actividade que se veñen a sumar as axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo, para as festas de interese ou á mellora de infraestruturas turísticas. Entre esas medidas de apoio destaca o impulso aos xeodestinos como axentes clave na promoción a escala supramunicipal e como polo de desenvolvemento do sector nas súas áreas de implantación. A Xunta colaborará coas entidades xestoras dos xeodestinos na creación de produtos e paquetes turísticos co obxectivo de potenciar a recuperación do sector a nivel local e o impulso do turismo rural.

GALICIA

Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario da Xunta de Galicia 

O prazo para presentar as solicitudes –preferentemente por vía telemática, rematará o día 19 de xuño

       Foto: X.G.


Infogauda / Galicia

  A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21.

 O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

 Con fin de reforzar o apoio ás familias ante a situación de crise xerada pola pandemia COVID-19 e a atención aos máis desfavorecidos, para o vindeiro curso 2020-21 a Consellería de Educación aumenta as contías das axudas para a compra de libros (preto de 19,7 millóns de euros, o que supón un incremento de case o 63% con respecto aos 12,1 M€ do presente curso); e flexibiliza os límites de renda para acceder aos vales de libros, material escolar e ao Fondo Solidario de libros, cunha maior cobertura en canto ao alumnado beneficiario. O reparto de orzamento faise a razón de 7.750.000 € para o Fondo Solidario de libros de texto, 6.430.000 euros para as axudas a compra de libros e os 5.500.000 euros restantes para vales de material escolar.
Cómpre lembrar que o sistema solidario habilitado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que posibilita garantir unha educación accesible para o conxunto do alumnado susténtase en tres eixos, que son o Fondo Solidario de libros de texto, as axudas á adquisición de libros de texto (para aquelas ensinanzas e cursos nos que os materiais non son reutilizables) e as axudas para a adquisición de material escolar.

Axudas á compra

 As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 O vindeiro curso modifícanse os tramos de renda per cápita familiar para dar cabida a un maior número de familias, e as contías aumentan entre 40 e 50 euros segundo o tramo de renda.

Así, os requisitos de renda e as contías das axudas quedan do seguinte xeito:

Educación Primaria:

- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 210 euros (ata o de agora o tramo era de ata 5.400 euros e a contía de 170 euros).

- Renda per cápita familiar superior a 6.000,01 e igual ou inferior a 10.000 euros: 140 euros (no presente curso o tramo ía dos 5.400,01 aos 9.000 euros e a contía era de 90 euros).

 Así mesmo, no caso do alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros (25 máis que os 250 establecidos agora), con independencia da renda per cápita familiar.

 Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (210 euros fronte aos 170 actuais), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Fondo solidario

 No Fondo solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, ao igual que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

 De non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexan necesarios.

 Neste caso tamén se flexibilizan á alza os treitos de renda per cápita. Así, o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros (ata o de agora situábase en 5.400 euros), ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a 6 libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000,01 e 10.000 euros (ata o de agora o tramo ía de 5.400,01 a 9.000) terán acceso a 4 manuais.

 Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

Axudas para material escolar

 O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros (ata o de agora o límite era de 5.400 euros), e a contía da axuda mantense a mesma, isto é, 50 euros/alumno.

 O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Trámites por vía telemática

 As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

TURISMO

A Xunta de Galicia presenta aos concellos a app que poderán usar voluntariamente para controlar o aforo das praias máis concorridas  

Porá a súa disposición ferramentas para axudarlles nesta competencia municipal co fin de dar garantías a galegos e turistas e proxectar un destino seguro

        Na imaxe unha das 960 praias galegas
        Foto: X.G.


O Ministerio de Sanidad fixa límites de persoas nos areais pola crise sanitaria

Trátase dun sistema voluntario, que busca facilitar o labor dos concellos nun ámbito no que a Administración autonómica carece de atribucións

Infogauda / Galicia

 A Xunta de Galicia reunirase mañá coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para ofrecer a súa colaboración aos concellos na xestión do aforo das praias este verán. O Goberno autonómico ponse así a disposición dos concellos galegos para axudar no manexo da capacidade dos areais que establece o Ministerio de Sanidade como consecuencia da crise derivada do Covid-19.

 Con esta finalidade, a Xunta de Galicia desenvolveu tarefas previas, traballando coa máxima anticipación e planificación posible, e analizou a través do Instituto de Estudos do Territorio a superficie de cada praia, contribuíndo desta maneira a determinar a súa capacidade.
A implementación destas medidas por parte dos concellos será de carácter voluntario e flexible, respectando a autonomía municipal no ámbito das súas competencias, posto que a xestión das praias corresponde aos propios concellos. A reunión prevista permitirá analizar as necesidades específicas, de xeito que aqueles concellos que o precisen poidan empregar este sistema ou optar por outros sistemas alternativos.

 “En Galicia temos un total de 960 praias e os estudos indican que poderíamos ir con total seguridade máis de 936.000 persoas ao día”, explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio Vivenda, Ángeles Vázquez. Nesta liña, o titular de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou que o obxectivo “é converter as nosas praias en destinos seguros, dando confianza tanto aos veciños como aos posibles visitantes que queiran gozar delas”.

 O visor do Catálogo de Praias de Galicia permite obter datos sobre a superficie exacta de cada areal e outra información valiosa para poder determinar a súa capacidade de carga en función dos criterios fixados por parte do Goberno do Estado. A este respecto cómpre precisar que a Comunidade conta con máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie, concentrando a provincia da Coruña 454 praias, 414 Pontevedra e 92 Lugo.

CULTURA

O CGAI implica máis de 500 alumnos de 13 centros escolares en actividades de fotografía e cinema durante o confinamento  

As propostas realizáronse no marco do programa Cinema en curso, no que participan como titores os cineastas galegos Eloy Domínguez, Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos Flórez e Ángel Santos

Imaxes tomadas desde as casas, retratos de familiares ou secuencias de luz foron algúns dos obradoiros realizados

        Foto: X.G.

Infogauda / A Coruña
 O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) leva a cabo durante o confinamento diferentes actividades de cinema e fotografía nas que participaron 532 estudantes e 48 docentes de 13 centros escolares galegos. Imaxes gravadas desde as xanelas, retratos das persoas coas que se convive, captación de feixes de luz en distintos momentos do día ou secuencias de ceos e nubes son algunhas das actividades realizadas, que deron como resultado centos de planos asinados por alumnado comprendido entre cuarto curso de primaria e primeiro de bacharelato.

 As propostas forman parte do proxecto pedagóxico internacional Cinema en curso/Fotografía en curso, no que participan tamén neste momento Madrid, Cataluña, País Vasco e a cidade alemá de Brandemburgo. O programa está coordinado pola asociación A Bao A Qu e o CGAI, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, é o encargado anualmente do seu desenvolvemento en Galicia, no marco do Plan Proxecta da Xunta.

 Os cineastas galegos Eloy Domínguez, Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos Flórez e Ángel Santos viñan traballando cos escolares desde o inicio do curso lectivo na produción de distintos filmes, a maioría relacionados coa etnografía ou a idiosincrasia dos municipios nos que se localizan os colexios e institutos. Cando se ordenou o peche dos centros, a actividade adaptouse á nova situación, de xeito que os rapaces e rapazas seguiran aprendendo a mirar ao seu redor a través das cámaras e con propostas que se puideran desenvolver dentro das casas.

Vídeos desde as xanelas ata os ceos

 Así, a primeira das actividades titulouse Planos desde as xanelas, con fotografías e gravacións do exterior pero tomadas desde as fiestras dos fogares. Paisaxes rurais e urbanas, amenceres, rúas desertas, patios interiores, aves ou elementos da natureza foron algúns dos temas máis recorrentes. Outra das actividades consistiu en retratar os membros da familia cos que se convive, unha proposta na que os avós e as avoas foron os absolutos protagonistas das fotografías.

 Tamén se levaron a cabo os denominados Diarios da luz, consistentes en filmar ou captar momentos de entradas de feixes de luz no interior das habitacións e nas mesmas localizacións exteriores en distintos momentos do día.

 Coa relaxación das medidas de confinamento, propuxéronse outros exercicios e obradoiros, como a filmación de ceos e nubes ou a fotografía de árbores. Así mesmo, houbo oportunidade de propoñer experimentos como a creación dunha cámara escura. O arquivo e posta a disposición dos materiais conseguidos nos webs www.cinemaencurs.org e www.fotografiaencurs.org permitiu, ademais, establecer entre todos os participantes un diálogo en clave cinematográfica en pleno illamento e desde distintos territorios, sensibilidades e linguas.

 Os centros que traballan en Cinema en curso este ano son o CEIP A Rúa de Cangas, o CEIP San Cosme de Barreiros, o CEIP de Tenorio en Cerdedo-Cotobade, o CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal e o IES O Ribeiro en Ribadavia; en tanto que en Fotografía en curso están inscritos o IES Pastoriza de Arteixo, o CEIP Barrié de la Maza en Santa Comba, o CEIP As Mercedes de Lugo, o CEIP de Seara en Moaña, o CEIP Gándara Sofán de Carballo, o IES Francisco Aguiar de Betanzos, o CEIP Padre Crespo en Xunqueira de Ambía, o IES Lauro Olmo no Barco de Valdeorras e, de novo, o CEIP de Tenorio en Cerdedo-Cotobade.

ARCOS DE VALDEVEZ

Limpeza de terrenos 

Prazo prorrogado até 31 de maio  




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O prazo para a realização da limpeza dos terrenos foi prorrogado, até 31 de maio, segundo o Decreto-Lei nº 20/2020, o qual abrange as medidas excecionais e temporárias relativas ao COVID-19. 

 Devem proceder a esta limpeza os proprietários, arrendatários, usufrutuários, ou entidades que detenham os terrenos, numa faixa superior a 50 metros dos edifícios, contribuindo, desta forma, para a prevenção de incêndios florestais e proteção da área envolvente. 

 A Câmara Municipal solicita a colaboração de todos na limpeza dos terrenos, de forma a evitar a propagação de fogos florestais, e proteger a Natureza.

LABORAL

“Sobornan os encargados do AVE con agasallos e cocaína para poder traballar” 

A CIG segue a recoller testemuños entre os traballadores escravizados e explotados nesta obra pública en Ourense 

     Tramo do AVE en obras na provincia de Ourense
      Foto: CIG


Infogauda / Galiza

 Animados polas publicacións anteriores e fartos da situación que tiveron que soportar meses e incluso anos, a CIG está a recibir todos os días novas denuncias de operarios maltratados polas distintas empresas que traballan nas obras do AVE en Ourense, afirman desde a central sindical CIG. 

 Segundo sinalan dende a Federación de Construción e Madeira (FCM), as críticas ao papel dos encargados son unha constante. Os enfrontamentos, os problemas para rexistrar (e polo tanto cobrar) o traballo real que se facía na obra, e a actitude escravista, irrespectuosa e mesmo racista cos seus operarios, é un denominador común que refiren case todos os operarios que deciden contactar coa central para contar a súa experiencia

 “Poñíannos motes en función da raza e da nacionalidade, e nos partes de traballo eramos Morito 1, Morito 2...”. Abdullah é un operario árabe afiliado á CIG desde hai tres anos, que ante a dificultade para empregarse na construción rematou aceptando un contrato nas obras do AVE de Ourense, pero foi dos poucos que non aceptou a calquera prezo. “Os encargados, de orixe extremeña, eran os que decidían quen traballaba, como e cando”. Acumularon tanto poder que chegaron a estar por enriba do ben e do mal. “Coma os sábados e domingos cobrábase un chisco máis, moitos operarios chegaron a levarlles agasallos, e sobre todo cocaína, para que os chamaran a traballar. Outros negámonos, e claro, non nos chamaban tanto”. 

