9 de nov. de 2018

A GUARDA

CULTURA

"MÚSICAS DA TERRA", DE ÁLVARO NOVEGIL - ALVARELLOS

Do 23 de novembro ao 7 de decembro de 2018, no Centro Cultural 



A GUARDA

Gastronomía e Arte

Protagonistas dunha nova edición de “Petiscos con Arte”

· Terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:30 horas  
  

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo ven de facer público no día de hoxe, que organiza unha nova edición da Ruta “Petiscos con Arte”, un evento que conxuga a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos.
 A Ruta “Petiscos con Arte” terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:30 horas.  

 Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertarán un petisco ao prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, “montaditos”, tostas, sushi, entre outros.   

 Desde a concellería de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez afirma que “a finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, polo que as persoas participantes poderán degustar os bocados mentres contemplan as obras de pintura, escultura e fotografía expostas nos establecementos, contando con ilustracións, pinturas, fotografías e esculturas.  

 Nesta ruta colabora a Adega Señorío da Torre, de Novás (O Rosal) que cederá 5 lotes de viño albariño Gran Novás para sortear entre os participantes na ruta que degusten o petisco e cumprimenten o boleto do sorteo.

Art Café: Fabada guardesa
Ilustración: “Ilustracións, serigrafía e pintura”
Davida (Vigo)

Boc and Pix: Capricho limeño
Ilustración: “Somnium Pictura”
Sarai Rodríguez Fernández (Tomiño)

La Botica: Bandeiriñas españolas
Pintura: Bodegóns postmodernos
Gemma Marqués (A Guarda)

Brétema: Salinas
Pintura: “Meu Pobo”
Cachi (A Guarda)

O Cangrexal: Cielito lindo
Pintura: “Cores do bosque”
Teresa Dorado (Oia)

Enxebre: Tiriñas de polo
Fotografía: “Colección xentes do mar”
Eliseo Alonso (Tomiño)
A máis bonita: Makis
Ilustración: “Maki-sashie”
Tamara Baz (A Guarda)


Marbella: Potaxe de garavanzos
Pintura: “Rincóns de Galicia e Portugal”
Nely R. Sánchez (A Guarda)

El perro verde: Pincho perruno”
Pintura: “Aves no fin da terra”
José Arcas (Vigo)

Terra Verde: A orella de Van Gogh
Escultura e pintura: “Miscelánea”
Modesto Rodríguez (Nigrán)

Xantar: Delicias de outono
Fotografía: “Cambia de perspectiva”
Pablo Lubiáns (Pontevedra)

Xeito: Papillote de solombo celta
Pintura: “Recunchos da Guarda”
Charo Trigo (A Guarda)

 Para premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo de diferentes agasallos entre as papeletas entregadas nas urnas, que estarán en cada establecemento. 

 Cada participante que deguste un petisco recibirá unha papeleta que cumprimentará cos seus datos persoais e depositará na urna para entrar no sorteo. 

 Haberá un pequeno acto de entrega aos premiados no sorteo (un premio por persoa).

DEPORTES

FÚTBOL

O SPORTING GUARDÉS RECIBE O PONTEVEDRA, C. F.

O encontro terá lugar o domingo día 11 de novembro ás 16:15 horas, no Estadio Municipal A Sangriña





Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O vindeiro domingo día 11 de novembro, ás 16:15 horas, o Estadio Municipal A Sangriña acollerá un interesante encontro de fútbol correspondente a 11ª xornada da Liga de Fútbol Primeira Autonómica Grupo 5º, entre os equipos Sporting Guardés e o Pontevedra, C. F.

 O Sporting Guardés, líder e imbatido, recibe o conxunto da capital da provincia, que está situado na 2ª posición da táboa clasificatoria, polo que a priori podemos prever que á emoción vai presidir este partido, no que o equipo locatario vai procurar manter o liderato e súa imbativilidade. Nada menos que dous importantes retos que o conxunto visitante tentará impedir súa consecución.

 De entrada o Sporting Guardés con 24 goles a favor e 6 en contra, sai como favorito, si ben o Pontevedra, C. F. con 27 goles a favor e 14 en contra, vai procurar levarse algo positivo para a Boa Vila. 

 Por elo, o técnico guardesista probablemente trasladará a seus xogadores unha mensaxe moi concreta: nada de confianzas co adversario, e pór todo o empeño, deportivamente falando, para tentar manter o liderato é a imbatividade.

 Todo iso, son alicientes para que os siareiros de un e outro equipo, acudan o Estadio Municipal A Sangriña para animar a seus respectivos conxuntos, e disfrutar dunha boa tarde de fútbol.

O ROSAL

O CONCELLO CONVOCA O II CONCURSO DE HAIKUS  

Co fin de conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero


Infogauda / O Rosal

 Co fin de conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, e de contribuír á desaparición do maltrato á muller o concello do Rosal convoca un concurso de haikus nesta ocasión acompañado dunha imaxe, debuxo, etc. Este é o segundo ano consecutivo que se celebra este concurso que no ano 2017 tivo moito éxito de participación.


 O Haiku é un xénero poético de orixe xaponesa. Constan de tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou a vida cotiá. 

 A data límite de entrega da obra é o martes 20 de novembro de 2018.

OIA

CULTURA

O Concello de Oia organiza un concurso de debuxo infantil sobre os Reis Magos   

O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis 


Infogauda / Oia

 O Concello de Oia organiza un concurso de debuxo infantil para que os máis pequenos poidan expresar cal é a súa visión sobre os Reis Magos. O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis.  

 No concurso poderán participar todos os nenos e nenas que estean matriculados nalgún dos centros escolares de Oia (CEIP Mestre Manuel García e CEIP Refoxos) e a técnica a empregar é libre: acuarelas, lapis de colores, pinturas de cera, rotuladores, etc.  

 O traballo gañador ilustrará o cartel do Concello de Oia sobre a Cabalgata de Reis. Haberá tres premiados, os cales recibirán un agasallo o día 5 de xaneiro despois da Cabalgata.   

 Os debuxos deberán presentarse nos colexios, en horario escolar. O prazo de entrega xa está aberto e remata o día 30 de novembro. 

MOBILIDADE

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA LEVA A BARCELONA A REPRESENTANTES DE 12 CONCELLOS DA PROVINCIA NUNHA VIAXE FORMATIVA SOBRE MOBILIDADE   

· A delegación pontevedresa coñecerá o traballo feito para recuperar o espazo público en cidades como Barcelona, Granollers, Terrassa, Sabadell ou Sitges  

· Os participantes asistirán ás xornadas ‘Contorna Urbana e Saúde’ da Deputación de Barcelona, e tamén ao Smart City Expo World Congress, que reúne a expertos internacionais en mobilidade amable  

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra César Mosquera e o deputado de Mobilidade Uxío Benítez na rolda de prensa de hoxe
Foto: D. PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra, da man do vicepresidente César Mosquera e do deputado de Mobilidade Uxío Benítez, levará a vindeira semana a Barcelona e á súa área metropolitana a representantes de doce concellos da provincia (A Guarda, Cambados, Lalín, O Grove, Ponte Caldelas, Pontevedra, Salceda de Caselas, Silleda, Ribadumia, Valga, Vilaboa e Vilagarcía) nunha viaxe formativa sobre Mobilidade.   

 A Deputación está a traballar nunha Estratexia de Mobilidade 3.0 para facilitar aos concellos da provincia de Pontevedra o deseño de infraestruturas viarias e espazos públicos centradas nas persoas, sostibles, inclusivas e seguras. Ata o de agora, leva desenvolvido unha liña de subvencións económicas para a redacción de Plans de Mobilidade Sustentable á que se acolleron 41 concellos da provincia. Ademais, a institución provincial editou unha ‘Guía de Espazos Públicos e Mobilidade Amable’ a nivel práctico que está a ser recoñecida internacionalmente e que supón unha ferramenta excepcional para o traballo do persoal técnico municipal á hora de deseñar o espazo público.  

NA PROCURA DA MOBILIDADE AMABLE

 O departamento dirixido por Benítez, a pesares de que na provincia existen exemplos punteiros, considerou idóneo realizar a viaxe a Barcelona co fin de que os gobernos locais da provincia coñezan outros casos prácticos reais de mobilidade amable, cos seus acertos e erros, que poidan aplicarse no territorio pontevedrés con adaptación ás particularidades propias. Ademais organizouse a asistencia a varias xornadas e congresos que se celebran a vindeira semana na cidade condal.  

 De feito, a viaxe coincidirá coa celebración do Smart City Expo World Congress 2018, un evento internacional sobre cidades intelixentes que cumpre este ano a súa oitava edición baixo o lema  ‘Cidades para vivir’, para subliñar o obxectivo último e común das cidades intelixentes de converterse en lugares máis habitables. O programa do congreso reestrutúrase en cinco eixos: transformación dixital, contorna urbana, mobilidade, gobernanza e finanzas, e cidades inclusivas e compartidas, e abordará temas como o 5 G e o futuro da conectividade, entre outros.  

 Por outra parte, a delegación pontevedresa asistirá a un evento organizado pola Deputación de Barcelona baixo o título ‘Contorna urbana e saúde’, onde o propio César Mosquera está convidado como relator en representación do Concello de Pontevedra para falar de ‘Ideas básicas para a transformación práctica dunha cidade: Pontevedra’. Tamén estarán como relatoras a representante da Fundación Jan Gehl, Jennifer Gardner; ou a responsable de Saúde Pública da cidade de Nova Iorque, Aletha Maybank.   

 Aproveitando estas xornadas, congresos e conferencias (César Mosquera tamén será o protagonista do relatorio ‘Sabadell e Pontevedra. A cidade para as persoas’, no Concello de Sabadell), o departamento de Mobilidade provincial considerou axeitado poñerse en contacto co concello de Barcelona e outros da súa área metropolitana como Granollers, Terrassa ou Sitges, co fin de que a delegación pontevedresa puidese coñecer como desenvolveron os avances de mobilidade en cada vila.   

 Deste xeito, os representantes da Deputación e dos concellos pontevedreses coñecerán con persoal técnico local as ‘superilles’ de Barcelona (que configúranse como unidades urbanas constituídas pola suma de diversas mazás de casas onde se pacifican as rúas para recuperar espazo público para os peóns, limítase o tráfico motorizado e dáse prioridade á mobilidade sustentable e ao espazo compartido, verde e seguro); os plans estratéxicos e de Mobilidade de Granollers e de Terrassa e tamén o fracaso recoñecido na implementación de medidas de recuperación do espazo público levadas adiante polo concello de Sitges. 

 A realización desta viaxe foi comunicada a todos os concellos da provincia de Pontevedra, convidando a Deputación a dúas persoas por concello e facéndose cargo da viaxe e do hotel, así como das visitas aos concellos. Finalmente participarán os alcaldes e alcaldesas de A Guarda, Salceda de Caselas, Cambados e Silleda, así como concelleiros e concelleiras de O Grove, Vilaboa, Lalín, Pontevedra, Ribadumia e Vilagarcía, e técnicos de Vilaboa, Valga, e Ponte Caldelas.

TURISMO

O castelo de Soutomaior entra a formar parte do "Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España" 

O deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, participará, o vindeiro 20 de novembro en Madrid, na primeira asemblea do Club

Castelo de Soutomaior
Foto: D. PO.

Infogauda / Soutomaior

 O goberno da Deputación de Pontevedra, que preside Carmela Silva Rego vén de coñecer a resolución positiva do "Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España" para que o castelo de Soutomaior forme parte da mesma como socio colaborador. Para Silva, este feito "é unha manifestación máis de que os pasos que seguimos a dar para situar a Soutomaior como un dos grandes referentes turísticos da provincia de Pontevedra están a dar os seus froitos".  

 A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción por este recoñecemento "que converte, máis se cabe, a Soutomaior nun atractivo turístico de primeira orde a nivel estatal". Carmela Silva destacou que "non paramos de impulsar proxectos no Castelo e para o Castelo". Máis polo miúdo, Silva referiuse a que nesta semana se clausuraron as visitas teatralizadas, con todas as prazas esgotadas e case 5.000 persoas en lista de agarda, e vai ter lugar, o vindeiro domingo con motivo do Día Europeo do Enoturismo, unha cata a cegas en colaboración coa Ruta do Viño Rías Baixas que tamén esgotou as cen prazas en canto se ofertaron. 

 Coa resolución favorable do "Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España", que impulsa a Secretaría de Estado de Turismo, o castelo de Soutomaior intégrase ademais nas accións de promoción futuras desta oferta turística cultural. Deste xeito, o vindeiro 20 de novembro o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, participará o vindeiro 20 de novembro en Madrid na primeira asemblea do club que permitirá situar ao recinto histórico pontevedrés ao mesmo nivel de castelos tan coñecidos como o de Peñafiel ou o de Belmonte. 

 Durante a primeira asemblea do "Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España", á que asistirá o deputado de Turismo o vindeiro 20 de novembro en Madrid, presentarase a plataforma tecnolóxica a través da cal se porá en valor a rede de castelos pertencente ao club. Ademais, tamén se dará a coñecer o plan de acción para o vindeiro ano, a estratexia promocional da rede de castelos e palacios, a distribución, así como as experiencias desenvolvidas polos castelos e palacios socios.  

 O obxectivo principal deste club turístico consiste en afrontar de xeito coordinado e a nivel estatal a oferta cultural e visitas aos castelos e palacios integrados nel. Así, preténdese configurar un produto turístico tomando como elemento principal os castelos e palacios e, a través deles, amosar a historia aderezada con experiencias turísticas novas e singulares. 

TOMIÑO

CUADERNOS DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE CIENCIAS FORESTALES PUBLICA UN ARTIGO SOBRE O CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE TOMIÑO 

O SÁBADO DÍA 10 DE NOVEMBRO VAI SER PRESENTADA UNHA PONENCIA AO RESPECTO DESTE CATÁLOGO NO SIMPOSIO INTERNACIONAL SOBRE A BACÍA HIDROGRÁFICA DO RÍO MINHO QUE VAI TER LUGAR EN VILANOVA DE CERVEIRA

Sobreiro de Vilar de Matos
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 A elaboración do Catálogo de árbores senlleiras do concello de Tomiño, vén de ser obxecto dun artigo recentemente publicado na revista científica da Sociedad Española de Ciencias Forestales, no marco dun número que recolle as ponencias presentadas en novembro de 2016, nun simposio sobre árbores “singulares” celebrado en Lourizán (Pontevedra).

 O artigo resume a metodoloxía de elaboración e os principais resultados do Catálogo de árbores senlleiras de Tomiño. Pon de relevancia o seu carácter pioneiro no ámbito municipal galego, aínda que resulte máis frecuente a existencia de documentos deste alcance noutros municipios no ámbito de España. Tamén se destacan algunhas características propias, como a importancia que se outorga ás especies autóctonas e a exclusión de árbores exóticas invasoras, así como daquelas outras que se encontran fóra de parques e xardíns, agás o caso que revestisen importancia a nivel galego. Isto último só aconteceu cunha formación de carballo turco (Quercus cerris) naturalizada nunha valgada da ladeira da serra do Argallo.  

 En Tomiño catalogáronse 125 árbores e formacións de árbores senlleiras, o 75% delas corresponden a especies autóctonas, principalmente carballos, sobreiras e freixos, até un total de 20 especies. Outras tantas especies son exóticas, pero apenas supoñen un 25% do número de exemplares ou formacións contempladas.

 O Concello de Tomiño está preparando a publicación do Catálogo de árbores senlleiras de Tomiño, baixo edición da Deputación de Pontevedra. O próximo día 10 de novembro tamén vai ser tamén presentada unha ponencia ao respecto deste catálogo no Simposio Internacional sobre a bacía Hidrográfica do Río Minho que ten lugar (hoxe e mañá) en Vilanova de Cerveira.      

 Por outro lado, estase a preparar a solicitude de inclusión de varios destes exemplares no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, debido as súas características e dimensións excepcionais; en concreto, o conxunto de sobreiras da capela de San Roque (Goián), o estripeiro do Espazo Fortaleza, un piñeiro do país en Goián, un freixo na ribeira do Miño en Forcadela, así como pés monumentais de magnolio, camelio, ciprés lusitano, catalpa e rododendro arbóreo, que crecen en distintos parques e xardíns do territorio municipal.

MADRID

PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 12 AO VENRES 16 DE NOVEMBRO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA  


Martes, 13 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro de poesía "CUADERNO DE HOLLYWOOD", de Alfonso Armada, editado por elcercano. com. A obra foi escrita polo xornalista nas viaxes que realizou á cidade do cinema para cubrir os Óscar, sendo correspondente en Nova York do diario ABC. “O poeta, do mesmo xeito que o xornalista, busca a verdade e Alfonso Armada demostra ser excepcional en ambas as facetas”, tal e como apunta a contraportada da publicación.  

 Intervirán no acto, ademais de Alfonso Armada: o artista Shirin Salehi; o traballador humanitario Gonzalo Sánchez Terán; así como o editor, Moncho Conde-Corbal.   

Xoves, 15 
19:30 horas 

 Presentación do libro "TODOS TENEMOS UN MUERTO", de Francisco Javier Neira Pampín, editado por Galicia Digital, no que cunha prosa áxil e de fácil lectura, o médico galego achéganos a unha nova novela que contén todos os elementos que caracterizan o xénero  policíaco, á que ademais engade os seus persoais toques de humor. O inspector Baena, con problemas de alcol e drogas tras o abandono da súa muller e a súa filla, debe pescudar que e quen está detrás do asasinato de Julián, o seu compañeiro de traballo.  

 Na presentación acompañarán ao autor Javier Neira Pampín, os xornalistas Francisco Rivera Cela e  Xulio  Xiz.

VIANA DO CASTELO

Seminário II do projeto “Percursos do Homem e do Garrano”

Terá lugar no dia 16 de novembro, a partir das 9h00, na Escola Básica e Secundária de Lanheses


Infogauda / Viana do Castelo


 O Presidente da Câmara Municipal de Viana do Castelo convida para o Seminário II do projeto “Percursos do Homem e do Garrano”, que terá lugar no dia 16 de novembro, a partir das 9h00, na Escola Básica e Secundária de Lanheses.

VIANA DO CASTELO

II Festival do Garrano 

17 de Novembro, 15h30, Paço de Lanheses



Infogauda / Viana do Castelo

 O Presidente da Câmara Municipal de Viana do Castelo tem o prazer de convidar para o II Festival do Garrano, que terá lugar no Paço de Lanheses, no dia 17 de novembro, a partir das 15h30.

 Entrada livre.  

VIANA DO CASTELO

V Festa Viana Sabe (A)Mar 

17 de Novembro, às 17h00, no Centro Cultural de Viana do Castelo



 Infogauda / Viana do Castelo

 Festa Viana Sabe (A)Mar a 17 de novembro, pelas 17h00, no Centro Cultural de Viana do Castelo.

 Entrada gratuita, mediante apresentação de bilhete.

ARCOS DE VALDEVEZ

Município de Arcos de Valdevez no topo do investimento apoiado por fundos da União Europeia   

Câmara Municipal de Arcos de Valdevez

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal de Arcos de Valdevez está em segundo lugar da lista dos 10 municípios do Alto Minho naquilo que toca a investimentos realizados com apoios vindos da União Europeia. No total, os 10 municípios realizaram investimentos no valor de 80.841.117,33 euros e receberam apoios financeiros da União Europeia no montante de 68.714.949,73 euros, sendo que Arcos de Valdevez destaca-se por ter realizado o segundo maior investimento do Alto Minho, logo a seguir a Viana do Castelo, por conta de candidaturas financiadas por verbas europeias, tendo o valor dos investimentos atingido os 7. 136.024,39 euros e os apoios do Norte 2020 6.065.620,73 euros. 

 Da lista dos projetos cofinanciados pelo Norte 2020 em Arcos de Valdevez fazem parte, ao nível da Educação, a requalificação da Escola Básica 2,3 / S de Arcos De Valdevez, que contou com um custo Total Elegível de 3.232.875,00 euros e um apoio Financeiro da União Europeia | FEDER no valor de 2.747.943,75 euros, e a Reabilitação da Cobertura da Escola Básica de Távora, Santa Maria - Arcos de Valdevez o qual teve um custo total elegível de 54.787,84 euros e um apoio financeiro da união europeia | Feder de 46.787,84 euros, bem como o projeto SCHOOL4ALL – Arcos de Valdevez, com um custo total elegível de 438.687,00 euros e um apoio financeiro da União Europeia | FSE de 372.883,95 euros. 

 Ao nível da Cultura, fazem parte projeto do Centro Interpretativo do Barroco -Igreja do Espírito Santo / Arcos de Valdevez, o qual conta com um custo total elegível de 978.467,62 euros e um apoio financeiro da união europeia | FEDER no valor de 831.697,48 euros.  

 No que toca à Reabilitação Urbana, os projetos de Reabilitação do Espaço do Centro Histórico / -1ª fase (Rua Dr. António José pimenta Ribeiro) / Arcos de Valdevez, com um custo total elegível de 129.165,51 euros e um apoio Financeiro da União Europeia | FEDER de 109.790,68 EUR; a Reabilitação Do Espaço Público Do Centro Histórico  - 2ª Fase  (Rua De S. Bento E Espaços Envolventes) / Arcos De Valdevez o qual conta com um custo total elegível de 421.299,53 euros e um apoio financeiro da União Europeia | FEDER de 358.104,60 euros; bem como o projeto das Oficinas de Criatividade Himalaya / Arcos de Valdevez, com um custo total elegível de 1.398.357,53 euros e um apoio financeiro da União Europeia | FEDER de 1.118.603,90 euros,  

 Por último, ao nível do Património Ambiental, a Câmara Municipal investiu no projeto do Museu da Água ao Ar Livre do Rio Vez, com um custo total elegível de 350.000,00 euros e um apoio financeiro da União Europeia | FEDER de 297.500,00 euros; 

DEPORTES

O CLUB ATLETISMO TREGA, DE TOMIÑO DESPRAZARASE ESTA FIN DE SEMANA A BURGOS

PARA PARTICIPAR NO  XV CROS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA 

Adestradores e atletas do Club Atletismo Trega, de Tomiño
Foto: Phototeca B&N

Sociedade Atlética do Trega / Tomiño

 O Club Atletismo Trega, de Tomiño viaxará esta fin de semana a localidade de Atapuerca (Burgos). Ata alí, desprazaranse en autobús unha gran parte de atletas do club, que participarán no XV Cros Internacional, e farano en case todas as categorías desde benxamín ata  senior, acompañados dos seus familiares e adestradores da base, que residen nos concellos da Guarda, O Rosal e Tomiño.

 Esta proba está considerada como a mellor proba de España pola Real Federación Española de Atletismo, tamén considerado pola IAAF un dos mellores do mundo. 

 Desde a directiva queremos darlles moito ánimo! desexándolles moita sorte. Que teñan unha boa viaxe e unha gran experiencia deportiva a todos os nosos atletas. 

 Tamén queremos agradecer ao Concello de Tomiño por axudar a que o Club poida ter presenza no mellor Cros do mundo, xa que é a primeira vez, que o club se despraza con tanta representación a unha proba deste calibre desde a súa existencia, nada menos que 38 anos despois. 

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 368

"Cavalo de Guerra" de Steven Spielberg (2011) 

Sessão integrada no evento da Câmara Municipal de Caminha “Do Armistício da Grande Guerra ao Assassinato de Sidónio Pais”

Sexta-feira, 09 de Novembro às 21:45 no Teatro Valadares


Locus Cinemae / Caminha

 “Ano de 1914. Dartmoor, Inglaterra. A história de uma amizade singular entre Albert Narracott, um rapaz inglês, e “Joey”, o seu cavalo puro-sangue.  Separados durante os primeiros conflitos da Primeira Grande Guerra, o filme segue a longa jornada de sobrevivência de “Joey”, um animal extraordinário cuja capacidade de lutar contra as adversidades irá marcar a vida de todos quantos se cruzam com o seu caminho, sejam soldados da Cavalaria britânica, veteranos alemães ou mesmo um agricultor francês com a sua jovem neta. Mas Albert, o seu leal amigo humano, decidido a recuperar o seu cavalo, alista-se no Exército, percorrendo um longo e perigoso caminho até ao reencontro…  

 Realizado por Steven Spielberg, “Cavalo de Guerra” adapta a obra homónima de Michael Morpurgo e conta com a participação dos actores Jeremy Irvine, Peter Mullan, Emily Watson e David Thewlis. Foi nomeado para seis Óscares, entre os quais o de melhor filme.” 

+ INFO

FICHA TÉCNICA:
Título original: “War horse”, EUA, 2011
Realização: Steven Spielberg
Produção: Steven Spielberg, Kathleen Kennedy
Argumento: Lee Hall e Richard Curtis
Música: John Williams
Fotografia: Janusz Kamiński
Edição: Michael Kahn
Companhias produtoras: DreamWorks Pictures, Reliance Entertainment, Amblin Entertainment, The Kennedy
Distribuição: Touchstone Pictures
Duração: 146 minutos
FICHA ARTÍSTICA:
Jeremy Irvine como Albert Narracott
Emily Watson como Rose Narracott, a mãe
Peter Mullan como Ted Narracott, o pai
Tom Hiddleston como Capitão Nicholls
David Thewlis como Lyons
Benedict Cumberbatch como Major Stewart
Toby Kebbell como Colin, o Soldado
Eddie Marsan como Sargento Fry


Programação  
Ciclo Grandes Atores e Atrizes 
Yves Montand:  
16 de novembro, “Vamos-nos Amar”, George Cukor, EUA, 1960, Sessão 369 (s/ classificação) 
23 de novembro, “Mais uma Vez, Adeus”, Anatole Litvak, EUA/França, 1961, Sessão 370 (s/ classificação) 
30 de novembro, “A Guerra Acabou”, Alain Resnais, França/Suécia, 1966, Sessão 371 (s/ classificação) 

Frank Sinatra:  
07 de dezembro, “O Querido Joey”, George Sidney, EUA, 1957, Sessão 372 (s/ classificação) 
14 de dezembro, “Tristezas não Pagam Dívidas”, Frank Capra, EUA, 1959, Sessão 373 (s/ classificação) 

Julie Andrews:  
21 de dezembro, “Mary Poppins”, Robert Stevenson, EUA, 1964, Sessão 374 (M/6) 
28 de dezembro, “Música no Coração”, Robert Wise, EUA, 1965, Sessão 375 (s/ classificação)