13 de mar. de 2017

OIA

A Xunta de Galicia sinaliza o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo concello de Oia con 28 mouteiras oficiais

O delegado territorial da Xunta en Vigo asistiu esta tarde á colocación dunha das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa

Infogauda / Oia

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto á alcaldesa do Concello de Oia, Cristina Correa, e varios membros do seu equipo de goberno, asistiron esta tarde á colocación dunha das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na contorna do Mosteiro de Santa María de Oia.



 En total, no Concello de Oia colocaranse un total de 28 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que ven de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse hai uns días no Concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto. Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.

OIA

O BNG inicia unha campaña en Oia de recollida de sinaturas 

Defendendo que a praza do franquista José Solís Ruíz pase a chamarse "Matrona Xulia  Suárez"  


BNG / Oia

 O próximo 18 de xullo de 2017 cúmprense 81 anos do golpe de Estado militar contra o réxime democrático vixente no Estado español. Un levantamento militar que en Galiza foi orixe dunha cruenta e brutal represión ao longo dos anos da guerra e durante todo o período da Ditadura franquista.

 As institucións públicas deben ter un posicionamento claro de condena do golpe de Estado do 36, da ditadura franquista e da brutal represión que sufriron miles de galegos e galegas ao longo dese terribel período histórico.   

 No caso dos concellos, existe ademáis unha obriga ética e política clara a este respecto porque, por unha parte, dirixentes políticos destas institucións e persoal ao seu servizo foron obxecto de represión e persecución en forma de asasinato, cárcere, depuración e outras múltiples formas de violencia. E, por outra, as institucións locais foron parte do aparato administrativo e político que impuxo a Ditadura, o terror e a toda a súa parafernalia simbólica en Galiza.   

 Por iso desde O Bloque Nacionalista Galego non podemos comprender como en pleno 2017 o Concello de Oia pode manter unha praza coa denominación franquista "José Solís Ruíz", xusto ao carón desta institución pública incumprindo así a Lei de Memoria Histórica.    

 Así pois, o BNG comeza unha campaña de recollida de sinaturas veciñais  para que esta praza pase a ser "praza da Matrona Xulia Suárez" en virtude dos moitos anos que exerceu a súa profesión no centro de saúde de Oia, recoñecendo así, o seu labor que sempre exerceu con profesionalidade, asistindo e acompañando ás nais no proceso de xestación e de crianza das súas fillas e fillos, laboura que desenvolveu máis alá da súa profesionalidade.   
 Consideramos que é de xustiza e facemos un chamamento á veciñanza de Oia para que apoien esta iniciativa que vai ser trasladada ao Concello de Oia a través dunha moción co respaldo de sinaturas veciñais.

(R.)

VILA PRAIA DE ÂNCORA

MINISTRO DO PLANEAMENTO E DAS INFRAESTRUTURAS VISITA VILA PRAIA DE ÂNCORA

Em causa está a assinatura do Protocolo para a construção da Passagem Inferior Pedonal na Linha do Minho em Vila Praia de Âncora



Infogauda / Vila Praia de Âncora

 O ministro do Planeamento e das Infraestruturas, Pedro Marques, visita Vila Praia de Âncora na próxima sexta-feira, para a assinatura do Protocolo para a construção da Passagem Inferior Pedonal na Linha do Minho em Vila Praia de Âncora. Trata-se de um compromisso assumido por Miguel Alves que agora será concretizado.  

 Construir uma Passagem Inferior Pedonal na Linha do Minho em Vila Praia de Âncora vai tornar-se uma realidade. O processo já iniciou. Lembrámos que ainda há pouco tempo a Infraestruturas de Portugal (IP) realizou sondagens de prospeção, de caráter geológico-geotécnico na zona da estação de Vila Praia de Âncora no âmbito do estudo da nova passagem pedonal.   

 Recorda-se que construir a Passagem Inferior Pedonal junto à linha férrea em Vila Praia de Âncora foi um dos compromissos assumidos pelo atual presidente da Câmara.  O Município de Caminha insistiu e defendeu junto da tutela a importância da passagem inferior pedonal para Vila Praia de Âncora e para o concelho. De facto, Miguel Alves, iniciou as negociações com a então REFER, diálogo que seria prosseguido com a IP, que resultou da fusão entre a Rede Ferroviária Nacional – REFER, E.P.E. (REFER, E.P.E.) com a EP - Estradas de Portugal, S.A. (EP, S.A.). A negociação passou por várias fases, tendo chegado a bom porto, com a empresa a assumir a realização do projeto e da empreitada, sempre em coordenação e colaboração com a Câmara, enquanto o Município, na fase de exploração, assegurará a conservação e manutenção da passagem inferior pedonal, nos termos do protocolo que será assinado na próxima sexta-feira.

CULTURA

Os poetas mindonienses serán os protagonistas da quinta edición de ‘No bico un cantar’ 

A iniciativa, promovida pola Consellería de Cultura e Educación e o Consello Galego da Cultura, reunirá o vindeiro 2 de xuño en Mondoñedo a rapaces e rapazas dos conservatorios profesionais de música de Galicia, que cantarán os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño

O obxectivo é poñer en valor a importancia da poesía e da música como vehículos de transmisión da cultura e da lingua, así como recoñecer a dedicación e o esforzo do alumnado das disciplinas musicais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha a quinta edición de ‘No bico un cantar’

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha a quinta edición de ‘No bico un cantar’, unha iniciativa na que a música e a poesía cobran protagonismo nas voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia e que este ano renden lles homenaxe aos poetas mindonienses.
 O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e mailo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, presentaron esta mañá a actividade, que terá lugar en Mondoñedo o vindeiro día 2 de xuño, cun concerto no que un coro de rapaces e de rapazas dos conservatorios profesionais de música cantarán os versos de Álvaro Cunqueiro, de Antonio Noriega Varela, de Xosé Díaz-Jácome, de Manuel Leiras Pulpeiro e de Aquilino Iglesia Alvariño.
 O coro estará acompañado polo quinteto de metais ‘Hércules Brass’, e baixo a batuta do director Maximino Zumalave, que tamén participou no acto, xunto co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; coa alcaldesa de Mondoñedo, vila que acolle a edición deste ano, e coa vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
 Na súa intervención, Román Rodríguez, subliñou a importancia deste evento na medida en que reforza o papel educativo da música e da literatura; que contribúe a fomentar a educación en valores como o traballo en equipo, a responsabilidade e a solidariedade; e que axuda a espallar a cultura e a lingua galegas a través dos seus autores máis representativos.
 O conselleiro aludiu tamén a que ‘No bico un cantar’ se inspira na tradición dos xograres medievais, a través do diálogo entre a música e poesía; e aproveitou para lembrar que precisamente un dos cumios da literatura galaico-portuguesa, o Pergamiño Vindel (que recolle as sete cantigas de amigo de Martín Códax), vai estar exposto a partir deste outono no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

 Seis poemas cantados

 Nesta edición interpretaranse seis pezas doutros tantos autores en versión para coro de nenos e sexteto de metais de Juan Durán para o Consello da Cultura Galega. Trátase dos poemas ‘No niño novo do vento’, de Álvaro Cunqueiro e con música de Luis Emilio Batallán; ‘As froriñas dos toxos’, de A. Noriega Varela e musicado por Eduardo Toldrá; ‘O neno durmía’, de Xosé Díaz-Jácome e música de Antonio Paz Valverde; ‘¡Non o sei!, de Manuel Leiras Pulpeiro e Nico Casal como compositor; e ‘Neniae’, de Aquilino Iglesia Alvariño e tamén musicado por Nico Casal. Coma en todas as edicións, o coro pechará o concerto coa interpretación de ‘Maio longo’, de Rosalía de Castro, e con música de José Baldomir.
 Coma todos os anos, estímase unha participación de preto de 500 nenos dos conservatorios profesionais de música da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo; do coro Ángeles de Compostela da Escolanía da Catedral de Santiago; do Coro de nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia; e tamén están convidados os alumnos dos conservatorios profesionais de Viveiro e de Vilalba e das escolas de música municipais de Ribadeo e Mondoñedo.
 ‘No bico un cantar’ púxose en marcha por primeira vez no ano 2013, en homenaxe a Rosalía de Castro cando se cumprían os 150 anos do seu nacemento, e tivo lugar en Santiago. A partires de aí, as seguintes edicións estiveron dedicadas a Manuel Curros Enríquez (celebrada en Celanova), a Ramón Cabanillas (que tivo lugar en Cambados) e aos trobadores (en Cangas).

ECONOMÍA

Top 10 de bancos que más dinero deben devolver por la cláusula suelo a los clientes de reclamador.es  

Popular, Unicaja y Caixabank, los bancos más reclamados por la cláusula suelo

·  Las reclamaciones de los clientes de reclamador.es a los 10 primeros bancos del ranking suponen más de 20 millones de euros.   

· reclamador.es ha asesorado a más de 20.000 clientes en reclamaciones a bancos desde 2014 y es la única compañía que ofrece un estudio gratuito de cláusula suelo a los usuarios sin adelantar ningún tipo de gasto y sin moverse de su casa.   

·  El ránking  de las 10 entidades se ha elaborado considerando los más de 50 bancos reclamados por la compañía online a partir de más de 2.000 demandas ante los tribunales y los importes de las mismas. 


Cristina Naveda / Madrid

 La banca española debe devolver los intereses cobrados de más en las hipotecas con cláusula suelo a los afectados y debe hacerlo desde la firma del contrato. Ya lo sentenció el Tribunal de Justicia de la Unión Europea (TJUE) el pasado 21 de diciembre. Popular, Unicaja y Caixabank, por este orden, serán los bancos que más importes reembolsarán por este concepto a los clientes  dereclamador.es,la compañía online de reclamaciones líder en España que lleva desde mayo de 2014 reclamando los abusos bancarios atendiendo a más de 20.000 clientes.
 Analizando las más de 2.000 demandas presentadas por reclamador.es ante los tribunales por cláusulas suelo abusivas en nombre de sus clientes y los importes reclamados de las mismas, la compañía online ha elaborado un ranking con los 10 bancos más reclamados por la cláusula suelo. Un ranking que encabeza el Popular con diferencia. Es importante destacar que los 10 primeros bancos de la tabla suponen más de 20 millones de euros reclamados para los afectados.
Los 10 bancos más reclamados
 El mayor varapalo es para el Banco Popular, el más reclamado en reclamador.es. reclamador.es calcula que la entidad financiera, recientemente bajo el mando de Emilio Saracho, tiene que devolver por el momento más de 5 millones de euros a sus clientes online.
 La cifra reclamada a Unicaja, en segundo lugar, asciende a 4,2 millones; y en tercer lugar, la retroactividad total supone para Caixabank, devolver casi 3 millones a los clientes de reclamador.es.
 En cuarto lugar se encuentra Banco Sabadell, con un volumen superior a 2,3 millones de euros reclamados por reclamador para sus clientes. A pesar de esta cifra, la entidad presidida porJosep Oliú es una de las que insiste en la legalidad de sus cláusulas suelo.
 Liberbank, en quinta posición, deberá hacer frente a casi 900.000 euros. La entidad formada por las antiguas Cajastur, Caja de Extremadura y Caja Cantabria también sigue defendiendo que sus cláusulas suelo son transparentes.
 BBVA, por su parte, ocupa la sexta posición en la tabla, con más de 800.000 euros reclamados.El pasado mes de febrero, el Tribunal Supremo aplicó sin matices al banco la sentencia del TJUE que estableció la retroactividad total en cláusulas suelo y aclaró a la entidad que preside Francisco González, que el principio de cosa juzgada aducido por la entidad sólo rige para las hipotecas incluidas en la demanda colectiva que dio lugar a la famosa sentencia de mayo de 2013. El BBVA ha acatado la sentencia y “devolverá la cláusula suelo a aquellos clientes a los que corresponda”.
 En séptima posición se encuentra Banco Mare Nostrum (BMN). La entidad que preside Carlos Egea y que está integrada por Caja Murcia, Caja de Granada y SaNostra tendrá que devolver por el momento más de 600.000 euros a los clientes de reclamador.es por lo cobrado de más en las hipotecas.
 Cierran el ranking de las 10 entidades más reclamadas, Bankia, Banca March y Cajamar (entidad financiera resultante de la fusión de numerosas cajas rurales), que se quedan por debajo del medio millón de euros reclamados en los tres casos. A continuación les siguen otras 40 entidades a las que reclamador.es está reclamando en nombre de sus clientes la devolución de las cantidades cobradas indebidamente por cláusulas suelo.

 Entidades como Santander y Bankinter quedan fuera de este ranking porque no comercializaron hipotecas con cláusulas suelo.
Primera sentencia en 2013
 El Tribunal Supremo obligó a eliminar esta cláusula si no se cumplían unos requisitos de transparencia en 2013. Concretamente, el TS declaró nulas las cláusulas suelo que se habían aplicado en unas 400.000 hipotecas de BBVA, cerca de 90.000 de Novagalicia Banco y algo más de 100.000 de Cajamar.
 Hasta la sentencia del TJUE del pasado 21 de diciembre, que declaró que debía aplicarse la retroactividad total en caso de que se dictase una sentencia que anulase la cláusula suelo, solo algunos bancos han dejado de aplicarla de forma voluntaria pero ninguno de ellos ha devuelto el dinero a sus clientes de forma masiva.

 reclamador.es ha asesorado a más de 20.000 clientes en reclamaciones a bancos y es la única compañía que ofrece un estudio gratuito online de cláusula suelo a los usuarios sin adelantar ningún tipo de gasto y sin moverse de casa.

 Con respecto a la reciente sentencia del Tribunal Supremo del pasado viernes, que por primera vez avala la validez de una cláusula suelo, IriaAguete, responsable de Banca en reclamador.es, explica que “la banca quiere asustar a los afectados pese a que el porcentaje de éxito es altísimo con las pocas sentencias en las que se demuestra que el cliente negoció esa cláusula. Son casos muy excepcionales como el sentenciado por el Supremo contra Caja Rural de Teruel y para nada se trata de un cambio de criterio por parte de los juzgados. La justicia está dando la razón mayoritariamente a los consumidores. Hay que estudiar caso a caso para conocer la viabilidad de cada proceso”.
  Pablo Rabanal, fundador y CEO de reclamador.es, aconseja a los afectados: “poner el caso en manos de profesionales que velen por sus derechos de la mejor manera, que no soliciten adelantar dinero para iniciar los trámites y que trabajen a éxito. En ese sentido un servicio online hace que el proceso sea más ágil y fácil ya que la comunicación se realiza a través de Internet y nosotros nos encargamos de las gestiones en los juzgados con nuestra red de abogados y procuradores.”

ECONOMÍA

El Tribunal Constitucional ha declarado inconstitucional el cobro de plusvalía en inmuebles que hayan perdido valor en el momento de la venta

82 millones de euros a reclamar por la plusvalía los ayuntamientos gallegos

reclamador.es estima que los afectados podrán recuperar unos 4.500 euros de media con la devolución de la plusvalía municipal. 

Por provincias, a la cabezalos ayuntamientos de A Coruña tendrían que hacer frente a devolver 36 millones de euros, 25 millones en la provincia de Pontevedra, 11 en Lugo y 9 en Ourense.  

1.5 millones de españoles vendieron su casa entre 2013 y 2016 y 550.000 según Tinsa lo hicieron por un importe inferior al de compra: en Galicia18.300 inmuebles han pagado de más por este impuesto.

Pablo Rabanal, CEO y fundador de reclamador.es

Cristina Naveda / Madrid

 La sentencia del Tribunal Constitucional (TC) del pasado 16 de febrero contra la regulación del incremento del valor de los terrenos de naturaleza urbana (IIVTNU), más conocido como plusvalía municipal, en Guipúzcoa,abrió la puerta a que usuarios de toda España puedan recuperar lo pagado a los ayuntamientos, unos 4.500 euros de media, según reclamador.es, la compañía online de reclamaciones líder en España.
 El número de personas que podrían recuperar este impuesto asciende a 550.000, en toda España según Tinsa, por lo que teniendo en cuenta el importe medio a recuperar estaríamos hablando de 2.475.000.000 de euros como cantidad total a reclamar a los ayuntamientos españoles.En Galicia18.300 inmuebles han pagado de más por este impuesto (8.100 en A Coruña, 5.600 en Pontevedra, 2.600 en Lugo y 2.000 en Ourense), por lo que según el cálculo de reclamador.es,82 millones de euros sería el importe total a reclamar por la plusvalía municipal a los ayuntamientos gallegos.
 Por provincias, estaríamos hablando de unos 36 millones de euros reclamables al conjunto de ayuntamientos de la provincia de A Coruña, 25 millones en la provincia de Pontevedra, 11 millones de euros en Lugo y9 millones de euros entre los ayuntamientos de Ourense
 La polémica del pago de la plusvalía municipal cuando no se ha obtenido ganancias en la venta del piso queda de esta manera zanjada. Aunque esta sentencia no implica que se elimine el tributo ni que los usuarios no deban pagarlo cuando existe un incremento en el valor del inmueble que se transmite.
 Lo que han incluido ahora los jueces del TC es una excepción en el caso de que no existan beneficios por la venta, ya que el sistema de cálculo de este impuesto da por hecho que el precio de la vivienda siempre sube, cuando no es exactamente así, explica reclamador.es. Por lo tanto, esta situación debería haber impedido a los ayuntamientos liquidar y cobrar el impuesto.
 Desde 2007, el precio medio de la vivienda en España había venido cayendo hasta que en 2015, los precios de la vivienda subieron por primera vez desde el estallido de la burbuja inmobiliaria, iniciada en 1997 y alargada hasta principios de 2008. Entre enero de 2013 y enero de 2017, el precio de la vivienda usada ha caído de media un 9% en España, según datos de idealista.
 Pablo Rabanal, CEO y fundador de reclamador.es, considera que “lo mejor es iniciar la reclamación del impuesto cuanto antes. Hay que aprovechar el respaldo del Tribunal Constitucional y la oportunidad que legalmente se abre en este momento. Para ello, lo mejor es tener un asesoramiento legal especializado en la materia.”
¿Quién puede reclamar la plusvalía municipal?
Los usuarios que pueden reclamar a los ayuntamientos este impuesto son aquellos:
- Que con la venta que da lugar al pago del impuesto obtuvieran pérdidas o no se produjera ganancia alguna.
- Que no hayan pasado más de cuatro años desde que se pagó el impuesto. Se trata del plazo legal establecido en Ley General Tributaria.
¿Qué procedimiento hay que seguir?
reclamador.es señala que primero hay que reclamar al Ayuntamiento y que en caso de no obtener una resolución expresa, acudir a la vía judicial. La garantía de éxito es total. La compañía online advierte que es un proceso que puede durar hasta dos años y medio y que es necesario contar con tres documentos básicos:
·         La escritura de la compra del inmueble.
·         La escritura de venta.
·         El justificante de haber pagado el impuesto de plusvalía.
reclamador.es recomienda poner el caso en manos de profesionales que velen por sus derechos de la mejor manera. En ese sentido reclamador.es hace que el proceso sea más ágil y fácil ya que la reclamación se realiza de manera online. Además, el usuario no tiene que adelantar dinero para iniciar los trámites. La compañía sólo cobra en caso de éxito.

DEPORTES

JUDO

BRAIS PEREIRA MEDALLA DE BRONCE EN EL NACIONAL DE JUDO  

Brais Pereira - tercero por la izquierda - comparte con sus compañeros de combate, la alegría de haber logrado su medalla de bronce en el Campeonato de España Junior de Judo
Foto: Gabi Juan


Mónica Pacheco Lomba / A Guarda

 El pasado sábado día 11 de marzo, se celebró en Pinto –Madrid el Campeonato de España Junior de Judo, categoría Masculino y Femenino. 

 En dicho campeonato participaron tres judokas del Clube de Judo Baixo Miño, de A Guarda: Jessy Vicente, en la categoría de -44 kg, medalla de bronce en el sector noroeste junior (Asturias, Cantabria, Castilla-León y Galicia); Brais Pereira en la categoría de -81 kg, clasificado directamente por ser el 3º clasificado en el ranking nacional; y  Carlos Reboredo en la categoría de -100 kg campeón del sector nacional noroeste junior (Asturias, Cantabria, Castilla-León y Galicia).

La delegación del Clube de Judo Baixo Miño, de A Guarda, despliega la bandera de Galicia, en el Campeonato de España Junior de Judo, celebrado en Pinto (Madrid)
Foto: Clube de Judo Baixo Miño

 Nuestra judoka Jessy Vicente no pudo pasar de primera ronda pero disputó un buen combate. 

 Carlos Reboredo, primer año junior hizo un buen campeonato ganando todos sus combates metiéndose así en semifinales, cayendo ante un judoka de la República Dominicana y cayendo más tarde en el combate por el bronce ante el judoka balear. A pesar de ello, el quinto puesto de Carlos es de resaltar, ya que es bastante más joven que el resto. 

Brais Pereira, con su medalla de bronce lograda en el Campeonato de España Junior de Judo
Foto: Gabi Juan

 Brais Pereira llegó como uno de los favoritos a hacerse con el título de la categoría. Ganó todos sus combates hasta que en semifinales cae en un disputado combate ante el madrileño que se alzaría luego más tarde con el título. Aún así Brais se repuso y ganó su combate por la medalla de bronce por la máxima puntuación IPPON demostrando así ser uno de los mejores judokas del ámbito nacional en su categoría. 

 Ahora nos espera un fin de semana cargado de compromisos. Por un lado Elena, Carlos y Brais viajarán a Coimbra (Portugal) para participar en la Copa de Europa Junior; Tecla Cadilla viajará a Casablanca (Marruecos) donde participará en la Copa del Mundo Senior y 78 de nuestros judokas más jóvenes disputarán en Porriño la jornada XOGAJUDO en categoría benjamín y pre benjamín. Suerte a todos.

LABORAL

Empregados de Pescanova impiden a entrada do persoal de ETT na empresa 

Este martes está tendo lugar a primeira das dúas xornadas de folga convocadas polo bloqueo do convenio

Os traballadores de Nueva Pescanova impediron o pasado sábado a entrada do persoal de ETT nas instalacións da empresa
Foto: CIG

Infogauda / Redondela

 Os traballadores de Nueva Pescanova impediron o pasado sábado a entrada do persoal de ETT nas instalacións da empresa para evitar que se fagan horas extras. Os empregados da compañía de alimentación decidiran en asemblea deixar de facer horas extras como medida de presión ante o bloqueo das negociación do convenio colectivo, polo que a dirección optou por botar man de máis persoal de ETT para que a actividade da empresa non se vise afectada. Ao mesmo tempo, este martes está tendo lugar a primeira das dúas xornadas de folga convocadas.  

 Diante disto, as centrais maioritarias en Nueva Pescanova (CIG, CUT, UGT e USO) promoveron a convocatoria dunha concentración diante das instalacións de Chapela este sábado dende primeira hora da mañá para impedir a entrada do persoal de ETT. Deste xeito, un nutrido grupo de traballadores/as permaneceu ás portas da empresa entre as 5:30 e as 8:00 horas, logrando que ninguén entrase a traballar.  

 As medidas de presión contra a empresa continúan este martes coa celebración da primeira das dúas xornadas de folga convocadas para reclamar uns convenios colectivos dignos. A seguinte folga terá lugar o vindeiro martes 21. Coincidindo cos paros as centrais desenvolverán tamén concentracións diante dos distintos centros de traballo do grupo, sendo a principal a que se levou a cabo nas instalacións de Chapela a partir das 5:30 horas.

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS CELEBROU ASEMBLEA XERAL ORDINARIA   

Vista de Camposancos desde o monte Santa Trega
Foto: Infogauda

José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 O pasado sábado día 11 de marzo 2017, na casa da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, celebrouse Asemblea Xeral, coa asistencia de 98 comuneiros, superando con creces o quorum necesario. 

 O presidente da Xunta Rectora, José Fernando Martínez Martínez deu lectura á acta anterior e pide aos asistentes, súa aprobación. A Asemblea de comuneiros, deulle por aprobada, con un voto en contra de María Jesús Martínez Martínez, por facer mención á súa persoa en canto que responsable do PP en Camposancos e non en tanto que comuneira. José Fernando Martínez admite a ben fundada crítica e afirma que se trata de un erro involuntario. 

 Deseguido José Fernando Martínez deu a coñecer o estado das contas da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos. Cuantifica as perdas incorridas no exercicio de 2016 e xustifícaas por imperativo legal. Tíñanse acumulado retrasos nos investimentos obrigatorios durante tres anos. Para o exercicio actual aínda queda unha marxe duns 8.000,00 euros por enxugar.  

 En relación cós novos orzamentos da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, calcúlanse os mesmos ingresos do exercicio anterior: 80.000,00€. Destiñarase o 60% dos ingresos á inversión directa no monte; o 15% para actividades culturais; e o 25% para mantemento da casa e imprevistos. 

 A Asemblea aproba os novos orzamentos con un único voto en contra, emitido por María Jesús Martínez Martínez, e unha abstención de Mónica Fuentes Maya. 

 O presidente da lectura os nomes dos vinte candidatos que solicitaron súa admisión como membros da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos. Solicita a aprobación individualmente. Tódolos candidatos son aceptados sen reservas. 

 O presidente tamén deu a coñecer as conversas con Manuel Carballal, representante de CAPELU. Esta empresa non paga o aluguer dunha antena instalada no cumio do Facho dende 2003. Pretende, con todo, negociar o contrato en base a un pago anual de 500,00 euros. Non se pronuncia no tocante ao pago dos atrasos acumulados. José Fernando Martínez solicita da Asemblea o permiso para negociar un novo contrato con esta empresa que sexa beneficioso para a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, ou en caso necesario, recorrer á vía xudicial. A Asemblea aproba esta demanda sen ningún voto en contra. 

 O presidente informa do contencioso coa Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda e da xuntanza mantida o pasado día 9 do corrente con membros da Xunta Rectora desa Comunidade. Malia que á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda non lle falten razóns para reclamar a antena, o museo e os quioscos, xa sí que o pon en dubida, a situación actual deriva dun acordo alcanzado no ano 1993 co beneplácito da  Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda, Antonio Cividanes Gómez, á sazón presidente daquela, da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda. A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, aparte de Rodrigo Carrera, consultou con outro letrado para non incorrer riscos. José Fernando Martínez pide a autorización da Asemblea para poder negociar unha solución ou, no seu caso, recorrer á vía xudicial. A Asemblea de comuneiros deu súa autorización, coa única abstención de María Jesús Martínez Martínez. 

 Tamén se informou os comuneiros que o Padroado Municipal Monte Santa Trega aceptou saldala débeda de 18.700,00 euros, en forma de traballos na Casa Forestal. Segundo explicou José Fernando Martínez vai ser moi problemático realizala proposta da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos e da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda, de aumentalo canon de peaxe para o monte de 1,00 euro a 2,00 euros. Con este fin estáse a elaborar un estudo. Hai que xustificar un déficit para poder proceder ao aumento. Actualmente o Padroado presenta un saldo positivo. Unha maneira de evitar este obstáculo sería a de facer por parte das Comunidades a cesión do anel superior do monte ao Padroado a cambio de un canon, ou disolver o Padroado. Segundo José Fernando Martínez, isto presenta vantaxes pero tamén riscos, por entender que os socios non son moi claros. Para un correcto mantemento do monte serían necesarios uns ingresos de 40.000,00 euros anuais. Os 18.700,00 euros son netamente insuficientes. Dada a dificultade a proceder a un aumento da peaxe, José Fernando Martínez entende que haberá que seguir negociando. María Jesús Martínez expresa a súa total reticencia e desconfianza a un acordo có Padroado. Haberá que proceder con moita cautela, de xeito que a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos darase un ano máis de tempo antes de tomar unha decisión. José Fernando Martínez reitera que non se fía plenamente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda.  

Xestión 2016: 
 O Hotel Pazo pagou os 3.400,00 euros que debía por un erro administrativo cometido pola xestora administrativa. 

 A empregada de limpeza, foi dada de alta na Seguridade Social. Agora cumpre tódolos requisitos legais. 

 Foron empregados 6 peóns e un enxeñeiro técnico para traballos no monte que fixo un plan de uso. A partir de 2018 este plan é obligatorio. 

 Procedeuse ao desbroce e limpeza de camiños forestais. Foi despexado o entorno do poboado Mergelina por petición de Patrimonio. 

 Reparación do parque de Chans. 

 Reparación e limpeza do depósito de auga de Chans. 

 Limpeza da mina de auga de Ermitán, á que se dotou dunha porta metálica. 

 A zona baixa de Chans-Sangriña foi liberada de acacias e vexetación invasiva. Na mesma zona procedeuse a repoboación forestal con máis de 600 árbores nobres. 

 Arranxo da pista de Chans a Ermitán nos primeiros 220 m. e arranxo da pista de Seixos Albos a o Sisto e de aí á Saá. Estas intervencións foron case sen custo para a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, grazas a colaboración de Miguel Ángel Español Otero, concelleiro de obras, ao cal a  Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos estálle moi agradecida, posto que prestou a maquinaria da Mancomunidade de Concellos do Baixo Miño e unha semana de traballo, gratuitamente. A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos correu cos gastos de material. 

 O alumnado do CEIP A Sangriña plantou 225 árbores na zona de Chans. 

 O alumnado do CEIP As Solanas plantou 225 árbores na zona de Chans. 

 Os alumnos do Instituto prantarán 40 árbores doados pola Fundación da Voz de Galicia, dentro do Proxecto Voz Natura. 

 Procedeuse a reparar os danos provocados polo temporal no parque de xogos da Finca do Crego.

 Sustituíronse varios tubos danados por outros de aceiro. Pintouse a mobiliario de xogos. Un temporal posterior danou outros tubos. Foi pedido un orzamento para proceder a súa sustitución. 

 Pintáronse os quioscos baleiros de monte que estaban moi deteriorados. As vigas exteriores da casa, moi deterioradas polas intemperies, foron pintadas e tratadas seguindo as indicacións do arquitecto. O arquitecto a petición da Xunta Rectora veo a verificar o estado das vigas exteriores do baixo que están arqueadas se comprometeu a darnos unha solución. 

 Adquisición de diverso mobiliario para a casa e un proxector, de gran utilidade para toda clase de actos e actividades. 

 Grazas a intercesión de Conchi Ortega, concelleira do PP a Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos puido reunirse con Nava Castro, Directora de Turismo da Xunta de Galicia, quen  informou de que hai un fondo de 200.000,00 euros pendentes de investir no monte por falta de haberse presentado algún proxecto pola alcaldía. A  Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos non ten capacidade para xestionar tal investimento e propuxémoslle ao presidente do Padroado que fose éste quen presentase un anteproxecto. Aceptou e pasados uns días presentounos a proposta para  e instalacións e mellora na zona de cobro do acceso ao monte Santa Trega, elaborado polo arquitecto guardés Mauro Lomba Martínez, que parece moi apropiado. Con todo, esta intervención será feita enteiramente na parte da  Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda. Nós con xenerosidade aceptámolo xa que esa cantidade era para investir na propiedade de Camposancos. O Monte Trega será o gran beneficiado. 

 Foron alugados 3 dos 2 quioscos baleiros, en condicións semellantes aos antigos inquilinos. 

Asunto: Gastos do ascensor.
 Orona é a empresa encargada do mantemento do ascensor. Os gastos son excesivos posto que non ten uso. Logo da negociación, no sucesivo só se farán 9 revisións (obrigatorias) en vez de 12 anuais. O custo por revisión pasou de 104,40 euros por revisión a só 62,60 euros. 

 Actualmente un equipo da Asociación Avelaíña está traballando na recuperación do parque de Chans. A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos paga o material. Os salarios son pagados pola ONCE. Aparte dos beneficios derivados desta intervención, a  Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos ten a satisfacción de contribuir á reinserción de persoas con problemas de discapacidade. 

 Dende o 1º de marzo un grupo de 4 peóns está traballando na erradicación de acacias en zonas onde xa se procedera ao mesmo na tempada pasada. Tamén están facendo as covas para proceder a unha nova plantación de árbores nobres. Ben pronto os árbores plantados ascenderán a 1.000 unidades. 

 A continuación procederán a despexalos sendeiros afectados polo temporal. 

 Vanse efectuar traballos co fin de levala auga de Ermitán a Chans, onde é necesario coidar das árbores recentemente prantadas. 

 José Fernando Martínez indica que as contas e tódalas facturas están accesibles a todos aqueles que desexen consultalas polo miúdo. 

 Un asistente amosa a súa satisfacción pola última Paletada, celebrada no Hotel Molino. Pediu un aplauso pola organización. José Fernando Martínez aproveita a ocasión para dalas cifras do custe. En total 5.225,00 euros, en lugar dos máis de 8.000,00 euros da edición anterior. E sinala que nas contas oficiais a cantidade que figura é de 7.456,25 euros debido a que unhas facturas non tiñan o IVE e, polo tanto, non eran legais.  

Actividades Culturais: 
Lucía Martínez presenta diante da asemblea de comuneiros os proxectos culturais realizados no exercicio 2016, utilizando un vídeo coas imaxes dos carteis e fotos das actividades, que foron as seguintes:  

-Actividades semanais na casa: percusión tradicional, Obradoiro de Canto Tradicional "Cantares do Brueiro", memoria, arteterapia, ioga, zumba, danza enerxética, danza e percusión africana, pilates, bailes de salón,... 

-Actividades anuais:
Festas de Nadal, Samaín, Letras Galegas, Día da Muller, Laconada-paletada, Ciclo de Cinema, Andainas, Charlas, Exposicións, Teatro, "Música e palabras",... 

Asimesmo, presentou a programación dos proxectos a realizar neste exercicio

1.- Continuarán as mesmas actividades semanais que se realizan actualmente na Casa de Montes, exceptuando:       - Percusión tradicional e arteterapia, porque os profesores que as impartían non o poden seguir facendo por motivos de traballo.            

- Bailes de salón e clases de gaita por falta de xente suficiente para seguir formando grupo. 

2-Dentro da programación anual:            
-Daremos continuidade ás actividades anuais realizadas (festas, cinema, andainas, charlas,...).             

 -Durante todos os primeiros sábados de cada mes realizarase a última actividade presentada "Música e palabras", e contaremos tamén cos novos proxectos, como son un obradoiro de xadrez, concertos de música, concurso-exposición de fotografía, e varias actividades para os mais pequenos (xogos, contacontos, andainas,...). 

 Lucía remata a exposición, animando os comuneiros a participar e a colaborar nesta tarefa que é de todos e para todos e que, por suposto, estaremos sempre dispostos a escoitar suxestions e novas propostas por parte da asemblea. 

 Rogos e preguntas: Unha comuneira quéixase de tres grandes árbores potencialmente perigosos moi preto de casas habitadas. Pide que a  Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos tome as medidas necesarias para eliminalos. José Fernando Martínez respóndelle que non están situados en terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, polo que non se pode intervir, e daquela terá que procurar os donos para que tomen as medidas necesarias. 

 Un comuneiro propón que se faga un mapa dos camiños forestais abertos no monte a fin de que poidan ser utilizados para recreo. José Fernando Martínez acolle ben esta proposta.  De feito, xa existía a vontade de realizala así como proceder a instalar indicadores de pedra co fin de facilitalo turismo. 

 María Jesús Martínez suxire a instalación de xogos infantís adecuados a nenos minusválidos. A idea é ben acollida e será tida en consideración. 

 María Jesús Martínez informa dun problema de horarios dos empregados do Padroado. En efecto, prodúcese un solapamento cos horarios de peche de Museo e da caseta de peaxe. Dado que a peaxe de acceso comporta o dereito a entrada no museo, sucede que moitos turistas pagan a peaxe sen posibilidade de entrar no museo. José Fernando Martínez promete trasladar este problema ao Padroado. 

 María Jesús Martínez advirte da presenza no monte dunha especie de mosca invasora que ataca a madeira e pode resultar moi perniciosa para a flora. Solicita que se informe deste problema as institucións pertinentes. 

 Sen mais asuntos que tratar levantouse a sesión.