 A droga e o alcol foron tamén un elemento constante, dentro e fóra da obra. Ninguén controlou nunca a proliferación de substancias que claramente podían provocar riscos graves de accidentes. As esmorgas onde corría o alcol e a coca eran do coñecemento de todos. Todos o viamos, pero ningunha empresa ou administración facía nada, asi que sentiamos temor porque esa xente era a que logo estaba a manexar máquinas de varias toneladas”. 

 Outra denuncia recurrente é a falta dos mínimos equipos de protección individual (EPI); aínda que houbo casos en que a empresa si os entregou, mais logo esixiulles aos traballadores que llos pagaran unha vez finalizado o contrato. Noutros casos non existiron en absoluto. Foi o caso das máscaras, unha vez declarada a alerta sanitaria, que brillaron pola súa ausencia. Mesmo ante a sospeita dun posíbel positivo por coronavirus dun operario dos túneles, tiveron que seguir traballando con normalidade, non se tomou ningunha medida e as máscaras ou xeles hidroalcólicos convertéronse en elementos de luxo que só estaban a disposición duns poucos privilexiados

Filipinos escravizados 

 Como ten denunciada o CIG, o abuso a colectivos precarizados na obra, e principalmente o dos inmigrantes, é habitual. Nesta obra concurren varios equipos, ademais dos galegos: hai grupos de españois, árabes de distintas nacións, bolivianos, filipinos, etc. O caso destes últimos é particularmente rechamante. 'Ficháronos' en Filipinas ou ben nas obras do AVE da Meca, en Arabia Saudita, executado por un consorcio das principais construtoras españolas, coa promesa de traelos a Galiza para seguir traballando en obras ferroviarias. O prezo desa 'deferencia' é a dispoñibilidade permanente para a empresa, as 24 horas, por 1.300 euros, todo incluído

 “Dos sete operarios que máis horas extras ilegais desenvolveron nesta obra, seis son compañeiros filipinos; ningún deles desenvolveu menos de 1000 horas extras ilegais, chegando ás 13 horas diarias de traballo, durante semanas consecutivas”, explica Mario Maceiras, responsábel de Negociación Colectiva da FCM-CIG, quen calcula que a débeda salarial e coa Seguridade Social supera os 14.000 euros para cada un deles. “Aprovéitanse da súa vulnerabilidade e da pouca capacidade de comunicarse e de defenderse, pois saben que o prezo de protestar é a repatriación, e así péchase o círculo da escravitude”. 

 Non é de estrañar - engade Mario Maceiras - que con estes antecedentes se teñan producido accidentes brutais nas obras, moitos de consecuencias mortais. Este mesmo ano un operario foi arrolado brutalmente por un Vaia Car, un vehículo ferroviario, que lle machacou o costado. En moitos deses accidentes, a seguinte noticia que tiñan da empresa, e última, era o seu despedimento, ou o que é peor, a baixa voluntaria por non acudir ao traballo. Brazos e dedos amputados, caídas desde alturas considerábeis, esmagamentos e atropelos foron os accidentes máis habituais

 A CIG ten constancia que boa parte deses sinistros aconteceron durante a realización de horas extras, tras xornadas interminábeis que como non pode ser doutro xeito afectan de xeito determinante á atención e á pericia dos operarios. Así mesmo, varios accidentes producidos 'in itinere' nunca foron recoñecidos coma tales”, conclúe o voceiro da CIG.

