5 de nov. de 2018

A GUARDA

TODO A PUNTO PARA UNHA NOVA EDICIÓN DA RUTA PETISCOS CON ARTE

Terá lugar os días 15, 17, 23 e 24 de novembro de 2018




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 O Concello de A Guarda, coa colaboura da Adega Señorío da Torre, de Novás (O Rosal), e a Deputación de Pontevedra, organiza unha nova edición da Ruta Petiscos con Arte.

 Nesta ocasión o evento terá lugar nos venres e sábados da segunda quincena deste mes de novembro de 2018, concretamente os días 16,17, 23 e 24.

 Os horarios da Ruta Petiscos con Arte son os seguintes: De 12 a 14:00 horas, e de 19:00 a 21:30 horas.

 Os establecementos participantes son: Arte Café, Boc and Pix, La Botica, Brétema, O Cangrexal, Enxebre, A Máis Bonita, Marbella, El Perro Verde, Terra Verde, Xantar e Xeito.


CREATIVIDADE E AMPLA VARIEDADE DE PETISCOS

 E nesa mesma orde, os petiscos - o prezo de 1,50  euros -que presentarán son: Fabada guardesa (Fabas con chourizo, morcilla a panceta); Caprichoso limeño (Cremoso de pataca con lima, polo á mostaza e aguacate); Bandeiriñas españolas (Tres pinchos: 1.- Tomate cherry, queixo fresco de Burgos, e anchoas Santoñuca; 2.- Cadradiño de melón envolto en xamón de 18 meses; 3.- Boquerón en vinagre con oliva); Salinas (Tosta de pan con anchoa, tomate, ovo cocido, vinagreta e crema de vinagre); Cielito lindo (Fajita rechea de queixo crema e cheddar, carne picada, guacamole, leituga,  tomate e salsa picante); Tiriñas de polo (tiriñas de polo con tres salsas: alioli, brava e iogur); Makis (Alga nori con arroz, teituga, aguacate e salsa de soia); Potaxe de garavanzos (Potaxe de garavanzos con chourizo e panceta); Pincho perruno (Bolsiña crocante rechea de verduras e queixo de cabra); A orella de Van Gogh (Fabas de granxa e orella de porco con cebola crocante, pementón e salsa bastarda); Delicias de outono (Hojaldre recheo de mazá e carne de porco con castaña frita); e Papillote de solombo de celta (Solombo de porco celta con crema de castañas e pataca rechea de queixo, chourizo e xamón).


 ARTISTAS PARTICIPANTES 

 Asemade, en cada establecemento participante haberá exposicións con obras (escultura, fotografía, ilustración e pintura), dos seguintes artistas: Davida, de Vigo; Sarai Rodríguez Fernández, de Tomiño; Gemma Marqués, de A Guarda; Antonio Martínez (Cachi), de A Guarda; Teresa Dorado, de Oia; Eliseo Alonso, de A Guarda; Tamara Baz, de A Guarda; Nely R. Sánchez, de A Guarda; José Arcas, de Vigo; Modesto Rodríguez, de Nigrán; Pablo Lubiáns, de Pontevedra; e Charo Trigo, de A Guarda.

 De acordo coas bases establecidas, haberá sorteos de cinco lotes de viño albariño Gran Novás, do Rosal, entre tódolos participantes que completen a Ruta Petiscos con Arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario