9 de nov. de 2018

O ROSAL

O CONCELLO CONVOCA O II CONCURSO DE HAIKUS  

Co fin de conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero


Infogauda / O Rosal

 Co fin de conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, e de contribuír á desaparición do maltrato á muller o concello do Rosal convoca un concurso de haikus nesta ocasión acompañado dunha imaxe, debuxo, etc. Este é o segundo ano consecutivo que se celebra este concurso que no ano 2017 tivo moito éxito de participación.


 O Haiku é un xénero poético de orixe xaponesa. Constan de tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou a vida cotiá. 

 A data límite de entrega da obra é o martes 20 de novembro de 2018.

Ningún comentario:

Publicar un comentario