LABORAL

O comité de Virasa reclama o mantemento dos servizos hixiénicos para o persoal de condución 

Remitiulle un escrito ao Concello de Vigo alertando da retirada inminente por parte da empresa 

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, vén de remitirlle un escrito ao Goberno local reclamando o mantemento dos servizos hixiénicos para uso do persoal de condución instalados durante o estado de alarma “debido á reapertura nun corto espazo de tempo dos locais de restauración”. 

 Dende a representación dos traballadores/as amosan a súa sorpresa polo feito de que a empresa lles obrigue “a ter que realizar as nosas necesidades en bares e cafeterías privadas coa obriga que supón de ter que consumir ou ter que depender da boa vontade dos propietarios para facer uso das súas instalacións”. A maiores atópanse coa problemática da falta de servizos en determinados remates de liña onde non existen negocios. 

 Por iso lle reclaman ao Concello que permita a continuidade dos servizos instalados, instándoo ademais a instalar novos servizos nos lugares “que consideramos necesarios”. Segundo indican, Vitrasa xustifica a retirada aludindo a esixencias do Concello e a unha cuestión estética, polo que demandan a colocación doutro tipo de casetas mellor integradas co contorno. “Que mesmo se poderían autofinanciar co cobro a transeúntes ou coa colocación de publicidade”. 

 Lembran que existía un compromiso do ex concelleiro David Regades de instalar 10 baños para cubrir temporalmente as necesidades do persoal, “e xa co novo prego de condicións esixirlle á empresa a súa colocación en todas as cabeceiras de liña”. 

Mamparas eficaces 

 Por outra banda, dende o comité demandan tamén do Concello que interceda diante da empresa para que substitúa as mamparas instaladas no posto de condución por outras máis eficaces, “xa que nos parece que as que se colocaron non son eficaces para evitar contaxios porque expoñen o persoal de condución de maneira directa dende varios ángulos”. 

 Tamén propoñen que a tarxeta moedeiro creada para evitar o pago en efectivo durante o estado de alarma pase a ser un método de pago máis “que mesmo se pode estender ás persoas que visitan a cidade, podéndose distribuír nos principais puntos de chegada de viaxeiros/as, lugares estratéxicos e incluso en estancos e en librerías”. 

 Finalmente, solicítanlle ao Goberno local que aclare se na na posíbel indemnización que percibirá a concesionaria polo descenso de viaxes durante o estado de alarma “se contempla que unha parte sexa destinada a sufragar a perda salarial que tivo que soportar o cadro de persoal como consecuencia do ERTE”.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra impulsa as obras dos ecocentros do proxecto ESTRAEE para a recollida de residuos electrónicos en 9 concellos da provincia  

Os centros, nos que se están a investir 620.000 €, estarán rematados este verán en Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Bueu, Moaña, Cangas, Ponteareas, Silleda e Vilagarcía de Arousa 

        Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

  No marco do proxecto ESTRAEE, "Estratexia Sostible Transfronteiriza para a xestión de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos", a Deputación de Pontevedra xa ten en marcha as obras de adaptación dos puntos limpos dos nove concellos da provincia, integrados neste programa europeo, con fin de convertelos en ecocentros sobrecualificados que xestionarán o tratamento dos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos).

  Deste xeito, e cun orzamento de 620.000 euros, estanse a impulsar reformas e construción de almacéns para RAEE nos nove concellos beneficiarios: Meaño, Vilagarcía de Arousa, Ponteareas, Nigrán, A Guarda, A Lama, Gondomar, Silleda e na Mancomunidade do Morrazo, (con servizo para Bueu, Moaña e Cangas). Os traballos consisten en enlousados de formigón, estruturas metálicas e bloques de peche, así como a reutilización de elementos, instalación de iluminación, sistemas de protección contra incendios e paneis indicativos. Con este programa, se seguen a espallar as estratexias sostibles de xestión de residuos da Deputación, así como a súa aposta polo medio ambiente cara a transición ecolóxica e economía circular transfronteiriza.

  Pola situación xerada pola pandemia da COVID-19, o proxecto ESTRAEE adaptou a súa estrutura á situación vixente para poder chegar ao seu fin e, así, as actuacións continúan en marcha para que este verán estean os nove ecocentros totalmente preparados e rematados. A día de hoxe é o de Meaño o que ten toda a súa estrutura finalizada, estando tamén moi avanzadas as obras en Vilagarcía de Arousa e Nigrán, e en marcha nos outros concellos beneficiarios desta iniciativa.

  ESTRAEE é un proxecto que conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros, o 75 % de fondos da Unión Europea, que pretende dar un salto cualitativo na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito da protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos residuos. A Deputación de Pontevedra é a socia líder deste proxecto no que participan outras tres entidades españolas e dúas portuguesas con ampla experiencia na reciclaxe e innovación tecnolóxica.

  Ademais da adecuación destes nove puntos limpos para convertelos en ecocentros, ESTRAEE tamén está a desenvolver outras accións como a elaboración dun borrador de ordenanza para os concellos sobre xestión sostible dos RAEE, a análise do ciclo de vida das diferentes tipoloxías de RAEE e a implantación da bolsa de recursos e materias primas secundarios. Todas estas iniciativas, impulsadas polo proxecto europeo, están xa en marcha e permitirán impulsar a economía circular nesta zona transfronteiriza que abrangue a provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal.

TURISMO

A Deputación de Pontevedra mantén o apoio ás dez Festas de Interese Turístico Nacional e Internacional da provincia  

Na xuntanza telemática cos concellos e organizadores/as confirmáronse as axudas "a fin de que non se perdan festas que son activos clave para o prestixio turístico"

Captura de pantalla correspondente a xuntanza telemática cos concellos e organizadores dos eventos 
Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

  A Deputación de Pontevedra aposta por arrimar o ombro para manter o pulso das 10 Festas de Interese Nacional e Internacional da provincia de Pontevedra. A deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, mantivo unha xuntanza virtual cos concellos e organizadores/as dos eventos para confirmarlles que a institución provincial manterá o financiamento para este ano e ofrécelles todo un abano de posibilidades que van dende o cambio de datas ata a reformulación dos actos, pasando tamén pola opción de centrarse na realización de accións promocionais, de cara a edición de 2021.


  A deputada confirmou o xa adiantado pola presidenta Carmela Silva, na liña de que ningún evento turístico perda pulo por mor de falta de apoio institucional nesta situación de crise sanitaria causada pola Covid19. "Queremos seguir con vos porque sabemos que sodes fundamentais para o prestixio turístico da nosa provincia", afirmou Iglesias. "Estamos nun ano complicado, pero temos o máximo interese en manter as axudas e contribuír no que faga falta para que as festas se adapten tamén á "nova normalidade" e ás garantías sanitarias".


  Os organizadores/as dos principais eventos do calendario festivo da provincia amosaron a súa satisfacción co anuncio e agradeceron o compromiso da Deputación que, ademais de dar tranquilidade no que atinxe ao soporte económico, pon a disposición dos concellos, entidades e asociacións o asesoramento técnico e administrativo para o desenvolvemento dos necesarios plans de continxencia.


 Na xuntanza de hoxe participaron os concellos e organizacións de tódolos eventos que restan por celebrarse, unha vez que a Festa do Cocido (Lalín) e a Festa da Arribada (Baiona) xa tiveron lugar e a Festa da Reconquista (Vigo) foi suspendida por mor da coincidencia co estado de alarma. Entre os asistentes estaban os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e O Grove, José Antonio Cacabelos, ademais de concelleiros/as de Turismo, técnicos municipais e o presidente da Asociación Rapa das Bestas, Paulo Monteagudo.


  Os responsables de cada unha das festas comentaron as súas incidencias concretas e debullaron as diferentes opcións sobre a mesa para adiar o evento, reformulalo a un formato que permita maiores garantías ou reconvertelo a formatos online ou actividades de promoción de cara ao ano próximo. A Deputación admitirá tódalas fórmulas e ofrécese a acompañalos para poñelas en marcha.


  A provincia conta dende este ano con 6 Festas de Interese Turístico Internacional: a Festa da Arribada, de Baiona; a Festa do Cocido, de Lalín; a Rapa das Bestas, de Sabucedo; o Corpus Christi, de Ponteareas; a Festa do Albariño, de Cambados e a Romaría Viquinga, de Catoira. Ademais, hai outras catro Festas de Interese Nacional: a Festa da Reconquista, de Vigo; a Festa da Lamprea, de Arbo; a Festa do Marisco, do Grove e a Festa da Auga (San Roque), de Vilagarcía.

ARMENTEIRA (PONTEVEDRA)

Grande acollida ao restablecemento das adopcións no CAAN do que, en só unha semana, saíron 29 animais cara ao seu novo fogar  
Nun só día foron adoptados oito cans e cadelas, entre eles "Ron" e "Roma", dous dos cachorros abandonados en abril nunha explotación gandeira en Rodeiro

     Foto: D.PO.
Infogauda / Pontevedra
  O grande interese amosado de xeito telefónico polos cans e cadelas do Centro CAAN da Deputación de Pontevedra mentres as adopcións estiveron interrompidas por mor do estado de alarma, veuse reflectido nestes últimos días coa excepcional acollida ao restablecemento deste servizo. Así, desde a pasada semana -en que a provincia entrou na fase 1 da desescalada e se retomaron as adopcións co sistema de cita previa- ata hoxe son xa 29 os animais do Centro de Acollida que saíron cara a un novo fogar.

  Como exemplo do interese polas adopcións, só este luns ata oito cans e cadelas puideron deixar as instalacións da Armenteira. Entre eles figuran, por exemplo, dous dos preciosos cachorros que en abril foran atopados abandonados nunha explotación gandeira de Rodeiro. Trátase de "Ron" e "Roma", adoptados agora por unha veciña de Vilagarcía de Arousa. No CAAN queda agora "Rona", a terceira desa camada, á espera de atopar unha nova casa. Tamén foi adoptada onte "Prada", outra cadeliña que fora recollida en Meaño xunto as súas tres irmás, abandonadas durante os días de confinamento, e que tamén se vai para Vilagarcía de Arousa.

  Coas últimas adopcións, xa son 123 as que leva o CAAN neste 2020, a pesar dos case dous meses de parón que supuxo o estado de alarma. Ademais, xa hai varias citas programadas para esta semana e solicitudes de información. Incluso persoas doutras provincias amosaron telefonicamente o seu interese por adoptar algún dos animais trala consulta da web do CAAN. A este respecto, hai que citar tamén que por exemplo o xoves 14 de maio saíron do centro cinco animais, entre os que figuraban dúas cadelas que viaxaron en transporte autorizado a Barcelona e outra a Asturias e cuxas adopcións formalizáronse coa mediación dunha protectora. Con todos estes datos, tanto a Deputación como o persoal do centro amosan o seu agradecemento á cidadanía pola súa espera durante os pasados meses para realizar unha adopción de xeito responsable e por esta grande acollida no restablecemento do servizo.

  Hai que lembrar que desde a actual nesta fase 1 da desescalada, o centro da Deputación mantén o sistema de cita previa para as visitas ás instalacións e para os procesos de adopcións. As persoas interesadas deben solicitar esta cita previa no teléfono 986 140 360 e, unha vez que se despracen ao recinto da Armenteira, deberán agardar se é preciso a súa quenda no exterior do centro, co obxecto de evitar concentracións. Outras medidas adoptadas polo centro dependente da institución provincial son a atención individualizada a cada visitante, a utilización de luvas e máscaras dentro do recinto e o mantemento das distancias de seguridade.