9 de nov. de 2018

MADRID

PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 12 AO VENRES 16 DE NOVEMBRO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA  


Martes, 13 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro de poesía "CUADERNO DE HOLLYWOOD", de Alfonso Armada, editado por elcercano. com. A obra foi escrita polo xornalista nas viaxes que realizou á cidade do cinema para cubrir os Óscar, sendo correspondente en Nova York do diario ABC. “O poeta, do mesmo xeito que o xornalista, busca a verdade e Alfonso Armada demostra ser excepcional en ambas as facetas”, tal e como apunta a contraportada da publicación.  

 Intervirán no acto, ademais de Alfonso Armada: o artista Shirin Salehi; o traballador humanitario Gonzalo Sánchez Terán; así como o editor, Moncho Conde-Corbal.   

Xoves, 15 
19:30 horas 

 Presentación do libro "TODOS TENEMOS UN MUERTO", de Francisco Javier Neira Pampín, editado por Galicia Digital, no que cunha prosa áxil e de fácil lectura, o médico galego achéganos a unha nova novela que contén todos os elementos que caracterizan o xénero  policíaco, á que ademais engade os seus persoais toques de humor. O inspector Baena, con problemas de alcol e drogas tras o abandono da súa muller e a súa filla, debe pescudar que e quen está detrás do asasinato de Julián, o seu compañeiro de traballo.  

 Na presentación acompañarán ao autor Javier Neira Pampín, os xornalistas Francisco Rivera Cela e  Xulio  Xiz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario