A OMIX do Concello da Guarda organiza un obradoiro mural
Os días 27 e 28 de xullo, da man do artista urbano Marcos Fernández Cea
Infogauda / A Guarda
Os días 27 e 28 de xullo levarase a cabo un obradoiro de intervención mural da man do artista urbano Marcos Fernández Cea. Na actividade, dirixida a mozas e mozos a partir de 12 anos, os participantes compartirán a experiencia de creación do mural, cun horario de 10:00 a 14:00 horas nos días sinalados.
As persoas interesadas poderán inscribirse acudindo á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), a través do mail informacion@aguarda.es, no teléfono 986 614 546 ou a través do noso perfil de Facebook.
Ningún comentario:
Publicar un comentario