O CLUB ATLETISMO TREGA, DE TOMIÑO DESPRAZARASE ESTA FIN DE SEMANA A BURGOS
PARA PARTICIPAR NO XV CROS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA
Adestradores e atletas do Club Atletismo Trega, de Tomiño
Foto: Phototeca B&N
Sociedade Atlética do Trega / Tomiño
O Club Atletismo Trega, de Tomiño viaxará esta fin de semana a localidade de Atapuerca (Burgos). Ata alí, desprazaranse en autobús unha gran parte de atletas do club, que participarán no XV Cros Internacional, e farano en case todas as categorías desde benxamín ata senior, acompañados dos seus familiares e adestradores da base, que residen nos concellos da Guarda, O Rosal e Tomiño.
Esta proba está considerada como a mellor proba de España pola Real Federación Española de Atletismo, tamén considerado pola IAAF un dos mellores do mundo.
Desde a directiva queremos darlles moito ánimo! desexándolles moita sorte. Que teñan unha boa viaxe e unha gran experiencia deportiva a todos os nosos atletas.
Tamén queremos agradecer ao Concello de Tomiño por axudar a que o Club poida ter presenza no mellor Cros do mundo, xa que é a primeira vez, que o club se despraza con tanta representación a unha proba deste calibre desde a súa existencia, nada menos que 38 anos despois.
Ningún comentario:
Publicar un comentario