9 de nov. de 2018

A GUARDA

Gastronomía e Arte

Protagonistas dunha nova edición de “Petiscos con Arte”

· Terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:30 horas  
  

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo ven de facer público no día de hoxe, que organiza unha nova edición da Ruta “Petiscos con Arte”, un evento que conxuga a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos.
 A Ruta “Petiscos con Arte” terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:30 horas.  

 Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertarán un petisco ao prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, “montaditos”, tostas, sushi, entre outros.   

 Desde a concellería de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez afirma que “a finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, polo que as persoas participantes poderán degustar os bocados mentres contemplan as obras de pintura, escultura e fotografía expostas nos establecementos, contando con ilustracións, pinturas, fotografías e esculturas.  

 Nesta ruta colabora a Adega Señorío da Torre, de Novás (O Rosal) que cederá 5 lotes de viño albariño Gran Novás para sortear entre os participantes na ruta que degusten o petisco e cumprimenten o boleto do sorteo.

Art Café: Fabada guardesa
Ilustración: “Ilustracións, serigrafía e pintura”
Davida (Vigo)

Boc and Pix: Capricho limeño
Ilustración: “Somnium Pictura”
Sarai Rodríguez Fernández (Tomiño)

La Botica: Bandeiriñas españolas
Pintura: Bodegóns postmodernos
Gemma Marqués (A Guarda)

Brétema: Salinas
Pintura: “Meu Pobo”
Cachi (A Guarda)

O Cangrexal: Cielito lindo
Pintura: “Cores do bosque”
Teresa Dorado (Oia)

Enxebre: Tiriñas de polo
Fotografía: “Colección xentes do mar”
Eliseo Alonso (Tomiño)
A máis bonita: Makis
Ilustración: “Maki-sashie”
Tamara Baz (A Guarda)


Marbella: Potaxe de garavanzos
Pintura: “Rincóns de Galicia e Portugal”
Nely R. Sánchez (A Guarda)

El perro verde: Pincho perruno”
Pintura: “Aves no fin da terra”
José Arcas (Vigo)

Terra Verde: A orella de Van Gogh
Escultura e pintura: “Miscelánea”
Modesto Rodríguez (Nigrán)

Xantar: Delicias de outono
Fotografía: “Cambia de perspectiva”
Pablo Lubiáns (Pontevedra)

Xeito: Papillote de solombo celta
Pintura: “Recunchos da Guarda”
Charo Trigo (A Guarda)

 Para premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo de diferentes agasallos entre as papeletas entregadas nas urnas, que estarán en cada establecemento. 

 Cada participante que deguste un petisco recibirá unha papeleta que cumprimentará cos seus datos persoais e depositará na urna para entrar no sorteo. 

 Haberá un pequeno acto de entrega aos premiados no sorteo (un premio por persoa).

Ningún comentario:

Publicar un comentario