A Xunta de Galicia sinaliza o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo concello de Oia con 28 mouteiras oficiais
O delegado territorial da Xunta en Vigo asistiu esta tarde á colocación dunha das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa
Infogauda / Oia
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto á alcaldesa do Concello de Oia, Cristina Correa, e varios membros do seu equipo de goberno, asistiron esta tarde á colocación dunha das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na contorna do Mosteiro de Santa María de Oia.
En total, no Concello de Oia colocaranse un total de 28 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que ven de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse hai uns días no Concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto. Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario