Un taller de costura do Rosal confecciona 1.000 mascarillas hixiénicas reutilizables
Voluntarios de Protección Civil distribuirá as máscaras entre o comercio local, que será o encargado de repartilas entre á veciñanza
Varias costureiras foron as encargadas de confeccionar estas máscaras no taller de María Araújo, en Viso dos Eidos
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal colabora con costureiras rosaleiras e co comercio local para repartir 1.000 mascarillas hixiénicas reutilizables entre a veciñanza. Varias costureiras foron as encargadas de confeccionar estas máscaras no taller de María Araújo, en Viso dos Eidos. Todas elas están feitas co tecido requerido por normativa para máscaras, pero non se trata dun dispositivo sanitario de acordo ao Regulamento UE/2017/745 nin un EPI de acordo ao Regulamento UE/2016/425, senón que son mascarillas hixiénicas reutilizables de acordo co establecido na norma UNE 0065:2020 e deben empregarse xunto con todas as medidas de prevención que recomendan as autoridades competentes.
Voluntarios de Protección Civil serán os encargados de distribuír o material entre o comercio local a partir deste mércores 20 de maio en colaboración coa asociación de comerciantes do Rosal e as mascarillas estarán a disposición dos veciños e veciñas en diferentes establecementos dende o xoves 21 de maio.
No reparto destas mascarillas darase prioridade as persoas maiores e persoas de risco e dende o Concello chámase á responsabilidade a toda a veciñanza, pedindo que soamente as vaian recoller persoas que realmente as precisen e soamente unha unidade por veciño ou veciña.
Dende o Concello quérese agradecer “a solidariedade amosada por todas e todos, xa que soamente colaborando e achegando cada un o seu gran de area poden facerse grandes cousas, sobre todo en tempos tan complicados como o que estamos a vivir. Moitas grazas por afrontar todos os retos con ilusión e gañas”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario