9 de nov. de 2018

OIA

CULTURA

O Concello de Oia organiza un concurso de debuxo infantil sobre os Reis Magos   

O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis 


Infogauda / Oia

 O Concello de Oia organiza un concurso de debuxo infantil para que os máis pequenos poidan expresar cal é a súa visión sobre os Reis Magos. O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis.  

 No concurso poderán participar todos os nenos e nenas que estean matriculados nalgún dos centros escolares de Oia (CEIP Mestre Manuel García e CEIP Refoxos) e a técnica a empregar é libre: acuarelas, lapis de colores, pinturas de cera, rotuladores, etc.  

 O traballo gañador ilustrará o cartel do Concello de Oia sobre a Cabalgata de Reis. Haberá tres premiados, os cales recibirán un agasallo o día 5 de xaneiro despois da Cabalgata.   

 Os debuxos deberán presentarse nos colexios, en horario escolar. O prazo de entrega xa está aberto e remata o día 30 de novembro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario